Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.
Infancia e entretemento : Lecer en soidade
As novas tecnoloxías contribuíron á aparición de novas modalidades de lecer máis individuais e sedentarias. O parque, as chapas, as bólas e o bocadillo foron substituídos polo centro comercial, os videoxogos, a televisión e a hamburguesa.
Videoxogos
Así, un 69% dos menores enquisados xoga acotío. Por sexos, xogan con videoxogos o 85% dos varóns menores de idade, fronte ao 52% das nenas e adolescentes. No tocante ao tempo que lle dedican a esta actividade, o 23% xoga máis de dúas horas diarias durante a fin de semana e só un 9% afirma non xogar nada durante as fins de semana. Aínda que os videoxogos responden en moitas ocasións a un concepto de lecer grupal, nos máis dos casos (52%) os menores xogan sós.
Outro recente estudo, este da Universidade de Navarra, destaca que os temas preferidos son a aventura e a acción; o 38% pensa que reducen a súa dedicación ao estudo e o 18% recoñece que lles poden resultar violentos. Segundo este informe, o maior foco de conflito entre pais e fillos céntrase no número de horas que lle dedican á pantalla, na súa influencia sobre o rendemento escolar, o sono ou a saúde, e non na calidade dos contidos ou na súa conveniencia. Así, o 45% dos nenos que usan videoxogos admite que discute cos pais polo tempo de consumo; no caso de Internet esta variable representa o 16,5% das discusións; e nos móbiles, o 7,5%.
Consellos
- Os videoxogos poden formar parte do lecer infantil como un elemento enriquecedor, sempre que se integren nunha oferta ampla e diversa, e así o deben percibir os nenos. Usar os videoxogos como un instrumento para mantelos entretidos durante horas debe entenderse como un defecto dos pais, non dos fillos.
- Convén coñecer as clasificacións dos xogos e as declaracións de privacidade, e mais revisar os termos de uso aceptable dos sitios de xogo en liña.
- Aconséllase reparar nos xogos cos que se entreteñen os fillos e en con quen o fan. Para iso, é mellor que o equipo ou a consola de xogos estea nun lugar dende o que poida supervisar doadamente a actividade.
- É mellor o uso de videoxogos que permitan a participación de máis dun xogador.
- Recoméndase limitar o tempo do uso dos videoxogos (de 30 a 60 minutos por día, descansando cada 20 ou 30 minutos, dependendo da idade do neno).
- É bo animar a xogar en grupo e, se é posible, entre os membros da familia.
- O xogo e os seus recursos deben variar, polo tanto o adulto procurará que o neno
- Non convén utilizar televisores grandes, xa que nestes a intensidade das luzadas dos videoxogos é maior.
Paxinación dentro deste contido
- Ir á páxina anterior: « Dereito a xogar
- Estás na páxina: [Páx. 3 de 4]
- Ir á páxina seguinte Internet »