O xogo máis seguro, gana!
Os meses que, no mellor dos casos, permanece un xoguete ‘vivo’ no cuarto dos máis pequenos pouco teñen que ver co seu proceso de fabricación e control en materia de seguridade. O proceso creativo, unha vez validado polo equipo do que forman parte deseñadores, psicólogos e pediatras, culmina coa construción dun prototipo. O modelo sométese a unha rigorosa serie de análise de materiais, ensaios, probas e sesións experimentais. Deste xeito, lógrase a calidade necesaria para saír ao mercado e cumprir cunha normativa legal moi esixente.
A Asociación de Investigación da Industria do Xoguete (Aiju) é unha entidade privada de servizos, sen ánimo de lucro, recoñecida como organismo notificador na Unión Europea sobre a seguridade dos xoguetes. Nos seus laboratorios, os xoguetes sométense a análise co fin de cumprir uns estándares de calidade que aseguren un uso e diversión sen risco.
Os peluches e bonecos recheos e cosidos sométense antes de chegaren aos estantes das tendas a ‘ensaios de tolerancia de tracción das costuras’.
Garántese a súa hixiene en roturas e resistencia ao baleirado nun uso normal.
Os bordos e as puntas mídense para evitar os vértices perigosos que os nenos poden tragar e que poden actuar como fíos cortantes.
Os ensaios de inflamabilidade determinan a velocidade de propagación dunha lapa.
Aplícase unha pequena fonte de ignición para comprobar o poder de combustión.
Os diversos materiais cos que está fabricado o xoguete sométense a un tratamento de dixestión, que representa o comportamento do organismo do neno cando os chupa ou inxire. Na probeta de ensaio simúlase a reacción gástrica a 37 graos (temperatura corporal) co fin de determinar a migración de metais pesados. Asegúrase a non toxicidade total do produto e de cada parte, de estas seren independentes.
Está estipulado que a 40 decibelios a sensación de son é de tranquilidade. Pola contra, a exposición prolongada a sons que superan os 85 decibelios comeza a causar unha perda de agudeza auditiva. Para coñecer a cadencia real dos xoguetes, sométense a ensaios acústicos nunha cámara semianecoica para comprobar que a intensidade dos sons que producen compatibilizan o ‘límite de confortabilidade’ (nivel de vibración) e o de son (nivel de ruído).
Valéndose dun simulador do dedo dun neno, analízanse as partes do xoguete de xeito autónomo para comprobar que non serven de acceso a espazos perigosos e que non poden funcionar de cepos.
Cando se avalían a rixidez condutora e a determinación de resistencia do illamento eléctrico dos xoguetes analízanse as fases de seguridade que deben superar os xoguetes alimentados por unha tensión inferior a 24 voltios. Nestas probas analízase se un xoguete eléctrico en funcionamento se quenta. Tamén se comproba a correcta colocación das pilas, que evita curtocircuítos, e a súa incapacidade dieléctrica (que non sirva como condutor de electricidade).
Máis información sobre a seguridade de xoguetes:
http://www.jugueteseguro.coop/web/cas/