Impresoras de inxección de tinta

Eficaces, silandeiras e doadas de empregar pero con grandes diferencias no prezo

Aínda que poden mellorar en seguridade e etiquetaxe, tódalas impresoras analizadas ofrecen unhas prestacións máis ca aceptables para as necesidades dun usuario doméstico. .
1 Outubro de 2001

Eficaces, silandeiras e doadas de empregar pero con grandes diferencias no prezo

Analizáronse oito impresoras de inxección de tinta, con prezos entre 14.245 pesetas (Epson Stylus 480SXU) e 27.900 pesetas (Xerox Docuprint M750). Unha impresora é un aparello que imprime sobre papel textos, gráficos ou imaxes xeradas polo noso ordenador. As impresoras matriciais (máis ruidosas e de peor calidade en xeral) pasaron xa ó esquecemento, e a gran calidade que proporcionan as láser só lles compensa, polo seu elevado prezo, ós profesionais. As impresoras de inxección de tinta, as que máis se venden, son as que mellor se adaptan ós usuarios domésticos.

A mellor relación calidade-prezo destas oito impresoras é Epson Stylus Color 680 (21.500 pesetas). Tamén é interesante HP Deskjet 640C (14.930 pesetas), pero as dúas máis caras, HP Deskjet 840C (23.695 pesetas) e Xerox Docuprint M750 (27.900 pesetas), proporcionan unha gran calidade. .

A resolución indica o número ou densidade das boquillas que expulsan tinta sobre o papel: a maior resolución, máis definición en fotos e texto. Pero a calidade non depende só do número de puntos, senón tamén da súa precisión: un exceso de resolución pode empapa-lo papel e empeora-la calidade de impresión. Epson Stylus Color 680 é a de maior resolución, seguida de Lexmark Z12 e Xerox Docuprint M750, mentres que a de Canon ofreceu a menor resolución. .

O porto USB, máis polivalente

Seis mostras inclúen porto paralelo (máis antigo) e porto USB, para conecta-la impresora co ordenador. É preferible o USB: máis rápido, pódese conectar co PC aceso e nunha única entrada pode enchufarse máis dun aparello. Epson 480 SXU só ten conexión USB, polo que non funcionará con sistemas antigos (só a partir de Windows 98 e Mac OS 8,1 o ordenador recoñece o USB). No polo oposto, a Olivetti é a única que só conta con porto paralelo: non funciona nun ordenador Macintosh. Por outra banda, todas se distinguiron polo seu doado mantemento e limpeza. As únicas sen menús de estado de impresión propios (usan o que vén de serie co sistema operativo) son as de HP.

Avaliouse tamén a facilidade de entrada e saída do papel. Nos dous modelos de Epson e no de Canon, o soporte é menos ríxido ca nos demais, polo que se valorou peor esta característica nesas tres mostras. No tocante á saída, as peores foron Olivetti Artjet-10 -sen bandexa de saída de papel- e Canon BJC 2100 e Epson 480 SXU, polo seu soporte demasiado pequeno. CONSUMER someteu as impresoras a diversas probas de seguridade: choques eléctricos, determinación de partes accesibles e correntes de fuga, rixidez dieléctrica, quecementos, consideracións sobre construcción, estabilidade e riscos mecánicos… A conclusión é que ofrecen un satisfactorio acabado final, pero en construcción quedan en aceptables dado que nas oito hai partes móbiles mecánicas accesibles, co relativo perigo conseguinte. Epson (ámbolos modelos), Lexmark e Olivetti non incorporan protección de parada do movemento de cabezais cando, durante a impresión, se abre a tapa de acceso. Por outra banda, os rolos son en exceso accesibles nas oito impresoras. Este inconveniente podería solucionarse cun aviso: “Perigo. Partes móbiles accesibles”, que ningunha mostra inclúe.

As probas de compatibilidade electromagnética verifican que as radiacións electromagnéticas que emiten estes equipos non afectan ó funcionamento de aparellos eléctricos sensibles (probas de emisión), e que estas impresoras teñen unha certa capacidade de protección fronte a interferencias externas (probas de inmunidade). Resultados: nas probas de emisión todas foron conformes á norma, se ben Olivetti Artjet-10 quedou preto do límite. Na proba de inmunidade seis impresoras fallaron, só Lexmark e Canon foron conformes á norma. Nas restantes, ó aplicar unha perturbación externa detectáronse anomalías no funcionamento da impresora.

Boa calidade e baixo consumo enerxético

Comparáronse as impresións que proporcionan as oito mostras a diferentes resolucións coas efectuadas por unha impresora láser (concretamente, HP Jet 4500). En impresión de fotografías as mellores foron, en orde decrecente, Epson 680, HP 840C, HP 640C, e Epson 480 SXU, mentres que as peores foron Canon BJC 2100, Lexmark Z12 e Olivetti Artjet-10. Imprimindo texto e gráficos en cor, de novo a mellor foi Epson 680, seguida de Olivetti Artjet-10, mentres que outra vez Lexmark Z12 quedou en derradeiro lugar.

As impresoras máis rápidas son HP 840C e Xerox Docuprint M750, con 4,6 páxinas por minuto (ppm), seguidas de Epson 680 (4,3 ppm) e HP 640C (4 ppm). Lexmark Z12 (2,6 ppm) e Canon BJC 2100 (2 ppm) foron as máis lentas.

Mediuse a enerxía eléctrica que consomen as impresoras, en espera e a pleno rendemento. O consumo é moi baixo en todas: de 3,2 a 8,2 W en espera e entre 14,3 a 19,2 W en funcionamento. Unha simple lámpada consome o dobre, uns 40 W. O peso e dimensións do equipo determinan en boa medida a súa ergonomía: destacan Canon, Lexmark, Olivetti e Epson Stylus Color 480 SXU, as de menor peso (de 2,4 a 3,1 quilos). As máis pesadas son as dúas HP (5,2 y 5,8 quilos) e a Xerox (6,5 quilos). A máis pequena é a Olivetti (33,5x20x34,5 cm), e a maior, Xerox (47x57x21 cm).

Garantía deficiente

Cinco das oito ofrecen un certificado de garantía incorrecto. En Lexmark, Xerox e nas dúas HP, faltan espacios habilitados para pó-los datos do fabricante e do consumidor. E na Olivetti non se indica o período de validez da garantía. Os manuais son aceptablemente completos, aínda que a Canon e a Olivetti non inclúen a documentación impresa (vai en CD e só se pode consultar en pantalla). O mesmo acontece coas instruccións de mantemento e limpeza das dúas HP. Esta política informativa réstalle comodidade ó usuario, pero é máis respectuosa co medio natural.

A única impresora que só adxunta o cartucho de negro (non inclúe o de cor) é a Olivetti, que custa 18.444 pesetas. Para obte-lo seu custo real habería que engadi-las 8.585 pesetas do cartucho de cor.

Xerox, a máis cara (27.900 pesetas) é a única con cartucho diferenciado para cada cor, co que non se desperdicia tinta ó recambia-lo cartucho. Se un usuario usa preferentemente unha cor (é habitual), pode facer rendible esta impresora.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse oito impresoras a cor de inxección de tinta, que custan entre 14.245 pta (Epson Stylus Color 480 SXU) e Xerox Docuprint M750 (27.900 pta).
  • Na maioría, a etiquetaxe e marcado pode mellorar: ou non se ofrece información importante ou é facilmente borrable. E só tres ofrecen unha garantía aceptable.
  • No tocante á seguridade, o apartado de estabilidade e riscos mecánicos valorouse como incorrecto en catro das mostras, mentres que no resto foi regular: o deseño destes equipos fai que en tódalas mostras os rolos resulten accesibles.
  • Epson Stylus Color 680 é a que dá maior resolución, seguida de Xerox e Lexmark. A capacidade de papel foi máxima en Xerox Docuprint M750, aínda que os dispositivos de entrada e saída de papel foron mellor valorados, á parte de nesta Xerox, en Lexmark Z12 e nas dúas de HP. A Lexmark foi a mellor en menús de impresión e posibilidades dos seus programas. En calidade e velocidade de impresión (factores clave nunha impresora) destacan Epson Stylus Color 680, Xerox Docuprint M750 e Hewlett Packard 840C.
  • As oito funcionan, polo menos, con PCs con Windows 95 (agás Epson Stylus Color 480 SXU, que precisa cando menos Windows 98). Só cinco poden traballar conectadas a un Macintosh e ningunha sinala estar preparada para Linux.
  • A mellor relación calidade-prezo é Epson Stylus Color 680 (21.500), se ben a máis barata (HP Deskjet 640C) e as dúas máis caras, Xerox Docuprint M750 e a HP Deskjet 840C, constitúen boas opcións.
EPSON XEROX HEWLETT PACKARD HEWLETT PACKARD
Modelo STYLUS COLOR 680 DOCUPRINT M750 DESKJET 840C ESKJET 640C
Prezo (pta) 21.500 27.900 23.695 14.930
Información e protección ó consumidor
Etiquetaxe e marcado Regular Regular Regular Regular
Intruccións de uso e mantenemento Correcto Correcto Correcto Correcto
Garantía Correcto Incorrecto Incorrecto Incorrecto
Seguridade Incorrecta Regular Regular Regular
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) Incorrecta Incorrecta Incorrecta Incorrecta
Características técnicas / Prestacións
Resolución máxima (ppp)** 2880×720 1200×1200 600×600 600×600
Memoria Ram (MB) / Espacio PC (MB) 64/100 16 / 20 32 /100 64/100
Sistemas operativos principais W-2000 / Mac W-98 / W-NT W-98 / W-NT / Mac W-98 / W-NT / Mac
Portos Paralelo / USB Paralelo / USB Paralelo / USB Paralelo / USB
Peso (kg) 3,9 6,5 5,8 5,2
Tamaños papel A4 / A6 A4 / B5 A4 / A5 / B5 A4 / A5 / B5
Protección contra apertura tapa cabezais No Si Si Si
Aptitude ó uso
Ergonomía Aceptable Aceptable Aceptable Aceptable
Aspecto exterior e acabado Aceptable Aceptable Ben Ben
Marcado de funcións sobre a impresora Moi ben Moi ben Moi ben Moi ben
Entrada / Saída de papel Aceptable / Ben Ben Ben Ben
Capacidade de papel Ben (100h) Moi ben (150h) Ben (100h) Ben (100h)
Facilidade de uso, mantenemento e limpeza Ben Ben Ben Ben
Menús de impresión Ben Ben Aceptable Aceptable
Software Ben Ben Aceptable Aceptable
Calidade Fotografía cor Ben Aceptable Ben Aceptable
Calidade Texto / Gráficos cor Ben Aceptable Mal Aceptable
Velocidade (ppm) / Calidade *** 4,3 / Aceptable 4,6/Ben 4,6/Ben 4,0 / Aceptable
Valoración global Ben Ben Ben Ben
EPSON OLIVETTI LEXMARK CANON
Modelo STYLUS COLOR 480SXU ARTJET-10 Z12 BJC-2100
Prezo (pta) 14.245 18.444 + 8.585* 14.400 14.945
Información e protección ó consumidor
Etiquetaxe e marcado Regular Regular Regular Regular
Intruccións de uso e mantenemento Correcto Correcto Correcto Correcto
Garantía Correcto Incorrecto Incorrecto Correcto
Seguridade Incorrecta Incorrecta Incorrecta Regular
Compati- bilidade electro- magnética (EMC) Incorrecta Incorrecta Correcta Correcta
Características técnicas / Prestacións
Resolución máxima (ppp)** 720×720 1200×600 1200×1200 720×360
Memoria Ram (MB) / Espacio PC (MB) 64/100 No indica 64/200 64/30
Sistemas operativos principais W-2000 W-98 W-2000 / Millenium / Mac W-2000 / Mac
Portos USB Paralelo Paralelo / USB Paralelo / USB
Peso (kg) 3,1 2,6 2,4 2,4
Tamaños papel A4 A4/A5 A4/B5 A4 / A5 / B5
Protección contra apertura tapa cabezais No No No Si
Aptitude ó uso
Ergonomía Ben Ben Ben Ben
Aspecto exterior e acabado Aceptable Aceptable Aceptable Ben
Marcado de funcións sobre a impresora Ben Ben Moi ben Ben
Entrada / Saída de papel Aceptable Ben / Mal Ben Aceptable
Capacidade de papel Aceptable (50h) Aceptable (50h) Ben (100) Aceptable (50)
Facilidade de uso, mantenemento e limpeza Ben Ben Ben Ben
Menús de impresión Ben Ben Moi ben Ben
Software Ben Aceptable Ben Aceptable
Calidade Fotografía cor Aceptable Mal Mal Mal
Calidade Texto / Gráficos cor Aceptable Ben Mal Aceptable
Velocidade (ppm) / Calidade *** 3,2 / Aceptable 3,2 / Aceptable 2,6/Mal 2,0/Mal
Valoración global Aceptable Aceptable Aceptable Aceptable

(*) Precio de la impresora con un cartucho de negro + coste del cartucho de tinta de color, que hay que adquirir por separado

(**) Resolución máxima (ppp): nitidez con que se marcan los caracteres durante la impresión, expresada en puntos por pulgada (ppp)

(***) Velocidad (ppm)/Calidad: velocidad de impresión, en páginas por minuto, al imprimir cinco hojas de texto, en negro y con calidad baja. / Calidad con que el equipo imprime a dicha velocidad

Unha por unha

Unha por unha

Epson Stylus Color 680

  • 21.500 pta
  • A mellor relación calidade-prezo.
  • Etiquetaxe regular: a placa de características (indica datos eléctricos) non está en castelán.
  • Incorrecto en seguridade: partes móbiles accesibles sen protección. A maior resolución (2.880 x 720 puntos por polgada).
  • Destaca en: calidade de impresión en fotografía a cor e textos e gráficos a cor, claridade do marcado de funcións sobre a impresora, capacidade de papel na bandexa (100 follas) e nos programas incluídos. Unha das máis rápidas (4,3 páxinas por minuto).
  • O mellorable: en modo texto negro e opción de baixa calidade de impresión, a calidade é boa pero non tanto coma nas dúas mellores.
  • Valoración final: ben.

Xerox Docuprint M750

  • 27.900 pta
  • A máis cara pero, pola súa calidade xeral, unha opción interesante. Amais do negro, ofrece cartucho independente para as tres cores (cean, maxenta e amarelo), e iso permite aforrar tinta cando se esgota unha cor.
  • Etiquetaxe e marcado regular: a placa de características non está en castelán.
  • Formato de garantía incorrecto, sen espacio para datos de fabricante e comprador. Sen enderezo de asistencia técnica, só teléfono de contacto.
  • Destaca en: boa impresión na opción negro en “baixa calidade” ou “borrador”, moi rápida (4,6 páxinas por minuto), marcado de funcións sobre a impresora, dispositivos de entrada e saída de papel, capacidade de papel (a maior, 150 follas). Incorpora mecanismo de protección ó abri-la tapa dos cabezais durante a impresión. A que menos memoria precisa para a súa instalación.
  • O mellorable: calidade de impresión só aceptable en cor, tanto en fotografía coma en texto e gráficos. É a máis grande e pesada (6,5 quilos).
  • Valoración final: ben.

Hewlett Packard Deskjet 840 C

  • 23.695 pta
  • A segunda máis cara, pero é outra opción atraente.
  • Etiquetaxe regular: a placa de características non está en castelán e bórrase facilmente. Sen enderezo de servicio de asistencia, só un teléfono de contacto.
  • Formato de garantía non correcto, sen espacio para datos do fabricante e do comprador.
  • Regular en seguridade: partes móbiles accesibles (rolos) sen aviso de perigo.
  • Destaca en: calidade de impresión en fotografía cor, aspecto exterior e acabado, claridade do marcado de funcións sobre a impresora, entrada e saída de papel. Das máis rápidas ó imprimir e con boa calidade de impresión en texto en negro, modo “borrador”. Permite tres tamaños de papel (A4, A5 e B5). Incorpora mecanismo de protección ó abri-la tapa dos cabezais durante a impresión.
  • O mellorable: calidade en texto e gráficos cor, resolución baixa (600×600 puntos por polgada, ppp); ergonomía só aceptable polo seu gran peso (5,8 quilos).
  • Valoración final: ben.

HP Deskjet 640C

  • 14.930 pta.
  • A segunda máis barata. Outra boa opción.
  • Etiquetaxe e marcado regular: a placa de características do aparello non aparece en castelán e bórrase con facilidade. Sen enderezo de asistencia técnica, só teléfono de contacto.
  • Regular en seguridade, sen aviso de perigo sobre os (accesibles) rolos.
  • Destaca en: rápida (4 páxinas por minuto), permite tres tamaños de papel (A4, A5, B5) e claridade do marcado de funcións sobre a impresora. Incorpora mecanismo de protección ó abri-la tapa dos cabezais durante a impresión.
  • O mellorable: calidade de impresión só aceptable, unha das de menor resolución (600×600 ppp) e das máis pesadas (5,2 quilos).
  • Valoración final: ben.

Epson Stylus Color 480 SXU

  • 14.245 pta, a máis barata.
  • Etiquetaxe e marcado regular, a placa de características non está en castelán.
  • Incorrecto en seguridade, sen aviso de perigo en relación cos (accesibles) rolos, nin mecanismo de protección contra a apertura da tapa dos cabezais durante a impresión.
  • Destaca en: Lixeira (3,1 quilos) e ergonómica.
  • O mellorable: Só acepta un tamaño de papel (A4). Escasa capacidade (50 follas) e bandexa de saída de papel pequena. Calidade de impresión só aceptable e velocidade de impresión discreta (3,2 follas por minuto). Un único porto de comunicacións (USB).
  • Valoración final: aceptable.

Olivetti Artjet-10

  • 18.444 pta, pero o cartucho de cor custa 8.585 pta que se deben sumar ó prezo da impresora. En realidade, é a máis cara.
  • Etiquetaxe e marcado regular, a placa de características non está en castelán.
  • Garantía incompleta: non sinala a duración do período de garantía. Incorrecto en seguridade, sen aviso de perigo cos (accesibles) rolos nin protección contra a apertura da tapa dos cabezais durante a impresión. Non indica os seus requirimentos informáticos.
  • Destaca en: a máis pequena e unha das máis lixeiras (2,6 quilos), boa calidade de impresión gráficos e textos en cor.
  • O mellorable: sen bandexa de saída, un único porto de comunicación (paralelo) algo anticuado, unha das de menor capacidade de papel (50 follas), escasa calidade de impresión en fotografía cor, velocidade só intermedia (3,2 follas por minuto).
  • Valoración final: Aceptable.

Lexmark Z12

  • 14.400 pta, a segunda máis barata.
  • Etiquetado regular: a placa de características non aparece en castelán.
  • Formato de garantía incorrecto, sen espacio para datos do fabricante e do comprador. Sen enderezo de servicio de asistencia técnica, só un teléfono de contacto.
  • Incorrecto en seguridade, con partes móbiles accesibles sen mecanismo de protección de parada de cabezais nin aviso de perigo cos rolos. Unha das dúas únicas protexidas fronte a perturbacións electrónicas externas.
  • Destaca en: elevada resolución, tanto horizontal coma vertical (1.200×1.200 ppp), ben en menús de impresión, posibilidades do software, marcado e claridade de funcións sobre a impresora e idoneidade das bandexas de entrada e saída do papel. E é unha das máis lixeiras (2,4 quilos).
  • O mellorable: esixe maior espacio (200 Mb) para a súa instalación no PC có resto, é bastante lenta e ofrece escasa calidade de impresión, tanto en fotografía ou texto e gráficos en cor, coma en texto en negro.
  • Valoración final: aceptable.

Canon BJC-2100

  • 14.945 pta
  • Etiquetaxe regular, a placa de características non aparece en castelán, e non indica valores nominais (tensión, corrente…).
  • Regular en seguridade, con partes móbiles accesibles (rolos) sen ningún aviso de perigo. Unha das dúas convenientemente protexidas fronte a perturbacións electrónicas externas.
  • Destaca en: unha das de menor requirimento de memoria (só 30 MB no PC), das máis lixeiras (2,4 quilos) e das que permiten tres tamaños de papel. Incorpora mecanismo de protección ó abri-la tapa dos cabezais durante a impresión.
  • O mellorable: capacidade de papel escasa (50 follas), calidade de impresión deficiente en fotografía cor e só aceptable en texto e gráficos cor. É a máis lenta (2 páxinas por minuto) no modo texto en negro en opción “borrador”.
  • Valoración final: aceptable.