Hai que compartir tarefas
O deterioro físico ou psíquico dun membro da familia produce cambios drásticos e traumáticos no seu contorno. Xunto co golpe emocional xorden os problemas derivados da necesidade de atención permanente, labor que corresponde a un ou varios familiares. Estas persoas asumen un papel, o de coidadores, que irrompe na súa vida e transfórmaa de maneira completa. A asimilación desta viraxe vital non é sinxela. Por esta razón, non de sebe dubidar en pedir axuda ou recorrer a un especialista.
O malestar do coidador e o seu sentimento de culpa
Custa facerse á idea do debilitamento do ser querido. A pesar de que o decaemento sexa evidente, a parella, se a hai, os fillos, os xenros e noras, os netos e os irmáns queren crer que só “está pasando unha mala xeira”. Pero a realidade imponse e, a medida que se asume, enténdese que a enfermidade no só vai afectar a quen a padece, senón que mudará a vida de todos os que están ao redor, especialmente a dos coidadores.
Planificar os coidados
- Hai que repartir responsabilidades. Unha soa persoa non pode responsabilizarse de todo. Os coidados supoñen un número importante de tarefas. Para que todo funcione ben, é preciso repartilas entre os familiares e determinar
/imgs/20060501/img.psicologia.02.jpg qué función e qué responsabilidade vai afrontar cada un. É moi importante organizar reunións da familia para valorar entre todos cales son os problemas que xurdiron e determinar como distribuír os papeis que cada un vai ocupar. Nesas reunións débense estudar as posibilidades e limitacións de cada membro da familia e, segundo iso, establecer calendarios. Mesmo así hai que prepararse -e así se debe consensuar desde o principio- para afrontar as desavinzas e conflitos que se produzan durante o proceso do coidado, algo, por outra parte, normal. - A persoa coidadora debe prestar unha especial atención á parella e aos fillos. É importante falar coa parella sobre como afectará ou como está xa afectando a dedicación á persoa maior na relación, e sobre a necesidade de destinar tempos específicos para eles mesmos. Convén compartir opinións sobre a forma de exercer os coidados e saber se a outra parte da parella está disposta a colaborar, algo ao que non está obrigada, pero quizais queira facer. O mesmo pode dicirse sobre os fillos, en particular se a persoa maior está encamada. Aínda que sexan nenos, teñen dereito a coñecer a natureza dos coidados e establecer a maneira en que poden participar nas tarefas.
- Non perder as relacións. A medida que pasa o tempo de dedicación á persoa dependente, o coidador sae cada vez menos da casa. Isto pode ser altamente daniño para a súa saúde emocional. É importante que non descoide as súas relacións sociais de sempre, e que fomente os contactos con familiares e amizades para poder vivir con eles as súas emocións ou simplemente para distraerse.
- Aprender a coidar o propio eu.A persoa é un equilibrio entre “ser-para-si” e “ser-para-outros”. Cando alguén se envorca en exceso no coidado a outra persoa e se esquece de coidarse a si mesma, perde ese necesario equilibrio persoal e acumúlanse insatisfaccións internas, malestares emocionais, fastío, sensación de soidade ante as tarefas e desequilibrio persoal. É importantísimo que a persoa coidadora aprenda un pouco de “egoísmo”, é dicir, cultivo san do eu. Para isto ten que manter e programar a ilusión por saír, por practicar actividades de lecer e tempo libre. Debe reservar tempos para si mesma e respectalos con tanto rigor como o fai co coidado cara á persoa á que coida.
- Aprender a utilizar os recursos sociais. O número de persoas na sociedade creceu. O número de recursos destinados a elas tamén aumentou, pero non na mesma proporción, co que resultan insuficientes. Con todo, pódese recorrer a Servizos Sociais Municipais, Servizos Médicos, Servizos de Axuda a Domicilio, Centros de Día e Residencias Xeriátricas. Cada día son máis numerosos, pero tamén máis demandados. Os coidadores teñen dereito a recibiren asesoramento e apoio para a atención das persoas dependentes. Poden, por exemplo, informarse de como é e como vai evolucionar a enfermidade, de que probas serán necesarias para un diagnóstico e prognóstico máis preciso, coñecer que recursos públicos e privados se poden utilizar e as axudas ás que teñen dereito.
Máis do 80% dos coidadores experimentan altos niveis de estrés que se manifesta en irritabilidade, esgotamento, problemas físicos de saúde, enfados, distanciamento e depresión. Se aparecen dous ou máis destes síntomas da “síndrome do coidador” -perder a ilusión por vivir, non poder coller o sono, atender 24 horas ao día o familiar enfermo, sentir anguria, perder a gana de comer, beber alcol ou tomar drogas- é necesario pedir axuda profesional. O médico de cabeceira é unha boa opción e está preparado para atender estes casos. Para recibir a atención correcta, o coidador debe explicar ao médico a situación na que se atopa e describir o seu estado anímico e físico.