Alimentos "light" / Menú sen lactosa / Colerético
Claves para elixir os verdadeiros alimentos “light”
- Antes de mecar, compare a diferenza real de calorías entre dous produtos de distintas marcas, e mesmo entre dous produtos da mesma marca, un normal e o seu equivalente anunciado como light. Non todos os produtos light, lixeiros, alixeirados, baixos en graxa, baixos en azucre ou baixos en calorías o son tanto como un cre.
- Para apreciar unha diferenza notable en calorías, o produto light debería reducir nun 30% o seu valor enerxético con respecto ao seu homónimo normal. Nalgunhas patacas fritas, marmeladas e batidos de leite, por exemplo, a diferenza de calorías non chega ao 15%.
- Moitos alimentos achegan a metade de calorías, pero seguen sendo moi enerxéticos. Hai produtos como maionesas, margarinas, patés e patacas fritas que, aínda que efectivamente achegan bastantes menos calorías ca os convencionais coa substitución dunha parte por auga, seguen sendo alimentos demasiado graxos e enerxéticos.
- Teñen menos calorías os produtos que, como galletas, marmeladas, refrescos, zumes, caramelos ou gomas de mascar, substituíron o azucre por edulcorantes sen calorías como a sacarina, o aspartame, o ciclamato ou o acesulfame.
- Lea os ingredientes dos alimentos “sen azucre” ou “con frutosa”. Se engadiron frutosa en lugar de azucre ou sacarosa, o valor enerxético do alimento non varía, xa que ambos os dous compostos, frutosa e sacarosa, achegan as mesmas calorías.
Menú tipo sen lactosa
Bebida de soia. Zume natural de froita. Pan de cereais torrado con aceite, tomate e xamón montañés.
Froita. Infusión. Tortas de millo (ler ingredientes).
Lentellas con cabaza e pemento.
Filete de avestruz con leituga e cenoria.
Pan integral. Froita.
Unha manchea de froitos secos. Froita.
Sopa de fideos con verduras en tiras.
Xarda asada en papillote con champiñóns e cebola.
Pan integral. Vaso de bebida de soia con mel.
Lea atentamente as etiquetas dos alimentos, xa que algúns inclúen lactosa entre os seus ingredientes. Son os que levan:
- Leite de vaca: chocolate con leite, sugus, produtos de bolería, pastelería e repostería.
- Compoñentes do leite: soro de leite, sólidos lácteos.
- Colorante e-101: riboflavina ou lactoflavina.
- Acidulantes: E-325 (lactato sódico), e-326 (lactato potásico), e-327 (lactato cálcico)
- Emulxentes: E-480 (estearil 2-lactilico ácido), e-481 (estearoil-2-lactilato sódico) e-482 (estearoil-2-lactilato cálcico).
O ABC da nutrición
- Colerético:
/imgs/20070501/img.alimentacion-2.01.jpg Substancia que conteñen diversas plantas e alimentos que aumenta a produción de bile e que a fai máis líquida e abundante, polo que prevén a formación de cálculos biliares. O fígado segrega a bile, que se almacena na vesícula biliar. Esta substancia é imprescindible para dixerir as graxas. As plantas como o boldo e o mexacán, e as verduras como alcachofas, escarola, endivias ou cardo, son especialmente convenientes para os que teñen malestar por disfunción hepática ou da vesícula, que se manifesta a xeito de dixestións lentas, pesadez e inchazo habitual despois de comer, e dor abdominal frecuente tras as comidas.