Navegar á carta: Entre palabras / Blog: A miña cabeza / Software libre / Vídeo: "¡Descarga esta canción!"
Complementos
Cada mes un blog
O concepto
Estes programas desenvólvenos e mantéñenos informáticos de todo o mundo, que teñen como líder máis carismático ó estadounidense Richard Stallman. Stallman puxo as bases para o desenvolvemento nos anos oitenta dun sistema operativo gratuíto e libre para os ordenadores que era alternativo ós sistemas operativos Windows de Microsoft e Mac OS de Macintosh, ambos os dous de pagamento. Así e todo, non foi ata 1991 cando o finés Linus Tovalds construíu un núcleo alternativo (e utilizable) deste sistema e deu á luz o que hoxe se coñece como Linux. A diferenza de Windows e Mac OS, Linux, amais de venderse para quen o queira mercar distribúese gratuitamente a través de Internet grazas ós seus usuarios. (Máis en:http://es.wikipedia.org/wiki/Software_libre)
O vídeo
Sobre a base musical de “The passenger” de Iggy Pop, o rapeiro branco Mc Lars fai unha descarnada descrición da pugna entre os dereitos de propiedade intelectual dos artistas e o dereito a compartir nas redes P2P dos consumidores. Mc Lars é un músico da era dixital, e polo tanto ten moi clara a súa postura. Xa o di o título da canción: “¡Download this song!” (“¡Descarga esta canción!”). E é que, como reza a letra: “Hey Mr. Record Man / O teu sistema non pode competir / É o Novo Modelo de Artista / Transferencia de ficheiro completada / ¡Descarga esta canción!”.