A cada produto, o seu lugar e temperatura
Os frigoríficos dos fogares do noso país énchense nestas datas de alimentos nun frenesí de celebracións e xantares pantagruélicos. Un número crecente de consumidores opta por adquirir os produtos con antelación, co fin de escapar da tradicional e exorbitante escalada dos prezos. Para os previsores, e tamén para os que non o son, o correcto almacenamento dos alimentos é esencial para reducir o risco de intoxicacións alimentarias ou os desgustos que pode ocasionar ter que tirar ao lixo auténticos tesouros, polo custo que supuxo para o peto, gastronómicos. Nas seguintes liñas atopará as pautas para conservalos en perfectas condicións.
No frigorífico
/imgs/20061201/img.consejo-del-mes-3.01.jpg A temperatura do frigorífico debe oscilar entre 2 e 4 graos centígrados. Se é menor, os alimentos poden conxelarse parcialmente e, se supera os 4 graos, comeza o crecemento bacteriano.- Non mesture na mesma bandexa alimentos crus con cociñados, nin distintos tipos de alimentos: carne, peixe, froita, lácteos…: pódese producir contaminación cruzada.
- Coloque os cociñados nas baldas superiores e os crus nas inferiores, por se pingan.
- Evite encher en exceso a súa neveira, e organice os alimentos de modo que o aire frío poida circular entre eles.
- Garde os alimentos en recipientes ben pechados, limpos e secos. Evitará cheiros, perdas de humidade, contaminación ou mofos nas paredes.
- Teña en conta que a porta do frigorífico é a que máis oscilacións de temperatura sofre. Evite situar nela alimentos delicados e sensibles á calor.
Os alimentos, un a un
/imgs/20061201/img.consejo-del-mes-3.03.jpg A carne e o peixe fresco son os alimentos máis perecedoiros, polo que hai que colocalos nos estantes máis próximos ao conxelador, onde a temperatura é duns dous graos. Gárdeos en recipientes pechados cunha reixa na base para evitar o contacto co zume que desprenden.- O peixe fresco e limpo mantén todas as súas propiedades na neveira durante 24 horas, mentres que a carne pode conservarse en perfecto estado ata catro días, dependendo do corte da peza.
- Coloque os embutidos, o leite e os derivados lácteos nos estantes centrais e superiores, onde a temperatura varía entre 4 graos e 8 graos centígrados.
- Garde os embutidos en recipientes pechados ou envólvaos en papel de aluminio ou plástico transparente.
- Conserve o leite illado e en recipiente pechado, xa que unha vez aberto absorbe con facilidade os cheiros que desprenden outros alimentos.
- Se se comezou o queixo, envólvao con plástico transparente pola zona do corte para evitar a proliferación de fungos. Utilice recipientes distintos para cada tipo de queixo.
- As froitas e verduras frescas pódense estragar a temperaturas moi baixas. Consérveas nos caixóns do frigorífico nos que o termómetro pode alcanzar os dez graos. Non esqueza lavalas con auga abonda e eliminar os restos non comestibles antes de gardalas.
- Os ovos, agás no verán e mais cando a calor favorece a proliferación de microorganismos, pódense conservar á temperatura ambiente, aínda que o frío aumenta a súa vida útil. Gárdeos coa punta cara a abaixo para evitar a deterioración da estrutura interna e garantir a súa conservación. Desbote os que teñen a casca rota ou con fendas.
No conxelador
- A temperatura ideal para conservar os alimentos conxelados é de 18 graos baixo cero.
- Os conxeladores funcionan mellor cando están cheos e sen moito espazo entre os alimentos.
- Protexa os alimentos para evitar queimaduras de conxelación utilizando bolsiñas especiais e recipientes de plástico. Non facelo pode provocar que se deshidraten axiña. Non esqueza poñer unha etiqueta que indique a data de conxelación.
- Evite volver conxelar alimentos previamente desconxelados.
Preparación previa
- As carnes e peixes practicamente non perden propiedades, debido a que a conxelación non afecta nin ás proteínas, nin ás vitaminas A e D, nin aos minerais que conteñen. Durante a súa desconxelación, prodúcese unha perda de líquido que contén vitaminas hidrosolubles e sales minerais, que igualmente se perderán ao cociñar o produto.
- Se vai conxelar peixe fresco pida na peixería que o preparen para conxelar. Se o fai na casa quítelle as escamas, destrípeo, quítelle a cabeza, láveo e séqueo antes de conxelalo.
- Desose a carne e retire a graxa excesiva e os tendóns.
- Lave as hortalizas e verduras con auga abundante e elimine as partes non comestibles, férvaas durante un minuto e deseguido déalles un baño en auga fría. Este proceso evitará os reservorios bacterianos, propiciando unha conservación perfecta do produto, aínda que pode provocar unha perda do 15% ao 20% de vitamina C. Déixeas arrefriar antes de introducilas no conxelador.
- Os ovos só se poden conxelar xa batidos. Tamén pode separar as xemas das claras e gardalas en tarros de cristal.
- Saiba que pode conxelar todo tipo de pratos preparados. Gárdeos nun envase apto para o microondas; así posibilitará que a desconxelación e o quentamento posterior se realice no propio envase.
- Non conxele alimentos como as patacas, a pasta, as verduras de ensalada, os champiñóns, a nata e algunhas salsas con alto contido en graxa. Poden perder propiedades, e, nalgúns casos, chegar a estragarse.
As sobras, sempre frescas
- Garde as sobras nun recipiente limpo, pouco fondo e que se poida tapar. Non as deixe no que se cociñaron ou serviron.
/imgs/20061201/img.consejo-del-mes-3.02.jpg Os alimentos ou pratos cociñados deben refrixerarse ou conxelarse nun prazo de dúas horas. Se os mantén á temperatura ambiente durante máis tempo (mesmo menos de dúas horas se a temperatura é alta), as bacterias poden reproducirse ata alcanzar niveis nocivos, polo que o consumo destes alimentos resulta arriscado para a súa saúde.- Consuma as sobras nun prazo de dous días.
- Agarde a que os alimentos arrefríen antes de metelos no frigorífico. En ningún caso introduza alimentos quentes no frigorífico.
- Desbote o envase dos alimentos enlatados abertos (espárragos, tomate frito, olivas, etc.), xa que o seu interior se oxida axiña. Gárdeos en recipientes de plástico ou vidro do tamaño adecuado ao volume do alimento, manténdoos cubertos co seu propio caldo.
- Non volva conservar os alimentos xa requentados.