Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

: Vivir e traballar sen coche é desexable... e posible

O cálculo do gasto que supón chegar cada día ao lugar de traballo en coche supón ter en conta non só o desembolso en carburante, senón os custos de mantemento, os do seguro do vehículo e o diñeiro en peaxes e aparcamento

Reducir carburante e aforrar

Como reducir o consumo do carburante e aforrar diñeiro?

Todas as medidas previas non serían abondas se, ademais, non se optase por un uso responsable do automóbil e unha condución moderada. Calculouse que a forma de conducir pode aumentar ou diminuír o consumo de combustible entre un 15% e un 20%:

  • Planifique a ruta e elixa sempre o camiño menos conxestionado.
  • Evite a sobrecarga do vehículo ocasionada polo exceso de peso e de obxectos inútiles no maleteiro. Por cada 100 kg de peso adicional increméntase o consumo de carburante nun 5%. Só o uso da baca aumenta o consumo do carburante entre un 2% e un 35%.
  • O uso do aire acondicionado incrementa ata un 20% o consumo de carburante. É recomendable utilizalo con moderación. A sensación de benestar no coche conséguese cunha temperatura interior de arredor de 23-24 ºC.
  • Non leve as ventás totalmente abertas cando conduza, pois incrementa o consumo de carburante nun 5%. No seu lugar, pode utilizar a ventilación forzada do coche.
  • Manteña a presión correcta e a aliñación dos pneumáticos. Unha presión de 0,3 bares por baixo do establecido polo fabricante incide nun sobreconsumo de aproximadamente un 3%.
  • Arranque o motor sen pisar o acelerador. Nos motores de gasolina iniciar a marcha inmediatamente despois da arrancada, e nos de diésel esperar uns segundos antes de comezar.
  • En cidade, sempre que sexa posible, utilice a cuarta e quinta marchas. O coche consome menos carburante nas marchas longas e a baixas revolucións.
  • Manteña a velocidade de condución o máis uniforme posible e se é moderada mellor. Un aumento de velocidade do 20% (pasar por exemplo de 100 a 120 km/h) significa un aumento do 44% no consumo (de 81/100 km a 11,51/100 km).
  • Sempre que a velocidade e o espazo o permitan, deteña o coche sen reducir previamente de marcha.
  • En paradas prolongadas (por riba de 60 segundos) convén apagar o motor.

Segundo cifras do RACC, calculouse que de acordo con estas regras básicas e sen diminuír a velocidade media pódese diminuír o risco de accidentes nun 25%, o consumo de combustible nun 20%, as emisións de CO2 nun 20%, as emisións de CO (monóxido de carbono) nun 70% e as emisións de óxidos de nitróxeno nun 50%. E ademais redúcese a contaminación acústica e os gastos en mantemento do automóbil.

Como calcular o gasto que supón cada quilómetro percorrido en coche?

As variables que se empregan para realizar o cálculo son o número de quilómetros percorridos ao mes; o prezo medio do carburante; a frecuencia de uso da autoestrada e o prezo da peaxe; así como os gastos do aparcadoiro. A isto súmanselle os importes dos custos fixos do vehículo (seguro, imposto de circulación e do alugueiro da praza do garaxe, se fose o caso) e unha cifra aproximada do gasto no taller de acordo coas revisións periódicas (cambio de cubertas, revisión por quilometraxe, etc.). Con estes datos na man, a fórmula para coñecer o gasto mensual de valerse do coche para chegar ao traballo é a seguinte: calcúlase a parte proporcional que cada custo fixo do vehículo supón ao mes, súmase o resultado aos gastos variables e divídese a cifra resultante entre o número de quilómetros percorridos ao mes.

Para resolvelo dunha forma máis gráfica, CONSUMER EROSKI creou dous perfís de condutor que usan cada día o seu vehículo para acudir ao seu posto de traballo. O individuo A vive nunha cidade da periferia madrileña e acode diariamente á capital para traballar. Percorre todos os días da semana 50 km (ida e volta) nun Toyota Auris comprado hai 18 meses. O vehículo consome 6 litros de gasóleo por cada 100 km percorridos, e apárcase nun aparcadoiro exclusivo para os traballadores sen custo ningún. Para realizar o traxecto non transita vías de peaxe e á volta estaciona o vehículo na rúa.

O individuo B, con todo, vive nunha vila da provincia de Barcelona situada a 42 km da Cidade Condal, lugar en que traballa. O seu vehículo é antigo, un Peugot 309 de máis de 10 anos que consome 10 litros de gasolina por cada 100 km e que garda nunha praza de garaxe alugada no seu lugar de residencia que custa 60 euros ao mes, e nun aparcadoiro privado polo que paga 6 euros cada xornada de traballo. Para chegar todos os días ao seu posto utiliza unha vez ao día a autoestrada que custa 5,30 euros. Ademais, este ano debe cambiar os pneumáticos das rodas dianteiras, polo que os custos de mantemento serán superiores. Para calcular o gasto en carburante tomouse como referencia o prezo medio da gasolina e do gasóleo que cada mes elabora o Ministerio de Industria. Neste caso, 94,74 céntimos de euro para a gasolina e 86,49 céntimos de euro para o gasóleo.

Custos mensuais en coche para dous tipos de traxecto
Km/mes Carburante/mes Paxes/mes Aparcamento/mes Seguro Anual*
Individuo A 1.000 km 51,89 € 773 €
Individuo B 1.680 km 159,16 € 106€ 120 € 525 €
Imp.Circu. Anual Garaxe/mes Mantemento Anual Total € Mensual Precio Km
Individuo A 130 € 350 € 156,31€ 0,15 €
Individuo B 90 € 60 € 750 € 498,91 € 0,29 €

*. Os prezos dos seguros que se tomaron como referencia en ambos os dous supostos foron tirados dunha investigación realizada sobre as diferenzas de prezo entre distintos seguros de coches e motos realizada por CONSUMER EROSKI en xullo de 2009.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións