Unha carreira de fondo a ritmo de talonario
O custo final do enlace ten moito que ver co número de convidados e coa categoría do restaurante e do menú elixido. Dar unha cifra é complicado, pero, de xeito aproximado, na actualidade os gastos dunha voda oscilan entre os 10.000 euros e os 43.000. Isto é o previsto, pero hai que ter en conta que cando unha parella se dispón a iniciar os trámites para celebrar a súa voda se atopa con algunhas sorpresas, imposicións e imprevistos que incrementan os seus gastos.
Orzamentos para todos os petos
Xa sexa unha voda relixiosa ou civil, a noiva é a “estrela” do día. Ir branca e radiante, como reza a canción, ten o seu prezo: dende 800 euros aos 6.000 euros, ou máis. A isto hai que sumar os complementos (roupa interior, zapatos, ramo), sen esquecer o peiteado e a maquillaxe, entre 330 euros e 1.950 euros máis.
O noivo adquire cada vez máis protagonismo, e aínda que a súa indumentaria é bastante máis barata, as distancias acúrtanse a pasos axigantados. Eles teñen a opción de alugar un traxe ou chaqué, polo que é posible saír medio airoso do envite cuns 400 euros (entre 90 en caso de arrendamento e 360 se se opta pola compra). Pero a cousa non queda aí. A lista de engadidos é grande, e aquí si que é normal optar pola compra. Falamos de camisa, chaleco, gravata, pano para a solapa, calzado… Outros “detalles”, como alianzas, convites, flores para engalanar a igrexa e os vehículos, reportaxe fotográfica e de vídeo, música, animación e recordos representan entre 1.940 euros e 9.200.
Reportaxe de voda. Non sempre elixen os noivos
Ante estes abusos que denuncian consumidores e a maioría de fotógrafos que non se benefician desas exclusivas, os tribunais estableceron que é ilícito impedir a entrada en calquera destes lugares dun profesional elixido por quen celebra e paga a reunión. Así as cousas, o párroco non se pode opor a celebrar a cerimonia porque os noivos se negaran a contratar os servizos fotográficos ofertados pola empresa que conta co seu beneplácito, nin tampouco se poden opoñer os fotógrafos habituais da devandita parroquia. Os restaurantes tampouco se poden negar a celebrar o convite por esta mesma razón.
De feito, hai sentenzas que establecen que é ilícita a obstrución á entrada dun profesional elixido por quen celebra e paga a reunión. As cláusulas de contratación dos servizos de imaxe que fixan algúns restaurantes son abusivas por prestar un servizo accesorio que non se solicitou e non respectar a Lei xeral de defensa dos consumidores e usuarios, ao impor servizos que non se solicitaron, nin a bilateralidade dun contrato que esixe o Código Civil, polo que se declaran nulas.
Música con 600 euros de canon
O maxistrado considera que as vodas non representan un acto estritamente privado. Así, a SGAE logra a base para esixirlles un canon aos restaurantes pola música dos convites. Non acontece o mesmo se os temas elixidos son obras de autores clásicos, como Beethoven, Chopin, Bach ou Vivaldi. Estas obras, por tratarse de autores que levan falecidos máis de 70 anos, quedarían fóra da obriga de pagar o canon musical, xa que se consideran producións de dominio público, segundo recolle o artigo 26 da vixente Lei de propiedade intelectual. Aínda que nun principio a cota non a aboan os noivos, senón o restaurante, repercute na factura final que deberán pagar os que casan.
/imgs/20070401/img.informe.07.jpg Planificade os gastos. A previsión e a planificación son as mellores aliadas neste tipo de celebración. Non deixedes todo para o final.- Non permitades que a vosa voda vos leve á quebra. Establecede un orzamento acorde coas vosas posibilidades.
- Poñédevos en todos os casos en mans de profesionais.
- Empezade a comparar prezos un ano antes ata atopar a mellor opción.
- Necesitaredes comparar prezos de música, fotógrafo, flores e comida, entre outros.
- Na elección do lugar do banquete non vos deixedes cegar polos regalos ou descontos que vos poidan ofrecer, xa que polo xeral se adoitan pagar no prezo do menú. O prezo do prato adoita incluír a decoración e as minutas básicas, pero é importante que antes de efectuar a reserva vos informedes ben sobre este detalle e mais sobre os pratos que o compoñen e a posibilidade de varialos. Intentade formalizar o contrato por escrito coas condicións e realizar unha proba previa do menú.
- Concretade os detalles da barra libre: marcas e tipos de bebidas, as horas que estará aberta e, moi importante, a modalidade de pagamento, que pode ser unha cantidade fixa por asistente, previamente establecida, ou ben en función das consumicións que se efectúen.
- Non esquezades que tanto a orquestra como o pinchadiscos poden incluír na factura os dereitos de autor ou o copyright da música.
... Sen tirar a casa pola ventá
- Compartide os adornos florais da igrexa con outras parellas que casen o mesmo día.
- Alugade o traxe de noivo ou de noiva. Ninguén o advertirá.
- Pedide prestado o coche de noivos. Sempre hai algún familiar que ten un bo coche e seguro que ese día está disposto a facer de chofer.
- Casade en primavera ou no verán. Fiscalmente sairedes beneficiados.
- Optade pola lista de voda. Evitade que se repitan regalos. Nalgúns centros ofrecen a posibilidade de cambiar unha porcentaxe dos regalos por diñeiro.
Custo voda * | Prezo mínimo | Prezo máximo |
---|---|---|
Roupa da noiva | ||
Vestido | 800 euros | 6.000 euros |
Zapatos | 60 euros | 300 euros |
Complementos | 120 euros | 600 euros |
Ramo | 50 euros | 300 euros |
Total | 1.030 euros | 7.200 euros |
Salón de peiteado | 60 euros | 600 euros |
Maquillaxe | 40 euros | 150 euros |
Total | 100 euros | 750 euros |
Roupa do noivo | ||
Traxe | 360 euros | 2.400 euros |
Complementos | 150 euros | 450 euros |
Total | 510 euros | 2.850 euros |
Outros gastos | ||
Alianzas | 120 euros | 2.200 euros |
Convites | 100 euros | 600 euros |
Coche alugueiro | 200 euros | 900 euros |
Total | 420 euros | 3.700 euros |
Reportaxe de voda | ||
Álbum fotos | 480euros | 1.800euros |
Vídeo | 300euros | 900euros |
Total | 780euros | 2.700 euros |
Igrexa | ||
Cerimonia | 20euros | 600euros |
Decoración floral | 240euros | 1.800euros |
Música | 150euros | 500euros |
Total | 410euros | 2.900euros |
Banquete | ||
Banquete | 6.000euros | 12.500euros |
Música | 250euros | 3.000euros |
Obsequios invitados | 100euros | 700euros |
Total | 6.350euros | 16.200euros |
Viaxe de noivos | 1.200euros | 6.000euros |
Custo voda/Mínimo | 10.800euros | |
Custo voda/Máximo | 42.300euros |
* 100 convidados
- Cando se celebra unha voda, tanto a igrexa como o restaurante están a reservar un espazo para un acto privado, polo que ostentan esta condición durante o período de tempo polo que están contratados.
/imgs/20070401/img.informe.08.jpg Os dereitos de imaxe son propiedade do individuo (art. 18 da Constitución Española) e correspóndelle a el decidir quen o fotografa. Ademais, a Lei xeral de defensa dos consumidores e usuarios establece que non se poden impoñer prestacións accesorias que non se solicitaron, e os tribunais estableceron que é ilícita a obstrución á entrada, en calquera destes lugares, dun profesional elixido por quen celebra e paga a reunión.- Para evitar situacións desagradables, os mozos deben informar por escrito á igrexa e ao restaurante advertindo de que contrataron os servizos dun fotógrafo para deixar constancia de que as persoas que van realizar a reportaxe son profesionais, e recordando que os noivos están a actuar segundo a legalidade, exercendo o seu dereito de libre elección. No caso da igrexa, convén engadir que quen pretende actuar como fotógrafo está en posesión da formación litúrxica suficiente para comprender o acto e que ten o coñecemento necesario das perspectivas concretas do templo, tal e como se establece no artigo nº 2 da instrución nº 8 de maio do 2003 do Arcebispado de Madrid.
- Se ofrecen como regalo unha reportaxe fotográfica e de vídeo a cambio de que non entren os profesionais que os noivos elixiron, e estes deciden aceptalo, deben esixir por escrito que o servizo sexa da mesma calidade e características, xa que a reportaxe fotográfica e de vídeo é o único recordo tanxible da voda e non hai posibilidade de repetilo se o regalo defrauda.
- Os noivos deben asinar co profesional elixido un contrato no que se determine o tipo de reportaxe elixida e mais un número mínimo de fotografías.
- Os noivos débenlle esixir ao fotógrafo unha factura con todos os requisitos correspondentes, incluído o IVE.