A vida útil dunha conta corrente abandonada
Para sorpresa dos clientes, cando isto acontece as entidades adoitan poñerse en contacto con eles para reclamarlles o capital debido polas comisións de mantemento acumuladas. Son moitos os exemplos de pais que, despois de abriren unha conta para os seus fillos acabados de nacer con cantidades pequenas, por exemplo con 20 euros, reciben unha chamada do banco pedíndolles máis cartos dos que tiñan na conta a consecuencia das comisións de mantemento. Así, os 20 euros a favor do cliente poden converterse no prazo duns seis anos en 100 euros na súa contra.
Debe o cliente pagar por ese suposto servizo de mantemento de conta do que non gozou porque nin sequera recordaba a súa existencia? É lícito o cobramento de tales comisións máximas?
Bancos e caixas están no seu deber de solicitar o que supostamente é seu. De feito, esta operación (a de aplicar maiores comisións nas contas en presunción de abandono) é lícita, xa que as comisións que lles poden aplicar as entidades aos seus produtos financeiros son libres.
Así e todo, polo xeral, as entidades non teñen por costume abafar o cliente para que aboe os gastos derivados dunha conta que realmente estaba abandonada e que, de feito, tiña moi pouco saldo cando quedou esquecida no banco. O habitual é que, despois de varios intentos de cobrar a débeda, as entidades desistan e cancelen a conta sen máis. En realidade, se unha conta non rexistrou movementos e a entidade xa se “comeu” en comisións o pouco saldo que lle puidese quedar, o Banco de España estima que non debe esixir o pagamento de máis diñeiro en concepto de mantemento.
Conta abandonada, cancelada ou saldo cero?
Ademais, os clientes bancarios deben saber que en moitos casos as entidades aplican comisións de mantemento elevadas cando o saldo medio da conta corrente é inferior a certa cantidade -que varía en función de cada entidade financeira-. Así, en contas abandonadas con pequenas cantidades de diñeiro adoita ser habitual que ao cabo de poucos anos se acumule unha pequena débeda a favor do banco ou caixa. A comisión por mantemento adoita cobrarse anual ou semestralmente. A súa contía varía moito dunhas entidades a outras, aínda que pode alcanzar ata os 36 euros anuais.
No tocante ao cobramento lícito de comisións, a lei só indica que as entidades de crédito teñen liberdade para estableceren as súas tarifas e comisións sempre que respondan a servizos prestados ou gastos realizados e, no caso das contas correntes, cobrar unha comisión por mantemento está xustificado. As entidades só teñen que remitirlle ao Banco de España un folleto coas tarifas e comisións máximas que aplican nos seus produtos quince días antes de poñelas en práctica. Unha vez comunicadas, se non hai obxección por parte da institución monetaria, a entidade pode comezar a aplicalas. Outro requisito que debe cumprir é a exposición das tarifas máximas en taboleiros nas súas sucursais físicas e nas súas páxinas web.
Por que se deixa unha conta abandonada?
Pero, amais dos esquecementos, cambiar de domicilio sen comunicarllo á entidade ou falecer sen ter herdeiros son outras causas que xustifican a existencia de contas correntes abandonadas nas entidades financeiras.
Que é unha conta corrente abandonada?
Cando pasan os cartos ás mans do Estado?
Para que os cartos destas contas abandonadas pasen a engrosar as arcas do Estado, as entidades financeiras teñen que seguir escrupulosamente os pasos que esixe a lei. En primeiro lugar, cando bancos e caixas confirman que teñen nas súas bases de clientes contas abandonadas, están obrigadas a publicar no Boletín Oficial do Estado (BOE) e nalgún xornal de tiraxe nacional un chamamento aos titulares ou herdeiros destas contas. O obxectivo destes anuncios é que os presuntos titulares ou os seus coñecidos ou familiares se decaten de que teñen unha conta bancaria abandonada, co fin de poder reclamar o diñeiro que lles quede.
Nestes anuncios, as entidades publican o nome ou razón social do titular (no caso de que sexan contas xurídicas, de empresas), os beneficiarios de os haber, a localidade na que se constituíu a conta e o nome da entidade. Tamén é moi común que as entidades publiquen a cantidade de cartos que hai depositada na conta.
Mentres que a publicación no BOE é gratuíta, a inserción nos xornais é considerada como publicidade. Polo tanto, por estas publicacións nos diarios hai que aboar as cantidades que correspondan, segundo as tarifas publicitarias do medio. Estas insercións fanse a cargo do depositario, é dicir, contra o saldo que poida quedar na conta. Se non houbese saldo abondo para cubrir este custo, a entidade está exenta de realizar a inserción nos xornais.
Os titulares e herdeiros teñen un ano para reclamar dende que se publican os anuncios no BOE e nos xornais. Pasado este período, as delegacións de Facenda correspondentes confirmarán se se trata realmente de bens abandonados. En caso afirmativo, as entidades terán 15 días para ingresar o importe correspondente no Tesouro Público. Se neste período bancos e caixas non realizan tal ingreso serán sancionadas cunha multa equivalente á cantidade non ingresada, por regra xeral, máis uns xuros determinados.
Por iso, esta familia de Cuenca decidiu abrir unha conta nunha entidade galega, con sucursais por todo o Camiño de Santiago. Deste xeito, prevía a súa falta de diñeiro durante as súas vacacións e evitaba ter que levar moito capital enriba. Pasadas as vacacións, a conta caeu no esquecemento cun saldo de 30 euros. Pasados 8 anos, a devandita familia recibe unha chamada da entidade solicitándolle o pagamento de 37,86 euros en concepto de comisións de mantemento acumuladas durante todo o tempo que permaneceu a conta inactiva (a comisión de mantemento media foi de 6,17 euros anuais). Tras demostrar o cliente que esa conta non rexistrou movementos en todo ese período e que foi aberta para un fin moi puntual, a entidade desistiu do cobramento e cancelou a conta sen máis.