Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, polo tanto, unha vixencia limitada.

Dereito sucesorio : Para evitarmos situacións desagradables, o mellor é testar

Deixar todo ben atado en vida cun testamento custa entre 36 e 60 euros, e aforra numerosos crebacabezas

A lexítima

  • /imgs/20060901/img.informe.03.jpgEn cantas partes se divide unha herdanza? O caudal hereditario divídese por disposición legal en tres terzos: a “lexítima”, a “mellora” e o “terzo de libre disposición”. A lexítima é a parte dos bens da herdanza da que o testador non pode dispor libremente, aínda que desexe facelo, porque por lei se reserva a determinados herdeiros chamados forzosos, salvo que o testador decida desherdalos expresamente. O alcance da lexítima está en función das persoas que participen na herdanza. Pola súa banda, o terzo de mellora pódese empregar para favorecer en especial a algún ou algúns fillos ou descendentes; se non se dispón sobre el expresamente, enténdese que incrementa a contía da lexítima. Co terzo libre disposición o testador poderá facer o que crea conveniente.
  • Por que e cando hai que facer a partición da herdanza? Pódese dar o caso de que o testador non se limitara a designar herdeiros no testamento, senón que tamén realizara nese testamento un reparto ou partición dos bens entre os herdeiros, asignándolle a cada un deles bens concretos en pagamento da súa cota hereditaria. É o chamado testamento particional. Neste caso, os herdeiros deberanse axustar ao ordenado polo testador no seu testamento en orde ao reparto dos bens, cando non prexudique a lexítima dos herdeiros forzosos. Tamén é posible que o testador, en atención á conservación da empresa ou en interese da súa familia, queira preservar indivisa unha explotación económica ou ben manter o control dunha sociedade de capital ou grupo destas. Neste caso, pode usar esta facultade, dispondo que se pague en metálico a súa lexítima aos demais interesados.

A herdanza non é libre

O testador é libre de deixarlles os seus bens a quen queira? Non. Existe a obriga legal de deixarlles algo -a lexítima- aos descendentes, ascendentes e cónxuxe, segundo os casos, denominados por iso herdeiros forzosos. Pero cómpre ter en conta que as normas non son iguais para toda España. Existen determinados territorios que teñen uns dereitos especiais, históricos, chamados “Dereitos Forais”, que regulan de xeito diferente todo o tocante ao testamento e ás herdanzas.

Canto lles hai que deixar aos herdeiros forzosos?

  • Aos fillos e descendentes (netos, bisnetos, etc.), dous terzos da herdanza. Un dos terzos débese dividir en partes iguais entre os fillos, e o outro terzo (o chamado de mellora) pódese distribuír libremente entre eles ou deixarllo a un só dos descendentes.
  • Se non se teñen fillos nin descendentes, os ascendentes (pais, avós, etc.), herdando en primeiro lugar os proxenitores, teñen dereito á metade do haber hereditario dos fillos e descendentes, salvo o caso en que concorresen á herdanza co cónxuxe viúvo do causante; nese suposto a lexítima dos pais ou ascendentes será dunha terceira parte da herdanza.
  • O cónxuxe viúvo tamén é un dos herdeiros forzosos do finado, e ten dereito ao usufruto do terzo destinado á mellora se concorre á herdanza con fillos ou descendentes; de non existiren descendentes, pero si ascendentes, terá dereito ao usufruto da metade da herdanza. De non existiren descendentes nin ascendentes, o cónxuxe sobrevivinte terá dereito ao usufruto dos dous terzos da herdanza.

Poden os pais desherdar un fillo? O testador non pode desherdar sen máis ao seu capricho. Na lei establécense cales son as causas de desherdación, e fóra destas causas non se pode dar a desherdación. Se, aínda así, se realiza a desherdación e non se expresa a súa causa, non se proba ou é distinta das que se establecen legalmente, pode ser anulada polos tribunais.

Paxinación dentro deste contido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións