Torradoras de pan de dúas rañuras

Pagar máis non sempre compensa

Nin as poucas funcións engadidas nin as diferenzas na proba de torrado xustifican que algunhas custen un 50% máis cás outras.
1 Setembro de 2004

Pagar máis non sempre compensa

/imgs/20040901/img.analisis2.01.jpg
Analizáronse oito torradoras eléctricas de pan, seis das cales teñen prezos moi semellantes (entre os 18,23 euros de Taurus Planet II e os 21,18 euros de Fagor Alba TTE 750V), mentres que Bosch TAT 4301 (28,56 euros) e Rowenta Sensor Electronic (28,40 euros) son notablemente máis caras. A mellor relación calidade-prezo deste comparativo é Ufesa TT7915: unha das máis baratas (19,90 euros), aproba en tódolos tests de laboratorio e é a mellor na proba de torrado.

As torradoras eléctricas permiten torrar o pan de xeito rápido, sinxelo, sen lixar a cociña e sen necesidade de engadir graxa ningunha. Por iso, foron substituíndo ós poucos o costume de preparar o pan nunha tixola cun chisco de aceite.

O mercado ofrece tres tipos de torradoras: as planas permiten torrar toda clase de pan e bolos, pero desaproveitan boa parte da súa capacidade calorífica e o propio usuario debe virar manualmente o produto; as de dúas rañuras, preparadas especificamente para torrar á vez dúas rebandas de pan de ‘sándwich’; e as que só dispoñen dunha rañura na que caben rebandas de pan máis grosas ou bolería. As oito torradoras deste estudo son de dúas rañuras, as máis vendidas.

Medíronse no laboratorio tódolos aspectos relativos á seguridade destes aparellos e os oito aprobaron as esixentes probas ás que foron sometidos. Mesmo trala proba de ignición (someter as torradoras a un fío incandescente durante 30 segundos) e trala de funcionamento anormal (cunha potencia superior á nominal) seguiron funcionando con normalidade. Tamén superaron o ensaio de compatibilidade electromagnética, que comproba que non xeran interferencias na liña eléctrica á que están enchufadas.

O que avultan

/imgs/20040901/img.analisis2.02.jpg
Un dos aspectos máis importantes nunha torradora é que non ocupe moito espazo. A máis pequena é Philips (27x17x15cm), seguida de Taurus e Ufesa, mentres que as máis voluminosas son Rowenta e Moulinex. Canto maior sexa a lonxitude do cable, maior será tamén a liberdade do usuario para colocar o equipo lonxe do enchufe. O cable máis longo é o de Philips, con 116 centímetros. Pola contra, o máis curto foi o de Moulinex, 75 centímetros. Tódalas bases fan a función de soporte no que enrolar o cable, agás Solac, que non dispón deste sistema.
Para a súa correcta limpeza, resulta esencial que conten cunha bandexa extraíble na que se vaian depositando as faragullas que se desprenden do pan e que caen ó fondo da torradora. Se non, as migallas de pan amoréanse e acaban carbonizadas no fondo. Tódalas torradoras inclúen esta bandexa que facilita a limpeza. Pero o sistema de Moulinex é distinto ó do resto: consiste nunha ampla trapela abatible que, segundo os técnicos, fai máis difícil os labores de limpeza da torradora.

O temporizador permite programar o tempo que se van torrar as rebandas. Cantas máis posicións inclúa unha torradora, maior será a capacidade de precisar o tempo de torrado e, polo tanto, mellor será o resultado final. Os reguladores de Ufesa, Rowenta, Fagor e Bosch ofrecen seis posicións, mentres que Moulinex, Solac, Philips e Taurus inclúen sete. Nas oito, ó rematar o tempo prefixado remata o torrado e as rebandas saen automaticamente. Polo tanto, os resortes de elevación (presentes en tódolos equipos, agás en Moulinex, Solac e Fagor) son cómodos, pero non imprescindibles. Catro das torradoras non só din que torran o pan, senón que tamén afirman torrar pan conxelado (Moulinex, Rowenta, Philips e Taurus). En realidade todas elas, indíqueno ou non, dan desconxelado e torrado o pan se se conectan á máxima potencia.

Amais da función de desconxelación, Moulinex e Rowenta inclúen opción de requentamento (sen torrar o pan).

O centrado automático presente en Ufesa, Rowenta e Taurus fai que a rebanda sempre estea no centro da reixa, co que o torrado resulta máis homoxéneo. A desconexión automática (Moulinex, Solac e Bosch) apaga a torradora ó rematar o tempo programado no temporizador, aínda que o pan estea no interior da reixa. Moulinex é a única na que a parada para comprobar a marcha do torrado se fai elevando os resortes, o resto ofrece un botón de “stop”. Rowenta e Bosch inclúen un accesorio para quentar boliños.

Philips é a única con interruptor xeral de apagado, que permite ter a torradora enchufada sen que se acenda ó introducir as torradas (máis segura para os nenos). Ningunha incorpora indicador luminoso de funcionamento, opción de “manter o pan quente” nin tampouco “torrado só por unha cara da rebanda”. Iso si, o tempo programado nos oito temporizadores pódese cambiar sobre a marcha e en todas as torradoras as paredes exteriores son frías (é dicir, están protexidas por materiais termoillantes), co que se minimiza o perigo de queimaduras. En resumo, Rowenta é a máis grande pero a que máis prestacións inclúe. As máis pobres en funcións son Fagor e Solac.

O consumo máximo de electricidade foi en tódolos casos inferior ó indicado, agás en Taurus, que resultou lixeiramente superior pero dentro das marxes que permite a norma (o seu consumo é 16 W superior ó indicado). Moulinex (685,7 W) e Taurus (716 W) son as que menos electricidade consomen, mentres que Ufesa (841 W) e Bosch (814,2 W) son as máis voraces no consumo de enerxía.

Proba de uso

Tódalas torradoras superaron (con matices) a proba de uso que levaron a cabo seis usuarios habituais desta clase de pequenos electrodomésticos. As valoracións amosan poucas diferenzas entre as mellores e peores puntuacións. Todas obtiveron un “ben”, pero con lixeiros matices: Philips, Fagor, Taurus e Bosch conseguen 3,8 puntos de 5 posibles, mentres que as puntuacións máis baixas corresponden a Solac e Moulinex, con 3,3 puntos e 3,4 puntos, respectivamente.

Fagor destacou pola claridade e utilidade do seu manual, Taurus, Bosch, Rowenta e Ufesa, polo seu aspecto exterior e acabado; e Philips, Fagor e Taurus, polas súas dimensións e peso. Moulinex é a que ten os mandos máis confusos. En facilidade de uso destacaron Rowenta, Fagor e Bosch, Philips e Bosch foron os equipos nos que as torradas se extraían máis facilmente, e Moulinex a mellor á hora de gardar o cable, aínda que obtivo un “regular” en facilidade de limpeza (pola súa trampa inferior que obriga a inclinar e sacudir o equipo para limpalo correctamente). Tamén obtiveron un regular Rowenta e Solac pola dificultade para gardar o cable (Solac non dispón de enrola-cables e o sistema de Rowenta é máis complicado có resto).

As oito torradoras inclúen un manual con toda a información esixible (información de seguridade, instalación, utilización, mantemento e limpeza do equipo). Con todo, diferiron non período de garantía ofrecido, que a lei fixa en dous anos: Fagor ofrece só seis meses, Bosch un ano, Solac dous anos e Taurus tres (aínda que nestas dúas últimas torradoras, só o primeiro ano é de garantía completa).
En calquera caso, aínda que o documento de garantía sexa incorrecto, o usuario está sempre amparado polos dous anos de garantía que establece a norma.

A clave está no torrado

O laboratorio comprobou o grao de torrado que acadaba cada equipo en diferentes posicións, sempre co mesmo tipo de pan de molde.

  • Posición mínima: Nesta posición o pan só quece. Non se atoparon diferenzas en uniformidade e textura entre os resultados dos diferentes aparellos.
  • Posición media: Neste punto os resultados si que foron desiguais entre os que máis torran e os que deixan pouco torrado o pan. Moulinex e Taurus conseguen un torrado desigual, o primeiro só torra unha cara e o segundo torra menos os laterais có centro da rebanda. Rowenta, Fagor e Taurus obteñen un dourado escaso.
  • Posición máxima: Nesta posición os resultados tamén son desiguais. Mentres que algúns torran o pan de maneira óptima, outros (como Fagor, Solac e Philips) queimárono. Isto pódese deber a que a posición máxima está pensada para torrar pan de maior grosor e textura distinta ás rebandas utilizadas. Moulinex falla na uniformidade do torrado. Taurus é a mellor nesta posición, aínda que outras tampouco chegan a queimar as torradas.
  • Torrar pan conxelado (‘posición desconxelación’ ou ‘posición máxima’): En Moulinex tamén falla en uniformidade e Solac e Fagor deixan o pan demasiado torrado.

En síntese e táboa comparativa

En síntese

  • Analizáronse oito torradoras de pan de dúas rañuras que custan desde os 18,23 euros de Taurus ata os 28,56 euros de Bosch e que están pensadas para torrar pan de molde.
  • As oito son seguras, non xeran interferencias e contan con manuais. Pero a garantía de Taurus, Bosch, Solac e Fagor é incorrecta, por non cubriren os dous anos mínimos que dita a lei.
  • Rowenta é a máis completa e Fagor e Solac as que menos funcións teñen. Moulinex é a que menos enerxía consome, pero tamén a máis difícil de limpar. Ufesa a que máis consome e Solac a única sen enrola-cables.
  • As diferenzas na proba de uso foron pequenas: as cualificacións van desde 3,3 puntos (Solac) ata 3,8 puntos (Philips, Fagor, Taurus e Bosch). Só Ufesa e Bosch superaron a proba de torrado en diferentes posicións.
  • A mellor relación calidade-prezo é Ufesa, por ser unha das máis baratas, por superar tódalas probas de laboratorio e por ser a mellor na proba de torrado.
MarcaModel UFESATT7915 TAURUSPlanet II BOSCHTAT 4301 PHILIPSComfort HD 2521
Prezo (euros) 19,90 18,23 28,56 20,34
Información e protección ó consumidor Correcto Correcto Correcto Correcto
Garantía produto Correcto (2 anos) Incumpre (1 ano) Incumpre (1 ano) Correcto (2 anos)
Seguridade Correcto Correcto Correcto Correcto
Compati- bilidade electro- magnética Correcto Correcto Correcto Correcto
Características técnicas
Dimensións (cm) 26,4×17,6 x15,8 26,9×17 x16 27,8×19,6 x16,3 27,1×16,8 x14,7
Consumo máximo (W) 841 716 814,2 789,5
Lonxitude do cable (cm) 94,5 99 111 116
Nº posicións de temperatura 6 7 6 7
Desconexión automática Non Non Non
Resortes elevación torradas
Función desconxelación Non Non
Función requentamentot Non Non Non Non
Centrado automático do pan Non Non
Sistema enrola-cables
Parada en funcionamento
Sistema de limpeza Bandexa Bandexa Bandexa Bandexa
Proba do torrado de pan
Posición mínima Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio
Posición media Satisfactorio Dourado escaso Satisfactorio Satisfactorio
Posición máxima Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio Dourado excesivo
Pan conxelado posición máxima Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio Satisfactorio
Pa congelat posició màxima 3,6 3,8 3,8 3,8
Marca Model SOLAC Maggic T203 MOULINEX TAOS ROWENTA Sensor Electronic FAGOR Alba TTE 750V
Prezo (euros) 19,32 19,97 28,40 21,18
Información e protección ó consumidor Correcto Correcto Correcto Correcto
Garantía produto Incumpre (1 ano) Correcto (2 anos) Correcto (2 anos) Incumpre (1 ano)
Seguridade Correcto Correcto Correcto Correcto
Compati bilidade electro magnética Correcto Correcto Correcto Correcto
Características técnicas
Dimensións (cm) 28,2×18,7 x15,9 28.5×18,3 x17,7 28,8×20,1 x17,8 27,5×18,9 x15,5
Consumo máximo (W) 734 685,7 799 752
Lonxitude do cable (cm) 101,5 74,5 95,5 104
Nº posicións de temperatura 7 7 6 6
Desconexión automática Non Non
Resortes elevación torradas Non Non Non
Función desconxelación Non Non
Función requentamentot Non Non
Centrado automático do pan Non Non Non
Sistema enrola-cables Non
Parada en funcionamento
Sistema de limpeza Bandexa Trapela Bandexa Bandexa
Proba do torrado de pan
Posición mínima Satis factorio Satis factorio Satis factorio Satis factorio
Posición media Satis factorio Non uniforme Dourado escaso Dourado escaso
Posición máxima Dourado excesivo Non uniforme Satis factorio Dourado excesivo
Pan conxelado posición máxima DDourado excesivo Non uniforme Satis factorio Dourado excesivo
Pa congelat posició màxima 3,3 3,4 3,7 3,8

Unha a unha

Unha a unha, oito torradoras eléctricas de dúas rañuras

Ufesa TT7915

  • 19,90 euros.
  • A mellor relación calidade-prezo. A que máis electricidade consome. Con sistema enrola-cables, resortes de elevación das torradas, centrado automático do pan e parada durante o funcionamento. Torrado uniforme e satisfactorio nas catro posicións do regulador estudadas.
  • Proba de uso: 3,6 puntos sobre 5, gusta o seu aspecto exterior e acabado.

Taurus Planet II

  • 18,23 euros, a máis barata.
  • Non ofrece os dous anos mínimos de garantía. Con sistema enrola-cables, resortes de elevación das torradas, centrado automático do pan, posición de pan conxelado e parada durante o funcionamento. Na posición media obtense un torrado escaso e pouco uniforme.
  • Proba de uso: 3,8 puntos sobre 5, gusta polo seu aspecto exterior, acabado, dimensións e peso.

Bosch TAT 4301

  • 28,56 euros, a máis cara.
  • Non ofrece os dous anos mínimos de garantía. Con enrola-cables, dispositivo de desconexión automática, resortes de elevación das torradas e parada durante o funcionamento. Torrado satisfactorio e uniforme nas catro posicións.
  • Proba de uso: 3,8 puntos sobre 5, ben en aspecto exterior e acabado, facilidade de uso e extracción das torradas. Apta para manichos.

Philips Comfort HD 2521

  • 20,34 euros.
  • A máis pequena e a de cable máis longo. É o único equipo con posición de apagado (máis seguro). Con enrola-cables, resortes de elevación das torradas, posición de pan conxelado e parada durante o funcionamento. Torra demasiado na posición máxima.
  • Proba de uso: 3,8 puntos sobre 5, ben en claridade e utilidade dos menús, controis e iconas, dimensións e peso e extracción das torradas.

Solac Maggic T203

  • 19,32 euros, a segunda máis barata.
  • Non ofrece os dous anos mínimos de garantía.
  • Sen enrola-cables. Das de menos funcións: só ten dispositivo de desconexión automática e parada durante o funcionamento. Torra demasiado o pan de molde, tanto fresco coma conxelado, na máxima posición.

Proba de uso: 3,3 puntos sobre 5.

Moulinex TAOS

  • 19,97 euros
  • O cable máis curto. O que menos electricidade consome. Con sistema enrola-cables, trapela recolle-migas peor valorada, dispositivo de desconexión automática, posición de pan conxelado, requenta e permite a parada durante o funcionamento. O torrado do pan non é homoxéneo en ningunha das posicións: torra máis unha cara cá outra.
  • Proba de uso: 3,4 puntos sobre 5, gusta pola súa facilidade para gardar o cable, pero é criticada por presentar os mandos máis confusos e por ser a máis difícil de limpar.

Rowenta Sensor Electronic

  • 28,40 euros, a segunda máis cara.
  • A máis grande e completa: sistema enrola-cables, resortes de elevación das torradas, centrado automático do pan, posición de pan conxelado, requenta e permite a parada durante o funcionamento. Na posición media do temporizador obtense un escaso torrado do pan.
  • Proba de uso, 3,7 puntos sobre 5: gusta o seu aspecto exterior e acabado e a súa facilidade de uso e, ademais, é a máis fonda. Dá traballo recoller o cable.

Fagor Alba TTE 750V

  • 21,18 euros.
  • Non ofrece os dous anos mínimos de garantía. Das de menos funcións: sistema enrola-cables, e parada durante o funcionamento. Na posición media obtense un torrado escaso, mentres que na máxima posición torra demasiado o pan de molde, tanto fresco coma conxelado.
  • Proba de uso: 3,8 puntos sobre 5, gusta pola claridade e utilidade do seu manual, dimensións, peso e facilidade de uso.