Motor

Hábitos que estragan o coche

Certos vicios ao volante poden reducir considerablemente os anos de vida do vehículo
1 Abril de 2007
Img motor listado

Hábitos que estragan o coche

/imgs/20070401/img.motor.01.jpgMoitas persoas non só conducen mal, senón que tratan peor o seu automóbil. Todos os condutores desenvolven unha serie de vicios e xestos automáticos difíciles de erradicar co paso dos anos, e moitos deles afectan directamente á boa saúde do vehículo, o que co tempo pode provocar accidentes, poñendo en perigo a súa seguridade e a dos demais. Coñecelos é o primeiro paso para saber como corrixilos.

Malos costumes

  • Cando arranque o coche polas mañás, e moi especialmente en inverno, non debe quentar o motor con fortes aceleróns, xa que o aceite e o resto dos compoñentes aínda non alcanzaron a temperatura ideal. Estes elementos protexen menos e poden supoñer un perigoso desgaste no motor do vehículo.
  • Non se apoie na panca de cambios. Exercer sobre o seu pomo unha presión constante ocasiona problemas de folgura nas arandelas e muelle da panca de cambio e ademais pode causar avarías na galla do selector da caixa. O máis recomendable é manipulala só cando haxa que variar de marcha e cambiar suavemente.
  • /imgs/20070401/img.motor.02.jpgEvite manipular a dirección co coche parado. Se os pneumáticos son anchos ou se trata dun coche pesado de dirección rápida -con poucas voltas o volante pasa de tope a tope-, desgastará a cremalleira da dirección, co que a condución sufrirá folguras, perigosas a altas velocidades e con vento lateral. En automóbiles con dirección asistida o problema é menor, aínda que nunca se debe xirar o volante ata o seu límite. Facéndoo fórzase o mecanismo e é doado que se estrague.
  • O embrague é un dos elementos máis castigados do automóbil. É un mecanismo que funciona por fricción e sofre desgaste cada vez que se Pisa. Non apoie sen necesidade o pé no pedal. Levar sempre o pé sobre el ou mantelo pisado cando o vehículo está detido supón un sobreesforzo para o prato de presión que pode danar a chumaceira de pulo, o que acurta a súa vida útil.
  • Nunca empurre un coche automático. Non o arranque empurrándoo nin circule en punto morto, xa que o máis normal é que se estrague a caixa de cambios.

Revolucións, as xustas

  • Evite conducir co motor a moitas revolucións. Aumenta o consumo e pode provocar sobrerréxime -pasar de voltas ao motor-, o que implica unha reparación moi custosa. Esta condución tamén castiga o embrague, a transmisión e a caixa de cambios.
  • /imgs/20070401/img.motor.03.jpgNon abuse da potencia a moi poucas revolucións. Por exemplo, subir un porto en quinta velocidade e a menos de 2.000 revolucións por minuto supón unha relación de cambio máis alta da axeitada. Isto pode resultar máis prexudicial para o motor ca o exceso de revolucións, pois fai que traballe sen voltas abondas para chegar ao seu par máximo -a zona idónea de traballo do motor- onde se dá a mellor relación consumo-potencia. Ao final causaría problemas no cegoñal, nas bielas, nas chumaceiras de biela e na bancada.

A mellor parada

/imgs/20070401/img.motor.04.jpg Non apure os elementos de fricción dos freos. As pastillas, zapatas, discos e tambores deterióranse pronto. Sempre será máis barato cambiar pastillas e zapatas ca o conxunto de discos e tambores. Cando se instalan elementos de fricción novos hai que facer unha rodaxe previa, xa que a súa eficacia será menor ata que non se asenten definitivamente todos os compoñentes do sistema de freado.

Rodas sen dano

No estacionamento do seu vehículo, procure non bater o bordo coas rodas nin forzalas, xa que o belisco desgasta as gomas. Así perden resistencia ao rebentón; deterióranse as regraxes de suspensión e desequilíbranse as lamias, o que pode provocar un cambio nas cotas de dirección e desequilibrar os pneumáticos, ocasionando vibracións no volante. Tamén poden resultar afectados os rodamentos, debido ao dano na dirección e no equilibrado dos pneumáticos.

Coidado exterior e limpeza

  • Sen o coidado e a atención apropiados, mesmo a mellor pintura se volverá pálida e descolorida pola acción de contaminantes industriais e do tráfico ou pola chuvia ácida.
  • Lave a miúdo o seu coche. O po descolora e raia a pintura e corroe a chapa, sobre todo en rexións húmidas.
  • Evite lavalo á man. Aínda hai condutores que creen que o lavado á man é especialmente beneficioso para os vehículos. Non obstante, as cantidades relativamente pequenas de auga usadas no lavado manual mestúranse coa sucidade e forman unha agresiva pasta abrasiva que deixa unha gran cantidade de rabuños minúsculos e diminúe a capa da pintura.
  • Pola contra, o autolavado de vehículos utiliza ata 300 litros de auga, o que garante que as partículas de sucidade se eliminan do vehículo coa maior eficacia posible, evitando dese xeito o efecto abrasivo que ten lugar durante o lavado manual.
  • Procure evitar as estacións de lavado a base de rolos de sedas. Son moi prácticas, pero na maioría de ocasións as sedas de plástico acaban raiando a carrozaría. É preferible elixir estacións de lavado dotadas de chorro de auga a presión.
  • /imgs/20070401/img.motor.05.jpgSe circulou por estradas nevadas nas que utilizaran sal deberá limpar a carrozaría o máis axiña posible. A auga do desxeo, o sal da estrada e os axentes erosivos tamén deixan a súa pegada co paso do tempo. Os lugares que habitualmente non se poden ver como, por exemplo, os baixos ou as partes funcionais dos chasis son as máis sensibles.
  • Nun 4 x 4 debe vixiar as zonas que acumulen barro para evitar que se oxiden.
  • Se viaxa por estradas en obras terá que circular devagar e afastado do vehículo que o precede, e lavar o coche cando remata a viaxe. Hai que ter en conta que o alcatrán é moi difícil de eliminar da carrozaría.
  • Limpe os accesos á ventilación. Poña atención nas guías dos asentos: os carrís han de estar limpos e engraxados. Revise a miúdo as xuntas de portas e portelos para evitar posibles entradas de auga.
  • Se é dos que adoita limpar pola súa conta o motor do seu vehículo, teña coidado coa parte eléctrica -arranque, central, módulos-, xa que pode provocar avarías moi molestas. Use limpadores específicos que non atacan a goma nin os plásticos.
  • Non expoña o coche ao sol. Pódense danar a pintura e a tapizaría. A contracción e dilatación cuartean o cadro de instrumentos e producen desaxustes.

Mantemento básico

  • Aceite. O consumo normal é de un litro cada 3.000 quilómetros, e débese cambiar cada seis meses. Se o nivel de aceite está por baixo do mínimo sufrirá excesos de temperatura e desgaste, e, co tempo, reducirá a vida útil do motor.
  • Presión dos pneumáticos.Se é alta, desgastará o interior da banda de rodadura e se é pouca, o desgaste producirase nos extremos. A presión debe ser sempre a que recomende o fabricante. As fendas nas rodas indican que, antes ou despois, sufriremos un rebentón.
Non por moito acelerar...
  • /imgs/20070401/img.motor.06.jpgDar aceleradas non lle fai gañar tempo e ten efectos negativos. Consúmese máis, quéntase en exceso o motor e os pneumáticos desgástanse.
  • Nunca arranque facendo patinar as rodas motoras. É un gasto inútil de gasolina e de rodas e mais dana as transmisións. Tamén castiga innecesariamente o embrague, a caixa de cambios e o diferencial.
  • Os motores “turbo” requiren especial atención. Vixíe a súa engraxe e o nivel de aceite. Non acelere con brusquidade, nin dea a máxima potencia co motor en frío. Tras unha viaxe longa, déixeo un minuto ao ralentí para que o circuíto de aceite refrixere o eixe do turbo. Se non, a parada do motor provocaría a súa gripaxe pola deficiente lubricación e as altas temperaturas carbonizarían o aceite que engraxa o seu eixe por non estar en circulación.