Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Facturas domésticas : Respectan a normativa, pero pensan pouco no usuario

Se comprendémo-las facturas domésticas, poderemos axusta-lo noso consumo e ó mesmo tempo reduci-lo gasto enerxético e doutros servicios

Teléfono

As tarifas, a diferencia do que acontece coas eléctricas e coas do gas natural, varían dunha operadora a outra. Podemos elixi-la operadora coa que efectuármo-las chamadas. Dependendo do tipo de chamada e da empresa contratada, aforraremos ata un 50% no prezo dalgunhas conexións. Pero aínda oito de cada dez consumidores españois operan exclusivamente con Telefónica, e só un 10% utiliza, amais de Telefónica, outra compañía.

A nosa análise das facturas telefónicas

Jazztel Unha das mellores en claridade e transparencia da información, por detallada e analizada. Tanto o importe total como a base impoñible analízanse nos conceptos que os compoñen. Inclúe historial de consumo, explicación da factura por esquema e detalle de zonas internacionais. A información de análise das chamadas, moi clara: separa as chamadas interprovinciais das de fixo a móbil e ofrece información do prezo medio de cada tipo de chamada. Na parte traseira, incorpora consellos para interpreta-la factura. Non informa do horario do servicio de atención ó cliente.

Retevisión Detalla os servicios facturados e a base impoñible do IVE. Contén historial de consumo, explicación da factura esquematizada e separación en tipo de chamadas. Na parte traseira, indica instruccións para interpreta-la factura. Ofrece un gráfico que representa o consumo en cada período de facturación. Atención ó cliente, 24 horas. Letra da factura demasiado pequena. Información cronolóxica sobre o consumo; sería mellor seguir criterios máis útiles, como unha división polo tipo de chamada. O detalle de consumo non aparece na primeira folla.

Uni2 Detalla os servicios facturados (por chamadas interprovinciais e chamadas a móbiles). Distingue o total da base impoñible e o IVE, informando da conversión a euros. Teléfono gratuíto de atención ó cliente, pero non indica a franxa horaria de funcionamento. A súa páxina web resulta moi útil para analiza-lo consumo. Moi boa aselección dos 10 números máis chamados e o seu custo. Tamén ofrece un gráfico do historial do consumo (detallado nos seis últimos meses). Letra pequena que dificulta a lectura. Faltan cores que melloren os contrastes, e instruccións para entende-la factura.

Telefónica Detalla a cota por período e o importe dos servicios contratados, incluíndo o de tódolos tipos de chamada e doutros consumos e descontos. Inclúe o importe medio de consumo diario. A segunda páxina refire o detalle de chamadas automáticas. Varios teléfonos de atención ó cliente ós que dirixirse. Inclúe enderezo de páxina web. Factura moi detallada pero monótona, debido á ausencia de cores e contrastes. Vese de xeito moi claro o importe que hai que aboar. A orde das chamadas, cronolóxica. Sen gráfico do historial de consumo. Bótase de menos a información de a qué compañía de teléfono móbil se dirixe cada chamada.

Calcula-lo custo

Na maioría dos recibos das diversas operadoras hai unha parte fixa e outra que depende do consumo. Cada empresa ofrece as súas propias fórmulas de desconto.

  • Cota de abonamento: cantidade fixa, denominada tamén “tipo de servicio” ou “cota”. Abóase nalgunhas compañías, aínda que non se realizaran chamadas. Se, ademais, contratou algún outro servicio de pagamento, tamén se recolle neste apartado da factura. 1.542 pta (alugueiro da liña) x 2 meses: 3.084 pesetas
  • Consumo de chamadas: depende do consumo. Recóllese o gasto total de cada tipo de chamada. Nas facturas dalgunhas compañías detállanse as conexións interprovinciais, internacionais e a teléfonos móbiles, e ofrécese información útil (a súa duración, custo…).

Paxinación dentro deste contido

  • Ir á páxina anterior: « Gas
  • Estás na páxina: [Páx. 3 de 5]
  • Ir á páxina seguinte Auga »

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións