Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Aprender idiomas : Os idiomas, materia pendente

Claves da aprendizaje

En opinión de Minie Izagirre, tradutora e profesora de inglés nacida en Inglaterra e con anos de experiencia na ensinanza de idiomas, calquera pode adquirir un nivel básico de comunicación nun curso de nove meses. Para ela, “este nivel dota o estudante de funcións tan básicas como dar e pedir información persoal, preguntar enderezos, manexarse en restaurantes, hoteis, tendas e medios de transporte, sempre aceptando que a comunicación será limitada e que se cometerán erros”. Para Roberto Tárrega, a aprendizaxe do idioma está garantida con catro horas semanais de dedicación. Tárrega asegura que, cumprindo este horario, “en ano e medio unha persoa pódese desenvolver tranquilamente en inglés”.
Ir un paso máis alá e adquirir un nivel alto de coñecemento do idioma depende en boa medida, segundo Minie Izagirre, do nivel de necesidade e de esixencia de cada alumno, e mais da súa motivación e do seu esforzo persoal. Segundo ela, un estudante novo pode adquirir un bo nivel en tres cursos, mentres que outro de máis idade pode tardar cinco ou seis. Sinala tamén que “a perfección non se alcanza nunca e que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira dura toda a vida, pero as satisfaccións que reporta tanto a súa aprendizaxe coma a súa práctica saboréanse sempre”.
Un estudo realizado por ACEICOVA coincide coa profesora Izagirre en que na aprendizaxe dun idioma conflúen varios factores que determinan o tempo de aprendizaxe e o nivel que se acadará. Así, a capacidade do alumno, as circunstancias que a motivan, a calidade da ensinanza, a frecuencia de estudo e a súa dispoñibilidade para traballar no idioma fóra das horas lectivas influirán decisivamente no resultado final.
Para Carmen Ros, o tempo de aprendizaxe tamén depende do nivel co que se chega á academia. Así, recoñece que “se o estudante pasou pola educación regrada cun mínimo aproveitamento pode ter moi bo nivel de gramática, pero pode fallar moito na linguaxe oral. E nas academias refórzase a parte da comunicación máis deficitaria”. Tamén insiste en que, antes de comezar un curso, se lle pregunta ó estudante cal é o seu obxectivo. No caso de cursos que se lle ofrecen ó persoal dunha empresa, o obxectivo é ter un inglés fluído a nivel de conversa, polo que se reforza máis esta parte.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións