Funcionan, pero sen milagres
Para comprobar a eficacia destas pastas de dentes que alegan ser capaces de branquear a parte externa da dentadura levamos ao laboratorio e probamos con 60 consumidores oito pastas de dentes, catro delas branqueantes e outras catro convencionais. Aínda que de media si son as branqueantes máis caras (case un 25%), os datos polo miúdo non son tan taxativos. A branqueante máis barata é Licor del Polo (sae a 16,93 euros por litro), case o mesmo que a máis barata convencional (Licor del Polo clorofila, 16,67 por litro). Iso si, a máis cara das branqueantes, Binaca aquafresh, costa notablemente máis: sae a 32,77 euros por litro. Tras as numerosas e exhaustivas probas, a mellor relación calidade-prezo son as dúas pastas de Signal (evidentemente, a branqueante é a indicada para quen busque ese efecto). Ambas incorporan gran cantidade de materia activa (flúor, axentes abrasivos e tensioactivos aniónicos), son ben toleradas pola mucosa dental e gustaron na proba de uso.
Superficie dental
Os dentífricos branqueantes aclaran os dentes porque eliminan máis eficazmente que os dentífricos clásicos os depósitos e as manchas que se atopan na superficie dos dentes grazas a axentes abrasivos coma o carbonato de calcio, o fosfato de dicalcio, o óxido de aluminio ou a sílice hidratada.
O ingrediente maioritario nas oito mostras é a auga, seguido polos axentes abrasivos, as substancia humectantes (as que impiden que a pasta seque, danlle consistencia e garanten unha estabilidade microbiolóxica), as espesantes (evitan que as substancias abrasivas sedimenten), as opacificantes e colorantes (para a cor), as tensioactivas (acción antiplaca) e os axentes do sabor (un dos ingredientes máis caros).
En canto aos abrasivos, son primordiais no branqueamento dos dentes e axudan a desfacer as manchas e placas. Son os que fan que o cepillado púa os dentes. Adóitanse empregar cantidades pequenas para evitar o desgaste do esmalte, por iso recoméndase utilizar estes dentífricos alternando o seu uso con outros convencionais.
Axentes abrasivos
Os oito dentífricos (tanto os branqueantes, coma os que non o son) incorporan á súa composición o sílice, o axente abrasivo por excelencia, pero con diferenzas na súa cantidade, que variou desde o 1,7% de Signal básico ata o 24% de Colgate branqueador. Só nos dous dentífricos de Signal o carbonato de calcio, un axente abrasivo suave, é o abrasivo predominante (un 41% no branqueante e un 36% no normal), e está presente tamén en Colgate branqueante, aínda que nunha proporción moi inferior (2,4%).
Os fosfatos, que tamén teñen unha función antisarro, son outros dos axentes abrasivos utilizados. O seu contido oscilou entre o 0,2% de Licor del Polo ata o 4,8% de Binaca branqueante. O aluminio pola contra é un axente abrasivo en desuso. Só Licor del Polo branqueador o inclúe na súa formulación (0,35%).
Segundo os técnicos de CONSUMER EROSKI os dentífricos deben contar con máis dun 25% de substancias abrasivas (e suspenden a proba se non chegan ao 19%). Os dous de Signal son os mellore neste apartado (46% o branqueante e 39% o convencional), seguidos, a notable distancia, de Colgate branqueante (27%).Licor del Polo e Colgate convencionais non chegan ao mínimo. Sorprende que Signal básico teña un poder abrasivo (e, polo tanto, branqueante) superior aos branqueantes de Binaca e Licor del Polo.
O pH da saliva nunha boca sa sitúase ao redor do 7, polo que un dentífrico será mellor se se encontra entre o 6,9 e o 8. Só tres pastas (as branqueantes de Binaca, signal e Colgate) se afastan desa neutralidade (7), e se sitúan cerca do 9.
Consistencia precisa
Unha consistencia excesivamente líquida dificulta a dosificación dos dentífricos, e unha espesa fai máis difícil sacar o produto do envase. Os oito incorporan sorbitol, un axente humectante que inflúe no aspecto e consistencia da pasta, desde o 10% de Licor del Polo branqueador ata o 35% de Colgate xel. O glicerol, outra substancia humectante, só se atopou nas dúas pastas de Colgate e nas branqueantes de Binaca e Licor del Polo. Licor del Polo e Binaca Aquafresh básico ofrecen a consistencia máis adecuada. O produto máis diluído é Colgate básico, se ben xa indica no seu envase que se trata dun xel e non dunha pasta.
O flúor prevén a caries dental, aumenta a resistencia do esmalte ao ataque bacteriano e impide que o ácido orgánico (ácido láctico) disolva o esmalte. Polo tanto, é moi positivo que os dentífricos o inclúan na súa formulación. A concentración máxima que autoriza a lexislación europea é do 0,15%. Polo tanto, convén que se acheguen a este parámetro sen superalo. Colgate básico crava ese rexistro (0,15%), os branqueantes de Colgate e Signal quedan a unha centésima e Signal anticaries e Licor del Polo branqueante a dúas. Licor del Polo clorifila (0,10%) e ambos os Binaca (0,11) son os peores neste apartado.
Contra a placa
Os oito dentífricos incorporan lauril sulfato de sodio, un tensioactivo aniónico con gran capacidade para desnaturalizar as proteínas e polo tanto cunha eficaz acción antiplaca. Os dous Signal e Binaca branqueante (os tres con 1,7% deste composto) e Licor del Polo básico (1,5%) son os mellores. Os básicos de Binaca (1,2%) e Colgate (1,3%) son os que inclúen unha menor porcentaxe desta substancia.
Un dos aspectos máis visibles á hora de valorar a eficacia dun dentífrico é a súa capacidade para formar escuma durante o cepillado. Para medir o poder escumante mídese canta escuma se xera : dilúense 40 gramos de produto nun litro de auga a 50ºC, e axítase durante tres minutos (o tempo de cepillado recomendado) para comprobar se superan os 390 mililitros de escuma que se consideran axeitados. Colgate xel con flúor é o de maior cantidade de escuma, que é ademais a máis estable.
Para coñecer se os dentífricos causan irritación ponse cada mostra en contacto con células mucosas bucais reconstruídas “in vitro”. Cantas máis células sigan sendo viables tras a proba, mellor será o dentífrico. Se ben ningunha suspendeu, ambas as pastas de Binaca, as dúas de Signal e Colgate básico foron mellores ca o resto.
Calidade final
A calidade final de cada dentífrico vén dada por unha media ponderada de todos os ensaios analíticos. A proba de tolerancia bucal é a que ten un maior peso (30%), seguida pola presenza de axentes abrasivos (20%) e flúor (20%). A consistencia e o poder escumante son, cada un, un 10% do total, mentres que o pH e as substancias aniónicas reprsentan un 5%.
Así, son considerados moi bos os dous Signal, pola súa boa tolerancia sobre a mucosa bucal, alta porcentaxe de axentes abrasivos e flúor. Ademais, inclúe como axente abrasivo o carbonato de calcio, máis suave ca o sílice (común no resto). Ademais, Signal convencional inclúe unha importante fonte de calcio en forma de calcio gluconato. Os dous Binaca, Colgate e Licor del Polo branqueador considéranse bos. Os dous primeiros non chegan á excelencia polo seu escaso contido en flúor (se ben Binaca convencional ofrece bradosol, con propiedades bactericidas), Colgate convencional pola exigua presenza de axentes abrasivos e os dous restantes por seren menos respectuosos coa mucosa bucal que os mellores. Licor del Polo convencional é o único que non pasa do aceptable. Só destaca porque contén triclosan, unha substancia antibacteriana.
Ademais das exhaustivas probas de laboratorio, CONSUMER EROSKI quixo comprobar qué opinan os consumidores destas pastas de dentes. Para iso probáronas 60 usuarios e deron a súa opinión sobre un bo número de características. As que máis gustaron foron Colgate branqueador e Signal anticaries. E as que menos Licor del Polo Clorofila e Binaca antiplaca, mentres que o resto obtivo resultados intermedios.
Para comprobar se realmente o efecto branqueante é percibido nun uso normal, os consumidores probaron as oito mostras sen saberen cales eran branqueantes. Os usuarios descubriron cales eran (isto é, nas catro notaron os seus efectos), e, entre elas, prefiriron Colgate branqueador. A mellor sensación á frescura deixouna tamén Colgate branqueador e s que menos destacaron neste apartado foron Licor del Polo Clorofila e Binaca antiplaca. En canto á escuma xerada, sobresae Signal anticaries sobre Licor del Polo Clorofila e Binaca antiplaca. Colgate branqueador foi o máis fácil de aplicar.
Cando se lles preguntou cales comprarían para un uso diario, elixiron os catro branqueantes, e o peor valorado foi Licor del Polo Clorofila. As outras tres referencias básicas restantes quedaron nun grupo intermedio.
Táboa comparativa
En síntese
- Probáronse catro pastas de dentes convencionais e catro que din ser branqueantes, que se comercializan en tubos flexibles de 75 mililitros. As dúas pastas de Licor del Polo son as máis baratas do estudo (saen a case 17 euros por litro) mentres que a máis cara é Binaca Aquafresh branqueante, que sae a 33 euros por litro.
- Segundo as probas do laboratorio, acadan o “moi ben” as dúas Signal. Conseguen un “ben” as dúas pastas de Binaca, as dúas de Colgate e Licor del Polo branqueador. Licor del Polo Clorofila non pasa dun “aceptable”.
- As catro pastas branqueantes conteñen unha maior porcentaxe de substancias abrasivas: Signal non branqueante ofrece a segunda maior cantidade de substancias branqueantes, moi por riba, mesmo, das pastas que declaran esta función (Binaca, Colgate e Licor del Polo).
- Na proba de uso, Colgate branqueador e Signal convencional foron as preferidas, mentres que Licor del Polo Clorofila e Binaca antiplaca son as que menos gustaron.
- A mellor relación calidade-prezo é, tanto nos dentífricos básicos coma nos branqueantes, a Signal. As dúas ofrecen moi boa calidade global e o seu prezo é intermedio: sae a 17,43 euros por litro a básica e a 20,43 por litro para a branqueadora.
Dentífricos convencioles
Signal | Colgate | Licor del Polo | Binaca Aquafresh | |
---|---|---|---|---|
Tipo | Dentífrico Protección anticaries flúor calcio |
Dentífrico xel con flúor |
Dentífrico clorofila frescor natural antiséptico con flúor |
Dentífrico Flúor+Bradosol |
Prezo (euros / litro) | 17,43 | 19,23 | 16,67 | 23,16 |
Formato (ml) | 75 | 75 | 75 | 75 |
pH | 8,0 | 7,2 | 7,3 | 6,9 |
Consistencia | 37 | 51 | 16 | 29 |
Materias activas (%) Substancias aniónicas |
1,7 LS de sodio |
1,3 LS de sodio |
1,5 LS de sodio |
1,2 LS de sodio |
Flúor (%) | 0,13 | 0,15 | 0,10 | 0,11 |
Axentes abrasivos: | ||||
CarbBoto de calcio (%) | 36,3 | Ausencia | Ausencia | Ausencia |
Sílice (%) | 1,7 | 18,6 | 17,7 | 19,9 |
Fosfato (%) | 0,6 | 0,4 | 0,2 | 0,5 |
Aluminio (%) | Ausencia | Ausencia | Ausencia | Ausencia |
Axentes humectantes: | ||||
Sorbitol (%) | 19,2 | 11,5 | 10,3 | 13,8 |
Glicerol (%) | Ausencia | 8,4 | 21,1 | 10,2 |
Poder espumante (ml): | ||||
a 30 segundos | 357 | 423 | 405 | 388 |
a 3 minutos | 350 | 401 | 370 | 349 |
Tolerancia mucosa (%viabilidade) |
89,3 | 95,5 | 84,5 | 98,8 |
Proba de uso (1 a 9) | 7,2 | 6,8 | 6,3 | 6,5 |
Eficacia branqueadora | 6,6 | 6,3 | 6,2 | 6,3 |
Calidade global | Moi bo | Bo | Aceptable | Bo |
Dentífricos blanqueantes
Signal | Colgate | Licor del Polo | Binaca Aquafresh | |
---|---|---|---|---|
Tipo | Dentífrico sistema branqueador | Dentífrico sensation branqueador | Dentífrico con flúor branqueador avanzado frescura extrema |
Dentífrico Flúor+Triclene branqueante |
Prezo (euros / litro) | 20,43 | 25,97 | 16,93 | 32,77 |
Formato (ml) | 75 | 75 | 75 | 75 |
pH | 9,2 | 9,0 | 7,5 | 8,9 |
Consistencia | 39 | 31 | 10 | 33 |
Materias activas (%) Substancias aniónicas |
1,7 LS de sodio |
1,4 LS de sodio |
1,4 LS de sodio |
1,7 LS de sodio |
Flúor (%) | 0,14 | 0.14 | 0,13 | 0,11 |
Axentes abrasivos: | ||||
CarbBoto de calcio (%) | 40,5 | 2,4 | Ausencia | Ausencia |
Sílice (%) | 4,4 | 24,1 | 21,4 | 18,9 |
Fosfato (%) | 0,9 | Ausencia | 0,4 | 4,8 |
Aluminio (%) | Ausencia | Ausencia | 0,35 | Ausencia |
Axentes humectantes: | ||||
Sorbitol (%) | 19,2 | 11,5 | 10,3 | 13,8 |
Glicerol (%) | Ausencia | 8,4 | 21,1 | 10,2 |
Poder espumante (ml): | ||||
a 30 segundos | 359 | 366 | 375 | 358 |
a 3 minuts | 337 | 338 | 355 | 345 |
Tolerancia mucosa %viabilidad) | 95,4 | 79,3 | 72,4 | 97,5 |
Proba de uso (1 a 9) | 7,0 | 7,3 | 7,0 | 7,0 |
Eficacia branqueadora | 7,0 | 7,1 | 6,8 | 7,0 |
Calidade global | Moi bo | Bo | Bo | Bo |
Un a un
Un a un, 8 dentífricos
Signal
/imgs/20060601/singal_uno.jpg Dentífrico protección anticaries flúor calcio- Sae a 17,43 euros o litro. Calidade global: moi boa.
- A mellor relación calidade-prezo do estudo.
- Puntos fortes: o seu pH neutro (8), a presenza de axentes antiplaca (1,7%), a súa porcentaxe de flúor (0,13%), a segunda maior cantidade de axentes branqueadores (39%) e unha boa tolerancia á mucosa dental.
- Proba de uso: 7,2 puntos de 10 , dos mellores.
Colgate
/imgs/20060601/colgate_uno.jpg Dentífrico xel con flúor- Sae a 19,23 euros o litro. Calidade global: boa.
- Puntos fortes: o seu pH neutro (7,2), cantidade de flúor (1,5%) e un alto poder escumante.
- Puntos débiles: o máis líquido (anúnciase como xel) e a segunda menor cantidade de substancias abrasivas (19%).
- Proba de uso: 6,8 puntos de 10.
Licor del Polo
/imgs/20060601/licor_uno.jpg Dentífrico clorofila frescura natural antiséptico con flúor- Sae a 16,67 euros o litro, o máis barato. Calidade global: aceptable.
- Puntos fortes: o seu pH neutro (7,3), consistente e con axentes antiplaca (1,5%).
- Puntos débiles: a menor cantidade de flúor (0,10%) e axentes branqueadores (18%).
- Proba de uso: 6,3 puntos de 10, dos que menos gustan. É criticado polo seu sabor.
Binaca Aquafresh
/imgs/20060601/binaca_uno.jpg Dentífrico flúor e mais bradosol- Sae a 23,16 euros o litro, ol máis caro dos básicos. Calidade global: boa.
- Puntos fortes: pH neutro (6,9), consistente e tolerante á mucosa dental.
- Puntos débiles: pouco flúor (0,11%) e a menor cantidade de axentes antiplaca (1,2%).
- Proba de uso: 6,5 puntos de 10, dos que menos gustan. Sabor moi forte.
Signal
/imgs/20060601/singal_dos.jpg Dentífrico sistema branqueador- Sae a 20,43 euros o litro. Calidade global: moi boa.
- A mellor relación calidade-prezo entre los dentífricos branqueadores.
- Puntos fortes: axentes antiplaca (1,7%), flúor (0,14%), a que máis branquea e unha moi boa tolerancia á mucosa dental.
- Puntos débiles: o seu pH é o que maís se arreda da neutralidade.
- Proba de uso: 7 puntos de 10. Gusta pola súa eficacia e pola súa sensación de frescura.
Colgate
/imgs/20060601/colgate_dos.jpg Dentífrico “sensation” branqueador- Sae a 25,97 euros ol litro. Calidade global: boa.
- Puntos fortes: alta cantidade de flúor (0,14%) e axentes abrasivos (27%).
- Puntos débiles: dos más arredados do pH neutro.
- Proba de uso: 7,3 puntos de 10, dos que máis gustan. Boa sensación de frescura.
Licor del Polo
/imgs/20060601/licor_dos.jpg Dentífrico con flúor branqueador avanzado, frescura extrema- Sae a 16,93 euros o litro, dos máis baratos. Calidade global: boa.
- Puntos fortes: pH neutro (7,5), consistente e cantidade de flúor (0,13%).
- Puntos débiles: o único con aluminio (0,35%) como substancia abrasiva.
- Proba de uso: 7 puntos de 10. Gusta pola súa eficacia e sensación de frescura.
Binaca Aquafresh
/imgs/20060601/binaca_dos.jpg Dentífrico flúor e mais triclene branqueante- Sae a 32,77 euros o litro, o máis caro. Calidade global: boa.
- Puntos fortes: alta presenza de axentes antiplaca (1,7%) e unha moi boa tolerancia á mucosa dental.
- Puntos débiles: pouco flúor (0,11%).
- Proba de uso: 7 puntos de 10. Gusta pola súa frescura.