Os roll-on son máis eficaces
Os 1.300 mililitros que o ser humano transpira diariamente apenas cheiran. Son as bacterias da superficie da pel as que descompoñen e fermentan as materias orgánicas da suor xerando ácidos volátiles que, ao se evaporaren, producen o desagradable cheiro. A auga con xabón elimina as substancias fedorentas e impide o crecemento bacteriano. Por iso a suor que se produce ao saírmos da ducha é inodora. Para alongar o efecto dunha hixiene axeitada hai desodorizantes que combaten o cheiro eliminando a secreción de suor, reducindo a súa cantidade, enmascarando o seu olor, absorbendo o que xa produciu ou impedindo o desenvolvemento bacteriano. Pero transpirar é necesario. Por medio deste fenómeno fisiolóxico (que en casos extremos chega ao litro por hora) o corpo elimina impurezas e mantén unha temperatura corporal estable que rolda os 36 ºC. A eliminación do mal olor non debería interferir coa secreción da suor.
Analizáronse oito desodorizantes, catro deles roll-on en envase de 50 mililitros e outros catro que se dosifican mediante aerosol (spray) de 200 mililitros. Todos queren ser antitranspirantes (reducen a secreción de suor), agás os dous de Sanex. As diferenzas de prezo entre eles non foron elevadas: o máis barato dos roll-on (Sanex: 2,33 euros) só custa 33 céntimos menos ca o máis caro (Dove: 2,64 euros) e o máis barato dos spray (Nivea: 3,08 euros) vale 43 céntimos menos ca o máis caro (tamén Dove: 3,51 euros). A mellor relación calidade-prezo é Sanex roll-on, o máis barato e cunha calidade global moi boa. Para os que prefiren o desodorizante en spray, a mellor opción é Rexona; o máis barato dos spray que conseguen o “ben”.
Composición
Os desodorizantes roll-on están compostos (ademais de polas consabidas substancias desodorizantes) por auga, perfume (enmascara o cheiro corporal e dan sensación de frescura), aceite (evita que seque), emulsivos, espesantes, así como por outros axentes específicos como as substancias hidratantes, suavizantes ou calmantes, secuestrantes, antioxidantes, humectantes, axustadores de pH e disolventes (que facilitan a súa eliminación na ducha). Os aerosois substitúen a auga dos roll-on por un gas propulsor e por un líquido portador no que se transporta o resto de elementos.
O pH dos desodorizantes, sobre todo se conteñen sales de aluminio, tende a ser ácido. Neste ensaio ningún o é excesivamente e as diferenzas neste apartado non son significativas: entre o 4,1 de Sanex aerosol e o 4,6 de Nivea roll-on.
Nestes desodorizantes atópanse tres activos desodorizantes, cada un cun papel específico: os antitranspirantes, os bactericidas e os absorbentes do olor. Os elementos antitranspirantes son, principalmente o circonio e os sales de aluminio, que pode chegar ao 5% do produto. A función dos sales de aluminio é frear o fluxo de suor precipitando as proteínas e estreitando as glándulas sudoríferas sen suprimir a transpiración. Poden manchar a roupa, pechar os poros e irritar a pel, polo que os usuarios con pel sensible non deben usar desodorizantes que as inclúan. Os roll-on contan cunha maior proporción desta substancia ca os sprays (excepto en Rexona, onde é semellante). Os roll-on de Sanex e Dove inclúen un 4% de sales de aluminio (nos roll-on das mesmas marcas non pasa do 1,2 en Dove e do 0,1 en Sanex).
Substancias absorbentes e bactericidas
A principal substancia absorbente é o talco, que actúa sobre a suor xa formada. Estes pos, presentes nos dous Sanex, ofrecen unha tolerancia cutánea óptima, pero limítanse soamente a absorber a suor, polo que a súa función só é complementaria: non teñen propiedades desodorizantes. As substancias antiencimáticas actúan contra as bacterias que causan o mal cheiro de xeito indirecto, xa que acaban coas encimas que estas precisan. O alcohol tamén ten un alto poder para acabar coas bacterias e inhibe a descomposición da suor. O problema é que pode causar dermatites alérxicas en persoas coa pel sensible, quizais por iso ningún destes oito desodorizantes o incluían. As substancias propiamente bactericidas son o triclosan e o farnesol. Neutralizan a flora bacteriana local e bloquean o mecanismo de descomposición da suor. A súa eficacia aumenta se se utilizan inmediatamente sobre a pel limpa.
Os axentes específicos son substancias que aínda que non lle afectan directamente á función principal destes produtos (eliminar o cheiro) si complementan a súa acción. Nivea roll-on destaca por engadir chitosan (hidratante) e “Persea Gratissima” (aceite de aguacate, que é suavizante e tamén se atopa en Nivea aerosol). Os roll-on de Dove e Rexona inclúen “Helianthus Annuus” (aceite de xirasol, suavizante). Dove e Sanex roll-on inclúen glicerina, unha substancia moi apreciada polas súas calidades hidratantes (en ambos os casos rolda o 3%). Sanex roll-on ofrece ademais allantoine con propiedades cicatrizantes e Nivea aerosol contén tocopheryl acetate (vitamina E acetato: suavizante, hidratante e antioxidante).
Os desodorizantes e antitranspirantes poden producir, en persoas de pel moi sensible, efectos secundarios como eccemas, dermatite, hiperpigmentación ou urticaria. Para comprobar o seu poder irritante realizouse o coñecido como “patch test”, que consiste en aplicar uns gramos de produto puro baixo un parche oclusivo nas costas de voluntarios adultos. Ao cabo de 48 horas apréciase se hai algunha reacción da pel. Un dermatólogo comprobou que ningún dos desodorizantes analizados era irritante.
Calidade global
Neste estudo, a calidade final dos desodorizantes definiuse ponderando as diferentes probas deste xeito: a ausencia de cheiro corporal, a ausencia de suor e a porcentaxe de aluminio contan un 20% cada un, seguidos pola persistencia do perfume ao cabo de 24 horas (15%), a ausencia de residuos (10%) e a facilidade de aplicación (10%) e, para rematar, a cantidade de glicerina (5%).
O mellor resultado (“moi ben”) é para os roll-on de Sanex e Dove. Ambos os dous contan cunha gran cantidade de substancias activas e apenas deixan residuos sobre a pel; o primeiro destaca ademais pola durabilidade do seu perfume e o segundo pola ausencia de humidade ás 12 e 24 horas debaixo das axilas. Os roll-on de Nivea e Rexona e os spray de Dove, Rexona e Sanex conseguen o “ben”. Nivea roll-on encádrase neste grupo polos seus resultados nun test tan importante coma a ausencia de humidade ás 12 e 24 horas. Nivea spray non pasa do “aceptable” polos seus moi discretos resultados en todas as probas.
Dez consumidores probaron cada desodorizante durante un día nunha soa axila para poder valorar a súa eficacia comparando coa outra, na que non aplicaran o produto. Igual ca en todas as outras análises comparativas de CONSUMER EROSKI, a proba fíxose sen que os consumidores soubesen que produto estaban probando.
No parámetro máis importante, o que mide a capacidade para eliminar ou reducir a produción de suor logo de 12 horas, os máis efectivos foron Dove roll-on e Sanex en spray, mentres que os máis discretos foron os dous de Nivea. Ao cabo de 24 horas, aos bos resultados de Dove roll-on e Sanex en spray engadíronselles os de Sanex roll-on e os dous de Rexona (facendo bo o seu slogan “non te abandona”) e os peores, de novo, os de Nivea e Dove spray. O perfume dos roll-on de Nivea e Sanex foi o que mellor soportou o paso do tempo.
Sanex é o roll-on máis complicado de dosificar. Os aerosois de Dove e Sanex son os que contan cunha difusión máis homoxénea e a presión do vaporizador de Dove e Rexona é a máis axeitada. Unhas das características máis desagradables destes produtos é que, polo menos antigamente, deixaban residuos sobre a pel ou sobre a roupa. Os oito tiveron un bo comportamento neste apartado, aínda que Rexona roll-on e Nivea en spray si deixaron algún residuo.
En síntese y Táboa comparativa
En síntese
Analizáronse catro desodorizantes roll-on (en formato de 50 ml) e outros catro aerosois (200 ml), que custan desde os 2,33 euros de Sanex roll-on ata os 3,51 euros de Dove spray. Os dous Sanex son só desodorizantes (enmascaran o cheiro) e non antitranspirantes coma o resto.
O pH é correcto e semellante en todos. A cantidade de aluminio (principal ingrediente antitranspirante) é máis alta en Sanex, Dove e Rexona, os tres roll-on. Os roll-on de Sanex e Dove inclúen glicerol (hidratantes). Ningunha delas resulta irritante para a pel do usuario.
Na proba de uso destacan positivamente os roll-on de Sanex e Dove. Nivea en aerosol é o máis discreto. Os máis eficaces ao cabo de 24 horas son os dous de Sanex, os dous de Rexona e Dove en roll-on.
En canto á súa calidade global, conseguen o “moi ben” os roll-on de Sanex e Dove, seguidos polos roll-on de Rexona e Nivea e os sprays de Sanex, Rexona e Dove, que conseguen un “ben”. Nivea aerosol só queda nun “aceptable”.
A mellor relación calidade-prezo é Sanex roll-on, o máis barato e cunha calidade global “moi boa”. Para aqueles que prefiran o spray, a mellor elección é Rexona, o máis barato dos aerosois que chegan ao “ben”.
Productos | SANEX | NIVEA | REXONA | DOVE |
---|---|---|---|---|
Tipo | Roll-on | Roll-on | Roll-on | Roll-on |
Prezo (euros / litro) | 2,33 | 2,50 | 2,59 | 2,64 |
Formato (ml) | 50 | 50 | 50 | 50 |
pH | 4,3 | 4,6 | 4,3 | 4,3 |
Aluminio (%) | 4,1 | 2,4 | 3,7 | 4,3 |
Glicerol (%) | 3 | No detectado | No detectado | 2,6 |
Tolerancia cutánea | Non irritante | Non irritante | Non irritante | Non irritante |
Test de eficacia (escala de 1 a 5) | ||||
Durante a aplicación | ||||
Difusión homoxénea sobre a pel | – | – | – | – |
Presión de vaporización | – | – | – | – |
Funcionamiento da bóla | 3 | 5 | 5 | 5 |
Logo de 12 horas | ||||
Ausencia de transpiración | 3 | 2 | 3 | 5 |
Logo de 24 horas | ||||
Ausencia de transpiración | 5 | 3 | 5 | 5 |
Ausencia de depósito | 5 | 5 | 3 | 5 |
Olor corporal disimulado | 3 | 2 | 2 | 3 |
Presenza perfumada | 5 | 5 | 3 | 3 |
Calidade global | Moi boa | Boa | Boa | Moi boa |
Productos | SANEX | NIVEA | REXONA | DOVE |
---|---|---|---|---|
Tipo | spray | spray | spray | spray |
Prezo (euros / litro) | 3,10 | 3,28 | 3,51 | 3,08 |
Formato (ml) | 200 | 200 | 200 | 200 |
pH | 4,2 | 4,1 | 4,3 | 4,3 |
Aluminio (%) | 3,4 | 0,1 | 1,2 | 1 |
Glicerol (%) | No detectado | No detectado | No detectado | No detectado |
Tolerancia cutánea | Non irritante | Non irritante | Non irritante | Non irritante |
Test de eficacia (escala de 1 a 5) | ||||
Durante a aplicación | ||||
Difusión homoxénea sobre a pel | 3 | 5 | 5 | 3 |
Presión de vaporización | 5 | 3 | 5 | 3 |
Funcionamiento da bóla | – | – | – | – |
Logo de 12 horas | ||||
Ausencia de transpiración | 3 | 5 | 3 | 2 |
Logo de 24 horas | ||||
Ausencia de transpiración | 5 | 5 | 3 | 3 |
Ausencia de depósito | 5 | 5 | 5 | 3 |
Olor corporal disimulado | 2 | 2 | 3 | 3 |
Presenza perfumada | 2 | 3 | 3 | 3 |
Calidade global | Boa | Boa | Boa | Aceptable |
Un a un
Un a un
Sanex
/imgs/20060701/img.sanex-roll-on.jpg - Desodorizante roll-on. Piel sana Dermo protector
- 2,33 euros. A mellor relación calidade-prezo.
- Calidade global: moi boa
- O seu contido en aluminio (principal ingrediente antitranspirante) é dos máis altos: 4,1%. Con glicerina (hidratante). No test de eficacia gusta pola súa boa capacidade de antitranspiración, por non deixar residuos e polo seu perfume duradeiro.
Nivea
/imgs/20060701/img.nivea-roll-on.jpg - Desodorizante roll-on. Anti-transpirante
- 2,50 euros
- Calidade global: boa
- No test de eficacia gusta polo bo funcionamento da súa bóla, por non deixar residuos e polo seu perfume duradeiro.
Rexona
/imgs/20060701/img.rexona-roll-on.jpg - Desodorizante roll-on. Activ reserve Oxygen. Anti-transpirante
- 2,59 euros
- Calidade global: boa
- O seu contido en aluminio (principal ingrediente antitranspirante) é dos máis altos: 3,7%. No test de eficacia gusta polo bo funcionamento da súa bóla e pola súa capacidade para impedir a transpiración.
Dove
/imgs/20060701/img.dove-roll-on.jpg - Desodorizante roll-on. Antitranspirant Original
- 2,64 euros, o máis caro dos roll-on
- Calidade global: moi boa
- O maior contido en aluminio (principal ingrediente antitranspirante): 4,3%. Con glicerina (hidratante). No test de eficacia gusta polo bo funcionamento da súa bóla, pola súa capacidade para impedir a transpiración e por non deixar residuos.
Rexona
/imgs/20060701/img.rexona-roll-on.jpg - Desodorizante aerosol. Activ reserve Oxygen. Anti-transpirante
- 3,10 euros. A mellor relación calidade-prezo dos spray
- Calidade global: boa
- No test de eficacia gusta pola súa boa presión de vaporización, pola súa capacidade para impedir a transpiración e por non deixar residuos.
Sanex
/imgs/20060701/img.sanex-spray.jpg - Desodorizante aerosol. Dermo protector Piel sana
- 3,28 euros o envase
- Calidade global: boa
- Pouco aluminio, principal ingrediente antitranspirante: 0,1%. No test de eficacia gusta pola súa difusión homoxénea, pola súa moi boa capacidade de antitranspiración e por non deixar residuos.
Dove
/imgs/20060701/img.dove-spray.jpg - Desodorizante aerosol. Original Anti-transpirant
- 3,51 euros, o máis caro.
- Calidade global: boa
- No test de eficacia gusta pola súa facilidade de aplicación e por non deixar residuos.
Nivea
/imgs/20060701/img.nivea-spray.jpg - Desodorizante aerosol. Anti-transpirante
- 3,08 euros, o aerosol máis barato
- Calidade global: aceptable
- Pouco aluminio, principal ingrediente antitranspirante: 1%. Non destaca en ningún apartado.