Os cueiros absorben máis pero protexen menos a pel
Dise que os esquimós envolvían os seus bebés en peles de foca recheas de mofo, que os indios americanos e mais os incas se valían de peles de coello recheas de pasto e que os pioneiros americanos utilizaban para o mesmo fin panos de algodón que non lavaban: só os deixaban secar a carón do lume. Non é de estrañar que o cueiro desbotable de celulosa que apareceu en Suecia nos anos corenta fose unha revolución pola súa comodidade e hixiene. Co tempo, a celulosa deu paso ao poliacrilato de sodio, unha substancia con propiedades sorprendentes: en contacto cun líquido non se disolve, senón que o absorve e convértese nunha especie de xel.
Aos cueiros convencionais sumáronselles nos últimos anos os bragacueiros (tamén do mesmo material), que non se suxeitan con fitas adhesivas, senón que se sosteñen grazas a unha cintura flexible. Colócanse como unha braga, polo que son idóneos para aprender a deixar o cueiro: soben e baixan con facilidade se o neno ou nena “pide” ir ao servizo, e non hai temor a que un “descoido” lixe a roupa.
Iso si, son de media un 30% máis caros ca os cueiros convencionais a pesar de que non parece haber nada na súa composición, na súa estrutura nin na súa fabricación que poida xustificar ese sobreprezo. Ademais, algúns educadores rexeitan o seu uso porque pode prolongar o tempo de cambio dos cueiros á roupa interior convencional, e confundir aos máis pequenos, que non perciben con nitidez se levan ou non cueiro.
Analizáronse no laboratorio tres mostras de cueiros e tres de bragacueiros do talle 5 ou L (para nenas e nenos que pesan entre 13 e 20 quilos) que custan dende os 0,22 euros por unidade dos cueiros Huggies ata os 0,37 euros dos bragacueiros de Dodot. Están indicados para nenos e nenas nas últimas etapas de uso do cueiro. Serven indistintamente para ambos os dous sexos, salvo os bragacueiros de Huggies, que contan cun produto específico para nenas e outro para nenos.
A mellor relación calidade-prezo son os cueiros de Huggies, os máis baratos (22 céntimos de euro por cueiro) e de calidade global satisfactoria. Outra opción interesante son os cueiros Dodot Plus Activity, que, se ben resultan os máis caros (30 céntimos de euro), son os de mellor calidade. No tocante aos bragacueiros, Dodot Etapas Plus Liberty é a mellor elección pola súa moi boa calidade e o seu prezo similar aos de Huggies.
Características técnicas
Os cueiros máis liviáns e finos son máis cómodos para os bebés. Os máis pesados son os bragacueiros de Dodot, con 45 gramos e os de menos peso os cueiros Dodot Axuste Flexible (36,8 g) e os bragacueiros Huggies nena (38,2 g). No tocante ao seu espesor, os máis finos son os dous bragacueiros de Huggies (8,1 mm) e o máis groso o bragacueiro de Dodot (10,5 mm).
O tamaño do cueiro calcúlase sen estirar os seus axustes laterais. O máis pequeno é o bragacueiro de Dodot (47,8 x 18,3 cm), e os máis grandes foron os cueiros de Dodot Axuste Flexible (51,3 x 23,7 cm) e Huggies (51,8 x 23,2 cm). Pero tan importante como o tamaño total do cueiro é a superficie do coxín absorbente: o máis grande é o de Dodot Plus Activity (44,7 x 11,2 cm) e o de menos superficie absorbente o bragacueiro de Dodot (42,5 x 8,9 cm), seguido do cueiro de Huggies (40,5 x 9,5 cm). Que cantidade de materia absorbente contén ese coxín? Os bragacueiros dispoñen de máis materia absorbente ca os cueiros convencionais. Destaca Huggies neno (15,4 gramos, máis ca a versión de nena, que só ten 12,3 gramos). O que menos ofrece é o cueiro Dodot Axuste Flexible (10,7 g). O cueiro convencional con máis materia absorbente é Dodot Plus Activity (12,8 g).
Un cueiro ancho na entreperna entorpece os primeiros pasos. Os bragacueiros están deseñados para seren usados cando os nenos xa andan, polo que son máis estreitos na entreperna ca os cueiros convencionais: os tres bragacueiros roldan os 16,5 centímetros, mentres que os cueiros se moven entre os 22 e os 23 centímetros.
Manequíns en vez de bebés
Ante a dificultade de medir nun ámbito real a eficacia dos cueiros, púxose en marcha un test utilizando manequíns de bebé de neno e nena que liberaban sobre os cueiros un líquido que simulaba os ouriños. A proba consistía en verter o líquido ata que se producía o primeiro escape. Os ensaios fixéronse en dous ciclos nos que o manequín se movía como o faría un neno: diúrno (cambiaba de postura entre sentado, de pé e de lado) e nocturno (de ventre, de lado e de costas).
En todas as probas o cueiro Dodot Plus Activity foi o mellor, e os bragacueiros de Huggies os de resultados máis discretos. Os cueiros teñen maior capacidade de absorción ca os bragacueiros. De media, a capacidade de absorción de Dodot Plus Activity, o mellor, é de 409 mililitros, mentres que o bragacueiro Huggies nena só chegou a 278 mililitros e o de neno a 297 mililitros.
Un bo cueiro debe protexer a pel do bebé. Por iso, cando o líquido xa rebordara mediuse a humidade na zona que estaba en contacto co manequín. Unha porcentaxe maior de humidade ao contacto indica que a pel está máis seca. De media, o bragacueiro Huggies nena (93% de protección ao contacto) foi o de maior protección e o cueiro de Huggies (64%), o de peor resultado. Polo miúdo, o mellor para nenos durante o día foi o bragacueiro Dodot (93%) e o de peores resultados o cueiro Dodot Plus Activity (41%). No tocante ás nenas (tamén de día), o mellor foi o bragacueiro Huggies (98%) e o de resultados menos convincentes o cueiro de Huggies (39%).
Pola noite
No test nocturno, o bragacueiro Dodot (97%) demostrou unha mellor protección ao contacto para nenos mentres que para nenas os mellores foron Dodot Plus Activity (92%) e Dodot Axuste Flexible (92%).
Os mellores produtos foron o cueiro Dodot Plus activity e o bragacueiro Dodot Etapas Plus liberty, que chegaron ao “moi satisfactorio”. O bragacueiro Huggies de nena e os cueiros Huggies e Dodot Etapas Axuste Flexible quedaron en “satisfactorio”, mentres que o bragacueiro de neno Huggies non pasou do “correcto”.
Unha das queixas máis recorrentes nestes produtos é que as tiras adhesivas non pegan como deberían. Os adhesivos dos cueiros son tiras similares ao velcro que se poden axustar e soltar repetidas veces. Están compostos por dúas pequenas bandas nos laterais da parte posterior que se adhiren a unha banda ancha na fronte do cueiro. Os bragacueiros non as precisan porque a súa suxeición se logra cunha tira elástica, que as probas demostraron que en todos os casos non suxeitan abondo. Os dous cueiros de Dodot contan cos adhesivos máis pequenos mentres que os de Huggies son os máis grandes. Ademais, os adhesivos de Huggies son os máis resistentes (en especial aos movementos de gateo e pasos) e os máis doados de pegar e despegar.
Para medir a eficacia do adhesivo probouse a forza que era necesaria para pegalo e despegalo tirando dende 90º, é dicir, tal e como faría un pai ou unha nai para colocalo. O valor debe ser medio, xa que un adhesivo moi forte é incómodo de quitar e un moi débil non suxeitará de xeito axeitado. O máis doado de pegar é o cueiro de Huggies (0,22 decanewton -daN-). En canto aos máis sinxelos de despegar, o único que consegue o aprobado é o cueiro de Huggies. O resto supera os 0,3 daN, valor máximo recomendado. Dodot Axuste Flexible (0,55 daN) é o cueiro máis difícil de despegar.
Tamén se mediu se as tiras adhesivas perdían eficacia tras pegar e despegar en varias ocasións. Huggies ata foi mellor tras o primeiro e segundo uso, é dicir, non perdeu capacidade adherente por ser pegado e despegado. Os dous de Dodot foron algo peores tras o primeiro uso, pero tamén aprobaron. A proba de forza a 180º mide o comportamento dos adhesivos ante os movementos dun bebé. Os adhesivos máis resistentes foron os de Huggies (4,5 daN) e os que se despegaban máis facilmente os de Dodot Plus Activity (3,2 daN).
Huggies tamén foi o máis débil, xa que as súas fitas adhesivas foron as que se arrancaron con máis facilidade. Os bragacueiros non levan adhesivos. Neles mediuse a forza necesaria para romper a soldadura dos laterais. A máis resistente foi a de Huggies neno (5,6 daN) mentres que a de Dodot Plus Liberty resultou a máis feble (2,1 daN).
En síntese
En síntese
- Analizáronse no laboratorio tres mostras de cueiros e tres de bragacueiros para nenos e nenas nas últimas etapas de uso destes produtos. Custan dende os 0,22 euros por unidade dos cueiros Huggies ata os 0,37 euros dos bragacueiros de Dodot. Os bragacueiros son, de media, un 30% máis caros e están indicados para a época na que nenos e nenas aprenden a ir ao servizo porque se poden baixar como unha braga.
- Os bragacueiros son mellores protexendo a pel dos bebés (a súa humidade ao contacto é menor), pero absorben menos líquido ca os cueiros desbotables convencionais malia contaren con máis material absorbente. Non se atoparon diferenzas significativas por sexo, é dicir, os cueiros e bragacueiros unisex non son mellores para un sexo ca para outro.
- Dentro de cada tipo (cueiros e bragacueiros) non hai diferenzas na anchura da entreperna (que podería entorpecer os primeiros pasos) e apenas as hai no seu tamaño e peso.
- Os seis superaron as probas de calidade ás que foron sometidos, pero con diferenzas: a cintura do bragacueiro Dodot é máis elástica e as soldaduras do bragacueiro de Huggies neno son as máis resistentes. No tocante aos adhesivos dos cueiros, os mellores foron os de Huggies, xa que son os máis resistentes e os máis doados de poñer e quitar. bragacueiro de Dodot e o cueiro Dodot Etapas Plus Activity son os únicos que alcanzan o “moi satisfactorio” en calidade global. Séguenos Dodot Etapas Axuste Flexible, o cueiro de Huggies e o bragacueiro de Huggies nena, cun “satisfactorio”.
- O bragacueiro de neno Huggies non pasa do “correcto”.
- A mellor relación calidade-prezo son os cueiros de Huggies, os máis baratos e cunha calidade global satisfactoria, aínda que os Dodot Activity, máis caros, son de mellor calidade. Entre os bragacueiros, Dodot Etapas Plus Liberty é a mellor elección pola súa moi boa calidade e o seu prezo similar aos de Huggies.
CUEIRO | CUEIRO | CUEIRO | |
---|---|---|---|
Marca | Huggies | Dodot | DODOT |
Modelo | Super-seco | Etapas Axuste flexible | Etapas Plus Activity |
Talle | 13-20 kg | Talle 5 13-18 kg | Talle 5 13-18 kg |
Prezo (euros/cueiro) | 0,22 | 0,24 | 0,30 |
Características | |||
Número de cueiroes | 68 | 88 | 58 |
Peso por cueiro (g) | 41,1 | 36,8 | 41,2 |
Espesor medio (mm) | 9,6 | 8,8 | 8,9 |
Dimensiones exteriores (Lonxitude x Anchura en cm) | 51,8 x 23,2 | 51,3 x 23,7 | 51,7 x 23,1 |
Dimensiones do coxín (Lonxitude x Anchura en mm) | 40,5 x 9,5 | 43,5 x 11,4 | 44,7 x 11,2 |
Entreperna (cm) | 23,2 | 23,6 | 22,6 |
Adhesivos (Lonxitude x anchura en cm) | 5,4 x 3,8 | 4,6 x 3,1 | 4,8 x 3,1 |
Peso de Superabsorbente en po seco(g) | 11,5 | 10,7 | 12,8 |
Adhesividade | |||
Forza de pegadura/despegadura do adhesivo (daN) (1) | 0,22 | 0,38 | 0,33 |
Dificultad de despegado (daN) (2) | 0,15 | 0,55 | 0,41 |
Forza de pegadura/despegadura tras un uso (daN) | 0,28 | 0,32 | 0,24 |
Forza de pegadura/despegadura tras dous usos (daN) | 0,31 | 0,33 | 0,24 |
Resistencia do adhesivo (daN) (3) | 4,5 | 3,7 | 3,2 |
Arrancamiento do complejo (daN) (4) | 4,4 | 5 | 5,8 |
Capacidad de absorción | |||
Capacidade de absorción neno día (ml) | 370 | 358 | 518 |
Protección ao contacto (%) (5) | 62 | 73 | 41 |
Capacidad absorción nena día (ml) | 424 | 394 | 428 |
Protección ao contacto (%) (5) | 39 | 52 | 50 |
Capacidad de absorción nene noite (ml) | 338 | 343 | 386 |
Protección ao contacto (%) (5) | 77 | 78 | 82 |
Capacidad de absorción nena noite (ml) | 296 | 277 | 304 |
Protección ao contacto (%) (5) | 78 | 92 | 92 |
Capacidad de absorción media (ml) | 357 | 343 | 409 |
Protección ao contacto media (%) | 64 | 74 | 66 |
Vaooración global | Satisfactorio | Satisfactorio | Muy satisfactorio |
(1) Forza de pegadura/despegadura. Forza necesaria para pegar/despegar o adhesivo aplicando unha tracción de 90º.
(2) Dificultad de despegado: É a medición dun valor de forza que suxire a dificultade da nai/o pai para despegar o adhesivo.
(3) Mantenimiento do adhesivo: Forza necesaria para que o adhesivo se solte por movemento do bebé. Avalíase aplicando unha cizalladura a 180º.
(4) Arrincamento do complexo: Forza necesaria para arrancar o conxunto de adhesivo máis banda de reforzo.
(5) Protección ao contacto: A protección fronte á humidade refírese á medida cando cada cueiro consegue o máximo de absorción. O cueiro debe dar mantido a humidade arredada da pel do bebé. Considéranse aceptables valores por riba do 80%.
BRAGACUEIRO | BRAGACUEIRO | BRAGACUEIRO | |
---|---|---|---|
Marca | dodot | HUGGIES | HUGGIES |
Modelo | Etapas Plus Liberty | Pull ups nena | Pull ups niño |
Talle | Talle 5 12-18 kg | 14-18 kg L | 14-18 kg L |
Prezo (euros/cueiro) | 0,37 | 0,36 | 0,36 |
Características | |||
Número de cueiroes | 52 | 52 | 52 |
Peso por cueiro (g) | 45 | 38,2 | 39 |
Espesor medio (mm) | 10,5 | 8,1 | 8,1 |
Dimensiones exteriores ( Lonxitude x Anchura en cm) | 47,8 x 18,3 | 49,7 x 21 | 50,2 x 21 |
Anchura do bragacueiro estirado (cm) | 40,4 | 41 | 41,8 |
Dimensiones do coxín (Lonxitude x Anchura en cm) | 42,5 x 8,9 | 38,5 x 11,3 | 39,5 x 11,4 |
Entreperna (cm) | 16,7 | 16,7 | 16,5 |
Peso de Superabsorbente en po seco(g) | 14,1 | 12,3 | 15,4 |
Resistencia y elasticidad | |||
Capacidad elástica de la cintura 50 cm (13 kg) (daN) | 0,18 | 0,13 | 0,11 |
Capacidad elástica de la cintura 55 cm (20 kg) (daN) | 0,44 | 0,44 | 0,39 |
Resistencia máxima da soldadura (daN) | 2,10 | 4,78 | 5,59 |
Capacidad de absorción | |||
Capacidade de absorción neno día (ml) | 340 | – | 303 |
Protección ao contacto (%) (4) | 93 | – | 78 |
Capacidad absorción nena día (ml) | 405 | 289 | – |
Protección ao contacto (%) (4) | 79 | 98 | – |
Capacidad de absorción nene noite (ml) | 382 | – | 290 |
Protección ao contacto (%) (4) | 97 | – | 93 |
Protección de absorción nena noite (ml) | 279 | 267 | – |
Protección ao contacto (%) (4) | 87 | 87 | – |
Capacidad de absorción media (ml) | 352 | 278 | 297 |
Protección ao contacto media (%) | 89 | 93 | 86 |
Vaooración global | Muy satisfactorio | Satisfactorio | Correcto |
Protección ao contacto: A protección fronte á humidade refírese á medida cando cada cueiro consegue o máximo de absorción. O cueiro debe dar mantido a humidade arredada da pel do bebé. Considéranse aceptables valores por riba do 80%.
Un a un
3 CUEIROS E 3 BRAGACUEIROS, UN A UN
Huggies Super seco
- 22 céntimos de euro por unidade, o máis barato.
- Valoración global: Satisfactorio.
- A mellor relación calidade-prezo entre os cueiros. 68 cueiros por envase. O máis doado de pegar e despegar. A diferenza do resto, ata é máis difícil de pegar e despegar ca a primeira vez que se pegan. O adhesivo máis resistente. A protección ao contacto menor.
Dodot Etapas Axuste Flexible
- 24 céntimos de euro por unidade.
- Valoración global: Satisfactorio.
- O que máis cueiros ofrece por envase (88 unidades). O cueiro máis livián (36,8 gramos) e con menos substancia absorbente. O cueiro de menor absorción (343 mililitros). A mellor protección ao contacto (74%) entre os cueiros.
Dodot Etapas Plus Activity
- 30 céntimos de euro por unidade, o cueiro máis caro.
- Valoración global: Moi satisfactorio.
- O menor número de cueiros por envase (58 unidades). O cueiro con máis substancia absorbente e no que máis forza foi necesaria para arrancar o adhesivo e o seu soporte. O de maior absorción media (409 mililitros).
Dodot Etapas Plus Liberty Bragacueiro
- 37 céntimos de euro por unidade.
- Valoración global: Moi satisfactorio.
- A mellor relación calidade-prezo entre os bragacueiros. 52 bragacueiros por envase. As soldaduras máis febles fronte á tensión, pero a cintura máis elástica. Co maior espesor medio (10,5 milímetros). O bragacueiro de maior absorción media (352 mililitros).
Huggies Pull Ups Nena
- Bragacueiro. 36 céntimos de euro por unidade.
- Valoración global: Satisfactorio.
- 52 bragacueiros por envase. O bragacueiro con menos substancia absorbente. O de menor absorción media (278 mililitros). A mellor protección ao contacto. Inclúe un debuxo que desaparece cando se molla.
Huggies Pull Ups Neno
- Bragacueiro. 36 céntimos de euro por unidade.
- Valoración global: Correcto.
- 52 bragacueiros por envase. A menor protección ao contacto entre os bragacueiros. Inclúe un debuxo que indica cando se mollou. As soldaduras máis robustas fronte á tensión. O bragacueiro máis pesado (45 gramos) e o que contén máis substancia absorbente.