Cafés de alta gama

Hainos económicos e de gran calidade

O envase de 250 gramos custa desde 300 ata 1.000 pesetas o quilo, e as trece mostras analizadas cumprían o que establece a norma
1 Xaneiro de 2002

Hainos económicos e de gran calidade

Analizáronse 13 mostras de café de alta gama, distintas en orixe e modo de elaboración. Dez son Arábicas lavados ou Suaves, correspondentes a calidades baseadas nunha única orixe (no noso caso, Colombia, Kenya e Costa Rica) e outras blend elaborados con arábicas lavados. Outros dous son Arábicas non lavados ou Naturais, de Brasil; e o último, un Robusta de Uganda. As marcas destes cafés son Bonka, Baqué, Saimaza, Fortaleza e “O Gourmet”.

O café carece de valor nutricional e consúmese pola súa capacidade estimulante e os seus peculiares sabor e aroma. Pode tomarse tamén como bebida refrescante. Hai dúas grandes variedades, Coffea Arabica e Coffea Robusta, que difiren nos seus modos de producción, composición e calidade organoléptica, que é o que percibe o consumidor. Os Arábica son máis apreciados polo seu exquisito aroma e sabor, mentres que os Robusta son máis resistentes e, na súa xusta proporción, confírenlle boas propiedades ó blend ou mestura final.

O proceso de elaboración do café pasa pola recollida manual do froito, a extracción da polpa, e o beneficiado húmido ou seco, ata a obtención do café verde, materia prima que se selecciona e merca en función da súa calidade, e se mestura en proporcións concretas para, unha vez torrado e moído, constituí-lo blend único e característico de cada marca de café.

Hai enormes variacións de prezo entre marcas e tipos. Os máis económicos son, no envase estándar de 250 gramos, Bonka Puro Colombia (1,76 euros – 293 pesetas) e Saimaza Colombia, Brasil e Uganda (1,87 euros – 311 pesetas). Fortaleza comercializa as súas diversas orixes (Puro Colombia, Puro Kenya, Puro Arábica, e Puro Costa Rica) a unhas 400 pesetas. En Baqué, o 100% Colombia custa 2,49 euros (415 pesetas), e a súa Colección Orixes sae a máis de 3,91 euros (650 pesetas). “O Gourmet” é o máis caro: os Kenya e Brasil custan 5,14 euros, e o Costa Rica 6 euros.

A lexislación aplicable ó café moído establece límites para a humidade, cinzas, sólidos solubles do extracto acuoso e contido en cafeína. Tódalas mostras foron correctas nestes parámetros, e na maioría a cor corresponde a un grao de tostado medio. No moído, nas catro referencias de Fortaleza e en Saimaza Uganda foi máis fino có habitual no noso mercado, mentres que en Gourmet foi máis groso.

A etiquetaxe dalgúns destes cafés revelouse mellorable (e ata incorrecta) en varias mostras. Deixando á marxe gustos persoais e considerando a calidade organoléptica (sabor, cor, aroma) determinada nunha cata de 3 especialistas, como factor determinante para a aceptabilidade do café, a mellor relación calidade-prezo correspóndelle a Bonka Puro Colombia (1,76 euros e 8,5 puntos de media na cata) e Baqué 100% Colombia (2,49 euros e 9 puntos). Saimaza Colombia (1,87 euros e case 8 puntos) é outra opción interesante, se ben o mellor é Baqué Colección Orixes (3,96 euros), con 9,5 puntos. No tocante ás marcas, Fortaleza ofrece unha ampla gama a un prezo competitivo.

Cousas sobre o café

A materia prima consiste normalmente en varias calidades de café verde, que mesturadas constitúen o blend ou mestura, co sabor, aroma e corpo de cada marca. Pero hai cafés “monocalidade”, a base dun só café, coma na maioría dos aquí analizados.

O grao de tostado é a clave no aroma e sabor do café: máis intensos dan lugar a bebidas con máis corpo e cor, mentres que tostados máis lixeiros proporcionan maior acidez. Os tostados máis claros fanse cos grans de maior calidade, pois expoñen mellor o sabor real do gran. Un tostado forte pode enmascara-las características organolépticas menos positivas do café. O tostado cambia a composición química dos grans (a auga disípase e prodúcese a caramelización dos azucres do café), e o seu aspecto físico: o gran aumenta de tamaño e a súa cor cambia de verde a castaña. Xa torradas, os grans móense a un tamaño distinto segundo o uso final que se lles queira dar. Como as propiedades aromáticas do café moído son moi sensibles ó osíxeno, o envasado débese facer ó baleiro ou en atmosfera inerte.

En laboratorio…

A lexislación esixe, para o café moído de tostado natural, un mínimo de cafeína (0,7% sobre substancia seca), e regula tamén a humidade (máximo, 5%), as cinzas totais (máximo, 6% sobre substancia seca), e os sólidos solubles do extracto acuoso (entre o 20% e o 30%). Tódalas mostras cumpren estas esixencias.

O termo medio de humidade, importante para a estabilidade do café moído, situouse preto do 3%. A proporción media de cafeína foi do 1,17%, superior en Saimaza Uganda (2,3%) como corresponde a un café Robusta. Na proporción de sólidos solubles (en infusión ó 10% café-auga), destacou Saimaza Uganda cun 28,7%, cando o termo medio foi do 25,3%.

As cinzas supoñen unha media do 4,54%. En Saimaza Uganda é tamén superior (5,12%) pero inferior ó máximo aceptado, o 6%. No pH ou acidez do café, a media é de 4,97 e similar pero en Saimaza Uganda alcanza o 5,24. Esta acidez non é trasladable á percibida na cata, xa que nesta inflúen outros factores.

As propiedades aromáticas do café moído son moi sensibles ó efecto do osíxeno, polo que se envasa ó baleiro ou en envases cunha válvula unidireccional que permite a saída de gases pero non a súa entrada. A maioría dos envases presentaron unha proporción de osíxeno residual inferior ó 0,3%, se ben Fortaleza Costa Rica, Gourmet Kenya e Costa Rica tiñan niveis entre 0,7% e 1%. Son valores correctos, aínda que algo altos nestes tres últimos cafés.

Xa no tocante á cor do café, os máis escuros son Saimaza Uganda, Gourmet Costa Rica, Fortaleza Puro Colombia, Fortaleza Puro Kenya e Gourmet Brasil, que sufriron un tostado intenso ou moi intenso. Pola súa banda, Fortaleza 100% Arábica, Baqué Orixes, Gourmet Kenya e Bonka Puro Colombia son os máis claros, cun tostado desde medio-lixeiro ata lixeiro. No resto, coa excepción de Saimaza Brasil e Fortaleza Costa Rica -que sufriron un tostado un pouco máis intenso-, o tostado foi medio.

A cata, clave no café.

O tipo de café, blend (mestura) ou monocalidade, estímase (cunha marxe de erro) mediante unha cata de expertos que coñecen o aroma, corpo e sabor de cada tipo e variedade de café. En tódalas mostras, a orixe determinada na cata coincidiu coa declarada nas súas etiquetas.

A cata é o criterio fundamental de calidade. A avaliación do aroma realízase en seco e en húmido. Para a determinación do sabor prepárase unha infusión de café e auga desmineralizada ó 5%. E para comproba-la evolución do café co paso do tempo, realizouse unha segunda cata dúas semanas despois de abri-lo envase.

A cata realizouse dividindo as mostras en tres grupos, segundo o seu proceso de elaboración. Avaliáronse os arábicas lavados ou Suaves (Colombia, Kenya, Costa Rica, e as mesturas 100% arábica), os arábicas non lavados ou Naturais (Brasil) e, para rematar, os Robusta (Uganda). Os primeiros son valorados pola súa riqueza aromática, acidez e suavidade. Os non lavados, polo seu corpo e equilibrio, e os Robustas pola súa forza e intensidade. En condicións normais, a cotización en bolsa dos cafés Suaves é superior á dos Naturais e a destes maior cá dos Robustas. Á marxe destas propiedades xerais, cada orixe presenta características específicas.

Os mellores na cata foron Baqué Orixes (10 en aroma e 9 en bebida), Baqué Colombia (10 en aroma e 8 en bebida) e Bonka Colombia (8 en aroma e 9 en bebida), todos eles de moi boa calidade. Nalgúns atopáronse leves defectos: en Fortaleza Puro Colombia e Puro Arábica, nos tres de Gourmet, e en Saimaza Brasil detectáronse leves notas de oxidación. En Fortaleza Puro Colombia e Gourmet Costa Rica aparecen notas correspondentes a un tostado intenso, moi pronunciadas no caso de Gourmet Brasil. E Saimaza Uganda presentou un perfil organoléptico moi diferente ó dos demais, como corresponde a un 100% Robusta.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse trece cafés moídos de alta gama en envase de 250 gramos. Dez son Arábicas lavados ou Suaves, correspondentes a monocalidades baseadas nunha orixe: Colombia, Kenya e Costa Rica, xunto con outros blend (mestura) a partir de arábicas lavados. Outros dous son arábicas non lavados ou Naturais, ámbolos dous do Brasil; e un, Robusta de Uganda.
  • Todos cumpren a norma en humidade, cinzas, sólidos solubles do extracto acuoso e cafeína. Na maioría, a cor é dun tostado medio.
  • Algunhas mostras teñen un moído non habitual no mercado español, por máis fino ou máis groso.
  • Na cata de expertos, os mellores (con 8 ou máis puntos de media entre aroma e sabor) foron, nesta orde, Baqué Colección Orixes (3,96 euros, 659 pesetas), Baqué Colombia e Bonka Colombia.
  • A mellor relación calidade-prezo son Bonka Colombia (1,76 euros – 293 pta) e Baqué Colombia (moi bo, a 2,49 euros – 415 pta). Saimaza Colombia (1,87 euros – 311 pta) é outra boa opción.
  • Os tres cafés máis caros (do Gourmet), e o único tipo Robusta (Saimaza Uganda), obtiveron puntuacións mediocres na cata.
MARCA BONKA CAFÉ BAQUÉ SAIMAZA FORTALEZA
Denominación/ Orixe PURO COLOMBIA A Colección 100% COLOMBIA Colección Orixes COLOMBIA Grandes Orixes PURO COLOMBIA
Etiquetaxe Correcta Correcta Correcta Incorrecta
Prezo (pta/ envase 250 gr) 293 415 311 402
Peso neto (gr) 252.0 249.0 250.4 248.8
Osíxeno residual (%) 0.1 0.0-0.1 0.0-0.1 0.1
Cor1 60.2 57.2 58.6 50.4
Densidade (gr/cm3) 0.395 0.431 0.452 0.395
Humidade2(%) 3.66 2.27 4.61 2.53
Cafeína s.s.s. 3(%) 1.15 1.20 1.14 1.21
s.s. extracto acuoso 4(%) 25.16 24.72 24.74 25.88
Cinzas 5(%) 4.27 4.41 4.09 4.56
pH
4.62 4.87 4.75 4.97
Granulometría (% acumulados)
Menor que 0.250 mm 23.9 31.1 23.6 28.1
Menor que 0.500 mm 69.5 60.6 65.5 89.2
Menor que 0.800 mm 98.5 98.9 96.9 98.8
Mayor que 0.800 mm 1.5 1.1 3.1 1.2
Estimación do tipo ou blend 6 Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado
Valoración organoléptica
Aroma 8.0 10.0 7.5 6.75
Bebida 9.0 8.0 8.0 6.0
MARCA CAFÉ BAQUÉ FORTALEZA FORTALEZA “O” GOURMET
Denominación/ Orixe A colección ORIXES Grandes Orixes PURO AR¡BICA Grandes Orixes PURO KENYA KENYA “AA” WASHED
Etiquetado Correcta Incorrecta Incorrecta Incorrecta
Prezo (pta/ envase 250 gr) 659 402 402 855
Peso neto (gr) 249.2 251.5 248.2 249.6
Osíxeno residual (%) 0.0-0.1 0.0-0.1 0.0-0.1 0.8
Cor1 62.5 65.9 51.9 61.7
Densidade (gr/cm3) 0.436 0.403 0.395 0.395
Humidade2(%) 2.39 2.67 0.395 2.41
Cafeína s.s.s. 3(%) 1.36 1.24 1.32 1.15
s.s. extracto acuoso 4(%) 26.21 24.66 26.27 23.16
Cinzas 5(%) 4.27 4.66 4.63 4.65
pH
4.85 4.92 4.88 5.05
Granulometría (% acumulados)
Menor que 0.250 mm 28.5 30.2 28.6 15.3
Menor que 0.500 mm 59.3 86.9 90.7 26.5
Menor que 0.800 mm 98.5 98.9 99.2 94.4
Maior que 0.800 mm 1.5 1.1 0.8 5.6
Estimación do tipo ou blend 6 Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado
Valoración organoléptica
Aroma 10.0 7.25 7.25 6.5
Bebida 9.0 6.5 7.0 4.75
MARCA FORTALEZA “O” GOURMET SAIMAZA “O” GOURMET SAIMAZA
Denominación/ Orixe Grandes Orixes PURO COSTA RICA COSTA RICA “Caracoliño” Colección Orixes BRASIL BRASIL Colección Orixes UGANDA
Etiquetaxe Incorrecta Incorrecta Correcta Incorrecta Correcta
Prezo (pts/envase 250 gr) 402 999 311 855 311
Peso neto (gr) 245.9 249.3 250.3 249.8 249.8
Osíxeno residual (%) 0.7 1.0 0.2-0.2 0.1-0.2 0.0-0.1
Cor1 55.5 48.4 55.8 51.3 46.7
Densidade (gr/cm3) 0.391 0.379 0.417 0.417 0.408
Humidade2 (%) 2.25 3.00 4.58 1.92 4.76
Cafeína s.s.s. 3 (%) 1.31 1.26 1.28 1.61 2.31
s.s. extracto acuoso 4(%) 25.69 24.55 24.13 24.86 28.66
Cinzas 5 (%) 4.49 4.47 4.90 4.59 5.12
pH
5.01 5.14 5.08 5.18 5.24
Granulometría (% acumulados)
Menor que 0.250 mm 27.0 18.1 25.0 21.0 29.9
Menor que 0.500 mm 87.6 34.6 66.7 38.0 82.3
Menor que 0.800 mm 99.6 96.4 97.2 89.2 98.7
Maior que 0.800 mm 0.4 3.6 2.8 10.8 1.3
EstimaciÛn del tipo o blend 6 Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado Corres- póndese co declarado CorrespÛndese co declarado
Valoración organoléptica (1/10)
Aroma 6.0 4.0 6.5 6.0 5.0
Bebida 5.0 3.75 6.5 4.75 5.0

1. Cor: a lectura é inversamente proporcional á intensidade da cor e ó grao de tostado. Valores máis altos indican menor intensidade de cor e, polo tanto, menor grao de tostado. 2 Humidade: máximo 5%.

2.Humidade: m·ximo 5%.

3.CafeÌna s. s.: cafeína sobre substancia seca. Mínimo 0.7%.

4.s.s. extracto acuoso: substancia seca do extracto acuoso. Límites legais: entre 20 e 30%.

5.Cinzas: máximo 6% sobre substancia seca.

6.Blend mestura ou composición, estimada mediante cata.

Un a un

Un a un

Bonka (Orixe Colombia)

  • Puro Colombia
  • 1,76 euros (293 pta). O máis económico e unha das dúas mellores relación calidade-prezo. Baixo contido en cafeína (1,15%).
  • Estimación de tipo ou blend: 100% Colombia Excelso P.E. (Preparación Europea) colleita actual.
  • Características organolépticas: Aroma: 8 puntos, tostado medio-lixeiro, agradable, estimulante, acidulado, compensado. Bebida: 9 puntos, acidez media, corpo medio, gusto residual limpo, leve acidez, leve amargor, compensada.

Café Baqué (Orixe Colombia)

  • A Colección 100% Colombia
  • 2,49 euros (415 pta). O mellor entre os Colombia, pero o máis caro. Unha das dúas mellores relación calidade-prezo.
  • Estimación de tipo ou blend: 100% Colombia Excelso P.E. (Preparación europea) colleita actual.
  • Características organolépticas: Aroma: 10 puntos, tostado medio, moi agradable, estimulante, acidulado, equilibrado. Bebida: 8 puntos, acidez media-baixa, corpo lixeiro, escaso desenvolvemento na boca, gusto residual limpo, acuoso, con matiz celulosa. Trala apertura, lenta diminución da calidade organoléptica.

Saimaza (Orixe Colombia)

  • Colección Orixes Colombia
  • 1,87 euros (311 pta). Unha interesante opción. Estimación de tipo ou blend: 100% Colombia Excelso P.E. colleita actual. A maior densidade (0,542 gr/cm3), pero baixo contido en cafeína (1,14%) e cinzas.
  • Características organolépticas: Aroma: 7,5 puntos, tostado medio, agradable, acidulado. Bebida: 8 puntos, acidez media-alta, descompensada de perfil cítrico, corpo medio-lixeiro, gusto residual limpo, acidez. Trala apertura, diminución da calidade organoléptica a velocidade media-alta.

Fortaleza (Orixe Colombia)

  • Grandes Orixes Puro Colombia
  • 2,42 euros (402 pta).
  • Etiquetaxe incorrecta. Cor escura, tostado intenso. Moído máis fino có habitual. Estimación de blend: 100% Colombia Excelso P.E. colleita actual.
  • Características organolépticas: Aroma: 6,75 puntos, leves notas de oxidación e tostado intenso, correcto. Bebida: 6 puntos, acidez baixa-escasa, corpo medio, gusto residual limpo, moderado amargor e aspereza, leve oxidación, perfil plano. Trala apertura, diminución da calidade organoléptica a velocidade media-alta.

Café Baqué (Orixe 100% Arábica)

  • Colección Orixes
  • 3,96 euros (659 pta). Caro, pero o mellor na cata con 9,5 puntos. Estimación do tipo ou blend: 30% Costa Rica SHB, 30% Guatemala SHB, 40% Xava Arábica.
  • Características organolépticas: Aroma: 10 puntos, tostado medio-lixeiro, moi agradable, estimulante, acidulado, equilibrado. Bebida: 9 puntos, acidez media, corpo medio, gusto residual limpo, leve acidez e leve amargor, moi compensado. Trala apertura, evolución moi boa: moi alta preservación do producto.

Fortaleza (Orixe 100% Arábica)

  • Grandes Orixes Puro Arábica
  • 2,42 euros (402 pta).
  • Etiquetaxe incorrecta. Cor clara, tostado de medio-lixeiro a lixeiro. Estimación do blend: 30% Kenya Arábica Lavado AA, 30% Costa Rica SHB e 40% Colombia Excelso P.E. colleita actual.
  • Características organolépticas: Aroma: 7,25 puntos, tostado lixeiro, agradable, acidulado, con notas de oxidación. Bebida: 6,5 puntos. Acidez media, corpo medio, gusto residual limpo, leve acidez, leve amargor e aspereza. Trala apertura, diminución da calidade organoléptica a velocidade media-alta.

Fortaleza (Orixe Kenya)

  • Grandes Orixes Puro Kenya
  • 2,42 euros (402 pta).
  • Etiquetaxe incorrecta. Cor escura, tostado intenso. Grao de moído máis fino do habitual. Estimación de tipo ou blend: 100% Arábica Kenya Lavado AA.
  • Características organolépticas: Aroma: 7,75 puntos, tostado intenso, agradable, acidulado. Bebida: 7 puntos, acidez media-alta, descompensada de perfil corpo medio-lixeiro, gusto residual limpo, acidez, astrinxencia (inmaturo), falta de suavidade. Trala apertura, diminución de calidade organoléptica a velocidade media-alta.

Fortaleza (Orixe Costa Rica)

  • Grandes Orixes Puro Costa Rica
  • 2,42 euros (402 pta).
  • Etiquetaxe incorrecta. Moído máis fino do habitual. Estimación do tipo ou blend: 100% Costa Rica SHB. Características organolépticas: Aroma: 6 puntos, no aroma é evidente o matiz celulosa, correcto-baixo. Bebida: 5 puntos, acidez media-baixa, corpo lixeiro, gusto residual, moderada aspereza, leve acidez e sabor celulosa. Trala apertura, evolución normal-baixa.

Saimaza (Orixe Brasil)

  • Colección Orixes Brasil
  • 1,87 euros (311 pta).
  • Estimación de tipo ou blend: 100% Brasil Duro Limpo. Características organolépticas: Aroma 6,5 puntos, tostado medio-intenso, notas de oxidación. Bebida: 6,5 puntos, sen case acidez, corpo medio-alto, gusto residual limpo, leve aspereza, leve amargor e oxidación. Trala apertura, evolución normal-baixa.

Saimaza (Orixe Uganda)

  • Colección Orixes Uganda
  • 1,87 euros (311 pta).
  • Diferente ó resto, é o único café Robusta analizado. Tostado moi intenso e máximas humidade, cafeína (2,31%), substancia seca en extracto acuoso, cinzas e pH. Grao de moído máis fino do habitual. Estimación do tipo ou blend: 100% Robusta Uganda Estándar. Características organolépticas: Aroma: 5 puntos, propio dun Robusta con tostado moi intenso. Bebida: 5 puntos, correspondente a un Robusta medio, exento de acidez, corpo alto, gusto residual con acusado amargor, tostado intenso. Trala apertura, evolución normal-baixa.
  • Kenya “AA” Washed
  • 5,14 euros (855 pta), caro.
  • Etiquetaxe incorrecta. Baixo contido en cafeína (1,15%) e substancia seca, aínda que correctos. Moído algo máis groso do habitual. Estimación do tipo ou blend: 100% Kenya Arábica Lavado A.A. Características organolépticas: Aroma: 6,5 puntos, notas de oxidación. Bebida: 4,75 puntos, acidez media, corpo medio-lixeiro, gusto residual a oxidación, leve aspereza e moderada acidez. Trala apertura, diminución da calidade organoléptica a velocidade alta.
  • Costa Rica “Caracoliño”
  • 6 euros (999 pta), o máis caro. Etiquetaxe incorrecta. Contido en osíxeno residual algo elevado. Cor escura, tostado moi intenso. Moído algo máis groso do habitual.
  • Estimación do tipo ou blend: 100% Costa Rica SHB. Características organolépticas: Aroma: 4 puntos, evidentes notas de oxidación e tostado intenso. Bebida: 3,75 puntos, con acidez baixa, corpo lixeiro, signos evidentes de oxidación, gusto residual a oxidación, leve acidez. Trala apertura, evolución deficiente.
  • Brasil
  • 5,14 euros (855 pta). Un dos máis caros.
  • Etiquetaxe incorrecta. Cor escura: torrado intenso. O de menos humidade. Moído un pouco máis groso do habitual. Estimación do tipo ou blend: 100% Brasil Duro Limpo. Características organolépticas: Aroma: 6 puntos. Evidentes notas de oxidación e tostado intenso. Bebida: 4,75 puntos, exenta de acidez, corpo medio-alto, gusto residual acusado de amargor e matiz cinza (signos de tostado intenso), aspereza. Trala apertura, evolución deficiente.