A mellor é a máis barata
Analizáronse oito microcadeas estéreo que custan desde os 99 euros de Kenwood RDX-M35-N, a máis barata, ata os 149,5 euros de Sony CMT-NE3. A mellor relación calidade-prezo é, precisamente, a mostra máis económica, e éo por ser a máis completa e a mellor valorada na proba de uso.
Na elección dun equipo de música o espazo do que dispomos na habitación pode ser un factor determinante. Ademais, a progresiva miniaturización electrónica permite que a calidade de son non teña que se ver comprometida polo tamaño da cadea de alta fidelidade. Por iso, ós poucos as microcadeas van ocupando máis a miúdo o espazo que antes ocupaban equipos máis voluminosos.
As oito cadeas analizadas son estéreo (capaces de reproducir unha canle de son diferente por cada un dos dous altofalantes para dar sensación espacial), dispoñen dunha soa pletina de casete, dun reprodutor de CD de carga superior, de radio AM e FM, de dous altofalantes e de mando a distancia. Todas, agás Sanyo DC-DA2000, inclúen reloxo, temporizador de apagado e espertador.
A máis pequena é Philips, pola súa reducida unidade central (145x226x210 mm) e polos seus altofalantes (134x209x152 mm), e a que máis ocupa é a de Sony, cunha unidade central de 165x235x263 mm. Os altofalantes máis grandes son os de JVC UX-H10 (155x231x187 milímetros).
Un dos apartados onde se atoparon maiores diferenzas foi no consumo. Probáronse os equipos a pleno rendemento (mentres gravan en casete o contido dun CD que se está reproducindo a volume máximo). Philips (16,9 W) e Sanyo (17,6 W) son os de gasto enerxético máis comedido, mentres que os que Samsung MM-J4 e Kenwood RDX-M35-N (ambos os dous con 43 vatios) son os máis voraces. Ademais, Samsung precisa 5 vatios máis do que indican os seus manuais. En modo de “espera” todos os equipos reducen significativamente as súas necesidades eléctricas, pero as diferenzas foron aínda máis acusadas: Kenwood en espera (13,7 W) gasta case tanto coma Philips a pleno rendemento, mentres que Aiwa e JVC só precisan 0,3 W e 1,3 W, respectivamente. Para aforrar enerxía é moi útil a función de apagado automático despois dun tempo de inactividade, que inclúen Aiwa, Kenwood e Philips.
Aiwa é a microcadea con máis conectores: dispón de entrada de antena externa, de entrada auxiliar (por exemplo, para escoitar polos seus altofalantes o son do ordenador ou do DVD) e de toma de ‘subwoofer’ (de feito, é a única á que se lle pode engadir este altofalante que reforza os graves). Samsung, Kenwood, Sony e Philips ofrecen eses mesmos conectores, non sendo o do ‘subwoofer’. Thomson (sen máis entradas cá de auriculares e a de altofalantes) é o máis parco nestes aspecto. O cable que une os altofalantes coa unidade central máis longo é o de Samsung (255 cm), mentres que os de Sanyo (con 166 cm) e Kenwood (con 170 cm) son os que menos liberdade de colocación de altofalantes con respecto á súa base permiten.
O equipo de son máis potente é o de Sony (2×25 W), seguido de Aiwa, Kenwood e Thomson (2×20 W). Os de menor potencia son Sanyo e JVC (ambos os dous con 2×8 W). Unha correcta ecualización mellorará significativamente a calidade do son. Aiwa, Kenwood e Sony permiten axustar os graves e os agudos manualmente. O resto dispón dun ecualizador preconfigurado para diferentes tipos de música (pop, rock, clásica, jazz…). Aiwa e Sony son os únicos sen reforzo específico de graves.
Amais das consabidas opcións no CD para seleccionar unha canción concreta ou para repetir un tema ou todo o disco, Aiwa, Kenwood, Sanyo, Thomson, JVC e Philips reproducen as pistas aleatoriamente (‘shuffle’). Os oito equipos analizados permiten programar unha secuencia de cancións.
Todas as cadeas permiten gravar de radio a cinta e de CD a cinta. Samsung é a única na que esta segunda opción non está sincronizada, polo que resulta máis difícil que o resultado sexa óptimo. Sorprende que só Kenwood incorpore unha opción tan útil como o ‘autoreverse’ (que a cinta ‘vire’ de xeito automático).
Philips e JVC gardan ata 30 estacións, mentres que Samsung, Kenwood, Thomson e Sony almacenan 30 emisoras. Samsung, JVC, Kenwood, Thomson e Philips son capaces de interpretar o estándar RDS, que empregan case todas as emisoras de FM para indicaren o seu nome e a temática da súa programación (noticias, rock, clásica, deportes…). Este sinal viaxa dentro da frecuencia convencional de FM e resulta especialmente útil durante a memorización das emisoras.
Os técnicos de CONSUMER reproduciron dentro dunha campá de baleiro un CD cun ton de 1 kHz en cada microcadea, primeiro a volume medio e logo ó máximo, e compararon o resultado co que teoricamente debería soar, comprobando deste xeito a distorsión dos equipos. No nivel de volume medio todas foron moi ben valoradas (Thomson foi a única que quedou nun ‘ben’), pero as maiores diferenzas atopáronse a volume máximo: Philips destacou moi positivamente (0,1% de distorsión), e Aiwa, Sony, JVC foron moi ben valoradas (todos elas menos dun 10%).
Kenwood (36,7%) e Sanyo (25,8%) non pasaron do ‘aceptable, mentres que Samsung (61,8%) e Thomson (47,5%) foron valoradas como ‘malas’, aínda que cómpre ter en conta que practicamente nunca van funcionar a ese volume.
En síntese e táboa comparativa
Seis usuarios habituais destes produtos probaron as microcadeas e puntuaron cada apartado do 1 ó 5. Os manuais son claros e útiles, agás o de Sanyo (2,8 puntos sobre 5), que resulta de difícil comprensión e difícil de empregar. No tocante ós controis, a única apreciación foi a ausencia de números nos mandos a distancia de Philips, Thomson, Sony, JVC e Samsung para seleccionar directamente unha canción dun CD ou unha presintonía na radio.
Kenwood recibiu a máxima puntuación en prestacións, mentres que o resto aprobou folgadamente. Os usuarios déronlle especial importancia á presenza de RDS e á do reloxo, temporizador e espertador. O control do casete de JVC e Philips é mecánico, polo que ambas as cadeas foron peor valoradas.
Os usuarios puntuaron positivamente o son de todos os equipos, e preferiron as microcadeas co ecualizador prefixado con certos estilos de música cás que permitían axustar os graves e os agudos manualmente. As opcións adicionais de son que incorporan todos -agás Aiwa, Thomson e JVC-, e que en cada equipo toman un nome distinto (‘powersound’, ‘loudness’, ‘surround’, ‘DSGX’…), foron ben valoradas, pero salientou o ‘Incredible Surround’ de Philips (4,3 puntos sobre 5).
Na opinión dos usuarios, todos os equipos son bos, pero Kenwood, o máis completo en prestacións, destaca con 4,2 puntos sobre 5. Sanyo foi o de resultado máis discreto, con 3,6 puntos, e o resto obtivo entre 3,8 e 3,9 puntos sobre 5.
A información subministrada xunto a cada cadea foi satisfactoria, pero a duración dos períodos de garantía de todos os equipos foi incorrecta: JVC por ofrecer só seis meses, e o resto por dar un ano, no canto dos dous que marca a norma (malia iso, o usuario está amparado durante os vinte e catro meses preceptivos). Todas son suficientemente robustas e seguras e superaron as esixentes probas eléctricas e mecánicas ás que foron sometidas. Tamén todas pasaron o test de compatibilidade electromagnética, é dicir, o seu funcionamento non afecta a outros aparellos eléctricos, e tampouco son perturbadas por outros equipos.
Para calcular a intensidade sonora das microcadeas reproduciuse en cada unha delas ‘ruído branco’ ó máximo volume, é dicir, un son semellante ó que emite un televisor sen sintonizar. Todas as microcadeas ofrecen un nivel sonoro abondo para unha habitación de tamaño medio, pero houbo diferenzas.
Thomson é a microcadea que ten un son máis potente, con 101,5 decibelios (tamén é a que ten unha maior distorsión a máximo volume), mentres que a de son máis comedido é Philips, con 89,83 decibelios (que case non distorsiona). Pero estes datos son enganosos.
Pasar dos 89 decibelios ós 102 decibelios pode parecer pouco (só un aumento do 13%), pero a realidade é que esta diferenza non é trivial. Os decibelios mídense de maneira logarítmica e non aritmética: a potencia de Thomson é máis de 14 veces superior á de Philips, aínda que o consiga sacrificando calidade de son nas cotas máis altas.
En síntese
- Analizáronse oito microcadeas estéreo que custan desde os 99 euros de Kenwood ata os 149,5 euros de Sony. Todas teñen en común o seu reducido tamaño, contar con CD, cunha platina de casete, radio, mando a distancia e reloxo con espertador e temporizador, agás Sanyo, que non ten reloxo.
- Todas superaron as esixentes probas de seguridade e de compatibilidade electromagnética, aínda que ningunha ofrece os dous anos de garantía mínima esixidos.
- Philips é a microcadea máis pequena, Kenwood a de máis prestacións, mentres que Sony e Sanyo son as máis básicas.
- Todos os equipos teñen unha potencia abonda para unha habitación de tamaño medio. A un volume intermedio a distorsión sonora é mínima e semellante en todos os equipos, pero a máximo volume Philips practicamente non distorsiona e Samsung é a peor.
- Segundo os usuarios, Kenwood é a mellor, con 4,2 puntos de 5 posibles, e Sanyo a máis discreta, con 3,6 puntos. O resto de equipos case non oscilaron (entre 3,8 e 3,9 puntos).
- A mellor relación calidade-prezo é Kenwood, a máis barata, a de máis prestacións e a mellor na proba práctica e no test de calidade de son. Philips é outra boa opción para os que necesiten a microcadea máis pequena.
Marca Modelo |
KENWOOD RDX-M35-N |
PHILIPS MC160 |
SANYO DC-DA2000 |
|
---|---|---|---|---|
Prezo (euros) | 99 | 131,75 | 118,25 | |
Unidade central (Ancho x Alto x Fondo) (mm) | 150x 223x 265 |
145x 226x 210 |
150x 233x 214 |
|
Altofalantes (Ancho x Alto x Fondo) (mm) | 130x 220x 214 |
134x 209x 152 |
145x 230x 171 |
|
Lonxitude cables altofalantes (cm) | 170 | 190 | 166 | |
Potencia de altofalantes (W) | 2×20 | 2×10 | 2×8 | |
Consumo medido (w) | Medio (1) | 43,0 | 16,9 | 17,6 |
En espera | 13,7 | 2,3 | 3,1 | |
Reloxo/Temporizador autoapagado/Espertador | SI | SI | NON | |
Ecualizadores | (4) | (3) | (3) | |
Mute | SI | SI | NON | |
Conectores | 5 | 5 | 4 | |
Opcións CD | Reprodución aleatoria de pistas | SI | SI | SI |
Programación da orde de reprodución das pistas | SI (ata 32 pistas) | SI (ata 20 pistas) | SI (ata 24 pistas) | |
Intro (5) | NON | NON | NON | |
Opcións radio | Nº de emisoras que permite memorizar | 30 | 40 | 24 FM 12 AM |
RDS | SI | SI | NON | |
Presintonización de emisoras automática | SI | SI | SI | |
Opcións cinta | Autoreverse | SI (15) | NON | NON |
Proba acústica (máx. volume) Distorsión (%) Potencia acústica (db) |
36,7 98,91 |
0,1 89,83 |
25,8 93,99 |
|
Proba de uso (escala 1 a 5) | 4,2 | 3,9 | 3,6 |
Marca Modelo |
SONY CMT-NE3 |
JVC UX-H10 |
SAMSUNG MM-J4 |
AIWA XR-EM200 |
|
---|---|---|---|---|---|
Prezo (euros) | 149,5 | 123,63 | 103,17 | 135,42 | |
Unidade central (Ancho x Alto x Fondo) (mm) | 165x 235x 263 |
140x 233x 283 |
145x 226x 263 |
164x 232x 242 |
|
Altofalantes (Ancho x Alto x Fondo) (mm) | 146x 231x 132 |
155x 231x 187 |
130x 227x 177 |
140x 231x 169 |
|
Lonxitude cables altofalantes (cm) | 197 | 183 | 255 | 229 | |
Potencia de altofalantes (W) | 2×25 | 2×8 | 2×10 (WRMS) | 2×20 | |
Consumo medido (w) | Medio (1) | 39,5 | 20,0 | 43,0 | 36,0 |
En espera | 6,6/1,6 (2) | 1,3 | 8,3 | 6,7/0,3 (2) | |
Reloxo/Temporizador autoapagado/Espertador | SI | SI | SI | SI | |
Ecualizadores | (4) | (3) | (3) | (4) | |
Mute | NON | SI | SI | SI | |
Conectores | 5 | 4 | 5 | 6 | |
Opcións CD | Reprodución aleatoria de pistas | NON | SI | NON | SI |
Programación da orde de reprodución das pistas | SI (ata 25 pistas) | SI (ata 60 pistas) | SI (ata 24 pistas) | SI (ata 30 pistas) | |
Intro (5) | NON | SI | NON | NON | |
Opcións radio | Nº de emisoras que permite memorizar | 20 FM 10 AM |
20 FM 20 AM (MW) |
15 FM 8 MW 7 LW |
32 |
RDS | NON | SI | SI | NON | |
Presintonización de emisoras automática | NON | NON | NON | NON | |
Opcións cinta | Autoreverse | NON | NON | NON | NON |
Proba acústica (máx. volume) Distorsión (%) Potencia acústica (db) |
6,9 99,61 |
5,3 94,12 |
61,8 97,85 |
6,90 98,12 |
|
Proba de uso (escala 1 a 5) | 3,9 | 3,8 | 3,9 | 3,9 |
Ni: Non Indicado.
(1) Consumo medido do equipo mentres se grava en casete un CD reproducindo a volume máximo.
(2) Modo espera normal/modo espera ECO.
(3) Ecualizador preconfigurado con opcións en función do tipo de música para potenciar o son.
(4) Permite axustar os graves e os agudos.
(5) Permite escoitar durante os primeiros 10 segundos de todas as pistas dun CD.
(6) Reproduce e grava en ambos os sentidos da cinta (REVERSE) e pódese activar unha opción (ENDLESS) para que se reproduza nun ciclo sen fin.
Unha por unha
Unha a unha
KENWOOD
RDX-M35-N
/imgs/20041201/kenwood.jpg 99 euros, a máis barata.- A mellor relación calidade-prezo. A que máis consume en funcionamento e en espera. A única con casete ‘autoreverse’. Aceptable distorsión acústica. Con apagado automático ó cabo de 30 minutos.
- Proba de uso: 4,2 puntos de 5 posibles, a mellor e a de máis prestacións.
PHILIPS
MC160
/imgs/20041201/philips.jpg 131,75 euros.- Outra boa opción. A máis pequena. A que menos consume en funcionamento. Unha das dúas que máis emisoras memoriza. Excelente en distorsión acústica. A menor potencia de saída. Con apagado automático ó cabo de 15 minutos.
- Proba de uso: 3,9 puntos. Gusta o son reforzado “Incredible Surround”, pero non os controis mecánicos para o casete e as limitadas funcións do mando a distancia.
SANYO
DC-DA2000
/imgs/20041201/sanyo.jpg 118,25 euros.- Sen entrada externa de antena AM. O cable de altofalante máis curto. Sen reloxo, temporizador nin espertador. A súa radio non conta con RDS. Aceptable distorsión acústica.
- Proba de uso: 3,6 puntos, a máis discreta. Manual pouco claro.
THOMSON
CS100
/imgs/20041201/thomson.jpg 117,33 euros.- Sen entrada externa de antena nin entrada auxiliar. Función para escoitar os 10 primeiros segundos de cada canción. A segunda peor na proba de distorsión acústica. A máis potente.
- Proba de uso: 3,8 puntos. Non se poden seleccionar cancións ou emisoras desde o mando a distancia.
SONY
CMT-NE3
/imgs/20041201/sony.jpg 149,5 euros, a máis cara.- A unidade central máis voluminosa. Das que menos consume e a que utiliza a función de espera máis aforrativa. Sen reforzo de graves, reprodución aleatoria do CD, RDS e presintonización automática de emisoras na radio. Das mellores na proba de distorsión acústica.
- Proba de uso: 3,9 puntos. Non gusta porque non se poden seleccionar cancións ou emisoras desde o mando a distancia.
JVC
UX-H10
/imgs/20041201/jvc.jpg 123,63 euros.- Os altofalantes máis voluminosos. Sen entrada auxiliar. Das que menos consume en espera. Función para escoitar os 10 primeiros segundos de cada canción. Sen presintonización automática de emisoras, pero unha das dúas co maior número de memorias. Das mellores na proba de distorsión acústica.
- Proba de uso: 3,8 puntos. Non gusta que os controis do casete sexan mecánicos e que non se poidan seleccionar cancións ou emisoras desde o mando a distancia.
SAMSUNG
MM-J4
/imgs/20041201/samsung.jpg 103,17 euros, barata.- Das que máis consumen. Os cables dos altofalantes máis longos. Sen reprodución aleatoria no CD nin presintonización automática de emisoras de radio. A maior distorsión acústica.
- Proba de uso: 3,9 puntos de 5. Non gusta porque non se poden seleccionar cancións ou emisoras desde o mando a distancia.
AIWA
XR-EM200
/imgs/20041201/aiwa.jpg 135,42 euros, cara.- A única con entrada para ‘subwoofer’. A que menos consume e a que utiliza a función de espera máis aforrativa. Sen reforzo de graves, RDS nin presintonización automática de emisoras de radio. Das mellores na proba de distorsión acústica. Con apagado automático ó cabo de 100 minutos.
- Proba de uso: 3,9 puntos de 5. Non destaca en ningún apartado.