Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O exceso de velocidade aumenta a frecuencia e a gravidade dos accidentes de tráfico
Proclámase en todos os idiomas, dende os soportes máis distintos, con métodos ameazantes -como a perda de puntos- ou coa persuasión en boca dos voceiros máis representativos da sociedade: o exceso de velocidade mata. Non obstante, a reiteración desta mensaxe non ten o efecto desexado entre os condutores. Só en Semana Santa morreron nas estradas españolas 63 persoas e a razón principal destes accidentes foi, unha vez máis, a velocidade. Aínda que todos creamos saber cal é a velocidade axeitada, o número de accidentes por esta causa non cesa de aumentar. Por iso convén lembrar que para circular de xeito seguro cómpre respectar os límites establecidos, levantar o pé do acelerador e adecuar a marcha ás características da vía e ás condicións meteorolóxicas. Trátase de chegar, non de facelo no menor tempo posible.
Non abonda con respectar os límites de velocidade. As características da vía e a meteoroloxía, entre outros factores, fan que a velocidade axeitada sexa aquela que lle permita dominar o vehículo ante calquera obstáculo ou imprevisto que se lle presente. Son dispositivos electrónicos mediante os cales o usuario fixa unha velocidade que quere manter nun longo percorrido (regulador) ou que non quere superar (limitador).
O regulador permite fixar unha velocidade de maneira que o coche a mantén de xeito automático sen necesidade de actuar constantemente sobre o pedal, acelerando o motor nas pendentes e freando lixeiramente nas baixadas para que a agulla se manteña no punto desexado do velocímetro. O sistema desactívase de xeito automático en canto o condutor toca o freo ou o acelerador, evitando así ser un estorbo ante unha repentina incidencia da circulación.
O limitador alerta o condutor cando vai superar a velocidade indicada. Non o libera, xa que logo, de levar o pé dereito sobre o acelerador. O aviso prodúcese cunha especie de "punto duro" no acelerador, polo que o condutor coñece a chegada desta velocidade limitada. Se o condutor preme con forza o acelerador, o limitador deixa de actuar.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI