Un de cada cinco incumpre a norma de seguridade e a maioría ofrece unha etiquetaxe incorrecta ou mellorable
Os xoguetes alimentan a imaxinación de nenas e nenos, ensínanos a pensar e son vitais para o seu desenvolvemento. Crebacabezas, peluxes, bonecos, coches teledirixidos, disfraces…, a oferta é moi ampla e a normativa que regula a seguridade destes produtos, particularmente severa. A razón é evidente: os nenos son moi vulnerables e poden en calquera momento facer un uso inadecuado ou non previsto do xoguete.
Logo de analizar no laboratorio 40 xoguetes de características diferentes e destinados a bebés e a nenos de ata 14 anos, comprobouse que oito, é dicir, un de cada cinco, incumpren a normativa de seguridade que lles é de aplicación. Trátase dos bonecos Pepo Píntame, Boxing King e Nenuco Mocosete, o Xoguete Creativo con imáns e adhesivos Barbie, o Maletín de Pintura Mickey Mouse, o helicóptero teledirixido Giro Marketing & Sales, o Discman con micrófonos Imaginarium e o gorro de pallaso Widmann. Tanto os fabricantes como a Administración competente en materia de consumo foron informados destes incumprimentos para que puidesen tomar as medidas oportunas.
Pepo Píntame é un can azul con bolso amarelo sobre o que se pode pintar cun bolígrafo especial cheo de auga (a tea muda de cor cando está húmida). O boneco aturou as probas de tracción en diversos puntos, pero cando estas probas se fixeron no bolso, rompeu, dando lugar a pezas pequenas que se poden tragar ou aspirar. Como é un xoguete para menores de 3 anos entra dentro dun uso convencional que os nenos e nenas tiren del e poidan rompelo. Por outra banda, ao aplicar sobre o Helicóptero Teledirixido Giro Marketing & Sales unha forza de 48 newtons quedou ao descuberto o eixe da hélice, unha punta que pode entrañar perigo. A norma esixe que soporte unha tracción de 60 newtons.
Dos 40 xoguetes, dous inclúen imáns, pero só o xogo de mesa Picadotty o fai de modo seguro (o tamaño dos imáns impide que poidan ser tragados). O Xoguete Creativo con imáns e adhesivos Barbie de Clementoni inclúe imáns pequenos que poden ser inxeridos polos nenos. Aínda que non está prohibido, faino sen advertir na súa etiquetaxe desta circunstancia, cando a norma si o obriga a informar do perigo de lesións internas que carrexa tragar estes obxectos.
A análise de tóxicos nos 20 xoguetes que se considerou que os poderían conter revelou a existencia de ftalatos en dúas mostras: na funda de plástico que serve de estoxo ás 56 pinturas Mickey Mouse Club House, de Poessa, e mais na figura articulada Boxing King, de Color baby.
Os ftalatos, compostos químicos que aumentan a flexibilidade dos plásticos, son tóxicos (poden causar comportamentos hormonais anormais e infertilidade) e é por iso que a normativa limita de modo moi severo o seu uso en artigos de puericultura e xoguetes: permite só ata o 0,1% de ftalatos. O estoxo das pinturas Mickey Mouse (7,9% de ftalatos) e a figura Boxing King (3,4%) son os únicos xoguetes comparados que superan o límite de ftalatos. Ningún dos dous fabricantes contempla como uso previsto destes xoguetes que os menores os chupen ou mordan, pero tampouco se pode descartar que os nenos máis pequenos o fagan.
Os técnicos de laboratorio provocaron curtocircuítos nos 12 xoguetes eléctricos que conformaban este comparativo. No discman con micrófonos de cor azul e botóns amarelos Duo Mic Imaginarium e Nenuco Mocosete de Famosa, as pilas queceron por riba dos 45 ºC permitidos pola norma. Parece pouco probable que o uso do xoguete por parte do neno ou da nena poida causar este curtocircuíto, pero a norma é taxativa ao respecto.
As probas de inflamabilidade, realizadas nos 14 xoguetes en que procedía, revelaron fallos no gorro de pallaso Widmann. Aplicóuselle unha chama durante cinco segundos á borla de la do gorro e comprobouse que tardaba catro segundos en apagarse (a norma esixe que sexan menos de dous segundos). Ademais, a lapa percorría máis de 70 mm antes de apagarse, cando este percorrido debe ser menor. No tecido do gorro, a lapa propágase a 24 mm/segundo (non se admite máis de 10 mm/segundo).
Tres de cada catro indicacións de idade, aínda sendo correctas, consideráronse mellorables, xa que aínda que indican dende que idade se pode usar o xoguete, non establecen unha idade máxima recomendada. Son menos, sete dos 40 analizados, os que non ofrecen indicación de idade ningunha; e só dous recomendan unha idade que se considerou inadecuada: o papaventos con forma de avión Imaginarium di estar indicado para nenos de 3 a 8 anos pero os pedagogos que asesoran esta revista xulgaron necesarios 6 anos para facer uso real deste papaventos e non limitarse a desempeñar o papel de mero espectador. O peluxe de Barrio Sésamo di ser adecuado para bebés desde que nacen, pero segundo os expertos o bebé debe ter polo menos 9 meses para gozar do peluxe.
O incumprimento máis grave viuse no Xoguete Creativo con imáns Barbie, que carece de advertencias de seguridade obrigatorias. Ademais, o enderezo do fabricante ou importador era incorrecto nas etiquetas da alfombra de escuma crebacabezas ‘A Salvo’, no gorro con perruca Widmann, no cochiño de bebé Graco, no maletín de pinturas Mickey Mouse e nas marionetas de Brancaneves. O peluxe de Barrio Sésamo non indica que cómpre retirar todos os engarzamentos antes de llo dar ao neno.
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse 40 xoguetes para bebés e nenos de ata 14 anos (eléctricos, de mesa, móbiles, tradicionais…). Oito incumpren a normativa de seguridade e en 21 a información sobre a idade recomendada considerouse mellorable. Seis xoguetes incumpren a norma de etiquetaxe e só cinco superaban as esixencias establecidas pola lei e polos pedagogos expertos en xoguetes.
- O maletín de 56 pinturas Mickey Mouse House Club e mais o boneco articulado Boxing King contiñan ftalatos, substancias tóxicas prohibidas.
- As hélices do helicóptero teledirixido Giro Marketing & Sales soltábanse e deixaban ao descuberto unha punta perigosa. Na proba de tracción, o bolso amarelo do boneco Pepo Píntame de Bizak partiuse en pezas pequenas que se poderían tragar ou aspirar.
- O Xogo Creativo con imáns e adhesivos Barbie tiña bolsas plásticas máis finas e pequenas do autorizado, co conseguinte risco de asfixia para o usuario. E, malia a obrigatoriedade de informar do risco que entraña tragar estas pezas, non advertía da presenza de imáns pequenos.
- As pilas do Nenuco Mocosote de Famosa e do Discman con micrófonos de cor azul e botóns amarelos Duo Mic de Imaginarium incumpren a norma de seguridade eléctrica: as pilas quecen máis do permitido cando se provoca un curtocircuíto.
- A la da borla da perruca de pallaso con gorro Widmann tarda dous segundos máis do permitido en apagarse cando se lle pon lume. E a lapa percorre máis milímetros dos permitidos, tanto na borla coma no tecido e a máis velocidade do permitido.
- A maioría das indicacións de idade son mellorables, xa que lles falta un máximo de idade orientativo.
- Só cinco xoguetes superaron todas as probas e informaban axeitadamente do rango de idade idóneo: colgante de berce Fisher Price, ‘Conecta 4’, disfrace dos Lunnis, Loro Molón e Scalextric.
XOGUETE | MARCA | FABRICANTE / IMPORTADOR | IDADE 1 | ETIQUETAXE / INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR 2 |
DESEÑO E CONSTRUCIÓN 2 |
---|---|---|---|---|---|
Boneco con bicicleta de montaña | Action Man | Hasbro Iberia | Correcta sen pechar. + 4 anos | Correcto | Correcto |
Xoguete de puntería | Buzz-Bee Toys | Coinju | Correcta sen pechar. + 6 anos | Correcto | Correcto |
Alfombra de escuma crebacabezas | A Salvo | Estar a Salvo | Correcta sen pechar. + 3 anos | Incorrección leve | Correcto |
Boneco bebé | Baby Born | Zapf Creations | Correcta sen pechar. + 3 anos | Correcto | Correcto |
Xoguete creativo con imáns e adhesivos | Barbie | Clementoni | Correcta sen pechar. + 7 anos | Incorrección grave | Incorrección moderada |
Boneco Barbie Bolboreta | Barbie | Mattel España | Mejorable. + 3 anos | Correcto | Correcto |
Bicicleta8 | Barbie | Stamp Care Products | – | Incorrección leve (8) | Correcto |
Túnel desmontable | Disney | Josman | Correcta sen pechar. + 3 anos | Correcto | Correcto |
Réplica de coche metálico | Hot Wheels | Mattel España | Correcta sen pechar. + 3 anos | Correcto | Correcto |
Réplica de cochiño para bebé | Graco | Tollytoys Limited (Hong Kong) | Correcta sen pechar. + 3 anos | Incorrección leve | Correcto |
Colgante de berce | Fisher Price | Mattel España | Correcto. 0-5 meses | Correcto | Correcto |
Papaventos con forma de avión | Imaginarium | Imaginarium | Non axeitada. 3-8 anos | Correcto | Correcto |
Xogo de mesa Conecta 4 | MB | Hasbro | Correcto. + 6 anos | Correcto | Correcto |
Discman con micrófonos | Imaginarium | Imaginarium | Correcto. 5-10 anos | Correcto | Correcto |
Disfrace | Los Lunnis | Josman | Correcto. 1-3 anos | Correcto | Correcto |
Pazo de xoguete | Fantasy Palace | Coinju | Non indica | Correcto | Correcto |
Boneco loita libre | Boxing King | Color Baby | Correcto sin cerrar+ 3 anos | Correcto | Correcto |
Xogo de plastilina Fun Factory | Play Doh | Hasbro Iberia | Correcta sen pechar. + 3 anos | Correcto | Correcto |
Tren de xoguete Geo-Trax | Fisher Price | Mattel España | Mejorable. + 2,5 anos | Correcto | Correcto |
Gorro con perruca | Widmann | Widmann | Non indica | Incorrección leve | Correcto |
Xoguete de arrastre con forma de helicóptero | Bonny el Piloto | V-Tech | Correcta sen pechar. + 12 meses | Correcto | Correcto |
Helicóptero teledirixido | Air Raiders | Giro Marketing & Sales | Correcto sin cerrar+ 8 anos | Correcto | Incorrección grave |
Xogo electrónico | Pokemon | Bandai | Correcto sin cerrar+ 6 anos | Correcto | Correcto |
Maletín de pintura | Mickey Mouse | Poessa | Non indica | Incorreccción leve | Correcto |
Moto de xoguete | Feber | Famosa | Correcta sen pechar. + 18 meses | Correcto | Correcto |
Loro con sons | Loro Molon | Hasbro Iberia | Correcto | Correcto | Correcto |
Manta de xogos para bebés | Chicco | Artsana | Mejorable. + 0 meses | Correcto | Correcto |
Marionetas de Brancaneves | Once Upon a Time | Crownwick Internationationl (Hong Kong) | Non indica | Incorrección leve | Correcto |
Máscara con luz e luva | Spiderman | Famosa | Non indica | Correcto | Correcto |
Boneco bebé | Nenuco mocosete | Famosa | Non indica | Correcto | Correcto |
Patinete | Pocoyo | Coloma y Pastor | Correcta sen pechar. + 3 anos | Correcto | Correcto |
Boneco para pintar | Pepo Pintame | Bizak | Correcto | Incorrección grave | Correcto |
Boneco para o baño | Pocoyo | Bandai | Correcto sin cerrar+ 18 meses | Correcto | Correcto |
Xogo de mesa con imáns | Picadotty | Step Two | Mejorable 3-6 anos | Correcto | Correcto |
Encerado para pintar | Aquadoodle | Bizak | Correcto | Correcto | – |
Campo de Fútbol | Playmobil | Geobra Branstätter | Correcto sin cerrar+ 5 anos | Correcto | Correcto |
Xogo de mesa ¿Quién es quién? | MB | Hasbro Iberia | Correcta sen pechar. + 6 anos | Correcto | Correcto |
Circuíto de carreiras con coches | Scalextric | Tecnitoys | Correcto. + 4 anos | Correcto | Correcto |
Axóuxere con ventosas | Sassy | Diset | Non indica | Correcto | Correcto |
Peluxe | Barrio Sesamo | United Labels Iberica | No adecuada. + 0 meses | Incorrección leve | Correcto |
XOGUETE | INFLAMABILIDADE 3 | SEGURIDADE ELÉCTRICA 4 |
TÓXICOS 5 | FTALATOS 6 | IMÁNS 7 |
---|---|---|---|---|---|
Boneco con bicicleta de montaña | – | – | Correcto | Correcto | – |
Xoguete de puntería | – | – | Correcto | – | – |
Alfombra de escuma crebacabezas | Correcto | – | – | – | – |
Boneco bebé | – | Coreecto | – | Correcto | – |
Xoguete creativo con imáns e adhesivos | – | – | – | – | Incorrección grave |
Boneco Barbie Bolboreta | Correcto | – | Correcto | – | – |
Bicicleta8 | – | – | Correcto | Correcto | – |
Túnel desmontable | Correcto | – | – | – | – |
Réplica de coche metálico | – | – | Correcto | – | – |
Réplica de cochiño para bebé | – | – | Correcto | – | – |
Colgante de berce | Correcto | Correcto | – | – | – |
Papaventos con forma de avión | Correcto | – | – | – | – |
Xogo de mesa Conecta 4 | – | – | – | – | – |
Discman con micrófonos | – | Incorrección moderada | – | – | – |
Disfrace | Correcto | – | Correcto | – | – |
Pazo de xoguete | – | Correcto | Correcto | Correcto | – |
Boneco loita libre | – | – | Correcto | Incorrección grave | – |
Xogo de plastilina Fun Factory | – | – | Correcto | – | – |
Tren de xoguete Geo-Trax | – | – | Correcto | – | – |
Gorro con perruca | Incorrección moderada | – | – | – | – |
Xoguete de arrastre con forma de helicóptero | Correcto | Correcto | Correcto | – | – |
Helicóptero teledirixido | – | Correcto | – | – | – |
Xogo electrónico | – | Correcto | – | – | – |
Maletín de pintura | – | – | Correcto | Incorrección grave | – |
Moto de xoguete | – | Incorrección leve | – | – | – |
Loro con sons | Correcto | Correcto | – | – | – |
Manta de xogos para bebés | Correcto | – | Correcto | – | – |
Marionetas de Brancaneves | Correcto | – | Correcto | – | – |
Máscara con luz e luva | Correcto | Correcto | Correcto | – | – |
Boneco bebé | – | Incorreccción moderada | – | Correcto | – |
Patinete | – | – | Correcto | – | – |
Boneco para pintar | Correcto | – | Correcto | Correcto | – |
Boneco para o baño | – | – | Correcto | Correcto | – |
Xogo de mesa con imáns | – | – | Correcto | – | Correcto |
Encerado para pintar | – | – | – | Correcto | – |
Campo de Fútbol | – | – | – | – | – |
Xogo de mesa ¿Quién es quién? | – | – | – | – | – |
Circuíto de carreiras con coches | – | Correcto | – | – | – |
Axóuxere con ventosas | – | – | – | – | Correcto |
Peluxe | Correcto | – | – | – | – |
* En todos os xoguetes avaliouse a información ao consumidor, que se deseñaran dun xeito seguro e mais a adecuación ás idades publicitadas na etiquetaxe. Estudáronse ademais riscos específicos relacionados con inflamabilidade, electricidade, tóxicos ou imáns naqueles xoguetes nos que se estimou que podía existir risco.
1. Idade: Un equipo de expertos en xogo e educación avaliou os xoguetes dende o punto de vista pedagóxico e de usabilidade. Este equipo emitiu unha valoración sobre a idade recomendada na etiquetaxe. A indicación é mellorable se hai un lixeiro desfase entre a indicación e a recomendación dos expertos. Correcta sen pechar indica que falta unha orientación sobre o límite final aconsellable de uso do xoguete. Algúns xoguetes inclúen a advertencia legal de seguridade “Xoguete non recomendado para nenos menores de 36 meses”, entendemos que se trata dunha advertencia de seguridade e non dunha recomendación de uso.
2. Etiquetaxe, deseño e construción: Fai referencia ao nivel de cumprimento das normas EN 71-1, EN 71-5 e EN 14765.
3. Inflamabilidade: Fai referencia ao nivel de cumprimento da norma EN 71-2.
4. Seguridade eléctrica: Fai referencia ao nivel de cumprimento da norma EN 62115.
5. Tóxicos: Fai referencia ao nivel de cumprimento da norma EN 71-3. Os tóxicos analizados foron: arsénico, bario, cadmio, cromo, mercurio, chumbo, antimonio e selenio.
6. Ftalatos: Fai referencia ao nivel de cumprimento da Directiva 2005/84/CE.
7. Imáns: Fai referencia ao nivel de cumprimento da Decisión 2008/329/CE.
8. Bicicleta Barbie viña sen manual de instrucións e, polo tanto, non se puideron valorar as indicacións de idade. CONSUMER EROSKI descoñece se a responsabilidade é do fabricante ou do comercio no que se adquiriu.
Un a un
Os 8 xoguetes que incumpren a norma de seguridade
Xoguete Creativo con moldes, imáns e adhesivos Barbie
- Idade indicada: maiores de 7 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
- Incumpre a norma de seguridade: Non inclúe a advertencia obrigatoria do risco grave e ás veces mesmo mortal que pode supor a inxestión de imáns.
- Inclúe bolsas de láminas de plástico flexible cun grosor inferior ao que indica a norma (de 0,02 milímetros, cando deberían ser polo menos de 0,038 milímetros para evitar o risco de asfixia).
- Etiquetaxe incorrecta: Non inclúe as advertencias especiais sobre primeiros auxilios que son obrigatorias en xoguetes químicos. *Hai letras de tamaño inferior ao obrigatorio.
Discman con micrófonos Imaginarium
- Idade indicada: De 5 a 10 anos. Correcta.
- Incumpre a norma de seguridade: Ao provocar un curtocircuíto a pila quece por riba dos 45 ºC indicados pola norma.
- Etiquetaxe incorrecta: Non incluía unha mención obrigatoria sobre a necesidade de desconectar o transformador antes de limpalo.
Figura de loita libre Boxing King
- Idade indicada: maiores de 3 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
- Incumpre a norma de seguridade: Contén ftalatos, un tóxico prohibido en produtos para nenos porque pode provocar desarranxos hormonais.
Gorra de pallaso con perruca Widmann
- Idade indicada: Ningunha.
- Incumpre a norma de seguridade: Ao aplicar unha chama sobre a borla durante 5 segundos tardou 4 en apagarse (non deberían ser máis de 2 segundos).
- A lapa percorreu máis dos 70 mm admitidos pola norma antes de apagarse e no tecido do gorro propagouse 24 mm/segundo, cando a lei obriga a que non sexan máis de 10 mm/segundo.
- Etiquetaxe incorrecta: Inclúe o símbolo CE na súa etiquetaxe, pero dun tamaño inferior á norma.
Helicóptero teledirixido
- Idade indicada: maiores de 8 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
- Incumpre a norma de seguridade: As hélices sáense do eixe e deixan ao descuberto unha punta perigosa se se lles aplica unha forza de 48 newtons (deberían soportar 60).
Maletín de pintura Mickey Mouse
- Idade indicada: Ningunha.
- Incumpre a norma de seguridade: Contén ftalatos, un tóxico prohibido en produtos para nenos porque pode provocar desarranxos hormonais.
- Etiquetaxe incorrecta: O enderezo do importador vén no plástico desbotable e non se recomenda gardalo.
Pepo Píntame
- Idade indicada: maiores de 18 meses.
- Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
- Incumpre a norma de seguridade: O bolso amarelo xerou pezas pequenas ao tirar del.
Os 21 xoguetes que deben mellorar as indicacións de idade
-
Xogo de mesa ‘¿Quién es Quién?’
- Idade indicada: maiores de 6 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Boneco con bicicleta de montaña, Action Man
- Idade indicada: para maiores de 4 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Boneco bebé, Baby Born
- Idade indicada: maiores de 3 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Túnel desmontable Disney
- Idade indicada: maiores de 3 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Réplica de coche metálico Hot Wheels
- Idade indicada: maiores de 3 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Boneco para o baño Pocoyo
- Idade indicada: maiores de 18 meses.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Manta de xogos para bebés Chicco
- Idade indicada: Dende os 0 meses.
- Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
-
Tren de xoguete Geo-Trax
- Idade indicada: maiores de 2,5 anos.
- Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
-
Xoguete de arrastre con forma de helicóptero Bonny o Piloto
- Idade indicada: maiores de 12 meses.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Xogo eléctrónico Pokémon
- Idade indicada: para maiores de 6 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Marionetas de Brancaneves, Once Upon a Time:
- Idade indicada: Ningunha.
-
Palacio de xoguete Fantasy Palace:
- Idade indicada: Ningunha.
-
Campo de fútbol Playmobil
- Idade indicada: maiores de 5 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Máscara con luz e luva Spiderman:
- Idade indicada: Ningunha.
-
Encerado para debuxar Aquadoodle
- Idade indicada: para maiores de 18 meses.
- Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
-
Boneca Barbie Mariposa:
- Idade indicada: para maiores de 3 anos.
- Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
-
Axóuxere con ventosas Sassy:
- Idade indicada: Ningunha.
-
Patinete Pocoyo
- Idade indicada: maiores de 3 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Xogo de plastilina Play-Doh:
- Idade indicada: maiores de 3 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Xoguete de puntería Buzz-Bee Toys:
- Idade indicada: maiores de 6 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
-
Xogo de mesa con imáns Picadotty:
- Idade indicada: para nenos de 3 a 6 anos.
- Lixeiro desfase coa recomendada polos expertos.
Os 6 xoguetes con etiquetaxe incorrecta.
Alfombra de escuma crebacabezas A Salvo
- Idade indicada: para maiores de 3 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
- Etiquetaxe incorrecta: Inclúe o nome do importador pero non o seu enderezo.
Bicicleta Barbie
- Idade indicada: Ningunha.
- Etiquetaxe incorrecta: O xoguete non incluía manual de instrucións.
- A responsabilidade pode ser do fabricante ou do comercio.
Réplica de cochiño para bebé Graco
- Idade indicada: maiores de 3 anos.
- Non informa da idade máxima orientativa.
- Etiquetaxe incorrecta: Indica o enderezo do fabricante pero non do importador en España ou na Unión Europea.
Cometa con forma de avión Imaginarium
- Idade indicada: De 3 a 8 anos. Incorrecta.
- Os nenos de 3 anos son demasiado pequenos para usala activamente, só poden ser meros espectadores.
- Etiquetaxe incorrecta: O símbolo CE é de tamaño inferior ao especificado.
Moto de xoguete Feber
- Idade indicada: maiores de 18 meses.
- Non informa da idade máxima orientativa.
- Etiquetaxe incorrecta: O xoguete indicaba que as pilas da bucina eran substituíbles, pero non explicaba como facelo.
Peluxe Barrio Sésamo
- Idade indicada: Dende os 0 meses. Incorrecta.
- O neno debe ter polo menos 9 meses para gozar do xoguete.
- Etiquetaxe incorrecta: Falta unha advertencia para que os engarzamentos se retiren antes de lle dar o xoguete ao neno.
Os 5 xoguetes que cumpren con todas as normas
- Xogo de mesa Conecta 4: Idade indicada: maiores de 6 anos.
- Disfraz dos Lunnis: Idade indicada: de 1 a 3 anos.
- Loro con sons Loro Molón: Idade indicada: maiores de 5 anos.
- Circuíto de carreiras con coches Scalextric: Idade indicada: maiores de 4 anos.
- Colgante de berce de Fisher Price: Idade indicada: 0-5 meses.