Compra intelixente de alimentos / 300 miligramos de cafeína / Aceite de oliva virxe / Zumes ou froita fresca? / Esterois / Alimentarse ben durante unha xornada na montaña

1 Setembro de 2006
Img alimentacion 2 listado

Compra intelixente de alimentos / 300 miligramos de cafeína / Aceite de oliva virxe / Zumes ou froita fresca? / Esterois / Alimentarse ben durante unha xornada na montaña

6 claves para unha compra intelixente de alimentos

  • 1.Unha compra intelixente é un dos piares da planificación de menús semanais. Ben feita, aforra tempo, cartos e preocupacións. E é máis doado que inclúa criterios saudables: evitaremos improvisar co que haxa na despensa.
  • 2./imgs/20060901/img.despiece-alimenta.01.jpgEn primeiro lugar, confeccione un plan de menús semanal coa lista de pratos, considerando as recomendacións de dieta equilibrada.
  • 3.Prepare a lista da compra en función das veces que come na casa e do número de comensais.
  • 4.Téndese a cociñar en maior cantidade da necesaria, faga do defecto virtude: aprenda como e que pratos conxelar. Abonda con desconxelar a véspera (para o xantar do día seguinte) ou á mañá (para a cea) e así evitar cociñar a cotío.
  • 5.Repase a despensa para mercar só o necesario, e, de vez en cando, permítase algún capricho non tan necesario: galletas, chocolate…
  • 6.Non deberían faltar alimentos para imprevistos (conxelados, latas): axudan a saír de máis dun apuro e a cumprir coas visitas sorpresa.

O dato

/imgs/20060901/img.despiece-alimenta.02.jpg

300…

é a cantidade en miligramos de cafeína que os expertos aconsellan non superar ao día. Equivale a 3 cuncas de café, sexa de máquina ou soluble.

A despensa

/imgs/20060901/img.despiece-alimenta.03.jpg


Aceite de oliva virxe
Protagonista da dieta mediterránea

Quen non escoitou en máis dunha ocasión as virtudes que os expertos pregoan sobre o aceite de oliva? O seu efecto positivo sobre o colesterol e a presión arterial, xunto coas súas propiedades nutritivas e culinarias, fan que esta graxa sexa un compoñente esencial da nosa dieta. O seu sabor é afroitado e intenso, o que permite utilizalo en pequena cantidade, conferindo un sabor e aroma inconfundibles. O aceite de oliva virxe é o de maior calidade, tanto, que hai quen o chama “zume de oliva”. Como aderezo de ensaladas, ingrediente de salsas tipo vinagreta ou ali oli e en todo tipo de receitas, o éxito nos seus pratos está asegurado. É rico en graxas insaturadas –monoinsaturadas e poliinsaturadas-, vitamina E –antioxidante– e esterois –reducen o colesterol en sangue-, polo que protexe fronte a enfermidades cardiovasculares e certos tipos de cancro.


Estilos de vida e alimentación
Zumes ou froita fresca?

/imgs/20060901/img.despiece-alimenta.04.jpg A froita calma a sede, proporciona enerxía procedente de azucres e unha ampla variedade de vitaminas, minerais, antioxidantes e fibra, polo que se aconsella tomar tres pezas diarias. Pero tamén hai outras opcións para gozar das súas calidades. Os zumes, refrixerados, conxelados ou de concentrados, representan unha fórmula cómoda e práctica. Non obstante, convén saber que as diferenzas máis salientables entre zumes e froitas se centran na cantidade de fibra -menor nos zumes-, nos azucres -un vaso de 200 ml contén máis azucres ca unha peza mediana- e na sensación de saciedade -menor nos zumes, xa que non requiren mastigación e ten menos fibra-. No tocante ás vitaminas, os zumes contéñenas en cantidades semellantes á froita fresca, e demostrouse que as manteñen en perfectas condicións ata dous ou tres días despois da súa apertura, sempre e cando se manteñan refrixerados.

O abc da nutrición

/imgs/20060901/img.despiece-alimenta.05.jpg

Esterois:

Son substancias que, en cantidades adecuadas, reducen o colesterol. Atópanse en pequena cantidade en aceites, froitas, hortalizas, xerme de cereais e froitos secos. Os alimentos enriquecidos –bebidas lácteas e margarinas– son os que conteñen a dose efectiva -1,5 gramos ao día- para reducir o colesterol, sempre e cando formen parte dunha dieta equilibrada.

Menú tipo

Alimentarse ben durante unha xornada na montaña

  • Almorzo
    Cunca de leite con muesli, unha torrada de pan con manteiga e marmelada e un zume de froitas.
  • Almorzo e merenda
    Galletas sinxelas ou con chocolate, froitos secos e un plátano.
  • Xantar
    Bocadillo de tortilla de pataca e batido de leite con cacao azucrado.
  • Cea
    Ensalada de pasta e linguado rebozado con limón. Pan e cereixas.

O truco: Pódese preparar na casa un litro de auga co zume de 1 ou 2 limóns, unha cullerada sopeira de azucre, un chisco de bicarbonato e outra de sal. O resultado é unha bebida isotónica que, xunto coa auga, axuda a repoñer forzas, a combater a deshidratación e os seus efectos, e a evitar a temida “paxara”.