Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.
: Melloran condutores e peóns, pero aínda están moi lonxe do desexable
O comportamento inadecuado dentro e fóra do automóbil explica os numerosos e graves accidentes nas vías urbanas
CONSUMER EROSKI quixo afondar nas causas e motivos que provocan algúns destes accidentes nun entorno a priori con menos riscos de accidentes de tráfico con vítimas. Para iso, tratou de rexistrar, contabilizar e comparar os comportamentos e actitudes fronte á seguridade viaria de viandantes e condutores. Así, técnicos de CONSUMER EROSKI apostáronse durante varios días do pasado mes de setembro en distintas rúas céntricas e con amplo movemento de vehículos e de persoas de 18 capitais de provincia españolas (Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, A Coruña, Málaga, Alacante, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Murcia, Logroño, Sevilla, Valladolid, Granada, Córdoba, Oviedo e Zaragoza). En concreto, situáronse ante 220 semáforos, 163 pasos de peóns e 57 sinais de stop e anotaron as infraccións cometidas por condutores e mais por peóns. Deste xeito, observáronse 98.323 peóns e 143.062 vehículos.
CONSUMER EROSKI tamén comprobou como o uso do casco por ciclistas e ocupantes de motos é cada vez máis xeneralizado, aínda que se constataron diferenzas no grao de concienciación nas distintas capitais analizadas. Mentres que só o 1% dos que viaxaban nestes vehículos en Madrid e o 2% en Pamplona e Zaragoza o facía sen casco, en Granada unha de cada tres ignoraba a obrigatoriedade de usar este elemento de seguridade, e en Oviedo, Vitoria e San Sebastián a cifra ascendeu ata un 20%.
Paxinación dentro deste contido
- Non hai ningunha páxina anterior
- Estás na páxina: [Páx. 1 de 4]
- Ir á páxina seguinte Moitas diferenzas entre cidades »