Polo deporte cara á saúde

EDITORIAL CONSUMER 47, SETEMBRO 2001

Nunha sociedade sedentaria coma a nosa, cuns hábitos de vida que se confirman como unha das causas do tan mellorable estado de saúde da poboación, ¿a quen non lle interesa o papel que xoga o exercicio físico na prevención tratamento de enfermidades?
1 Setembro de 2001

EDITORIAL CONSUMER 47, SETEMBRO 2001

A sexta Guía Práctica CONSUMER, Deporte: un gran aliado para la salud, editada por Fundación Grupo Eroski, nace cun dobre propósito: un, ofrece-la información máis completa que hoxe se pode atopar sobre o exercicio físico e a súa relación coa saúde; e dous, alentar a que todos fagamos exercicio, probado como está que a práctica dun deporte axeitado ás nosas características persoais, promove o benestar físico e psicolóxico. Esta guía pretende precisamente que, sexan cales sexan a nosa idade, estado físico-psicolóxico e hábitos de vida, atoparémo-lo deporte que máis nos convén.

  • Deporte: un gran aliado para la salud resultará tan útil a quen comeza a facer exercicio coma ó deportista consumado, e satisfará tanto as expectativas de información práctica das persoas sas coma as de quen sufra algunha enfermidade. Trátase dunha obra moi rigorosa no campo médico-científico, e inédita polo seu contido, enfoque e profundidade. Para facilita-la súa comprensión, os textos preséntanse en formato pregunta-resposta e van acompañados dun gran despregamento de gráficos, táboas de exercicios e ilustracións.
  • Fundación Grupo Eroski propuxo a realización desta guía a un equipo de expertos do Centro de Investigación e Medicina do Deporte e Xuventude, que levan moitos anos investigando a relación entre saúde e sedentarismo-exercicio físico. O traballo cotián destes médicos, as súas investigacións en medicina deportiva, o seguimento que fan da documentación de universidades de Europa e USA, e a súa experiencia como autores de publicacións divulgativas específicas sobre este asusto, aválanos como autores idóneos para esta obra.
  • É a primeira vez que se publica en castelán un estudio tan amplo e rigoroso sobre a relación entre saúde e deporte, tendo en conta aspectos tan concretos coma a prevención da obesidade, a osteoporose, o consumo de drogas ou a hipertensión arterial mediante o exercicio físico, o papel do deporte na mellora da calidade de vida da muller durante o embarazo e posparto, ou qué deporte é o
  • Deporte: un gran aliado para la salud cumpre perfectamente o obxectivo das Guías Prácticas CONSUMER: ofrecer información útil e de rigor técnico que axude ó consumidor a tomar decisións acertadas nun determinado ámbito da súa vida cotiá. Quédanos só desexar que resulte práctica e amena ós seus lectores. E que nos anime a todos a facer deporte, sempre o máis axeitado ás nosas circunstancia persoais.