Por que algunhas relacións son insás?
Escoller con quen facelo é importante, e escoller ben fundamental. Ao fixármonos en alguén estamos respondendo a un estímulo de atracción. Fisicamente gústanos, aínda que iso é só o primeiro elo dunha cadea de calidades e factores que se van tecendo, ata que se formaliza o vínculo. Pero hai que ter moi presente que ese vínculo será máis san e maduro cando “a nosa relación” con nós mesmos sexa boa. Isto é, para elixir parella, atoparémonos nun punto de partida máis adecuado se nos coñecemos, se a nosa autoestima non está polo chan, se somos máis ou menos conscientes dos nosos límites e, xa que logo, gozamos de liberdade para decidir.
Amar é vincularse, non aferrarse
O encontro coa outra persoa terá dificultades para prosperar se antes non nos consideramos libres, responsables e únicos. Se non é así, o máis probable é que se establezan dependencias insás debido ás nosas carencias afectivas.
Se non nos amamos, será máis difícil que aceptemos o amor que nos ofrecen. Acontece como cando se recibe un piropo: quen non está a gusto co seu corpo non o agradecerá nin o crerá, e mesmo non o tolerará.
Se non nos mostramos como somos e non nos comunicamos, a outra persoa non pode saber da nosa existencia real e lernos o pensamento, e só logrará devolvernos a invisibilidade que proxectamos.
Se non nos recoñecemos con dignidade e dereito a respecto, dificilmente pediremos ser tratados como merecemos.
Se non coñecemos os nosos límites, potencialidades e ritmos, viviremos desdebuxados, invadindo o espazo do outro e permitindo invasións no noso espazo íntimo e persoal.
¿Cando é máis fácil caer nunha relación de dependencia insá?
Chegar a descubrir que se sofre este baixo nivel de autoestima non é doado. Recoñecelo é un paso de xigante. Para empezar, podemos repasar os seguintes síntomas. Se sumamos máis de tres, a autoestima pode estar nunha situación delicada.
- Baixo nivel de seguridade persoal. A seguridade non se mide, pero sábese. Non é segura a persoa “botada para adiante”, senón a que recoñece as súas debilidades, non as nega e acéptaas.
- Alto nivel de medo ante o desenvolvemento persoal da individualidade. Existe temos a manifestarse tal cal se é. Talvez en demasiadas ocasións lle reprocharon en demasiadas ocasións trazos da personalidade, e opta por silencialos.
- Baixa tolerancia á frustración, así como escasas expectativas persoais e, por ende, baixa asunción de riscos. Trátase de evitar a dor de errar, e o medo é un sentimento que paraliza e amordaza.
- Interiorización ríxida de valores, desde onde se detona rapidamente o sentimento de culpa. Propios ou alleos, asúmense principios inamovibles que non poden cuestionarse, por se se fai chega o castigo.
- Sistema de pensamento ríxido, perfeccionista e controlador. A máscara que se crea está firmemente fixada, e trabállase para que non se movo.
- Baixa autonomía persoal e, por conseguinte, imítanse modelos de referencia, en especial da nai ou do pai (por emulación ou en contraposición) e crese en mitos do que se supón que debe ser unha parella.
- Non somos media laranxa. O mito da media laranxa lévanos a pensar que somos unha metade en busca da outra metade que nos complemente. Aínda que con carencias, somos unidades enteiras que teñen que se responsabilizar da súa propia felicidade.
- Non hai que ser todo da outra persoa. “Sen ti non son nada”. Este mito indica reminiscencias do vínculo materno-filial. cortar o cordón umbilical é chegar a ser autónomo e, polo tanto, libre.
- O verdadeiro amor non é fundirse coa outra persoa. A fusión coa parella é imprescindible en momentos concretos, pero precisamente para chegar a esa fusión hai que saberse un ser único e separado.
- Xuntos para todo nunca. A parella hase comunicar e compartir, pero só se poderá compartir un espazo cando este se posúe, cando cada quen ten a súa parcela que mima e enriquece par un mesmo, do que despois fará cómplice ao outro.
- Fai feliz a túa parella e a túa parella farate feliz a ti_ o amor non é tan simple. A felicidade só pode ser compartida e ofrecida cando cada unha das partes é feliz por si mesma. Daquela poderase ser xeneroso e compartila co outro.
- Hai que ser un incondicional do outro: un erro. Se a parella non nos corrixe cando debe facelo, tampouco nos aplaudirá. Se se impón a condescendencia xerada pola obriga do vínculo, é moi fácil terminar na indiferenza.
- Hai que ser adiviño do outro: isto non é maxia. Ninguén pode saber con certeza qué pensa e qué sente a súa parella. Nin sequera un o sabe de si mesmo. Xogar a adiviñar ou ser adiviñado xera incomunicación.
- Os problemas de parella non se comentan: o silencio pode matar. Non se trata de aguantar e loitar polo matrimonio, trátase de buscar axuda para un/unha mesmo/a. Hai que recuperar a persoa. Quizais así a parella poida funcional. Ou poida que non.