Compensan as de indución
O prezo das vitrocerámicas analizadas oscila entre os 296 euros de Balay 3 ET 713 X ata os 402 euros de Bosch PKF651E01E, e as de indución dende os 644 euros de Teka IT644 ata os 739 euros de Bosch PIE651TO1E. As de indución demostraron quentar a auga o dobre de rápido, gastan menos electricidade (ata un 30% menos), son máis doadas de limpar e máis seguras porque á súa superficie non se quenta. O máis probable é que unha familia que faga un uso habitual deste electrodoméstico amortice a súa adquisición ao longo da súa vida útil. Por iso, a mellor relación calidade-prezo deste estudo é para Balay indución, das máis baratas entre as de indución e que rexistrou uns bos resultados. Outra opción interesante se o usuario prefire unha vitrocerámica (para poder utilizar calquera tipo de pota ou porque non desexa realizar un gasto inicial maior) é a vitrocerámica Balay, a máis barata.
Todas as placas analizadas teñen os mandos no propio mesado, polo que a súa instalación non leva aparellada a do forno. A botoeira é táctil e dixital e permite regular a intensidade de cada foco. Para evitar accidentes, por exemplo con nenos, as oito pódense bloquear. Fagor de indución é a única na que cada foco é programable, o que resulta moi cómodo para que o lume se apague nun período prefixado.
O tamaño destes electrodomésticos non é estándar. A máis grande (Teka, 600×510 mm) e a máis pequena (Balay vitrocerámica, 575×505 mm) dificilmente encaixarán no mesmo oco. Por iso, se se trata de substituír a placa actual, a persoa interesada debe realizar as oportunas medicións para garantir que a nova cociña entra no espazo da anterior.
Estes electrodomésticos son grandes consumidores de electricidade, especialmente as placas de indución, que chegan aos 7.200 W de potencia. Dispoñen de catro calefactores, de diversos tamaños e potencias. Son comúns os focos de 210 mm e de 180 mm de diámetro. Pero, nos dous focos máis pequenos si hai disparidade, e van dende os 145 mm ata os 160 mm do cuarto foco e dende os 145 mm ata os 180 mm no terceiro.
Quentar, manter a calor e non a perder
A primeira proba de laboratorio coas placas foi quentar litro e medio de auga e calcular o tempo e a potencia eléctrica que necesitaban. Para iso usouse o lume de 180 mm de diámetro (o segundo máis grande, presente en todas elas) programado coa máxima intensidade. A auga estaba inicialmente a 15ºC e a proba concluía cando alcanzaba os 90ºC. Todas as cociñas de indución foron máis rápidas ca as vitrocerámicas: a Fagor indución levoulle só 4 minutos e 49 segundos. As outras tres de indución tardaron un minuto máis en completar a proba. Balay e Bosch vitrocerámicas necesitaron máis de 8 minutos, mentres que Fagor e Teka, as máis lentas, chegaron aos 10 minutos e 20 segundos. No tocante ao gasto enerxético nese tempo, situouse sobre os 170 W nas de indución e arredor das 233 W nas vitrocerámicas. Polo tanto, neste test, as vitrocerámicas foron, de media, un 75% máis lentas e necesitaron un 40% máis de electricidade.
Amais de quentar rápido, é importante que estas cociñas controlen e manteñan unha temperatura uniforme. Para calculalo, mediuse canto tempo necesitaban para quentar litro e medio de aceite de xirasol dende os 23ºC ata os 250ºC, de novo co foco de 180 mm e á máxima potencia. As placas de indución necesitaron entre seis e sete minutos, e as vitrocerámicas entre os 11 minutos de Balay e Bosch, e os 17 minutos de Fagor e Teka. A proba repetiuse quentando a mesma cantidade de aceite durante 30 minutos a media potencia. Fagor indución foi a mellor, a única que con esta potencia alcanzou os 250ºC, seguida da vitrocerámica Bosch, que quedou en 212ºC. Os dous modelos de Teka foron os que obtiveron un resultado máis discreto (sobre os 160ºC). Esta proba realizouse por terceira vez para comprobar como se desenvolvían “ao mínimo”. Fagor e Teka quentan o aceite ata 70ºC (peor, porque un usuario quizais desexe cociñar a unha temperatura inferior), mentres que Teka indución non pasou de 46ºC. O resto moveuse sobre os 50ºC. Para comprobar a calor residual (o tempo que a cociña segue emitindo calor unha vez apagada) quentouse outro litro e medio de aceite de xirasol no foco de 180 mm a máxima potencia ata os 80ºC. Cando se alcanzaba esta temperatura apagábase o equipo, pero non se retiraba do lume. Todo o que subise a súa temperatura dos 80ºC era consecuencia da calor residual e, polo tanto, negativa. As vitrocerámicas foron, como se prevía, as que máis enerxía perderon (entre tres e catro veces máis que as de indución). A perda de calor nestas placas foi considerable: dende os 42ºC de máis de Fagor ata os 53ºC de Bosch. Pero entre as de indución tamén houbo diferenzas: Teka gañou 9ºC e Bosch alcanzou 17ºC máis. A mellor solución para evitar a perda deste gasto inútil de calor e enerxía é apagar o lume uns minutos antes de rematar a cocción, principalmente nas placas vitrocerámicas.
A proba de fritura
Para coñecer a súa eficiencia na fritura mediuse o número de tixoladas de patacas que poden fritir en 45 minutos á máxima potencia no lume máis grande (210 mm). Cada fritura (de 500 gramos de patacas en tres litros de aceite) duraba exactamente sete minutos. A seguinte quenda de patacas non se introducía no recipiente ata que o aceite alcanzaba de novo os 180ºC. Se dúas placas fritían o mesmo número de porcións, a mellor valoración correspondía á que antes acababa coa última quenda. Durante a proba, os tres focos restantes estiveron a quentar auga para simular a máxima intensidade na que poden traballar estes equipos. As catro vitrocerámicas só fritiron dúas quendas e as de indución chegaron a catro, salvo Fagor de indución, que quedou en tres fritadas (o que, segundo os técnicos, se pode deber a que os seus outros lumes estaban acesos, o que lle restaría potencia debido á súa configuración).
No tocante aos accesorios incluídos, as placas vitrocéramicas ofrecen unha coitela de limpeza, que só falta en Fagor. Teka de indución tamén a inclúe, se ben non resulta tan necesaria neste tipo de cociñas. De novo, Fagor desmárcase do resto por ser a única de indución sen imán, accesorio practicamente forzoso para saber se un recipiente é apto ou non para esta clase de lumes.
Proba de uso
Tres usuarios habituados a estes electrodomésticos probaron as placas de cociña e valoraron diferentes apartados. Os oito equipos son doados de usar, pero os de Teka quedan nun “correcto”, porque non contan cun sinxelo mando de regulación de “máis” e “menos” (+/-), senón que para cambiar a potencia hai que facer tres operacións. As instrucións máis completas e claras son as dúas de Balay, as dúas de Bosch e en de Fagor e Teka de indución. O manual de Teka vitrocerámica suspendeu porque explica diferentes sistemas de mando, o que confunde o usuario. En canto á facilidade de limpeza, en todos é moito máis sinxela que coas cociñas de gas, pero os usuarios destacaron cun “excelente” a Balay e Fagor de indución e aos dous modelos de Bosch.
En síntese y táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse catro vitrocerámicas e catro placas de indución con controis táctiles e que se poden instalar independentemente do forno. As de indución son o dobre de caras (685 euros de media, fronte aos 334 euros das vitrocerámicas).
- As vitrocerámicas funcionan quentando unha resistencia eléctrica, que, á súa vez, quenta a superficie de cristal cerámico. Cando de apagan seguen desprendendo calor durante uns minutos. As de indución funcionan mediante campos magnéticos que quentan directamente o recipiente (non a propia placa) o que minimiza as perdas de calor. Iso si, requiren de potas específicas.
- As probas demostraron que as de indución son un 75% máis rápidas ca as vitrocerámicas en quentar litro e medio de auga, necesitan un 37% menos de electricidade, controlan mellor a temperatura, perden menos enerxía unha vez apagadas e son capaces de fritir o dobre de cantidade de patacas.
- Fagor foi a que mellor comportamento tivo nas diferentes probas, pero non é tan boa coma o resto para fritir patacas con todos os focos acendidos (a enerxía repártese entre eles).
- Os usuarios valoraron mellor as dúas Bosch, Balay indución e Fagor indución. Teka vitrocerámica foi a que menos gustou, e suspendeu na claridade das súas instrucións.
- En vista das vantaxes da tecnoloxía de indución, a mellor relación calidade-prezo é para Balay indución, das máis baratas da súa categoría e cuns bos resultados nas diferentes probas. Outra opción interesante para os que non desexen facer un desembolso inicial maior ou queiran utilizar calquera tipo de potas é a placa vitrocerámica de Balay, a máis barata.
MARCA MODELO | Balay3ET713X | TekaTT620 | FagorVT64PDMP | BoschPKF651E01E |
---|---|---|---|---|
Tecnoloxía de cociñado | Resistencia | Resistencia | Resistencia | Resistencia |
Prezo (euros) | 296 | 304 | 333 | 402 |
Marco | Inoxidable | Inoxidable | Inoxidable | Biselado |
Dimensións exteriores (mm x mm) | 575×505 | 600×510 | 580×510 | 590×505 |
Potencia (w) | 6600 | 6500 | 6300 | 6600 |
Temporización | No | No | No | No |
Características calefactores (diámetro) | 210 180 145 145 |
210 180 160 145 |
210 180 145 145 |
210 180 145 145 |
APTITUDE PARA QUENTAR AUGA | ||||
Tempo ata 250 ºC aceite, máx. potencia (minutos) | 8.50 | 10.20 | 10.26 | 8.28 |
Consumo de enerxía nese tempo (W) | 237,7 | 226,8 | 229,6 | 239,2 |
CAPACIDADE PARA CONTROLAR A TEMPERATURA | ||||
Tiempo hasta 250¼C aceite, max. potencia (minutos) | 11.30 | 16.47 | 17.21 | 11.03 |
Temperatura aceite, 30 min. media potencia (ºC) | 196 | 160 | 194,5 | 212,4 |
Temperatura aceite, 30 min. potencia mínima (ºC) | 51,6 | 69,6 | 64,8 | 49,4 |
TEMPERATURA RESIDUAL | ||||
Temperatura residual (número de ºC que sobe de 80 )1 | 47,5 | 46 | 41,8 | 52,5 |
APTITUDE PARA FRITIR | ||||
Número de tixoladas en 45 minutos | 2 | 2 | 2 | 2 |
Tempo investido (minutos) | 42:15 | 43:20 | 41:38 | 42:10 |
PROBA DE USO | ||||
Claridade das instrucións | Ben | Insuficiente | Correcto | Ben |
Facilidade de uso | Ben | Correcto | Ben | Ben |
Facilidade de limpeza | Ben | Ben | Ben | Moi ben |
Accesorios subministrados | Cuchilla | Cuchilla | Nada | Cuchilla |
MARCA MODELO | Balay3ET920L | TekaIT644 | Fagor6IFT4S1 | BoschPIE651TO1E |
---|---|---|---|---|
Tecnoloxía de cociñado | Indución | Indución | Indución | Indución |
Prezo (euros) | 656 | 644 | 701 | 739 |
Marco | Biselado | Inoxidable | Biselado | Biselado |
Dimensións exteriores (mm x mm) | 590×510 | 600×510 | 580×510 | 590×510 |
Potencia (w) | 7200 | 6800 | 7200 | 7200 |
Temporización | No | No | S? | No |
Características calefactores (diámetro) | 210 180 180 150 |
210 180 180 145 |
210 180 180 160 |
210 180 180 150 |
APTITUDE PARA QUENTAR AUGA | ||||
Tempo ata 250 ºC aceite, máx. potencia (minutos) | 5.54 | 5.57 | 4.49 | 5.46 |
Consumo de enerxía nese tempo (W) | 168,6 | 170,0 | 173,5 | 167,4 |
CAPACIDADE PARA CONTROLAR A TEMPERATURA | ||||
Tiempo hasta 250¼C aceite, max. potencia (minutos) | 7.03 | 6.48 | 5.56 | 6.59 |
Temperatura aceite, 30 min. media potencia (ºC) | 179,8 | 157,4 | 250 | 184,1 |
Temperatura aceite, 30 min. potencia mínima (ºC) | 54,9 | 46,4 | 49,6 | 53,5 |
TEMPERATURA RESIDUAL | ||||
Temperatura residual (número de ºC que sobe de 80) 1 | 15 | 8,9 | 13,9 | 17 |
APTITUDE PARA FRITIR | ||||
Número de tixoladas en 45 minutos | 4 | 4 | 3 | 4 |
Tempo investido (minutos) | 42:45 | 43:10 | —— | 42:10 |
PROBA DE USO | ||||
Claridade das instrucións | Ben | Ben | Ben | Ben |
Facilidade de uso | Ben | Correcto | Ben | Ben |
Facilidade de limpeza | Moi ben | Ben | Moi ben | Moi ben |
Accesorios subministrados | Imán | Cuchilla | Nada | Imán |
1. Quéntase aceite a 80º, apágase o equipo e déixase o recipiente sobre o foco. Todo o que suba a temperatura do aceite dende ese momento considérase calor perdida.
Unha a unha
Unha a unha, 8 placas de cociña
Balay 3 ET 920 L
- 656 euros a unidade.
/imgs/20070301/img.analisis2.03.jpg De indución. A mellor relación calidade-prezo de todo o comparativo. Biselada. Dentro das placas de indución, obtén un bo comportamento en todas as probas realizadas.- Subministra un imán como accesorio.
- Na proba de uso, obtén un “ben” na claridade das instrucións e facilidade de uso e un “excelente” en facilidade de limpeza.
Teka IT644
- 644 euros, a máis barata das de indución.
- Marco de aceiro inoxidable. A máis grande. A que menos enerxía desbalda unha vez apagada a placa. A única de indución que inclúe unha coitela.
- Proba de uso: “ben” en claridade de instrucións e facilidade de limpeza e un “correcto” en facilidade de uso.
Fagor 6 IFT 4 S 1
- 701 euros.
- De indución. Biselada. A única con temporizador. A máis rápida e a que mellor controla a súa temperatura. A de indución que máis enerxía necesita para quentar auga (174 W). O foco grande perde intensidade se se usan á vez os outros tres lumes. Sen o imprescindible imán para descubrir a aptitude das potas.
- Proba de uso: “ben” na claridade das súas instrucións e facilidade de uso e un “excelente” en facilidade de limpeza.
Bosch PIE651TO1E
- 739 euros, a máis cara.
- De indución. Biselada.
- Proba de uso: “Ben” na claridade das instrucións e facilidade de uso e un “excelente” en facilidade de limpeza.
Balay 3 ET 713 X
- 296 euros, a máis barata.
- Vitrocerámica. A mellor relación calidade-prezo entre as vitrocerámicas. Con marco de aceiro inoxidable. A máis pequena. Das que máis enerxía necesita para quentar auga (238 W).
- Proba de uso: “ben” en claridade de instrucións, facilidade de uso e facilidade de limpeza.
Teka TT620
- 304 euros a unidade.
- Vitrocerámica. Marco de aceiro inoxidable. A máis grande (600 x 510 mm2). Das máis lentas (tarda máis de 10 minutos en quentar litro e medio de auga) e das que máis tempo necesita para estabilizar a temperatura. A vitrocerámica que menos enerxía necesita para quentar auga (227 W).
- Proba de uso: claridade de instrucións “insuficiente”, facilidade de uso “correcta” e “ben” en facilidade de limpeza.
Fagor VT64PDMP
- 333 euros.
- Vitrocerámica. Marco de aceiro inoxidable. Das máis lentas (tarda máis de 10 minutos en quentar litro e medio de auga) e das que máis tempo necesita para estabilizar a temperatura. A vitrocerámica que menos calor residual perde. Sen coitela, imprescindible para a súa limpeza.
- Proba de uso: en claridade de instrucións “correcta”, e recibe un “ben” en facilidade de uso e facilidade de limpeza.
Bosch PKF651E01E
- 402 euros; a máis cara das vitrocerámicas.
- Vitrocerámica. Biselada. Das que máis enerxía consume para quentar auga. A que máis enerxía perde unha vez apagada.
- Proba de uso: “ben” en claridade de instrucións e facilidade de uso e “excelente” en facilidade de limpeza.