Dispositivos antiesvaradíos para a neve

Un para cada condutor

Moi diferentes en prezo e en prestacións, cada sistema de adherencia para neve convenlle a un tipo de usuario
1 Novembro de 2006
Img analisisbp

Un para cada condutor

/imgs/20061101/img.analisis2.01.jpgA Dirección Xeral de Tráfico recomenda que entre os meses de novembro e marzo os condutores leven sempre no seu vehículo dispositivos especiais que aumenten a adherencia e que melloren a seguridade activa, é dicir, a que evita que se produzan accidentes. Os sistemas máis coñecidos son as populares cadeas de ferro convencionais, pero non son os únicos. Dun tempo a esta parte é habitual atopar distintos sistemas que melloran o agarre das rodas, como as cadeas ríxidas (tipo 90 araña), as fundas téxtiles ou mesmo os pneumáticos especiais que substitúen os convencionais e que se usan unicamente durante o inverno.

Leváronse ó laboratorio e probáronse nun circuíto pechado nove modelos de suxeición para a neve de catro tipos distintos: tres cadeas de ferro convencionais (de fixación simple, dobre tensor e auto-axustables), dúas cadeas ríxidas, dúas fundas téxtiles e outros dous xogos de pneumáticos de inverno que custan desde os 20 euros das cadeas de ferro de Carpriss ata os 355 euros das cadeas ríxidas de Centrax. É difícil indicar unha única mellor relación calidade-prezo: cada sistema está indicado para un público distinto, polo que convén coñecer as súas características para facer a elección adecuada. En termos xerais destacaron positivamente as cadeas de ferro con autotensado Protech, tanto polo seu prezo intermedio (132 euros) como por demostraren o mellor comportamento en firmes esvaradíos. As cadeas de Michelin, tamén eficaces, son sensiblemente máis baratas (66 euros), se ben son as que máis tempo leva montar.

O tamaño do maleteiro (o lugar no que se van gardar os equipos durante a maior parte do tempo) pode ser determinante na elección dun sistema. As fundas de Autosock son as que precisan menos espazo (25x22x7 cm), seguidas polas cadeas de ferro Carpriss (27x29x6 cm). As que máis ocupan son as dúas cadeas tipo araña: Centrax (67x22x23 cm) e Spikes (59,3x53x9,5 cm). No tocante ó seu peso, as fundas téxtiles son as máis liviás: as dúas fundas analizadas pesan 1,8 quilos. Pola contra, os equipos máis pesados son as cadeas de ferro de Michelin (8,8 quilos), seguidos por Protech e Spikes, que andan arredor dos 8 quilos.

Dificultade para montalas

É habitual que estes sistemas haxa que instalalos en condicións climáticas adversas, baixo a neve, a chuvia, o vento ou o frío. Por iso, a facilidade e rapidez da súa colocación son fundamentais. Para comprobar cal era máis sinxelo, catro persoas practicaron con cada sistema ata que adquiriron a soltura necesaria, como debería facer un usuario antes de montalas por primeira vez baixo a neve. Despois, cronometrouse canto lle levaba a cada usuario colocar cada equipo, iso si, nun garaxe, polo que en condicións reais é previsible que cumpra algo máis de tempo. Os pneumáticos de inverno quedan fóra deste test, xa que a súa instalación realízana especialistas, e, en calquera caso, só se fai unha vez ó ano. As máis rápidas de montar foron as cadeas tipo araña Spike Spider Compact (só 27 segundos, unha vez montado o soporte co que se debe circular en inverno), seguidas das fundas téxtiles Fix&Go (59 segundos) e Autosock (1 minuto e 23 segundos, o mesmo cás cadeas de ferro máis rápidas: Protech). As máis complicadas foron as cadeas de ferro Michelin (2 minutos e 20 segundos).

Para valorar a eficacia destes nove modelos probáronse no mesmo coche sobre unha calzada con neve nun circuíto pechado. Os ensaios fixéronse co control de estabilidade (ESP) desconectado, xa que non todos os vehículos dispoñen del e non é compatible coa maioría de sistemas de agarre. Autosock é o único que recomenda circular co ESP conectado.

Adherencia lonxitudinal

/imgs/20061101/img.analisis2.02.jpgA proba de aceleración mide canto leva percorrer 50 metros arrincando en parado, tanto sobre neve dura como sobre neve húmida. As que mellor se desenvolveron foron as cadeas convencionais (Michelin, Protech e Carpriss, por esta orde), mentres que as dúas fundas téxtiles e os pneumáticos de inverno Michelin Pilot Alpin obtiveron resultados inferiores. O test de freada, tamén sobre ambas as dúas superficies, cronometra o tempo preciso para deter un vehículo que circula a 40 km/h (30 km/h na proba de neve dura) co pedal de freo pisado a fondo. Os resultados foron semellantes ós da proba de aceleración: as fundas son claramente peores có resto, por non disporen de elementos que se chanten na neve.

A proba de tracción en pendente é a máis esixente e a que esixe un maior esforzo dos dispositivos de agarre. Nas fundas de Fix&Go e nas cadeas araña de Spikes Spiders produciuse certa rotación entre a roda e o equipo de suxeición, é dicir, a roda xiraba algo máis lixeira có equipo. As mellores volven ser as cadeas de ferro, mentres que a funda Fix&Go é significativamente peor.

Adherencia transversal

  • A proba de cambio de carril simula unha manobra de evasión (como a que teriamos que realizar de un animal invadir a estrada). Canto maior sexa o resultado (que indica a aceleración respecto do ángulo de volante), mellor comportamento demostra o equipo. As dúas fundas son as mellores neste test. Os expertos indicaron que, a diferenza do resto de sistemas, nos que o condutor “sente” cando vai perder adherencia e pode corrixir a manobra (a perda é progresiva), coas fundas a perda de adherencia só é perceptible cando o agarre entre o vehículo e a vía é nulo. As cadeas convencionais tamén acadaron un bo resultado, mentres que as “tipo araña” foron as peores.
  • Tamén se comprobou a adherencia tomando unha curva de 50 metros de radio a unha velocidade constante de 50 km/h por un camiño marcado. Mediuse canto había que virar o volante para manter a traxectoria (para unha mesma aceleración canto máis ángulo de volante haxa que aplicar para seguir a mesma traxectoria, maior é a tendencia á subviraxe). Moi lonxe do resto, as fundas téxtiles e os pneumáticos de inverno son os mellores. As cadeas ríxidas, de novo, son as que demostraron un peor comportamento.
  • Algo do que poucas veces se fala é do molesto ruído que xeran os coches cando circulan con estes sistemas colocados. Un sonómetro mediu o ruído no interior dos vehículos circulando a 40 km/h. As cadeas tipo araña Spikes Spider (78,6 decibelios) e Centrax (75,8 dBA) son as máis molestas, mentres que as fundas (73,3 dBA) e os pneumáticos de inverno (74 dBA) son moito menos sonoros. Unha diferenza de catro decibelios é moi importante, xa que a escala dos decibelios é logarítmica, polo que pequenas oscilacións indican grandes cambios.
  • Logo de percorrer 50 quilómetros con cada equipo, as cadeas convencionais e os pneumáticos non demostraron ningún desgaste. Nas cadeas ríxidas o desgaste é mínimo, e afecta ás partes plásticas que están en contacto coa roda e co chan. Pola contra, nas fundas téxtiles si que se apreciaron estragos significativos na tea e ata apareceu unha esgazadura nun dos flancos de Fix&Go.

En síntese e Táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse nove dispositivos antiesvaradíos para empregar en estradas con neve ou xeo pertencentes a catro tipos: tres cadeas de ferro, dúas cadeas ríxidas, dúas fundas téxtiles e dous xogos de pneumáticos de inverno. Os seus prezos varían desde os 20 euros das cadeas de ferro Carpriss ata os 355 euros das cadeas tipo araña Centrax.
  • Os máis eficaces, por esta orde, son as cadeas de ferro (Protech, Michelin 5MX e Carpriss), as cadeas alternativas (Centrax e Spider), os pneumáticos de inverno (Bridgestone Blizzak e Michelin Pilot Alpin) e as fundas téxtiles (Autosock e Fix&Go).
  • As cadeas convencionais funcionan especialmente ben en tracción lonxitudinal, mentres que as fundas téxtiles e os pneumáticos de inverno obteñen un bo agarre en adherencia lateral. As fundas téxtiles destacan pola súa suavidade de condución e as cadeas ríxidas Centrax e Spikes Spider polo seu alto nivel de vibracións e ruídos.
  • As fundas téxtiles son boas de colocar. Ademais, pesan e ocupan pouco. Pero as cadeas ríxidas Spikes Spider, unha vez fixado o soporte á roda, son as máis rápidas de montar.
  • A mellor relación calidade-prezo son as cadeas de ferro autotensables Protech, polo seu prezo intermedio (132 euros) e o seu alto nivel de eficacia. Con todo, nos dispositivos antiesvaradíos, é máis importante a correcta elección do tipo de sistema de agarre có modelo en si.
Marca/Modelo Protech Michelin 5MX Carpriss Centrax Spikes Spider Compact
Sistema Cadeas de ferro Cadeas de ferro Cadeas de ferro Cadea ríxida tipo araña Cadea ríxida tipo araña
Prezo (euros) 132,00 66,42 20,00 355,00 305,68
Peso (Kg) 8,1 8,8 6,8 7,4 8,1
Dimensións (cm)1
(Alto x Ancho x Profundidade)
35x29x10 32×28,5×8 27x29x6 67x22x23 59,3x53x9,5
Tempo montaxe 1″23″” 2″20″” 1″43″” 1,51″” 27″”
Tempo de desmontaxe 41″” 1″17″” 52″” 22″” 7″”
Adherencia lonxitudinal:
– Aceleración en neve húmida (s) 7,53 7,87 7,95 8,15 7,98
– Freada en neve húmida (s) 2,57 2,52 2,72 2,85 2,73
– Aceleración en neve dura (s) 7,60 7,87 8,48 8,32 8,52
– freada en neve dura (s) 2,00 2,05 2,38 2,42 2,38
– Tracción en subida (s) 25,63 25,85 25,90 26,10 29,40
Adherencia lateral:
– Cambio de carril 1,94 1,66 1,86 1,27 1,57
– En curva (º) 82,5 99,1 98,3 117,6 103
Comodidade de conducción (dBA) 74,5 75,1 75,1 75,8 78,6
Durabilidade Moi boa Moi boa Moi boa Boa Moi boa
Marca/Modelo Bridgestone Blizzak LM25 Michelin Pilot Alpin Autosock Fix&Go
Sistema Pneumáticos de inverno Pneumáticos de inverno Fundas téxtiles Fundas téxtiles
Prezo (euros) 263,16 282,24 69,75 59,20
Peso (Kg) No aplica No aplica 1,8 1,8
Dimensións (cm) 1
(Alto x Ancho x Profundidad)
No aplica No aplica 25x22x7 26x26x10
Tempo montaxe No aplica No aplica 1″23″” 59″”
Tempo de desmontaxe No aplica No aplica 23″” 19″”
Adherencia lonxitudinal:
– Aceleración en neve húmida (s) 8,28 8,27 8,58 9,28
– Freada en neve húmida (s) 2,82 2,90 3,18 3,60
– Aceleración en neve dura (s) 8,82 10,35 9,68 2,85
– Freada en neve dura (s) 2,57 2,68 3,00 2,78
– Tracción en subida (s) No hay datos 28,30 27,70 37,53
Adherencia lateral:
– Cambio de carril 1,61 1,68 2,25 2,42
– En curva (º) 64,7 71,5 65,5 53
Comodidade de conducción (dBA) 74,2 74,0 73,3 73,3
Durabilidade Moi boa Moi boa Aceptable Aceptable

(1) Las dimensiones se refieren a las de la caja o envoltorio en donde se guardan cada uno de los dispositivos

Un a un

Cada sistema de suxeición, a exame

Cadeas de ferro convencionais

Recomendado para:

condutores que, aínda que non viven en zonas excesivamente frías, precisan o sistema máis eficaz para agarrarse ó asfalto. Ofrecen a mellor relación eficacia-prezo. Acadan a adherencia grazas á inserción do elo da cadea na neve ou xeo. Están indicadas para unhas condicións extremas de neve ou xeo na calzada.

Vantaxes: Son as mellores en durabilidade e prestacións (adherencia lonxitudinal) e resultan aptas para todo tipo de condución.
Inconvenientes: Non se poden montar en certos tamaños de roda. O seu sistema de montaxe e desmontaxe é o máis complicado do estudo. Unha cadea mal montada pode danar o vehículo, a roda ou o asfalto.
Recomendacións: Practicar a súa colocación antes de saír á estrada. Non usalas co ESP conectado e non conducir con elas a máis de 40 km/h. Débense colocar nas rodas motrices.

Protech

/imgs/20061101/img.analisis2.protech.jpg
Auto-axustables.
132 euros, as cadeas de ferro máis caras.
A mellor relación calidade-prezo do estudo. As segundas máis pesadas (8,1 quilos). As cadeas de ferro máis rápidas de montar e doadas de tensar, ó disporen de autotensado. As mellores en adherencia lonxitudinal.

Michelin 5MX

/imgs/20061101/img.analisis2.michelin.jpg
Dobre fixación.
66,42 euros.
Outra boa opción. As máis pesadas do estudo (8,8 quilos) e as que máis custa montar (2 min e 20 s). Boas prestacións, pero enrédanse facilmente na montaxe. Bo comportamento en adherencia lonxitudinal.

Carpriss

/imgs/20061101/img.analisis2.carpriss.jpg
ixación simple.
20 euros, as máis baratas.
Ocupan pouco espazo no maleteiro (27x29x6 cm). As cadeas de ferro cun peor comportamento.

Cadeas tipo araña

Recomendado para:

condutores que precisan un sistema fácil e rápido de instalar e que poden asumir un custo maior ó das cadeas convencionais. O seu sistema de funcionamento é semellante ó das cadeas de ferro: acadan a adherencia inserindo un elo na neve ou no xeo. A diferenza está na súa instalación, que nalgúns produtos ten unha parte fixa ancorada á roda que facilita e acelera a montaxe e desmontaxe da cadea.

Vantaxes: a súa colocación é máis sinxela e limpa cá das cadeas convencionais. Ofrecen mellores prestacións cás dos pneumáticos e fundas téxtiles, pero non tan boas como as das cadeas convencionais.
Inconvenientes: Son os sistemas máis caros do estudo. Bastante voluminosas: ocupan máis espazo no maleteiro có resto de sistemas. Non son aptas para unha condución rápida en curva (poden chegar a se desmontar da roda). No tocante á comodidade, son as que máis vibracións e ruído producen.
Recomendacións: non as usar co ESP conectado nin conducir con elas a máis de 40 km/h. Débense colocar nas rodas motrices.

Centrax

/imgs/20061101/img.analisis2.centrax.jpg
355 euros, as máis caras.
As que máis espazo ocupan no maleteiro (67x22x23 cm). Mellor tracción en pendente, peor adherencia lateral en curva e menos vibracións cás outras cadeas tipo araña analizadas.

Spikes Spider Compact

/imgs/20061101/img.analisis2.spikes.jpg
305,68 euros.
As segundas máis pesadas (8,1 quilos) e as segundos máis voluminosas (59,3x53x9,5 cm). As máis rápidas de instalar (27 segundos) e de desinstalar (7 segundos). Segundo os usuarios son difíciles de desmontar: bloquéase o clip de seguridade. Mellor comportamento en aceleración, freada e adherencia lateral cá outra cadea tipo araña. As máis ruidosas (78,6 decibelios).

Pneumáticos de inverno

Recomendado para:

condutores que circulen a temperaturas inferiores ós 7 ºC ou que residan en zonas de montaña e cidades nas que o xeo ou a neve sexan habituais no inverno.

Os pneumáticos de inverno distínguense dos convencionais porque o seu debuxo é máis recurtado e fondo, porque ofrecen un maior número de láminas por taco e porque a súa goma é máis branda e flexible e está cargada con sílice. Todo isto permítelle unha maior evacuación da auga, maior agarre, mellor freada a temperaturas baixas e maior motricidade cós pneumáticos convencionais. Recoñécense facilmente grazas ás iniciais M e S (en inglés “Mud” e “Snow”, lama e neve) escritas na súa cuberta (M-S, M&S, M/S…). Moitos talleres comezan a ofrecer un servizo completo: montalas a comezos de tempada, desmontalas ó remate do inverno e almacenar os pneumáticos mentres non se usan.

Vantaxes: requiren unha única montaxe por tempada, o que redunda nunha maior tranquilidade e comodidade para o condutor. Legalmente, están incluídos como “dispositivos especiais” ou como “pneumáticos especiais”, polo que se pode rodar con eles cando legalmente é obrigatorio colocar cadeas. A súa adherencia é mellor cá dos pneumáticos convencionais e cá das fundas téxtiles, pero compórtase peor có resto de dispositivos analizados nos parámetros fundamentais. Das que menos ruídos xeran.
Inconvenientes: Adóitanse vender sen lamia, polo que cómpre ir a un taller para que os monten. Pouca adherencia en cambios de carril e boa nas curvas. Consumen máis combustible cós pneumáticos convencionais.
Recomendacións: Débense instalar nas catro rodas, e non só nas motrices. Cando remata a tempada de frío cómpre cambialos polos pneumáticos convencionais ou degradaranse axiña, xa que están elaborados cunha goma máis branda.

Michelin Pilot Alpin

/imgs/20061101/img.analisis2.alpine.jpg
282,24 euros (dous pneumáticos).
Ofrece mellor adherencia lateral có outro xogo de pneumáticos de inverno, pero non na adherencia transversal.

Bridgestone Blizzak LM25

/imgs/20061101/img.analisis2.blizzak.jpg
263,16 euros (dous pneumáticos).
Ofrece mellor tracción có outro xogo de pneumáticos de inverno.

Fundas téxtiles

Recomendado para:

os condutores que non prevén necesitar esta clase de dispositivos. O seu prezo máis económico e a facilidade da súa instalación convértenos no equipo idóneo para saír dun apuro.

Acadan a adherencia grazas á fricción: prodúcese unha pequena capa de auga superficial que a tea absorbe e elimina, á vez que compacta a neve, o que fai que o coche se desprace. Non son tan boas en adherencia lonxitudinal, pero superan ás outras en adherencia transversal.

Vantaxes: Son o sistema máis barato. As fundas ocupan pouco espazo no maleteiro e pesan pouco. Resultan moi doadas de montar e de desmontar e non producen vibracións (as menos ruidosas: 73 decibelios). O mellor comportamento en adherencia lateral, se ben a perda de adherencia non é gradual, polo que para cando é perceptible pode ser demasiado tarde.
Inconvenientes: A súa durabilidade e prestacións son inferiores ás do resto dos sistemas. Non se poden utilizar directamente sobre o asfalto, polo que, por exemplo, haberá que desmontalas ó atravesarmos un túnel.
Recomendacións: Non conducir a máis de 50 km/h e non utilizalas directamente sobre o asfalto. Débense colocar nas rodas motrices.

Fix&Go

/imgs/20061101/img.analisis2.fix-go.jpg
59,20 euros.
As menos pesadas (1,8 kg). A súa montaxe é máis rápida (59 segundos) cá da outra funda analizada. Non se axustan ben á roda: durante as probas de tracción observouse certo escorregamento entre a funda e o pneumático.

Autosock

/imgs/20061101/img.analisis2.autosock.jpg
69,75 euros.
As menos pesadas (1,8 kg). Ocupan o menor espazo do estudo (25x22x7 cm). A única que recomenda conducir co ESP do coche conectado. Maior durabilidade cá outra funda, por estar confeccionada cun material de maior calidade.