Bo, bonito e barato
O laboratorio analizou un deses produtos alimentarios que -amais de moi popular- teno todo: é barato e saboroso, ata o punto de que gusta a toda a familia, pode empregarse facilmente en infinidade de pratos e presentacións incluídos bocadillos e comida rápida, e o seu contido en proteínas de gran calidade convérteo en moi nutritivo. Por se fose pouco, farta o seu e non é un produto demasiado calórico. E,. por último, quizais o máis importante: ao se tratar dun pescado azul cuberto de aceite de soia ou xirasol, o seu consumo habitual devén moi saudable, xa eu achega abundantes cantidades de graxa omega-3 (do atún) e omega-6 (do aceite), que axudan a previr e mellorar as enfermidades do corazón e das arterias, as temidas patoloxías cardiovasculares. En canto aos minerais, abundan no atún fósforo e magnesio.
Un simple bocadillo de atún constitúe unha inmellorable merenda para nenos, adolescentes e mulleres embarazadas. Só un inconveniente pode ser atribuído ao consumo habitual de atún: o seu contido en purinas (que no noso organismo se transforman en ácido úrico) convérteo en desaconsellable para os que padecen hiperuricemia ou gota.
Este comparativo estuda sete mostras de atún claro en aceite vexetal, unha das conservas máis consumidas no noso país. Véndese en latas cun peso neto que vai de 80 a 266 gramos. O máis caros (Rianxeira e Campos) saían a 10,11 euros o quilo de produto escoado (sen aceite) mentres que o máis barato (Isabel) queda en 8,39 euros o quilo.
Dado que a composición nutricional presúmese case idéntica nas 7 mostras (conteñen atún, aceite (de xirasol ou soia- e sal, máis nada), á hora de elixir entre unha e outra só cabería atender ás características organolépticas (sabor, aroma, zumosidade, cor, aspecto) e ao prezo. Neste comparativo as mellores opcións son Palacio de Oriente e Miau, se ben Rianxeira, un 12% máis caro, foi con diferenza a mellor na cata.
O atún chega á conserveira case sempre conxelado a -18ºC, e unha vez na fábrica, realízase -na maioría dos casos de forma artesanal- o eviscerado, escamado e limpeza do peixe. O corte, segundo tamaña, é o paso previo á preparación culinaria, da que dependerá o saber final do produto. Os anacos de atún xa cociñado introdúcense en latas, engádeselles aceite (de oliva ou vexetal) o déixanse “ao natural”, e posteriormente cérranse hermeticamente e esterilízanse mediante a aplicación dun tratamento térmico suficiente en tempo e temperatura para eliminar as especies microbianas máis resistentes e acadar así un produto de longa duración que mantén os seus valores nutricionais. As conservas de atún non conteñen máis aditivo conservante ca o sal, que á súa vez é saborizante, xa que o procedemento da esterilización abonda para manter intacto o produto ata o seu consumo.
A información obrigatoria que debe constar nas etiquetas deste produto é a denominación de venda (tipo de pescado, presentación e líquido de cobertura), identificación da empresa, lista de ingredientes, peso neto e escoado, lote e data de consumo preferente. A norma non obriga a especificar o tipo de aceite vexetal empregado. Só se detectou unha irregularidade: Conservas Peña non indica no mesmo campo visual toda a información que establece a norma. É de salientar que todas as latas inclúen a composición nutricional, información non obrigatoria. E todas locen o símbolo “Punto verde” dos envases adheridos a un sistema de xestión que asegura a súa recollida, o que á súa vez facilita a súa reciclaxe. Campos, Rianxeira e Calvo destacan, a xeito de reclamo publicitario, que o seu produto contén ácidos graxos “omega-3”, cousa que non deberían facer porque o omega-3 atópase de forma natural no atún e, xa que logo, en todas as mostras estudadas.
O contido medio de proteínas no atún é do 23%, e son proteínas de alto valor biolóxico porque achegan todos os aminoácidos esenciais que o noso organismo require. Por outra parte, é un pescado azul e polo tanto contén bastante graxa: o 12% no atún fresco e máis no de conserva en aceite, porque este engade a súa propia graxa. No atún en conserva, á acción beneficiosa dos ácidos graxos omega-3, característicos dos pescados azuis, deben engadirse os efectos saudables dos omega-6, abundantes nos aceites de xirasol e soia. O atún en conserva, por outro lado, achega (debido ao aceite) máis calorías ca o atún fresco á prancha ou ao forno. Cen gramos de atún en conserva representan 285 calorías, fronte ás 200 calorías en que queda o atún fresco. O colesterol non é escaso no atún en conserva (50 mg/100 g) se ben se trata dun contido moi inferior ao de alimentos ricos nesta substancia, coma fégado (máis de 300 mg/100 g), os embutidos (entre 70 e 80 mg/100 g), e foie gras (case 400 mg/100 g) ou paté (100 mg/100 g). Ademais, a capacidade de aumentar o nivel de colesterol sanguíneo humano é menor nos pescados ca noutros alimentos de orixe animal coma os citados. Isto débese ao perfil dos ácidos graxos dos pescados. Expliquémolo: hai unha relación directa entre os ácidos graxos saturados dos alimentos e o colesterol sanguíneo, de maneira que, a maior concentración de graxas saturados na dieta maior é a posibilidade de hipercolesterolemia. como a proporción de graxas saturadas nos pescados é moi inferior á doutros alimentos, a súa capacidade de elevar o colesterol humano é así mesmo moito menor.
Ao consumir atún en conserva inxírese tamén unha significativa dose de minerais, coma potasio (264 mg/100 g), fósforo (230 mg/100 g) e sodio. Este último é o máis abundante (400 mg/ 100 g), xa que o sal se emprega como conservante. A rapidez do tratamento térmico da conserva e a técnica de esterilización aseguran que se manteña case todo o contido de vitaminas do atún, que como pescado graxo é vehículo de vitaminas liposolubles (D e E) e hidrosolubles (B3, B6 e B12). Ademais, o aceiro da lata preserva o alimento da luz, polo que se conservan compoñentes fotosensibles como as vitaminas A e B6 e en menor medida, o ácido fólico.
En síntese e Táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse sete mostras de atún en aceite en latas cun peso neto desde 80 ata 266 gramos. No prezo non houbo grandes diferenzas: os máis caros (Rianxeira e Campos) saían a 10,11 euros o quilo de produto escoado (sen aceite) e o máis barato (Isabel), a 8,39 euros o quilo.
- É un produto ben elaborado: sen apenas defectos de etiquetaxe nin e peso, as sete mostras achábanse en correcto estado hixiénico-sanitario e non presentaron problemas de frescura, carecían de defectos de calidade comercial e en todas as latas o pescado era atún claro, ‘Thunnus albacores’, e non outro de menor custo.
- O atún en alta é un alimento moi saudable: achega abundantes proteínas de máxima calidade e é rico en graxas cardiosaudables, entre elas as omega-3.
- Dado que a composición nutricional se presume case idéntica nas 7 mostras (conteñen atún, aceite de xirasol ou soia e sal, máis nada), á hora de elixir entre unha e outra só cabería atender ás características organolépticas (sabor, aroma, zumosidade, cor, aspecto) e ao prezo.
- Neste comparativo as mellores opcións serían Miau e Palacio de Oriente, se ben Rianxeira, cun 12% máis caro, foi con diferenza a mellor na cata.
Marca | MIAU | PALACIO DE ORIENTE | RIAN- XEIRA | CALVO | CON- SERVAS PEÑA | ISABEL | CAMPOS |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Denominación | “Atún claro en aceite de xirasol” | “Atún claro en aceite vexetal” | “Atún claro en aceite de soia” | “Atún claro en aceite vexetal” | “Atún claro en aceite vexetal” | “Atún claro en aceite xirasol” | “Atún claro en aceite vexetal” |
Prezo por peso escoado (euros / quilo) | 9,00 | 9,02 | 10,11 | 8,65 | 9,40 | 8,39 | 10,11 |
Etiquetaxe | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Incorrecto | Correcto | Correcto |
Peso neto declarado1 (g) | 111 | 111 | 80×3 | 80×3 | 80×3 | 80×3 | 266 |
Peso escoado declarado2 (g) | 73 | 72 | 52×3 | 52×3 | 52×3 | 52×3 | 190 |
Peso neto real (g) | 107,1 | 116,2 | 76,4×3 | 80,6×3 | 79,8×3 | 80,6×3 | 265,8 |
Peso escoado real (g) | 77,8 | 78,7 | 54,4×3 | 55,9×3 | 53,2×3 | 56,3×3 | 206,3 |
Peso neto/peso escoado (%) | 72,6 | 67,7 | 71,2 | 69,4 | 66,7 | 69,9 | 77,6 |
Tipo de aceite3 | Xirasol | Soia | Soia | Soia | Soia | Xirasol alto oléico | Xirasol |
Histamina4 | No detec- tado | No detec- tado | No detec- tado | No detec- tado | No detec- tado | No detec- tado | No detec- tado |
Defectos de calidad5 | Ningún | Ningún | Ningún | Ningún | Ningún | Ningún | Ningún |
Identificación de especie6 | Thunnus alba- cores | Thunnus alba- cores | Thunnus alba- cores | Thunnus alba- cores | Thunnus alba- cores | Thunnus alba- cores | Thunnus alba- cores |
Estado microbio- lóxico | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Cata (1 a 9) | 6,5 | 6,7 | 7,1 | 6,1 | 6,2 | 4,9 | 6,0 |
(1) Peso neto: é o peso do atún xunto ao peso do líquido de cobertura
(2) Peso escoado: peso do atún unha vez eliminado o aceite de cobertura
(3) Tipo de aceite: os aceites identificados nas sete latas son todos vexetais
(4) Histamina: proteína cuxa presenza indica déficit de frescura nos pescados frescos
(5) Defectos: considéranse defectos a presenza de materias estrañas, espiñas, pel, escamas, carne avermellada, vasos e cápsulas sanguíneas. En ningunha mostra se anotaron defectos significativos
(6) Identificación de especie: faise mediante determinación do ADN. Thunnus albacores é a única especie permitida nas conservas de atún claro. En todos os casos, a especie foi a correcta
Un a un
Unha por unha, sete latas de atún claro en aceite vexetal
Miau
/imgs/20060501/atun_miau.jpg “Atún claro en aceite de xirasol”.
O quilo de atún escoado sae a 9 euros.
Unha das dúas mellores opcións. Lata de 111 gramos de peso neto. Aceite de xirasol como líquido de cobertura.
En cata, con 6,5 puntos, situación intermedia, gustou por “ben de sal”, “cor branca” e “zumento”, pero foi criticado por “un pouco seco” e porque “sabe moito a aceite”.
Palacio de Oriente
/imgs/20060501/atun_palacio.jpg “Atún claro en aceite vexetal”.
O quilo de atún escoado sae a 9,02 euros. Unha das dúas mellores opcións.
Lata de 111 tramos de peso neto. Aceite de soia.
En cata, con 6,7 puntos, posición intermedia: gusta por “bo sabor”, “cor moi branca” e “moi zumento”, pero é criticado por “algo soso” e “algo esmigallado”.
Rianxeira
/imgs/20060501/atun_rianxeira.jpg “Atún claro en aceite de soia”
O quilo de atún escoado sae a 10,11 euros, un dos máis caros.
Pack de tres latas de 80 gramos de peso neto cada unha. Emprega aceite de soia .
En cata, con 7,1 puntos, o mellor: gusta o seu “sabor rico”, por “zumento” e pola súa “cor clara”, pero é criticado por “un pouco seco” e “salgado”.
Calvo
/imgs/20060501/atun_calvo.jpg “Atún claro en aceite vexetal”
El quilo de atún escoado sae a 8,65 euros.
Pack de tres latas de 80 gramos de peso neto cada unha. Aceite de soia.
En cata, con 6,1 puntos, unha das menos preferidas: gusta por “zumento” e pola súa cor, pero é criticado polo seu “pouco sabor” e por “un pouco seco”.
Conservas Peña
/imgs/20060501/atun_pena.jpg “Atún claro en aceite vexetal”
O quilo de atún escoado sae a 9,40 euros. Aceite de soia.
Pack de tres latas de 80 gramos cada unha. Etiquetaxe incorrecta: non mostra toda a información no mesmo campo visual.
En cata, con 6,2 puntos, posición intermedia: gusta por “zumento” e “non moi salgado”, pero é criticado por “cor escura”, “sabor” e “un pouco seco”.
Isabel
/imgs/20060501/atun_isabel.jpg “Atún claro en aceite vexetal alto oleico”
O quilo de atún escoado sae a 8,39 euros, o máis barato.
Pack de tres latas de 80 gramos de peso neto cada unha. Aceite de xirasol alto oleico (unha variedade deste aceite de sementes).
En cata, con 4,9 puntos, entre as menos preferidas: gustou por “sabor suave”, pero foi criticado por “insípido”, “aceitoso” e “esmigallado”.
Campos
/imgs/20060501/atun_campos.jpg “Atún claro en aceite vexetal”.
O quilo de atún escoado sae a 10,11 euros, un dos dous máis caros.
Lata de 266 gramos de peso neto. Aceite de xirasol.
En cata, con 6 puntos, entre as menos preferidas: gusta por “zumento”, “sabor suave” e “olor”, pero á súa vez foi criticado por “un pouco seco”, “pouco sabor”, “moi esmigallado” y “cor escura”.