Buscadores temáticos / Blog: Kirai.NET, un geek en Xapón / Web: "As fotos do capitán pataca"
Navegar á carta
A pesar de que moitos usuarios non o saiban, hai vida máis alá de Google. Polo tanto, non está de máis coñecer algúns buscadores temáticos, un grande atallo cando se sabe exactamente que é o que se está a buscar. Hai unha morea deles, pero velaquí uns poucos:
/imgs/20070301/img.internet2.01.jpg Allmusic
Allmusic é unha das grandes enciclopedias sobre música en Internet, cunha base de datos enorme, non só en música contemporánea anglosaxoa, senón tamén en jazz e música clásica. Nesta páxina pódese atopar información sobre centos de miles de artistas, millóns de discos e cancións. Cada artista está debidamente biografado, inclúense os seguidores da súa arte e tamén os mestres que o influíron. Cada disco conta tamén coa súa crítica e valoración. Sen dúbida é o xeito máis rápido para atopar información básica sobre calquera artista. Dende Lou Reed ata Moncho, o “Rei do Bolero”. En inglés./imgs/20070301/img.internet2.02.jpg Internet Movie Database
A mellor base de datos sobre películas de cinema e series de televisión, onde non só se incorpora un eficiente buscador por título, actores, directores, produtores e outros parámetros, senón que tamén informa das novidades no mundo do cinema e as series, os festivais, as candidaturas aos Oscar… Tamén ofrece unha boa cantidade de blogs sobre cinema. En inglés (a versión en español a penas ten unha ínfima parte do contido da anglosaxoa)./imgs/20070301/img.internet2.03.jpg Portal do Ocio La Higuera
Non todo o que se busca en Internet é información profesional ou “sesuda”; tamén hai buscadores como o de La Higuera, que permiten tanto atopar con rapidez o teléfono dun restaurante novo, as cancións do disco de Nora Jones, as próximas estreas da carteleira de teatro ou o modo máis rápido para conseguir unha entrada para o concerto do ultimísimo grupo de “indie pop” procedente do noroeste de Inglaterra. Puro lecer./imgs/20070301/img.internet2.04.jpg O Buscopio
O Buscopio é un “”meta buscador””, é dicir, un buscador de buscadores. O que fai este portal é dividir en grandes apartados temáticos a información, de xeito que cada sección é un buscador en si mesmo: temas de Internet, temas de cultura, temas de deportes, busca de servizos concretos, por países, etcétera. Deste xeito, o usuario define os primeiros niveis da súa busca e resolve o problema de ter que discriminar o gran da palla. É certo que pode deixar fóra dos seus resultados páxinas que poderían interesarlle, pero na Rede cada vez é máis inevitable ter que escoller entre rapidez e tino no proceso de busca dunha información.
Cada mes un blog:
A páxina do mes