Protección polos pelos
Antes de todo, limpeza
- Manteña unha hixiene periódica (2-3 veces á semana) do pelo e coiro cabeludo.
- Evite a
/imgs/20060501/img.consejos.01.jpg acumulación de graxa no pelo, porque activa a proliferación microbiana e diminúe a osixenación capilar. - Utilice produtos especialmente deseñados para o pelo.
- Para un correcto lavado do pelo, en primeiro lugar enxáugueo para eliminar a sucidade, graxa e po. De seguido aplique unha pequena cantidade de xampú. Aclare coidadosamente o pelo con auga morna ou fría deixándoo libre de calquera resto de xabón. Repita o proceso só se o pelo estivese moi sucio ou graxo.
- Favoreza a renovación capilar con locións ou bálsamos para despois do lavado que melloren a circulación no coiro cabeludo e aumenten a osixenación.
- Non refregue o pelo no secado.
- Evite o uso do secador. Se o utiliza, mantéñao a 15 centímetros e empregue o modo frío.
Cepillado
- Cepille o pelo para eliminar o po, os pelos e as células mortas. O cepillado ten, ademais, unha acción estimulante sobre o rego sanguíneo no nivel da raíz capilar.
- Use cepillos de sedas naturais, porcinas ou de xabaril, ou no seu defecto de nailon redondeado.
- Non realice peiteados ou cepillados excesivamente fortes nin frecuentes. O rozamento dana a cutícula, que é unha barreira de protección para o pelo.
- Evite gomas, clips, pinzas e outros adornos que exerzan unha presión excesiva sobre a raíz do pelo. Tampouco é conveniente levar cada día o pelo suxeito con trenzas ou recolledores que provocan un estricamento do mesmo.
- Non abuse de tinguiduras, permanentes, etc.
- Preserve o seu pelo das agresións externas. O sol, o frío extremo, a chuvia e a calor lesionan o pelo.
- Consulte o seu dermatólogo ante calquera observación de anomalías no pelo, caída importante difusa ou por zonas, caspa, seborrea.
Cabelo seco
- Pola súa fraxilidade, tolera bastante mal o cepillado, o uso do secador e de tinguiduras
/imgs/20060501/consejos3.jpg e permanentes. - Para o seu lavado utilice un xampú humectante, que lle devolve a humidade perdida ao pelo, ou con base de tensioactivos proteínicos, que lle confiren unha película reparadora ao pelo, un aumento da suavidade e unha eliminación da electricidade estática. Tamén pode aplicarse locións capilares ricas en vitamina B e en queratina.
- O cepillado debe ser suave, con cepillos de sedas naturais. Evitará a ruptura do pelo e a electricidade estáticas.
Cabelo graxo
- Láveo a miúdo, pero sen abusar para non saturar as glándulas e propiciar un aumento da secreción de graxa.
- Utilice xampús adstrinxentes e auga fría co obxecto de cerrar os poros do coiro cabeludo e diminuír a súa secreción.
- Se lava o seu cabelo a diario, alterne o xampú para pelo graxo cun xampú para pelo normal.
- O exceso de graxa pódese acentuar co uso de produtos suavizantes.
- Cepille o pelo suavemente para non estimular a actividade das glándulas sebáceas.
A alimentación do cabelo provén do sangue, polo que unha dieta equilibrada en nutrientes é a base dunha boa saúde capilar.
- A alimentación ocupa un papel fundamental no coidado de calquera tipo de cabelo.
- Beba moita auga. Entre 2 e 3 litros diarios.
- Os oligoelementos ocupan un papel fundamental na formación do pelo. Inxírense cos vexetais, as verduras, os legumes e os complexos vitamínicos.
- Consuma froitas e verduras, e alimentos ricos en cinc e magnesio, e en vitamina B5 e B6, indispensables para fortalecer o cabelo.
- Evite o consumo de café, tabaco e alcol. Contraen os vasos sanguíneos do coiro cabeludo e diminúen a súa achega sanguínea e, xa que logo, a súa nutrición.