Incendios domésticos

A prevención, o mellor detector

Detectores de fume, extintores portátiles e un control extremo dos máis cativos da casa evitarán as peores consecuencias dun incendio no fogar
1 Marzo de 2007

A prevención, o mellor detector

/imgs/20070301/img.consejos.01.jpg Nun país que prima cada vez máis a seguridade en cidades, edificios e redes de transporte, prodúcense cada ano 800.000 accidentes domésticos, dato que apunta ao fogar como un dos principais e máis perigosos escenarios de accidentes: unha faísca, un cigarro mal apagado, un curtocircuíto ou unha tixola esquecida na cociña poden ocasionar un incendio en calquera vivenda. En Europa morren anualmente 4.000 persoas por mor dos incendios e en España esta cifra anda arredor dos 150 falecidos; prodúcense a cotío entre 50 e 80 incendios domésticos, que no 90% das casos se extinguen sen provocaren vítimas. Non saber como reaccionar chegado o caso pode facer que un pequeno lume acabe en traxedia.

Máis vale previr

  • /imgs/20070301/img.consejos.02.jpgInstale na súa casa un detector de fume, dará a alarma de incendio con tempo abondo para espertar e fuxir antes de que sexa demasiado tarde. A instalación é sinxela e a penas necesita mantemento. O mellor lugar para colocalo é o corredor, onde pode ser escoitado dende toda a vivenda. No mercado pode atopar unha ampla gama que comprende dende os icónicos -sensibles ante os fumes invisibles-, os termovelocímetros -sensibles ante os cambios de temperatura-, os ópticos -sensibles aos fumes visibles- e, para rematar, os detectores que actúan ante a presenza de lapas. Tamén son útiles os detectores térmicos que avisan cando se alcanza o máximo de temperatura fixado previamente. Todos os detectores deben estar complementados con indicadores como luces de aviso ou sirenas.
  • Teña un extintor portátil na casa e aprenda a usalo. Pode evitar que un lume pequeno se converta nun grande incendio. Colóqueo en lugar visible e fácil de alcanzar. Asegúrese do seu funcionamento e de que estea sempre cargado.
  • Os nenos pequenos senten unha curiosidade natural polo lume. O que empeza como exploración natural pode acabar en traxedia. Segundo o organismo para incendios de Estados Unidos, a terceira parte dos incendios nos domicilios que causan mortes infantís son orixinados por nenos que xogan con chisqueiros ou con outro tipo de materiais inflamables. É importante non deixar sós na casa os nenos pequenos, nin sequera por breves intervalos de tempo.

Instalación eléctrica. Perigo de curtocircuíto

  • Revise a instalación eléctrica e cambie os cables estragados. Non realice empalmes provisionais.
  • Non sobrecargue os enchufes con aparatos electrodomésticos. O paso da corrente produce calor e un aumento excesivo deste pode chegar a inflamar o plástico que recobre os ladróns, xa sexa os de parede ou os que levan incorporados un anaco de mangueira, podendo producir un incendio.
  • Nunca poña un pano enriba das lámpadas para atenuar a luz, pode provocar un incendio.
  • Se nota cheiro a tostado, revise e localice a orixe, pode tratarse dun sobrequecemento da instalación eléctrica que orixinará un perigoso curtocircuíto ou un incendio.
  • Se usa calefactores eléctricos procure non utilizar cables alongadores. Non os utilice para secar roupa ou calzado nin os coloque preto de cortinas, mobles e outros materiais combustibles.

Na cociña, extreme a precaución

  • Non use pezas de vestir de manga longa ou con garantías anchas ao cociñar. Pódense prender co lume ou voltear recipientes e provocar queimaduras.
  • Manteña limpa a cambota extractora. A acumulación de po e graxa nos filtros prende con facilidade se chega a producirse un pequeno lume.
  • Se se incendia unha tixola, apague a campá extractora, tápea cun pano húmido ou cunha tapadeira. A falta de osixeno fará que se apague só. Nunca bote auga.
  • Extreme as precaucións se almacena líquidos inflamables como gasolina, acetona, benceno, thinner (disolvente para lavados), alcohol, augarrás, cemento de contacto ou queroseno. Estes líquidos forman vapores invisibles explosivos que poden acenderse por unha faísca a unha considerable distancia do recipiente. Deben almacenarse fóra da casa, afastados de fontes de combustión, lonxe dos nenos, en envases ben identificados, que non sexan de vidro, e ben pechados.
  • Conserve, ademais, as saídas de fumes e entradas de aire ben limpas, e libres de graxa.

Non xogue

co gas…

  • Se aínda utiliza unha estufa catalítica que funciona con gas e quenta mediante unha combustión producida polo gas butano e o osíxeno do ambiente, saiba que mentres o aparello funciona, o osíxeno diminúe, o que pode levar en casos extremos á asfixia se a deixa acesa durante a noite ou non ventila axeitadamente o cuarto onde se atopa.
  • Se se produce unha fuga de gas non acenda nin apague luces, abra as ventás e ventile o recinto, pechando a fonte (botella de butano, chave de paso en instalacións de gas cidade). Se fose imposible facelo, por exemplo en casos de roturas de condución e desaloxos a vivenda, hai que chamar aos bombeiros.

… nin co tabaco

  • Se está a fumar (a reacción inmediata pode ser guindar o cigarro ao chan) manteña o cigarro en alto e diríxase a outro cuarto para apagalo. Nunca o tire ao chan, xa que a maior concentración de gas se atopa precisamente a rentes de chan, xa que o butano é máis pesado ca o aire. Evite as correntes de aire na cociña que puidesen apagar o gas.
  • Se fuma, utilice cinceiros grandes e profundos -mellor con auga- e non esqueza apagar os cigarros, mollando as cabichas antes de tiralas ao lixo. Procure non fumar na cama ou deitado no sofá.
En caso de incendio

/imgs/20070301/img.consejos.03.jpg

  • Chame ao teléfono de emerxencias (112).
  • Só intente apagar o lume se é pequeno e controlable, situándose sempre entre o incendio e a vía de escape.
  • Utilice o extintor se dispón del, pero nunca verta auga sobre un incendio no que haxa graxa, instalacións eléctricas ou líquidos inflamables, xa que o lume se espallaría máis.
  • Se o lume está fóra de control non intente apagalo, saia da casa (antes hai que cortar a subministración de enerxía eléctrica co interruptor xeral).
  • Peche portas e ventás para que a ausencia de osíxeno afogue o lume.
  • Se non pode escapar, poña teas ou toallas molladas arredor das portas, para bloquear a entrada de fume. Deseguido, arrástrese cara ás ventás, ábraas, e berre para solicitar axuda, axitando un pano para chamar a atención.
  • Se o seu pelo ou a roupa se incendiaron cúbraos cunha toalla, manta ou outro material groso e rode para apagar as lapas pero nunca bote a correr.
  • Non permaneza ergueito no medio do fume, intente escapar gateando e coa boca pechada.