Saudables e seguras
Polo verán e cando se practica exercicio, debemos beber máis auga e sen agardar a que a sede a reclame. Tamén cómpre saber que as dietas ricas en graxas e proteínas requiren máis líquido para eliminar os restos metabólicos. Ademais, os que padecen cálculos de ril, areas ou infeccións urinarias deben beber máis líquido do que se lle recomenda a unha persoa que non sofre estes problemas.
A auga mineral obtense de mananciais (naturais ou creados por ser humano), que chegan á superficie normalmente a través de perforacións realizadas para tal efecto. O que diferencia as minerais doutras augas potables é a súa natureza mineral e a súa pureza orixinal, xa que a orixe subterránea da auga protexe o acuífero de contaminacións químicas ou bacterianas. En concreto, a auga mineral natural defínese como “augas bacterioloxicamente sas extraídas de depósitos subterráneos e que brotan dun manancial nun ou varios puntos de nacemento naturais ou perforados”. A lexislación só permite dúas actuacións na auga mineral natural, ambas as dúas para mellorar a calidade sen variar sensiblemente a composición inicial; estas son eliminar compostos naturais inestables como ferro e xofre (para evitar cor, cheiros ou sabor non desexables) e modificar o seu contido en gas carbónico (para conseguir “augas con gas”). O tipo e cantidade de substancias disoltas na auga dependen das características xeolóxicas da zona onde flúe a fonte. Así, das capas profundas saen preferentemente augas ricas en minerais e carbonatadas. Se no seu camiño a auga se filtra por pedra calcárea, orixínanse augas duras (con elevado contido en sales de calcio e magnesio); se o fai por area compacta, a auga será semidura; e se se filtra por granito e basalto, xurdirán augas brandas. Estas substancias solubles tamén determinan o sabor da auga: as ricas en sodio e cloruros saben lixeiramente salgadas; os sales de calcio e magnesio proporcionan un sabor duro e terroso, e os sulfatos achegan un sabor lixeiramente amargo.
Entender as etiquetas da auga
A denominación de venda debe ser “Auga mineral natural”, incluirá o nome do manancial e lugar de explotación, e debe indicar a composición analítica da auga e, se procede, os tratamentos que recibiu. En caso necesario, advertirá de posibles contraindicacións a determinados sectores da poboación. Ademais, prohíbese incluír mencións relativas a propiedades de prevención ou curación de enfermidades. E tamén se prohibe inscribir os datos obrigatorios en precintos, tapóns e outras partes que se inutilicen ao abrir o envase. Pode figurar na etiqueta a temperatura da auga no punto de saída, a data na que o manancial foi declarado como mineral natural ou de utilidade pública, e unha descrición da auga, como (en función do contido global en minerais):
- Augas de mineralización moi débil: residuo seco (minerais totais) de ata 50 mg/l
- De mineralización débil: residuo seco (minerais totais) de ata 500 mg/l
- De mineralización forte: residuo seco (minerais totais) superior a 1500 mg/l
- Augas bicarbonatadas: máis de 600 mg/l de bicarbonato
- Augas sulfatadas: máis de 200 mg/l de sulfatos
- Cloruradas: máis de 200 mg/l de cloruro
- Cálcicas: máis de 150 mg/l de calcio.
- Magnésicas: máis de 50 mg/l de magnesio
- Fluoradas: máis de 1 mg/l de fluoruros
- Ferruxinosas máis de 1 mg/l de ferro bivalente
- Carbónicas ou con gas ou aciduladas: máis de 250 mg/l de CO2 libre
- Sódicas: máis de 200 mg/l de sodio
- Indicadas para dietas pobres en sodio ou hiposódicas: ata 20 mg/l de sodio
As nove mostras ofrecen toda a información esixida, pero Alzola informa da composición analítica só en euskera, cando debe figurar tamén en castelán. E en Solán de Cabras e Font Vella, o lote e a data de consumo preferente (acuñados sobre os envases) case non se len. Solán de Cabras, Alzola, Insalus e Soares decláranse “Augas minero-medicinais”; para iso, deben contar cun informe favorable do Ministerio de Sanidade e superar controis químicos e biolóxicos supervisados polas autoridades autonómicas. Por outra banda, as mostras inclúen diversas mencións nas súas etiquetas, respectando en todos os casos as directrices da lexislación. As frases “Indicadas para a preparación de alimentos infantís” e “Pode ser diurética” están permitidas, pero non se establecen condicións a cumprir. Outra indicación, en todos os envases, son as instrucións de conservación: sitio limpo, fresco e seco, protexido de olores agresivos (os envases son permeables aos olores) e da luz solar. A auga envasada non é estéril, contén flora natural de orixe, que podería proliferar exposta a temperaturas elevadas. O envase de Solán de Cabras é azul e di protexer a auga da luz.
O que revelou a análise
As análises químicas revelaron diferenzas no contido mineral das nove augas. O residuo seco foi dende 37 a 569 miligramos por litro. Este valor, que informa do contido global en minerais, indica que Bezoya é a única de mineralización moi débil (37 mg/l); Evian (317 mg/l), Solán de Cabras (254 mg/l), Aquabona (264 mg/l), Alzola (312 mg/l), Lanjarón (162 mg/l) e Font Vella (211 mg/l), con menos de 500 mg/l de residuo seco, son de mineralización débil, mentres que Insalus (569 mg/l) e Soares (506 mg/l) superan os 500 mg/l, pero non alcanzan os 1500 mg/l que se fixa como mínimo para que sexan de mineralización forte. O importante é que os contidos rexistrados no laboratorio coinciden co indicado nas etiquetas das nove augas.
O pH indica o carácter máis ácido ou máis alcalino dunha auga. A norma esíxelle á auga sen gas un pH non inferior a 4,5. O pH medio das nove augas foi de 7,5 e, polo tanto, son lixeiramente alcalinas. O máis baixo viuse en Lanjarón (6,2), lixeiramente máis ácida ca o resto de augas.
A dureza total da auga reflicte a súa mineralización, que vén dada fundamentalmente pola cantidade de calcio e magnesio, sales maioritarios da auga. A máis dura foi Insalus (42 GHF) e a menor, Bezoya, 1,7 GHF. O contido en bicarbonatos foi relevante en Evian (362 mg/l), Solán de Cabras (284 mg/l) e Aquabona (275 mg/l), e moi baixo en Bezoya (16 mg/l). Ningunha pode denominarse bicarbonatada, xa que para selo debe ter máis de 600 mg/l desta substancia. Unha auga é baixa en sodio se contén menos de 20 mg/l e rica en sodio se achega máis 200 mg/l. As augas sódicas están desaconselladas en nenos pequenos e en persoas con problemas de ril. Só Soares (92 mg/l) e Alzola (46 mg/l) non son aptos para dietas pobres en sodio. O potasio non alcanza en ningunha auga os 2 mg/l e en Bezoya non se detectou. O calcio e o magnesio, alcalinotérreos, son os sales máis abundantes nestas augas e un maior contido tradúcese nunha maior dureza. Insalus (139 mg/l) e Aquabona (91 mg/l) son as que máis calcio achegan e Evian e Solán de Cabras (ambas as dúas, 26 mg/l) as de máis magnesio. Ningunha pode denominarse “cálcica” ou “magnésica”, xa que non superan os 150 mg/l de calcio nin os 50 mg/l de magnesio. Os cloruros, en grandes cantidades, proporcionan á auga un sabor desagradable, pero o seu contido foi baixo: 32 mg/l de media, se ben destacaron Soares (144 mg/l) e Alzola (68 mg/l). Ningunha auga superou os 200 mg/l de cloro, por iso non son cloradas. A que menos, Bezoya. En sulfatos, os 270 mg/l de Insalus (podería denominarse “Auga sulfatada”, pero non o fai) sitúano moi por riba da media (51 mg/l). En Bezoya non apareceron. Cantidades pequenas de fluor poden previr a carie, pero as augas fluoradas (máis de 1 mg/l de fluoruros) están desaconselladas nos nenos: este mineral acumúlase nos ósos e pode producir fluorose. Só tres conteñen fluoruros, e moi pouco. Só dúas mostras contiñan ferro, en cantidades ínfimas. E unicamente Soares contiña aluminio, pero nunha cantidade moi inferior á permitida. O manganeso detectouse en catro mostras, en cantidades admitidas pola norma.
Sen problemas hixiénicos, sen contaminantes migrados
As nove mostras comercialízanse en botellas PET, plástico derivado do petróleo que pode conter compostos indesexables, como o antimonio (metal pesado), que en determinadas condicións poderían migrar á auga. Detectouse este metal en todas as mostras, pero os contidos foron ínfimos e non supoñen risco para a saúde; a media (0,16 µg/l) foi 26 veces inferior ao máximo permitido. Na fabricación do PET utilízanse aditivos e colorantes, entre eles os ftalatos, que poderían migrar do envase á auga. Realizáronse análises para detectar catro tipos de ftalatos, e só se anotou a presenza dun, dietil ftalato, para o que a norma non establece límite. Así e todo, os contidos (non se detectou en Evian nin en Font Vella) foron extremadamente baixos.
A auga mineral natural é pura, pero na superficie da terra pode haber contaminación, microbiana e química; por iso, no punto de saída unha auga mineral presenta certa flora. É así que a recollida da auga debe realizarse en condicións que garantan a calidade bacterolóxica orixinal da auga. Ademais, o almacenamento débese realizar en condicións que garantan a súa conservación, e os envases deben gardarse protexidos da luz solar e de cheiros agresivos, e nun lugar fresco e seco. A análise microbiolóxica demostrou que as nove augas presentaban un estado hixiénico-sanitario correcto.
Arsénico, bario, boro, cadmio, cobre, chumbo, níquel, selenio e hidrocarburos policíclicos aromáticos considéranse substancias non desexables ou, polo menos, a presencia destes compoñentes por riba do límite lexislado non é adecuada. Os devanditos hidrocarburos non apareceron, mentres que os metais o fixeron nalgunhas mostras, sempre en valores moi inferiores aos admitidos.
Por outra banda, nas nove augas anotouse a presenza de nitratos, pero moi por baixo dos 50 mg/l que permite a norma: a media foi de 4 mg/l. Os nitritos poden xurdir pola redución dos nitratos e admítense en pequenas cantidades, pero nas augas estudadas non se detectou esta substancia.
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse nove mostras de auga mineral natural en botellas de plástico PET de 1,5 litros. As máis caras foron Evian (sae a 0,76 euro/litro) e Solán de Cabras (0,44 euros/litro); destacaron por baratas Alzola (0,23 euros/litro), Aquabona (0,25 euros/litro) e Soares (0,26 euros/litro).
- A auga é imprescindible para o noso organismo: un adulto sedentario debe beber polo menos dous litros diarios de auga. A auga non engorda (independentemente de en que momento se beba), xa que non achega calorías.
- A auga mineral natural obtense de mananciais e caracterízase pola súa pureza orixinal, química e microbiolóxica.
- As nove augas ofrecían nas súas etiquetas toda a información esixible, se ben Font-Vella, Solán de Cabras e Alzola incumpren a norma por cuestións pouco relevantes. O estado hixiénico-sanitario das nove mostras foi correcto, e ningunha contiña substancias contaminantes en cantidades superiores ás permitidas.
- Bezoya é de mineralización moi débil (residuo seco inferior a 50 mg/l); Evian, Solán de Cabras, Aquabona, Lanjarón, Alzola e Font Vella son de mineralización débil. Para rematar, Soares e Insalus (residuo seco superior a 500 mg/l pero inferior a 1.500 mg/l), poden considerarse de mineralización media. Ningunha mostra é de mineralización forte (máis de 1.500 mg/l de residuo seco).
- As augas aptas para dietas baixas en sodio deben ter menos de 20 miligramos de sodio por litro. Das nove estudadas, só Alzola (46 mg de sodio/litro) e Soares (92 mg/litro) non o son.
- As que máis gustaron na cata foron Insalus e Aquabona. O resto ocuparon posicións intermedias, salvo Bezoya, que quedou un pouco peor que todas as demais.
- A mellor relación calidade-prezo correspóndelle a Aquabona, unha das preferidas na cata, de moderada mineralización e bo prezo (0,25 euros/litro). Entre as de maior mineralización, Soares (0,26 euros/litro) é unha opción interesante.
Augas minerais naturais envasadas
Produto | Valores lexislados | Aquabona | Solares | Alzola | Bezoya | Insalus |
---|---|---|---|---|---|---|
Descrición | Auga mineral natural | Auga mineral natural. Minera- lización débil. Indicado para dietas pobres en sodio | Auga mineral natural | Auga mineral natural. Mineralización débil | Auga mineral natural. Mineralización moi débil. Indicado para dietas pobres en sodio | Auga mineral natural. Indicado para dietas pobres en sodio |
Manancial | Santolín Quintana- urria (Burgos) | Solares (Cantabria) | Alzola Elgoibar (Guipúzcoa) | Bezoya de Trescasas (Segovia) | Lizartza (Guipúzcoa) | |
Prezo (euros / litro) | 0,25 | 0,26 | 0,23 | 0,30 | 0,31 | |
Etiquetaxe | Correcto | Correcto | Incorrecto | Correcto | Correcto | |
Volume neto (L) | 3,52 | 9,26 | 7,24 | 5,69 | 1,90 | 3,69 |
Parámetros caracterizantes | ||||||
Residuo seco (mg/l) 1 | 264 | 506 | 312 | 37 | 569 | |
Dureza total (GHF) 2 | 23,7 | 24,9 | 17,7 | 1,7 | 41,8 | |
PH 3 | 4,5 y 9,5 | 7,9 | 7,9 | 7 | 8 | 7 |
Bicarbonatos (mg/l) | Bicar- bonatada > 600 |
275 | 249 | 183 | 16 | 160 |
Sulfato (mg/l) | Sulfatada > 200 |
7,64 | 37,4 | 23,9 | <0,5 | 270 |
Cloruro (mg/l) | Clorada > 200 |
4,42 | 144 | 67,8 | 0,63 | 12,8 |
Calcio (mg(l) | Cálcica > 150 |
90,7 | 71,7 | 57,4 | 5,49 | 139 |
Magnesio (mg/l) | Magnésica > 50 |
2,69 | 16,4 | 5,86 | 0,87 | 16,8 |
Fluoruro (mg/l) | Fluorada > 1 | < 0,1 | < 0,1 | 0,16 | < 0,1 | < 0,1 |
Ferro (µg/l) | Ferru- ginosa > 1 |
< 5 | 11,4 | < 5 | < 5 | < 5 |
Sodio (mg/l) | Sódica > 200 |
3,28 | 92 | 45,9 | 1,46 | 9,33 |
Aluminio (µg/l) | < 5 | 5,53 | < 5 | < 5 | < 5 | |
Manganeso (µg/l) | < 0,5 | < 0,5 | < 0,5 | 2,62 | < 0,5 | |
Carbono orgánico total (mgC/l) | 0,52 | < 0,2 | < 0,2 | < 0,2 | 0,23 | |
Sílice (mg/l) | 4,57 | 9,15 | 12,4 | 8,93 | 8,81 | |
Potasio (mg/l) | 0,56 | 1,71 | 0,94 | < 0,5 | 1,13 | |
Contaminantes 4 | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | |
Estado microbio- lóxico | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | |
Cata (1 a 9) | 6 | 6,7 | 6,5 | 5,9 | 6,4 |
Produto | Valores lexislados | Font Vella Salcam | Lanjaron | Solán de Cabras | Evian |
---|---|---|---|---|---|
Descrición | Auga mineral natural | Auga mineral natural. Minera- lización débil. Indicado para dietas pobres en sodio | Auga mineral natural. Minera- lización débil. Indicado para dietas pobres en sodio | Auga mineral natural. Minera- lización débil. Indicado para dietas pobres en sodio | Auga mineral natural. Minera- lización débil. Indicado para dietas pobres en sodio |
Manancial | Font Sacalm San Hilario Sacalm (Gerona) | Salud Lanjaron (Granada) | Solán de Cabras-Beteta (Cuenca) | Cachat Evian (Francia) | |
Prezo (euros / litro) | 0,30 | 0,32 | 0,44 | 0,76 | |
Etiquetaxe | Incorrecto | Correcto | Incorrecto | Correcto | |
Volume neto (L) | 1,5 | 1,5 | 1,5 | 1,5 | |
Parámetros caracterizantes | |||||
Residuo seco (mg/l) 1 | 211 | 162 | 254 | 317 | |
Dureza total (GHF) 2 | 14,7 | 10,4 | 25,5 | 30,8 | |
PH 3 | 4,5 y 9,5 | 7,9 | 6,2 | 7,7 | 7,4 |
Bicarbonatos (mg/l) | Bicar- bonatada > 600 |
150 | 107 | 284 | 362 |
Sulfato (mg/l) | Sulfatada > 200 |
15,5 | 17,8 | 20,9 | 13,3 |
Cloruro (mg/l) | Clorada > 200 |
27,7 | 12 | 7,89 | 7,52 |
Calcio (mg(l) | Cálcica > 150 |
41,9 | 26,3 | 57,3 | 77,9 |
Magnesio (mg/l) | Magnésica > 50 |
10,2 | 9,38 | 26 | 26,1 |
Fluoruro (mg/l) | Fluorada > 1 | 0,23 | 0,15 | < 0,1 | < 0,1 |
Ferro (µg/l) | Ferru- ginosa > 1 |
< 5 | < 5 | < 5 | 12,4 |
Sodio (mg/l) | Sódica > 200 |
14,3 | 9,78 | 4,94 | 6,53 |
Aluminio (µg/l) | < 5 | < 5 | < 5 | < 5 | |
Manganeso (µg/l) | 1,44 | 1,46 | < 0,5 | 1,05 | |
Carbono orgánico total (mgC/l) | < 0,2 | < 0,2 | < 0,2 | < 0,2 | |
Sílice (mg/l) | 20 | 17 | 7,64 | 10,7 | |
Potasio (mg/l) | 1,16 | 1,32 | 1,08 | 1,04 | |
Contaminantes 4 | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | |
Estado microbio- lóxico | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | |
Cata (1 a 9) | 6.4 | 6,3 | 6,5 | 5,6 |
(1) Residuo seco: informa do contido global de minerais dunha auga. Considérase que unha auga é de “mineralización moi débil” cando o seu residuo seco é inferior a 50 mg/l, de “mineralización débil” cando é inferior a 500 mg/l de residuo seco e de “mineralización forte” cando este é superior aos 1.500 mg/l.
(2) Dureza: reflicte o grao de mineralización da auga.
(3) PH: informa do carácter ácido ou alcalino da auga
(3) Contaminantes: o nivel de contaminantes detectado en todas as mostras é moi baixo e en todos os casos atópase moi por baixo dos máximos permitidos pola norma.
Unha por unha
Unha por unha, nove augas minerais naturais
Aquabona
/imgs/20070601/img.agua.01.jpg “Auga mineral natural. Mineralización débil”- Manancial Santolín, Quintanaurria-Burgos
- Sae a 0,25 euros o litro.
- A mellor relación calidade-prezo. De mineralización débil, é apta para dieta baixas en sodio. Unha das de máis calcio. Na cata, con 6,7 puntos, unha das mellores: gusta polo seu “sabor natural”, e por “fina” e “suave”.
Soares
/imgs/20070601/img.agua.02.jpg “Auga mineral natural. Auga minero-medicinal”- Manancial de Soares, Cantabria.
- Sae a 0,26 euros o litro.
- Opción interesante para os que prefiren augas de maior mineralización. Auga de mineralización “media” (residuo seco: 506 mg/l). Non apta para dietas baixas en sodio. A de máis cloruros e sodio. A única con aluminio, aínda que a cantidade sexa ínfima. Na cata, 6 puntos: gusta o seu “bo sabor”; pero á súa vez recibe algunhas críticas porque “se nota sabor” e porque “deixa sabor” na boca”.
Alzola
/imgs/20070601/img.agua.03.jpg “Auga mineral natural. Mineralización débil. Auga minero-medicinal”- Manancial de Alzola, Elgoibar-Guipúscoa.
- Sae a 0,23 euros o litro, a máis barata.
- Na etiqueta, a composición química vén só en euskera, cando é obrigatorio que estea tamén en castelán. De mineralización débil. Non apta para dietas baixas en sodio. Na cata recibe 6,5 puntos: gusta o seu “sabor suave”, recibe algunhas criticas pola “sensación en boca”.
Bezoya
/imgs/20070601/img.agua.04.jpg “Auga mineral natural. Mineralización moi débil”- Manancial de Bezoya, Trescasas-Segovia.
- Sae a 0,30 euros o litro.
- A única de mineralización moi débil, o seu residuo seco é 37 mg/l. Moi baixo contido mineral, tanto en cloruros e sodio coma en bicarbonatos, calcio e magnesio. A única das nove que carece de sulfatos e potasio; e a de menor dureza. Na cata acada 5,9 puntos e é a menos preferida: gusta polo seu “sabor natural”, pero critícase por “salgada” e “basta”.
Insalus
/imgs/20070601/img.agua.05.jpg “Auga mineral natural. Auga minero-medicinal”- Manancial de Lizartza, Guipúscoa.
- Sae a 0,31 euros o litro.
- Auga de mineralización “media” (residuo seco: 569 mg/l). Apta para dietas baixas en sodio; moito sulfato (podería denominarse sulfatada). É a de maior dureza. Na cata, con 6,4 puntos, é das preferidas: gusta por “sabor natural”, por “fina” e “suave”; pero recibe algunhas críticas polo “sabor que deixa”.
Font Vella - Salcam
/imgs/20070601/img.agua.06.jpg “Auga mineral natural. Mineralización débil”- Manancial Font Sacalm, San Hilario Sacalm-Xirona.
- Sae a 0,30 euros o litro.
- Na súa etiqueta, o lote e a data de consumo preferente resultan ilexibles. De mineralización débil. Apta para dietas baixas en sodio. Na cata recibe 6,4 puntos: gusta por “insípida”; pero recibe algunha crítica por “sabor raro”.
Lanjarón
/imgs/20070601/img.agua.07.jpg “Auga mineral natural. Mineralización débil”- Manancial de Saúde, Lanjarón-Granada.
- Sae a 0,32 euros o litro.
- De mineralización débil, é apta para dietas baixas en sodio. O pH máis baixo (6,2). Na cata, recibe 6,3 puntos: gusta o seu “sabor natural” e “a sensación na boca”; pero é criticada por “salgada” e por “deixar un sabor raro na boca”.
Solán de Cabras
/imgs/20070601/img.agua.08.jpg “Auga mineral natural. Auga minero-medicinal”- Manancial de Beteta, Cuenca.
- Sae a 0,44 euros o litro, a segunda máis cara.
- A única con envase de cor azul, que a protexe da luz. No seu envase o lote e data de consumo preferente resultan ilexibles. De mineralización débil, é apta para dietas baixas en sodio. Das de máis magnesio (26 mg/l). Na cata recibe 6,5 puntos: gusta polo seu “sabor natural”, por “lixeira e “pouco densa”; e é criticada pola “sensación que deixa na boca”.
Evian
/imgs/20070601/img.agua.09.jpg “Auga mineral natural”- Manancial de Cachat, Evian-Francia.
- Sae a 0,76 euros o litro, a máis cara.
- De mineralización débil, é apta para dietas baixas en sodio. A de maior contido de bicarbonatos e ferro. Na cata recibe 6,6 puntos: gusta polo seu “sabor natural” e por “fina”; e recibe algunhas críticas polo “sabor que deixa”.