Luces e sombras dos sistemas de iluminación
Mantemento necesario
- Comprobe o funcionamento das súas luces -faros, posición, intermitentes e freos- periodicamente.
- Un mal estado do sistema de iluminación xera unha mala visibilidade da calzada na escuridade, incrementa a fatiga visual do condutor e a dificultade doutros condutores para ver o seu vehículo e as súas manobras.
- Aínda que todas as luces funcionen correctamente, cambie as lámpadas cada 50.000 quilómetros ou cada dous anos, sempre por parellas, aínda que a súa duración depende das súas características.
- Por danos ou roturas externas das pantallas protectoras pódense producir condensacións no interior do faro e córrese o risco de que se funda algunha lámpada.
- Instale lámpadas orixinais. O baixo custo en moitos casos vén acompañado de menor vida útil e menor potencia lumínica.
- Baixo ningún motivo coloque lámpadas xenon en faros de lámpadas haloxenas, porque o faro debe estar preparado para iso.
- Outro aspecto importante é a súa correcta regulación. Unha luz moi alta pode cegar a outros condutores e, en calquera caso, é perigoso porque o fará perder visibilidade. O mesmo acontece se están excesivamente baixas.
- Unha mala regraxe pódese deber a golpes, ao mal estado dos amortecedores ou a que viaxa co seu vehículo moi cargado. Hoxe, a maioría dos coches dispoñen de reguladores para corrixir a altura dos faros.
- Non esquezan a limpeza e o bo estado da pantalla protectora. Se os faros ou os pilotos están sucios, redúcese a distancia de iluminación e aquela dende a cal é visto. Unha simple capa de po na superficie dos faros pode reducir a súa eficacia ata nun 10% e a solución é tan sinxela como pasar de cando en vez un pano húmido.
Evitar cegamentos
- Se se ve cegado, reduza a velocidade.
- Se o cegamento é de fronte, mire á zona menos iluminada da vía ou a puntos de referencia claros (as marcas viarias, a liña de bordo da calzada).
- Se o cegan polo espello retrovisor, cambie a posición da súa cabeza ou coloque o seu espello na posición anticegamento.
- Nunha curva á dereita, cambie as luces curtas cando un vehículo circule en sentido contrario, porque o feixe da súa luz incidirá directamente sobre os ollos do outro condutor.
- Nunha curva á esquerda, pola contra, a luz ilumina o bordo dereito da calzada e tardará máis en cegar outro condutor. Aínda así, non esqueza quitar as “longas”.
Alternativas ás lámpadas convencionais
Neste tipo de lámpada a incandescencia prodúcese no ámbito dun gas nobre -normalmente iodo- que refrixera o filamento alongando a súa vida útil. Proporciona unha luz máis brillante, o que se traduce nun maior contraste dos obxectos na escuridade. Duran ata 400 horas.
Vantaxes. Prezos para todos os petos. Entre 8 e 35 euros, segundo fabricante e intensidade luminosa. Ademais, calquera pode substituír unha lámpada fundida. Inconvenientes. A lei obriga a levar un xogo de recambio no coche.
Tamén coñecidas como luces de descarga, o seu sistema baséase nun principio físico -a descarga de gas- completamente distinto ao dos métodos anteriores de iluminación.
Vantaxes. Ilumina ata tres veces máis ca a lámpada de haloxeno e consume só a metade da súa enerxía, optimizando o sistema eléctrico do automóbil. Na función “de cruzamento” alcanza máis metros sen cegar os vehículos que circulan en sentido contrario. A súa luz, moi parecida á solar, reduce a fatiga visual e o seu maior aproveitamento da enerxía luminosa permite que as súas dimensións sexan máis pequenas e as formas máis aerodinámicas, mellorando a estética. As lámpadas de Xenon teñen 1.500 horas de vida útil, catro veces máis ca unha lámpada de halóxeno. Non é obrigatorio levar reposto.
Inconvenientes. Só as pode manipular un profesional. Un kit composto de dúas lámpadas de gas xenon e dous transformadores custa entre 200 e 400 euros.
Reducidas ata agora ao uso en pilotos, intermitentes e terceira luz de freo, as lámpadas Led -Light Emision Diode (díodo de emisión de luz)- comezarán a utilizarse como luces de cruzamento a partir do 2008. Estes focos, no canto de teren unha soa fonte de luz, como os faros haloxenos ou de xenon, utilizan unha cantidade de díodos que iluminan zonas diferentes da calzada.
Vantaxes. Non se funden, o seu consumo é moi baixo e a súa duración é practicamente eterna, unhas 100.000 horas.
Inconvenientes. Hai que esperar ata o 2008 para poder usalas como luz de cruzamento.
- A lei establece, como norma xeral, que hai que acender as luces entre a posta e a saída do sol, en condicións de baixa visibilidade (néboa, chuvia ou neve) e en determinadas situacións (ao pasar por un túnel ou circulando nun carril reversible). Non obstante, o pleno do Senado aprobou no mes de febreiro unha moción na que insta ao Goberno a desenvolver unha normativa a favor da obrigatoriedade do uso das luces de cruzamento as 24 horas do día.
- Durante o crepúsculo e o amencer non escatime o uso da iluminación: as imaxes non aparecen nítidas e hai dificultades para adaptar a visión.
- Accione a iluminación cando se reduza a visibilidade por fume, chuvia, néboa ou zonas sombrías. Como regra xeral, acenda a luz de cruzamento cando accione o limpaparabrisas.
- As luces antinéboa (traseiras e dianteiras) son bastante potentes e só se deben empregar en condicións de pésima visión e hai que apagalas así que mellore e poida distinguir con facilidade as luces de posición do vehículo que o precede, porque xa non serán útiles. Pola contra, poden resultar moi molestas para os demais condutores e diminúen o contraste entre as luces de posición e os freos.