Un fogar a proba de nenos
Na mesma liña apunta o informe de Detección de Accidentes Domésticos e de Ocio de 2003 (DADO), elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE). que indica que no interior dos domicilios se rexistraron ese ano o 89% dos accidentes sufridos por menores dun ano. Máis da metade deles ocorreron no comedor ou o dormitorio, e as caídas foron, nun 64,9% dos casos, as causantes das lesións dos nenos. O mesmo estudo sinala a franxa horaria que vai desde as cinco ás oito da tarde como a máis crítica. Entre o 24 e 45% dos accidentes, segundo as idades, suceden entre esas horas, que coinciden co regreso da gardería ou a escola, e cun momento do día, antes de deitarse, no que os nenos se atopan cansos e máis inquietos, e os pais dispoñen xa das últimas enerxías.
Cocina
- Non deixe sós os nenos na cociña. O máis aconsellable é colocar unha barreira que lles impida o acceso ao seu interior. Se non é posible, hai que manter a porta sempre pechada. Non se deben deixar entrar descalzos.
- Os armarios e caixóns deben dispoñer de pechos de seguridade ou bloqueadores, especialmente se conteñen obxectos cortantes ou punzantes.
- Nunca hai que deixar xogar aos nenos cos interruptores ou as chaves do gas. Se é posible, hai que dotar os lumes dun sistema de bloqueo. Cando se cociñe, hai que utilizar os lumes interiores, máis próximos á parede, e colocar os mangos de cazolas e tixolas cara a dentro, de maneira que non sobresaian do fogón.
- O forno ha de estar situado nunha zona alta. Se non é así, non hai que deixar que os nenos se acheguen á súa porta, especialmente cando está quente. A lavadora debe dispoñer dun sistema de apertura retardada. Mentres estea parada hai que manter sempre a porta pechada. O caldeiro do lixo debe estar gardado nun armario fóra do alcance das súas mans. Os cordóns dos aparellos eléctricos, principalmente do ferro de pasar, han estar sempre enrolados e fóra do seu alcance. Non hai que deixar que se acheguen cando se está pasando o ferro.
- Se o mantel da mesa da cociña colga, hai que vixiar que non tiren por el e fagan caer o que haxa enriba.
Baño
- A porta do baño debe estar sempre pechada e a tapa do inodoro sempre baixada. Cando o neno comece a utilizar o inodoro, débese colocar un soporte especial, de xeito que o diámetro sexa menor e o pequeno poida facer as súas necesidades sen caer.
- Os caixóns e armarios que conteñan cosméticos ou calquera outro produto tóxico deben ter pechos de seguridade.
- Hai que colocar materiais antiesvarantes na bañeira, a ducha e as súas zonas de saída. Ademais, é aconsellable colocar na bañeira asentos adaptables e agarradoiras que poidan axudar e facilitar o baño dos nenos. Unha regra de ouro: non hai que deixar os nenos sós na bañeira, poden afogar en poucos minutos e con poucos centímetros de auga.
- Débese instalar un filtro no sumidoiro para evitar que o neno pille os dedos ou meta obxectos nel.
- Cando se utiliza auga quente e se volve a abrir a billa, parte da auga queda retida. Moitas queimaduras leves prodúcense por este motivo, en gran medida entre os nenos pola especial sensibilidades da súa pel. Para evitalo, despois de utilizar a auga quente hai que deixar correr a fría, ata que a temperatura se estabilice.
Habitación
- Hai que elixir mobles homologados fabricados con materiais non tóxicos e ignífugos e con cantos redondeados. Os mobles que superan o control de calidade máis rigoroso levan impresa na etiqueta a palabra TÜV.
- Se a criatura dorme durante os primeiros meses -máximo ata os catro ou cinco- nun cabaz ou nun moisés, o seu fondo debe ser ríxido e plano, cos bordos altos e acolchados, e preferiblemente de algodón. Por ser bastante inestable, hai que ter coidado de non apoiarse sobre el para evitar que envorque.
- O berce ha de ser sólido, estable e seguro, e non debe dispor de adornos que se poidan desprender. A distancia entre os barrotes deber ser maior de 4,5 centímetros e menor de 6,5 centímetros. Os seus costados deben ter polo menos 60 centímetros de altura. Para evitar que dea un golpe na cabeza ou saque as mans ou pés entre os barrotes mentres dorme, débese colocar un protector por dentro do berce.
- Tanto o berce coma o cabaz colocaranse lonxe de fontes de calor (radiadores, estufas, etc.). Os enchufes, cables eléctricos, cintas das persianas e cordóns das cortinas deben estar fóra do seu alcance.
- Cando xa durman na cama, hai que instalar unha varanda ou barra de seguridade para evitar que caian.
Perigo e situacións que cómpre considerar
Mobiliario
- É útil colocar protectores nas esquinas e salientes dos mobles.
- Os mobles deben ser estables e ser parafusos soltos nin arestas.
- Débense fixar á parece os andeis e os mobles altos que poidan envorcar.
- Hai que retirar as mesas e outras superficies de cristal. Se as portas son deste material, convén cambiar os cristais por outros de seguridade; no seu defecto, pódense colocar unhas películas transparentes que impidan que en caso de rotura os anacos caian ao chan.
- Débense colocar topes nas portas dos cuartos para evitar que se pechen pillándolles os dedos.
Ventás e balcóns
- Recoméndanse pechos de seguridade ou con sistemas de apertura que lles impidan abrilas ou que só se abran un pouco.
- Non hai que deixar testos, caixas, cadeiras, mesas ou outros obxectos aos que se poida subir preto de ventás e balcóns.
- As ventás situadas a menos dun metro de altura deben estar protexidas con varandas ou reixas.
Aparellos eléctricos e radiadores
- Convén cubrir con protectores todos os enchufes e alongadores que estean ao alcance dos nenos. Tamén é conveniente que teñan toma de terra.
- Hai que asegurarse de que se dispón dun interruptor diferencial (ICP). Trátase dun mecanismo de protección de circuítos que detecta unha desviación da voltaxe e corta a corrente. A súa instalación é obrigada en vivendas de nova construción (vén de obra), pero se se carece de ICP convén contactar coa compañía eléctrica para solicitar a súa colocación.
- Débense poñer fóra do seu alcance todos os cables, e evitar os que estean soltos e sen illante.
- O forno, a placa eléctrica e a vitrocerámica poden producir queimaduras coa calor residual despois de estaren apagados.
- Os radiadores han estar a unha temperatura baixa dabondo para evitar que lles produzan queimaduras en caso de que os toquen.
- As estufas de gas e os braseiros de carbón non son recomendables porque o risco de asfixia e queimaduras é moi alto. Se se utilizan, han estar protexidas para que non logren acceder a elas, nin consigan introducir obxectos que poidan arder.
Medicinas e produtos de limpeza
- As medicinas e produtos de limpeza débense gardar fóra do seu alcance en armarios altos ou baixo chave.
- É desexable que os envases teñan tapóns e dispositivos de seguridade que non poidan ser abertos polos nenos.
- Non hai que converter o botiquín nun lugar secreto que esperte a curiosidade dos máis pequenos. E mellor non tomar medicamentos en presenza dos nenos.
- Par conseguir que inxiran as súas medicinas sen protestar, non lles diga que son lambetadas: desta maneira incítanse a buscalas para tomalas pola súa conta.
- Hai que prestar unha atención especial aos antitérmicos e analxésicos. As súas cores e o seu sabor resultan moi atractivos para os nenos.
- Os produtos de limpeza ou tóxicos deben manterse no seu envase orixinal e non poñelos en botellas ou recipientes de bebidas. Cando se utilicen, non hai que perdelos de vista para que non os collan nun descoido.
Accesorios de seguridade
- Pechos multiusos. Permiten bloquear armarios, caixóns, a tapa do inodoro e portas coma a do frigorífico ou o forno, evitando que os nenos accedan ao seu interior.
Prezo: Entre 3 e 15 euros. - Pecho de seguridade. Impide que os pequenos accedan ao interior dos armarios que dispoñen de portas con pomos e tiradores.
Prezo: Entre 5 e 9 euros. - Seguro para dedos. Dispositivo que impide que os dedos dos nenos queden atrapados ao pechar a porta. Colócase na parte alta para que eles non lles cheguen.
Prezo: Entre 2 e 6 euros.
- Barreira para portas. Impide o paso dos nenos a determinadas zonas da casa. Tamén serve para bloquear o acceso ás escaleiras.
Prezo: Entre 23 e 69 euros. - Barreira para cama. Instálase nos laterais da cama para evitar que os máis pequenos caian mentres dormen.
Prezo: Entre 36 e 41 euros. - Barreira para os fogóns. Evita que os nenos alcancen os queimadores e tiren por riba deles o contido de potas e tixolas.
Prezo: Entre 16 e 42 euros
- Protector de enchufe. Imposibilita que os nenos poidan meter os dedos e obxectos no enchufe. Hainos que obturan o enchufe e só poden quitarse mediante a súa propia caravilla, e os que permiten usar o enchufe sen ter que quitar o protector.
Prezo: Entre 2 e 6 euros. Véndense en packs de varias unidades. - Protectores de esquinas. Pequenas pezas de plástico ou goma que se fixan nos cantos vivos dos mobles para impedir que os nenos se manquen en caso de golpearse.
Prezo: Entre 2 e 13 euros. Véndense en packs de varias unidades. - Protector de vídeo. Peza plástica que cobre a rañura de entrada das cintas, evitando que os pequenos metan a man ou depositen obxectos no seu interior.
Prezo: Entre 4 e 10 euros.