Diferenzas considerables no sabor
Analizáronse sete cafeteiras exprés con prezos que van desde os 89 euros de Ariete Cremissimo e Ufesa Presto ata os 140 euros de Saeco Via Venetto.
A mellor relación calidade-prezo é Rowenta-Adagio ES170, por facer o mellor café e por ser a máis sinxela de usar, e a un prezo que a sitúa na media do das mostras estudadas. Unha das dúas máis baratas, Ariete Cremissimo, é unha boa opción: fai un café tan bo ou mellor có das máis caras e é a que menos enerxía consome.
As cafeteiras exprés conseguen a infusión facendo pasar auga moi quente polo café moído a gran presión durante un curto espazo de tempo. Deste xeito emulsiónanse substancias graxas que doutro xeito se perderían: a función destas graxas é darlle corpo ó café, preservar elementos aromáticos que fan que o sabor perdure na boca e formar na superficie do líquido unha fina capa de crema. É por iso que o café exprés se debe consumir así que se prepara.
As sete cafeteiras analizadas contan con depósito de auga extraíble para que sexa máis doado enchelas de auga e incorporan tamén vaporizador para quentar o leite (que tamén se pode empregar para ferver auga e facer té ou outras infusións). O caudal de vapor non é regulable en Krups Exprés Line e Rowenta Adagio ES170. Doutra banda, as sete dispoñen de pilotos para indicar que están a ser usadas e mais bandexa recollepingas. En Rowenta, esta bandexa non é extraíble, o que dificulta a súa limpeza.
Para poder gardalas
A diferenza de tamaños foi salientable: a cafeteira máis pequena é Delonghi (18,6×28,8×21,7 cm). Ariete (un 54% máis grande cá máis pequena), Saeco (57% máis), Rowenta (68% máis) e, sobre todo, Ufesa (87% máis) son considerablemente máis voluminosas. Un cable longo significa maior liberdade para colocar a cafeteira lonxe do enchufe. O de Krups é o de maior lonxitude, con 127 centímetros, seguido por Ufesa (123 cm) e Ariete (122 cm). O cable máis curto é o de Rowenta, con só 82 centímetros. Iso si, esta cafeteira, ó igual ca Krups e Saeco, ofrece un útil sistema enrolacables que facilita a súa almacenaxe. No tocante ó consumo eléctrico real destes pequenos electrodomésticos, a de gasto máis moderado é Ariete, con 931 W, mentres que as de máis consumo son Ufesa (1.120 W) e Rowenta (1.112 W).
Os depósitos de auga incorporan todos un indicador de nivel de auga para saber cando cómpre enchelos, non sendo Rowenta, que ten un depósito transparente pero non demasiado efectivo para saber canta auga hai porque o nivel non queda á vista. No tocante á súa capacidade, Rowenta é a que ten o depósito menor, con só 12 cuncas (de 43 cm3 cada unha), menos da metade cá mellor neste apartado, Saeco, con 26 cuncas. Pero o máis sorprendente é que os resultados desta proba non coinciden co indicado nas súas etiquetas: as tres cafeteiras que informan da súa capacidade anuncian volumes que non se corresponden coa realidade: Solac indica 23 cuncas, pero só chega a 20, e Ufesa anuncia 20 no canto das súas 18 reais, aínda que o caso máis inaceptable é o de Delonghi, que anuncia 30 cuncas e só ofrece 18. As outras catro cafeteiras non informan deste dato.
Elementos engadidos
No tocante ós accesorios, todas inclúen unha culler dosificadora, filtro para facer á vez unha ou dúas cuncas e un portafiltros de café moído cun adaptador que serve para facer café con crema. Krups e Saeco son as únicas cafeteiras sen pisón para esmagar o café no caciño, útil para que a infusión teña un sabor e aroma máis intenso. Rowenta tampouco inclúe pisón, pero non o precisa, xa que o propio aparello preme o café moído cando se introduce. Ademais, en Rowenta é máis sinxelo quitar as borras de café. Krups é capaz de manter as cuncas de café quentes.
Todas as cafeteiras poden facer dúas cuncas á vez, pero en Krups, Delonghi e Saeco a cantidade dispensada en cada cunca é distinta. En Delonghi chega a haber ata 16 milímetros de diferenza entre as dúas cuncas. No tocante ó tempo de errogación (o que transcorre desde que se preme o botón ata que o café completa a cunca) chega a variar ata un 100% na mesma cafeteira, como en Krups ou Delonghi. Solac e Rowenta son as máis rápidas e Rowenta é tamén a que ofrece unha temperatura da infusión máis elevada e uniforme.
Proba de uso
Seis usuarios habituais probaron cada unha destas cafeteiras para acadar unha idea da utilidade real destes pequenos electrodomésticos. As sete cafeteiras aproban cun “ben” e hai poucas diferenzas entre elas.
O manual de Arieta suspendeu por incómodo e pouco claro, todo o contrario có de Krups, que destacou pola súa utilidade e claridade e que mesmo ofrece un pequeno libro de receitas. Ariete tamén falla por ter un vaporizador incómodo. O mellor deseño (aínda que algo voluminoso) é para Ufesa, con 4,3 puntos sobre 5. Rowenta fallou en facilidade de mantemento e limpeza, pois é a única que non dispón de bandexa recollepingas extraíble, pero tamén é certo que é a única con mecanismo de exección de borras (o que facilita a súa expulsión). Solac e Ufesa (4,2 e 4 puntos sobre 5, respectivamente), son as mellor valoradas para quentar líquidos. En formación de escuma destaca Ariete.
Na valoración xeral dos equipos as diferenzas son mínimas, menos de dúas décimas entre o mellor e o peor: de 3,5 puntos sobre 5 posibles a 3,7 puntos.
A información ó consumidor é correcta, agás dúas das garantías. A de Solac ofrece só un ano, cando o mínimo legal son dous (o que non obsta para que o consumidor estea protexido por estes dous anos de garantía, diga o que diga o documento), e a de Ariete por estar escrita unicamente en italiano. No tocante á seguridade eléctrica, todas as cafeteiras superaron as numerosas e esixentes probas de laboratorio.
No sabor, inflúe a moenda?
Cada sistema para facer café ten a súa moenda: canto máis curto sexa o contacto entre o café e a auga, mái fino cumprirá moer o gran. Os grans exprés precisan unha moenda moi fina, as cafeteiras italianas unha moenda fina, as de filtro (melita ou goteo) unha grosa, e no café de pota ou feito na cafeteira de émbolo unha moenda moi grosa.
O café é un dos poucos produtos, xunto co aceite ou o viño, que se xulga profesionalmente mediante unha cata moi estandarizada, polo que para comprobar se o resultado final realmente varía ó cambiar de moenda catro expertos analizaron as calidades organolépticas de dúas cuncas por cada cafeteira: unha con moenda específica para cafeteiras exprés e outra con moenda estándar.
A principal conclusión é que paga a pena utilizar café cunha moenda específica para estas cafeteiras. No tocante ó resultado con cada cafeteira, a única que acada o “moi ben” é Rowenta (en moenda xenérica só “ben”), seguida por Solac (“ben” con ambas as moendas). Pola contra, os peores cafés (cun mediocre “correcto” con moenda especial, e cun suspenso con moenda estándar) son os feitos con Krups e Delonghi.
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse sete cafeteiras exprés que custan desde os 89 euros de Ufesa Presto e Ariete Cremissimo ata os 140 euros de Saeco Via Venetto. As cafeteiras exprés son as axeitadas para facer un café aromático, con corpo e con crema na súa superficie.
- As sete cafeteiras superaron as esixentes probas de seguridade, pero as garantías de Solac (pola súa duración) e Ariete (por estar en italiano) non eran correctas.
- Non hai grandes diferenzas técnicas: Ariete é a que menos consome, Delonghi a máis pequena e Ufesa a máis grande e a que máis consome. Tamén na proba de uso as diferenzas son mínimas, só varían dos 3,5 puntos sobre 5 de Krups ós 3,7 puntos de Solac.
- Na opinión dos expertos, o mellor café fano Rowenta (‘moi ben’ con moenda específica, ‘ben con xenérica’) e Solac (‘ben’ con ambas as dúas moendas), e o máis cativo Krups e Delonghi, onde o café realizado con moenda xenérica nin sequera chega ó aprobado. En todos os casos o café feito con moenda específica é mellor có feito con moenda xenérica.
- A mellor relación calidade-prezo é Rowenta, por facer o mellor café, ser a de uso máis sinxelo e na que as borras son máis doadas de quitar. Outra boa opción é Ariete, das máis baratas e cunha calidade de café máis ca aceptable.
Marca Modelo |
RO- WENTA ADAGIO ES170 |
ARIETE CREMI- SSIMO |
SOLAC PROFE- SSIONAL EXPRESO |
UFESA PRESTO |
SAECO VIA VENETO |
DELONGHI CAFFÉ TREVISO |
KRUPS EXPRESSO LINE |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prezo (euros) | 124,89 | 89,68 | 116,75 | 88,98 | 140,12 | 95,34 | 130,82 |
Información e protección ó consumidor | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto |
Garantía produto | Co- rrecto (segundo país) | Inco- rrecto (1 aNon) | Inco- rrecto (1 aNon) | Co- rrecto | Co- rrectos | Co- rrecto | Co- rrecto (segundo país) |
Seguridade | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto | Co- rrecto |
Características técnicas | |||||||
– Dimensións (cm) | 270×298 x243 | 263×291 x234 | 222×305 x184 | 220×320 x309 | 246×300 x248 | 186×288 x217 | 215×275 x259 |
– Consumo máximo (W | 1112 | 931 | 1002 | 1120 | 1004 | 1070 | 1098 |
– Lonxitude do cable (cm) | 82 | 122 | 98 | 123 | 120 | 115 | 127 |
– Enrolacables | Si | Nonn | Nonn | Nonn | Si | Nonn | Si |
– Capacidade depósito indicado (nº cuncas) | Nonn indica | Nonn indica | 23 | 20 | Nonn indica | 30 | Nonn indica |
– Capacidade depósito medido (nº cuncas) | 12 | 16 | 20 | 18 | 26 | 18 | 16 |
– Regulador de vapor | Non | Si | Si | Si | Si | Si | Non |
– Indicador do nivel de auga | Non | Si | Sí | Si | Si | Si | Si |
-Bandexa quentacuncas | Non | Non | Non | Non | Non | Non | Si |
Cata de café | |||||||
– Con moenda específica | Moi boa | Boa | Boa | Boa | Boa | Correcta | Correcta |
– Con moenda xenérica | Boa | Correcta | Boa | Correcta | Correcta | Deficiente | Deficiente |
Proba de uso (escala de 1 a 5) | 3,6 | 3,5 | 3,7 | 3,6 | 3,7 | 3,5 | 3,5 |
Un per un
Unha por unha, sete cafeteiras exprés
Rowenta Adagio ES170
/imgs/20050201/analisis-2.02.jpg 124,89 euros- A mellor relación calidade-prezo. Portafiltros moi doado de usar, sistema de presión automática do café e de exección de borras (mellor limpeza). Unha das dúas máis rápidas en facer unha cunca de café. A maior e máis homoxénea temperatura do café.
- Non permite regular o caudal de vapor. O depósito de auga máis pequeno (12 cuncas), e con nivel de auga non visible. O cable máis curto. A súa bandexa recollepingas non é extraíble.
- Segundo os expertos, a única que fai un café ‘moi bo’.
Ariete Cremissimo
/imgs/20050201/analisis-2.03.jpg 89,68 euros, das máis baratas- Outra boa opción. A súa garantía está en italiano, polo que incumpre a norma. A que menos electricidade consome. Manual incómodo e con expresións difíciles de entender. O seu vaporizador é máis incómodo có resto.
- Segundo os expertos, o café elaborado con moenda xenérica é “correcto”, e o de moenda específica é “bo”.
Solac Professional Expreso
/imgs/20050201/analisis-2.04.jpg 116,75 euros Só ofrece un ano de garantía, no canto dos dous obrigatorios. A máis ruidosa. Di ofrecer 23 cuncas por depósito, pero son só 20. Unha das máis rápidas.- Segundo os expertos, o segundo mellor café: “bo” tanto con moenda xenérica coma coa específica.
Ufesa Presto
-
/imgs/20050201/analisis-2.05.jpg 88,98 euros, a máis barata - É a máis voluminosa, pero destaca polo seu coidado deseño. A de maior consumo enerxético. Di ofrecer 20 cuncas por depósito de auga, pero en realidade son só 18 cuncas.
- Segundo os expertos, o café elaborado con moenda xenérica é “correcto”, e o feito con moenda específica é “bo”.
Saeco Via Venetto
/imgs/20050201/analisis-2.06.jpg 140,12 euros- O depósito con maior capacidade (26 cuncas). Serve diferente cantidade de café en cada unha das dúas cuncas.
- Segundo os expertos, o café elaborado con moenda xenérica é “correcto”, e o feito con moenda específica é “bo”.
Delonghi Caffé Treviso
/imgs/20050201/analisis-2.07.jpg 95,34 euros- A máis pequena. Di ofrecer 30 cuncas por depósito, pero en realidade son só 18. No seu portafiltros caben 12 gramos de café moído, e non 14 gramos coma nas outras. Serve distinta cantidade de café en cada unha das dúas cuncas.
- Segundo os expertos, un dos peores cafés: “deficiente” con moenda xenérica (está lonxe de ser un café exprés) e só “correcto” con moenda específica.
Krups Expresso Line
/imgs/20050201/analisis-2.08.jpg 130,82 euros, a segunda máis cara- Non se pode regular o caudal de vapor, pero é a única con bandexa adicional quentacuncas. Serve diferente cantidade de café en cada unha das dúas cuncas.
- Segundo os expertos, un dos peores cafés: “deficiente” con moenda xenérica (está lonxe de ser un café exprés) e só “correcto con moenda específica.