Prestacións moi desiguais
Analizáronse sete trades de prezos moi distintos. O máis caro (AEG, 233 euros) custa case dez veces máis có máis barato (Agojama, 27,45 euros) e ningún incorpora accesorios para lixar, serrar, nin pulir, polo que só serven para tradear e aparafusar.
Os sete funcionan gracias a unha batería eléctrica (non precisan estar enchufados), o que lles confire unha mobilidade que resulta moi útil en medios domésticos pero que lles resta aptitude para traballos máis pesados e profesionais onde é imprescindible unha potencia maior cá que poden proporcionar estas baterías.
Black & Decker (110 euros), que incorpora percusor para tradear materiais duros, e Bosch (116 euros), que conta cun amplo rango de velocidades, son as mellores relacións calidade-prezo, xa que ámbolos dous obtiveron a mellor valoración funcional e ergonómica (4,1 puntos sobre 5) e teñen un prezo intermedio.
Pero se o usuario só desexa facer pequenos traballos domésticos, como colgar un cadro ou montar un moble, os trades de Elem Technic e Agojama cumpren con este cometido por un prezo moi inferior: 30 euros e 27 euros, respectivamente.
A distancia desde a punta do portabrocas ata o punto máis próximo á empuñadura indica a facilidade de uso en pequenos recunchos. AEG obtivo a mellor valoración neste aspecto con 184 milímetros. Pola contra, Agojama e Elem Technics, con 80 mm. non chegaron nin sequera á metade dese valor.
Canto menos pese un trade máis cómodo será o seu emprego. Os máis liviáns foron Agojama (1,35 quilos o trade e 2,6 quilos todo o maletín de accesorios) e Elem Technics (1,45 quilos só e 2,65 quilos con maletín). AEG, pola súa banda (2,1 quilos e 5,6 quilos) foi o máis pesado. Tan importante é que o trade xire rápido como que a velocidade se poida regular: materiais duros como o formigón ou o aceiro requiren que a broca vire máis a modo ca outros máis brandos, como a madeira ou os plásticos. Catro trades ofrecen dúas velocidades que se poden cambiar en funcionamento (Casals, Black & Decker, Bosch e AEG). Agojama, Elem Technics e Skil só contan cunha velocidade, nos tres casos entre 526 revolucións por minuto (rpm) e 550 rpm. Bosch destaca nos trades con dúas marchas por ofrece-lo rango máis amplo de velocidades (420 rpm. para a lenta e 1.440 rpm. para a rápida).
O par de aperte máximo é a forza de xiro que pode exerce-lo trade para aparafusar ou tradear. AEG foi a ferramenta co maior par de aperte (25,1 Newton/metro) mentres que Casals e Skil soamente ofreceron 9 Newton/metro. Agojama e Elem Technics non indican este dato nas súas etiquetas.
En función do material que se vaia furar, debe poder modificarse este momento de xiro, para axusta-la forza exercida ás necesidades conxunturais. Cantos máis “momentos de xiro” ofreza un trade, mellor. AEG conta con 20 posicións, moi por riba de Agojama, Elem Technics, Skil e Bosch, que só ofrecen seis.
Casals, Black & Decker e AEG son os únicos con función de percusor, que axuda a tradear cun intenso martelado, moi útil para furar materiais duros. A capacidade máxima de suxeición do portabrocas indica o diámetro máximo de broca que pode suxeita-lo trade, polo que convén que sexa o máis alto posible. AEG, con 13 milímetros, é netamente superior ó resto, que quedan en 10 milímetros.
Ó deixar de preme-lo gatillo de Casals, Black & Decker, Bosch e AEG, o portabrocas párase de xeito inmediato, unha medida de seguridade ausente no resto de trades, que seguen xirando por un breve período de tempo. Os sete equipos inclúen protección de inversión de xiro, de xeito que non é posible cambia-lo sentido de xiro do portabrocas cando o trade está en funcionamento.
Para simula-lo comportamento dos trades tralo paso do tempo sometéronse a un ciclo forzado de 264 horas, no que se alternaban 10 minutos de parada con 10 minutos de funcionamento á máxima velocidade. O eixe de AEG desprendeuse da súa suxeición a un ciclo de só 72 horas, polo que a súa broca deixou de xirar cando non pasara máis ca unha cuarta parte do exame. O resto de modelos acabou o test sen ningún problema.
As cinco baterías que indicaban a súa composición (todas, agás Agojama e Casals) eran de Niquel-Cadmio (NiCd). Estas baterías presentan o inconveniente de que se deben cargar só logo de se baleiraren completamente. Deste xeito alóngase a súa vida útil e impídese o “efecto memoria”, que reduce a súa duración.
Para medi-la autonomía das baterías cronometrouse o tempo que tardaron os trades acabados de cargarse en pararse. As de maior duración foron as de Skil (48 minutos e 26 segundos) e Agojama (44′ e 43”). Elem Technics só aguantou a metade da máis duradeira: 25′ e 22”. O tempo de carga das baterías variou significativamente: desde unha hora en Casals e Black & Decker ata seis horas en Elem Technics.
Os de máis accesorios son Agojama e Elem Technics, xa que aínda que todos veñen co seu maletín de transporte (o de Skil é o único de tea), Agojama e Elem Technics proporcionan 6 brocas, 7 puntas e un alongador de punta para o desaparafusador. AEG ofrece unha batería de reposto, moi útil xa que duplica a autonomía do equipo. Casals e Black & Decker foron os máis pobres neste aspecto.
Tres usuarios probaron cada ferramenta: valoraron o ruído xerado, furaron formigón, madeira, cerámica e metal, cambiaron de broca e aparafusaron e desaparafusaron.
AEG obtivo a mellor nota (4,4 puntos sobre 5), aínda que fallou en ruído, seguido de Bosch e Black & Decker (4,1). O trade peor valorado neste aspecto foi Agojama (2,4 puntos) ó obte-las peores puntuacións ó tradear madeira, metal e cerámica, aparafusar, desaparafusar e cambia-la súa broca.
Black & Decker e Bosch obtiveron tamén as mellores cualificacións en manual, facilidade de uso e ergonomía, polo que os dous foron considerados os mellores en funcionalidade e ergonomía (4,1 puntos sobre 5). No extremo oposto, Agojama e Skil (3 puntos) fallaron, principalmente, en funcionalidade.
En seguridade, todos ben
- Tódolos ensaios de seguridade (corrente de fugas, facilidade para acceder a partes activas, rixidez dieléctrica, resistencia a quecemento e lumes…) así como os controis de etiquetaxe e marcaxe de cada trade resultaron correctos.
- No tocante á compatibilidade electromagnética, durante a carga das baterías os trades non lles xeraron perturbacións a outros aparellos enchufados á mesma liña de corrente. Agojama, Casals e AEG superaron os límites establecidos para emisión radiada, polo que poden causar interferencias noutros dispositivos próximos como televisores e radios.
- Os manuais e o resto da información que acompañaba os trades foron ben valorados.
- As garantías variaron dos seis meses de Elem Technics e AEG ata os dous anos de Casals e Skil. Black & Decker cometeu publicidade enganosa, ó anunciar na súa etiqueta dous anos de garantía, mentres que na documentación só ofrecía un.

En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse 7 trades sen cable, de prezos moi diversos: desde 27,45 euros ata 232,82 euros. Como non precisan enchufe, facilitan o traballo en zonas de difícil acceso e nas que non hai posibilidade de conexión eléctrica.
- Black & Decker anuncia na embalaxe dous anos de garantía, pero só ofrece a metade. Os manuais e garantía do resto de mostras foron correctos.
- Aínda que AEG se valorou como o mellor en características técnicas, foi o único que rompeu na proba de avellentamento.
- Agojama e Elem Technics obtiveron os peores (que non malos) resultados na proba de uso, pero son moito máis baratos có resto e incorporan o maior número de accesorios, polo que poden resultar útiles para quen só pretenda realizar pequenas tarefas domésticas.
- No tocante á calidade global, Bosch e Black & Decker obtiveron a cualificación “moi ben”, Casals conseguiu un “ben”, e Skil, Agojama, Elem Technics e AEG quedaron en “normal”.
- As dúas mellores relacións calidade-prezo son os mellor valorados en funcionalidade e ergonomía (4,1 puntos sobre 5): Bosch (polo seu amplo rango de velocidades) e Black & Decker (polo seu percusor).
Marca | BOSCH | BLACK & DECKER | CASALS | ELEM TECHNIC |
---|---|---|---|---|
Modelo | PSR 12 VE-2 | HP 122 | VXP12/ 2RM | PRT1200G-3EF |
Prezo (euros) | 115,67 | 110,14 | 117,89 | 30,02 |
Información e protección ó consumidor | ||||
Marcaxe CE | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Instruccións de uso e mantemento | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Información de seguridade | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Garantía | Segundo o país de compra |
1 ano | 2 anos | 6 meses |
Seguridade | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) | Correcto | Correcto | Incumple | Correcto |
Características técnicas | ||||
Peso do trade con batería (kg) | 1,6 | 1,8 | 1,8 | 1,45 |
Peso do maletín completo (kg) | 3,45 | 4,25 | 3,9 | 2,65 |
Distancia de portabrocas a empuñadura (mm) | 86 | 98 | 125 | 80 |
Tensión de funcionamiento (V) | 12 | 12 | 12 | 12 |
Nº de velocidades | 2 | 2 | 2 | 1 |
Velocidade máxima medida (r.p.m.) | 420/ 1440 | 388/ 1186 | 349/ 970 | 550 |
Aumento da velocidade en funcionamento | Sí | Sí | Sí | Sí |
Par de aperte máximo (N m) | 20 | 23,5 | 9 | NI |
Nº posicións de momento de xiro | 6 | 7 | 16 | 6 |
Capacidade máxima do portabrocas (mm) | 10 | 10 | 10 | 10 |
Percusión | No | Sí | Sí | No |
Parada rápida | Sí | Sí | Sí | No |
Protección de inversión de xiro | Sí | Sí | Sí | Sí |
Avellentamento forzado | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Batería | ||||
Composición | NiCd | NiCd | NI | NiCd |
Tempo de carga indicado (h:min) | 1:10 – 2 | 1 | 1 | 5 – 7 |
Duración de baterías medidas (min:seg) | 129:29 | 29:14 | 43:35 | 25:22 |
Accesorios |
|
|
|
|
Aspecto e manuais | 4,0 | 4,2 | 3,6 | 3,5 |
Funcionalidade | 4,1 | 4,1 | 3,6 | 2,7 |
Valoración global funcional/ergonomía (1 a 5) | 4,1 | 4,1 | 3,6 | 3,1 |
Calidade global | Moi Ben | Moi Ben | Ben | Normal |
Marca | AGOJAMA | SKIL | AEG |
---|---|---|---|
Modelo | 25C855 | 2395 | SB2E |
Prezo (euros) |
27,45 | 60,13 | 232,82 |
Información e protección ó consumidor | |||
Marcaxe CE | Correcto | Correcto | Correcto |
Instruccións de uso e mantemento | Correcto | Correcto | Correcto |
Información de seguridade | Correcto | Correcto | Correcto |
Garantía | 1 ano | 2 anos | 6 meses |
Seguridade | Correcto | Correcto | Correcto |
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) | Incumpre | Correcto | Incumpre |
Características técnicas | |||
Peso do trade con batería (kg) | 1,35 | 1,5 | 2,1 |
Peso do maletín completo (kg) | 2,6 | 3,3 | 5,6 |
Distancia de portabrocas a empuñadura (mm) | 80 | 152 | 184 |
Tensión de funcionamiento (V) | 12 | 12 | 12 |
Nº de velocidades | 1 | 1 | 2 |
Velocidade máxima medida (r.p.m.) | 526 | 534 | 370/ 987 |
Aumento da velocidade en funcionamento | Sí | Sí | Sí |
Par de aperte máximo (N m) | NI | 9 | 25,1 |
Nº posicións de momento de xiro | 6 | 6 | 20 |
Capacidade máxima do portabrocas (mm) | 10 | 10 | 13 |
Percusión | No | No | Sí |
Parada rápida | No | No | Sí |
Protección de inversión de xiro | Sí | Sí | Sí |
Avellentamento forzado | Correcto | Correcto | Insatis- factorio |
Batería | |||
Composición | NI | NiCd | NiCd |
Tempo de carga indicado (h:min) | 5 | 3 | 1:20 |
Duración de baterías medidas (min:seg) | 44:43 | 48:26 | 29:23 |
Accesorios |
|
|
|
Aspecto e manuais | 3,5 | 3,5 | 3,4 |
Funcionalidade | 2,4 | 2,5 | 4,4 |
Valoración global funcional/ergonomía (1 a 5) | 3,0 | 3,0 | 3,9 |
Calidade global | Normal | Normal | Normal |
Un por un
Un por un
BOSCH PSR 12 VE-2
- 115,67 euros
- Calidade global: Moi ben.
- Mellor relación calidade-prezo. Parada rápida e dúas velocidades de xiro, co maior rango (420 rpm. e 1.440 rpm.). O menor número de momentos de xiro (6). Accesorios: maletín de plástico, 9 puntas, un chaleco porta ferramentas e un alongador de punta para o desaparafusador.
- Valoración funcional e ergonómica: a mellor, con 4,1 puntos sobre 5.
BLACK & DECKER HP122
- 110,14 euros
- Calidade global: Moi ben.
- Mellor relación calidade-prezo. Parada rápida, dúas velocidades de xiro e percusor. O tempo de carga de baterías máis curto: unha hora. Accesorios, o que menos: maletín de plástico e unha punta. Destacou polo seu aspecto e polos seus manuais.
- Valoración funcional e ergonómica: a mellor, con 4,1 puntos sobre 5.
CASALS VXP12/2RM
- 117,89 euros
- Calidade global: Ben.
- Incumpre a normativa de compatibilidade electromagnética por supera-los límites máximos para emisión radiada. Dúas velocidades de xiro, percusor e parada rápida. A súa forza do par de aperte foi a peor (9 Newton/metro). O tempo de carga de baterías máis curto: unha hora. Accesorios: maletín de plástico e dúas puntas.
- Valoración funcional e ergonómica: 3,6 puntos sobre 5.
ELEM TECHNIC PRT1200G-3EF
- 30,02 euros
- Calidade global: Normal.
- O segundo trade máis económico. A menor distancia entre o portabrocas e a empuñadura, peor (80 milímetros) e o menor número de posicións para axusta-lo momento de xiro (6). O maior tempo de carga de baterías (de 5 a 7 horas) e baterías menos duradeiras (25,2 minutos). Accesorios: maletín de plástico, 6 brocas, 7 puntas e alongador de punta para o desaparafusador.
- Valoración funcional e ergonómica: 3,1 puntos sobre 5.
AGOJAMA 25C855
- 27,45 euros
- Calidade global: Normal.
- O máis económico. Incumpre a norma de compatibilidade electromagnética por supera-los límites para emisión radiada. O trade e maletín máis lixeiros. A menor distancia entre o portabrocas e a empuñadura, peor (80 mm) e o número de momentos de xiro máis baixo (6). O máis lento entre os de unha velocidade (526 rpm.). Accesorios: maletín de plástico, 6 brocas, 7 puntas e alongador de punta para o desaparafusador.
- Valoración funcional e ergonómica: A peor, 3 puntos sobre 5.
SKIL 2395
- 60,13 euros
- Calidade global: Normal.
- Tanto a forza do momento de xiro (9 Newton/metro) coma o seu número de posicións para axustalo (6) foron as máis baixas. As súas baterías foron as máis duradeiras (48,26 minutos). Accesorios: maletín de tea, 7 puntas, cinto porta ferramentas e alongador de punta para o desaparafusador.
- Valoración funcional e ergonómica: A máis baixa, 3 puntos sobre 5.
AEG SB2E 12
- 232,82 euros
- Calidade global: Normal.
- A máis cara e a única que rompeu na proba de avellentamento. Incumpre a norma de compatibilidade electromagnética por supera-los límites para emisión radiada. O trade e maletín máis pesados. A maior distancia entre o portabrocas e a empuñadura, mellor (184 mm) e brocas máis grandes (13 mm.). Dúas velocidades, percusor e parada rápida. Tanto a forza do momento de xiro (25,1 Newton/metro) coma o seu número de posicións para axustala (20), as máis altas. Accesorios: maletín de plástico e outra batería. Valoración funcional e ergonómica: 3,9 puntos sobre 5.