Os fillos non sempre traen un pan baixo o brazo
Ás familias numerosas españolas non lles saen as contas. Unha familia de catro membros ou máis paga pola auga máis do dobre de prezo ca nos fogares de un membro debido ó efecto da tarifa progresiva; se polo número de membros posúen vivendas e coches grandes, a carga impositiva é como se de vivendas ou vehículos de luxo se tratase; os seus fillos non poden acceder a comedores e garderías escolares porque a nai de familia numerosa que traballa na casa é considerada “non traballadora”; no pagamento das taxas ou no acceso a servizos municipais de cultura, deportes, lecer, transportes, o carácter de familia numerosa xera menos axudas có doutros colectivos.
Nun país cun dos índices de fecundidade máis baixo do mundo, 1,32 fillos/muller no 2004, a contribución ó necesario aumento da taxa de natalidade practicamente non ten contraprestacións. A listaxe limítase a pequenos descontos en transporte, educación e IRPF. Esta situación coloca a España á cola europea nesta materia.
Á cola de Europa en axudas
En España hai na actualidade 1.100.000 familias con tres ou máis fillos, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística elaborados co censo do 2004. Así e todo, segundo a Federación Española de Familias Numerosas, o número de títulos oficiais de Familia Numerosa apenas supera os 402.000, en boa parte porque moitas familias renuncian a solicitar este documento, conscientes de que practicamente non reporta beneficios.
Segundo o informe Evolución da Familia en España 2005 do Instituto de Política Familiar (IPF), España é o país de Europa que menos axudas lles destina ás familias, moi por baixo de Grecia e de Portugal. Se se valora o importe dedicado a axudas familiares por persoa e ano, Luxemburgo dálles 16,5 veces máis axuda ás familias ca España, Dinamarca 10 veces, Austria 8, Alemaña 7, Francia 6,5, e os penúltimos da lista, Italia e Portugal, dóbrannos.
A diferenza nas prestacións sociais por fillo ó cargo é tan abismal con respecto ós nosos veciños europeos que un matrimonio español tería que ter 25 fillos (con límite de renda) para ter as mesmas prestacións ca unha familia con 2 fillos en Luxemburgo, independentemente dos seus ingresos. Polo mesmo, tería que ter 13 fillos con respecto a Alemaña, 11 se a comparamos co Reino Unido, e 5 fillos con respecto a Francia.
Concepto de Familia Numerosa
Segundo a Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE núm. 277, do 19 de novembro do 2003), considérase familia numerosa aquela composta por:
- Un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns.
- Un ou dous ascendentes con dous fillos, sexan ou non comúns, sempre que polo menos un deles sexa discapacitado ou estea incapacitado para traballar.
- Dous ascendentes, cando os dous son discapacitados, ou ben polo menos un deles ten un grao de discapacidade igual ou superior ó 65%, ou están incapacitados para traballar, con dous fillos, sexan ou non comúns.
- O pai ou a nai separados ou divorciados, con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, aínda que estean en distintas unidades familiares, sempre que se atopen baixo a súa dependencia económica, aínda que non vivan no domicilio conxugal.
- Dous ou máis irmáns orfos de pai e nai sometidos a tutela, acollemento ou garda que convivan co titor, acolledor ou gardador, pero non se atopen ás súas expensas.
- Tres ou máis irmáns orfos de pai e nai, maiores de 18 anos, ou dous, se un deles é discapacitado, que convivan e que teñan unha dependencia económica entre eles.
Clasificación
Especial. As familias con catro, cinco ou máis fillos. Así e todo, as unidades familiares con catro fillos clasificaranse na categoría especial sempre que os ingresos anuais familiares divididos polo número de membros que as compoñan non superen no cómputo anual o 75% do salario mínimo interprofesional vixente, incluídas as pagas extraordinarias.
Xeral. A partir de tres fillos, dous se un deles é discapacitado. Para os efectos de clasificación, cada fillo discapacitado ou incapacitado para traballar computará como dous.
Axudas estatais
- Vivenda.
/imgs/20061101/img.informe.03.jpg Preferencia nas Vivendas de Protección Oficial, cumprindo determinados requisitos. A Lei recoñece o acceso preferente a préstamos cualificados concedidos por entidades de crédito públicas ou privadas concertadas para a promoción e adquisición de vivendas suxeitas ó réxime de actuacións protexibles. Cando a composición ou a superficie da vivenda protexida resulte insuficiente, poderánselle adxudicar a unha soa familia numerosa, dentro dos límites de superficie que en cada caso proceda, dúas ou máis vivendas que horizontal ou verticalmente poidan constituír unha soa unidade. - Prestación por partos múltiples. Pagamento único de carácter universal, de 2.163,60 euros por xemelgos; 4.327,20 euros por trixemelgos e 6.490,80 euros por cuadrixemelgos ou máis.
- Prestación por nacemento do terceiro fillo e seguintes. É de 450,76 euros por fillo, sempre que os ingresos máximos anuais da familia numerosa non excedan de 14.990,94 euros no caso de ter tres fillos a cargo, cun incremento de 2.428,11 euros por cada fillo a partir do cuarto, este incluído. Non obstante, pódese superar o límite de ingresos cando os ingresos do beneficiario, aínda superando a contía do límite establecido, sexan inferiores á cifra que resulte de sumarlle a esta contía o importe (450,6 euros) da prestación económica polo nacemento do terceiro fillo ou sucesivos fillos.
- Imposto da Renda. A valoración do mínimo familiar por descendentes é de 2.200 euros anuais polo terceiro fillo e de 2.300 euros polo cuarto e seguintes, a deducir da base impoñible do IRPF. No caso de minusvalías, amais das contías polo mínimo familiar por descendentes, establécense 2.000 euros anuais por fillo con minusvalía igual ou superior ó 33% e inferior ó 65%, e 5.000 euros anuais por fillo con minusvalía igual ou superior ó 65%.
- Fiscalidade vehículo. Redución do 50% do imposto de matriculación respecto dos vehículos automóbiles, cunha capacidade homologada non inferior a cinco prazas e non superior a nove, incluída en ambos os dous casos a do condutor, que se destinen ó uso exclusivo de familias cualificadas de numerosas.
- Ensino. Redución no prezo da matrícula e das taxas universitarias e nas escolas públicas: 50% para a familia numerosa de categoría xeral, exención total para as familias numerosas clasificadas na categoría especial.
- Transporte interurbano. Redución no prezo do transporte interurbano: 20% para a familia numerosa de categoría xeral, 50% para a categoría especial. No transporte aéreo os descontos serán do 5% e do 10%, respectivamente.
- Bonificación pola contratación de coidadores. Bonificación do 45% das cotas á Seguridade social a cargo do empregador, sempre que os dous ascendentes ou o ascendente exerzan unha actividade profesional fóra do fogar ou estean incapacitados para traballar. Nas familias coa categoría de especial non será necesario que os dous proxenitores desenvolvan actividade retribuída fóra do fogar. Este beneficio só será aplicable pola contratación dun único coidador por cada unidade familiar que teña recoñecida a condición de familia numerosa.
- Imposto de Bens Inmobles (IBI). A reforma da Lei de facendas locais deulles ós concellos competencias para que establezan descontos para as familias numerosas de ata o 90% no Imposto de Bens Inmobles. Trátase dunha posibilidade que cada Concello aplica segundo o seu criterio.
Axudas máis habituais
- Zaragoza. Bonificación de 20 euros por cada fillo a partir do terceiro (30 euros nos casos en que o valor catastral do inmoble sexa inferior a 40.000 euros), cun límite do 50% da cota íntegra do imposto.
- Santander. Redución do 25%.
- Burgos. Redución do 37%, 57% ou 80%, segundo categoría, valor do inmoble e número de fillos.
- Valladolid. Redución do 30% ou do 70%, segundo categoría.
- Barcelona. Bonificación de 75 euros ou de 95 euros cando na familia numerosa un ou máis membros sexan discapacitados.
- Xirona.Bonificación do 20%.
- Huesca. Bonificación do 50%.
- Madrid. Bonificación do 4 ó 90%.
- Murcia. Bonificación do 50% ó 90%.
- Vitoria. Entre 50% e 90% de bonificación.
- Bilbao. Entre 10% e 90% de bonificación.
- San Sebastián. Entre 40% e 90% de bonificación, cun límite de entre 300 e 500 euros.
- Valencia. Entre 30% e 90% de bonificación, segundo o número de fillos.
- Córdoba. Desconto do 40% sobre a tarifa vixente.
- Zaragoza. Abono ás Piscinas Municipais de Verán: Redución do 25% da tarifa de cada abono e gratis a partir do cuarto fillo.
- Palma de Mallorca. Desconto do 10% sobre abono individual e cursos para os membros de familias numerosas.
- Sta. Cruz de Tenerife. Bonificación do 25 ó 50 % do prezo público correspondente.
- Santander. Desconto do 50%.
- Burgos. Desconto do 30% e do 55%, segundo categoría.
- Salamanca. Desconto do 50% nalgunhas instalacións.
- A Coruña. Abono familiar gratuíto terceiro fillo e seguintes.
- Madrid. Bonificación do 50% e 90%, segundo categorías, en clases e escolas deportivas municipais.
- Murcia. Desconto do 50% e do 90%, segundo categoría.
- Vitoria. Descontos do 75% polo terceiro abonado, 50% para o cuarto, 25% para o quinto e 20% para o sexto e seguintes.
- Zaragoza. Bonificación do 15% de 3 bonos de transporte, mensual, semestral ou anual.
- Palma de Mallorca. Desconto de 0,20 euros no billete.
- As Palmas de Gran Canaria. Bonos con descontos de entre 0,78 e 0,83 ? por viaxe, segundo categoría de familia numerosa.
- Santander. Redución do 50% no bono de 10 viaxes.
- Burgos. Desconto de 0,71 euros no billete ordinario.
- Salamanca. Bonificación do 90%.
- Murcia. As familias de categoría xeral pagarán 0,13 euros menos por viaxe, con bono de 23 viaxes. As de categoría especial estarán exentas.
- Palma de Mallorca. Redución dun 10% da tarifa para as familias con 3 menores e dun 15% para as familias con 4 menores ou máis, sempre que non superen cinco veces o salario mínimo inter- profe- sional.
- Sta. Cruz de Tenerife. Desconto de 0,61 euros por m3, a partir de consumos de máis de 60 m3.
- Santander. Redución do 50% (o que exceda de tarifa mínima).
- León. Bonificación do 50% nos primeiros 20 m3 de auga consumida.
- Valladolid. Redución da tarifa do 10% por m3 nos bloques 2º e 3º, de 16 a 30 m3 e de 31 a 45 m3, respectivamente.
- Salamanca. Redución do 25%.
- Cataluña. As unidades familiares de máis de 3 persoas poden solicitar a ampliación dos tramos do canon da auga.
- Madrid. Bonificación entre 0,008 e 1,08 euros por m3, segundo o número de membros da familia, o consumo de auga e o tipo de servizo.
- Murcia. Aforro de ata un 29% na tarifa, en función do número de fillos e do consumo de auga.