Ambient devices: Obxectos que decoran e informan / Zipear / Breakout
NAVEGAR Á CARTA
Unha nova moda vincula as novas tecnoloxías coa decoración. Trátase dos “ambient devices”, obxectos que, amais de valor estético, achegan información. Non se trata de que as lámpadas ou os floreiros falen nin fagan soar unha alarma para avisar de que teñen algo importante que comunicar. O habitual é que cambien de cor ou de forma para dicir que vai chover, que a bolsa anda revolvida ou que hai moito tráfico en determinada estrada.
Ambient Umbrella” é o paraugas máis informado. O seu mando (á parte de que sobresae do paraugueiro e que o usuario o pode ver facilmente), cambia de cor dende o vermello ao azul cobalto en función de se se esperan tormentas. Outro produto da empresa é o “Ambient Clock”, que se coordina coa páxina de Google Calendar do usuario (un servizo de axenda de recordatorios online) para avisalo cando ten unha cita.
O TERMO DO MES
A compresión dun arquivo acádase de diversos xeitos, e baséase na substitución da información prescindible ou repetida por outra máis sinxela. Por exemplo, nun texto, coas palabras repetidas abondaría con indicar o número de veces que se repiten e cal é a súa posición. Así, non se perde información. No caso dun arquivo de audio, non obstante, quítanse os sons máis graves e agudos, os extremos, porque se considera que o oído humano non os percibe; así dáse reducido ata vinte veces o peso dunha canción dixital, pero cunha mingua (practicamente imperceptible) na calidade.
Os formatos de compresión son numerosos, e cómpre distinguir entre aqueles específicos para datos e os que comprimen multimedia. Destes últimos, MP3 é o máis coñecido, aínda que hai outros como OGG ou MPEG4. Dos primeiros, úsanse o RAR e mais o ZIP, que lle dá nome ao termo descrito e que foi creado por experto en cifrado de datos Phil Katz, que posteriormente o liberou á comunidade.
O VÍDEO DO MES