Os de tres capas son máis caros, pero non máis suaves
Analizáronse no laboratorio e sometéronse a un panel de usuarios nove mostras de papel hixiénico, sete deles de dúas capas e outros dous de tres. Como cada rolo ten unha lonxitude moi distinta (tamén o é o seu número de servizos), para comparar o seu prezo comprobouse a lonxitude de papel que ofrecen. Así, o máis barato é Foxy, que custa 8 céntimos de euro cada dez metros de papel, fronte aos 17 céntimos por cada dez metros que custa Scottex acolchado. Foxy, o máis barato, é un dos catro papeis de mellor calidade, polo que resulta a mellor relación calidade-prezo.
Os de menor gramaxe son Renova clásico de dúas capas (33,1 g/m2) e Foxy (34,7 g/m2, que tamén é o máis delgado). Scottex acolchado e Colhogar Resistant, ambos os dous de tres capas, son os de maior peso por metro cadrado (51,5 g/m2 e 48,3 g/m2 respectivamente) e maior grosor (495 µm e 618 µm). Non obstante, os resultados desta proba obxectiva contrastan coa opinión dos consumidores. Doce usuarios valoraron a suavidade, a espesura e a rugosidade destes produtos e, en contra do que puidese parecer, as dúas mostras de tres capas foron as peor valoradas: Colhogar Resistant quedou en 6,7 puntos de 10 e Scottex acolchado en 6,9 puntos. Así, o máis suave segundo os consumidores é Renova Progress XXL, o único que consegue un “moi satisfactorio”, seguido de Colhogar Dermia, Scottex acolchado e Scottex Megarrolo, que acadan un “satisfactorio”, mentres que o resto non pasan dun “correcto”.
Mediuse a resistencia de cada un dos papeis en húmido e en seco e tanto en sentido lonxitudinal como en transversal. Renova clásico e Foxy demostraron ser os máis resistentes, seguidos de Colhogar Resistant e de Renova Progress XXL, que acadaron un “satisfactorio”. Os tres de Scottex e Colhogar Extra longo quedaron nun “correcto” e Colhogar Dermia nin sequera aprobou este test.
Para medir a capacidade de absorción mediuse a cantidade de mililitros que son capaces de reter por servizo, o coeficiente de absorción de cada mostra e o seu comportamento en húmido. Foxy e Scottex megarrolo demostraron un comportamento excelente, mentres que Renova Progress XXL suspendeu a proba.
Scottex megarrolo é o rolo máis grande dos estudados: o máis pesado (140 g), o máis longo (40,8 m) e o de maior diámetro (12,6 cm). Todo iso non ten por que ser positivo, xa que en moitos dispensadores non cabe un rolo tan avultado. O diámetro máis reducido foi o de Renova clásico, con 9,9 centímetros. As catro mostras que se autodenominan “compactas” (máis metros de papel nun diámetro similar) son as que ofrecen unha lonxitude superior.
O número de servizos que proporciona cada rolo ofrece unha medida indirecta do número de usos. Os non compactos son os máis parcos neste apartado: dende os 130 servizos de Colhogar Dermia, Colhogar Resistant e Renova clásico ata os 144 de Scottex acolchado. Entre os compactos as diferenzas son significativas: Scottex megarrolo chega aos 326 servizos, mentres que Colhogar Extra longo non pasa dos 200. Iso si, os servizos son de tamaños moi distintos. Os máis grandes son os de Foxy, Colhogar Resistant e as tres mostras de Scottex, os cinco con 117,5 cm2. O servizo máis pequeno é o de Renova Progress XXL, con 112,5 cm2.
As dúas mostras de Renova eran as únicas lisas e o resto estaban decoradas. No tocante á cor, oito dos papeis eran brancos e o noveno, Colhogar Resistant Perfumado, rosa. Se ben todas as mostras brancas tiñan un nivel de brancura axeitado, a menos “branca” delas era Renova dúas capas clásico. Os dous de Renova son os únicos con substancias branqueadoras, que se poden ver cunha luz ultravioleta.
No que atinxe á facilidade de uso, é Scottex megarrolo, o único que obtén un “satisfactorio”. O peor comportamento, considerado “insatisfactorio”, é o de Renova clásico. As máis das mostras acadaron un modesto “correcto”. Colhogar Dermia é o papel con mellor presenza, seguido de Scottex Megarrolo, de Scottex acolchado e de Foxy. O resto conseguiu resultados simplemente “correctos”.
En definitiva, unha vez ponderados os resultados de todos os ensaios realizados e primando os criterios que máis inflúen na elección dun papel hixiénico ou doutro (un 53% á suavidade, un 19% á capacidade de absorción, un 18% á resistencia, un 7% á practicidade e un 3% ao aspecto visual) comprobouse que ningún resulta “moi satisfactorio”: Scottex megarrolo, Foxy, Renova Progress XXL e Scottex acolchado de tres capas acadan un “satisfactorio” mentres que o resto non pasan do “correcto”.
Todos os papeis hixiénicos están feitos de madeira, pero existen diferentes tratamentos para conseguir a pasta inicial. Utilícese o sistema que se utilice, a pasta será amarelada, polo que sempre cumprirá embranquecer as fibras. As pastas de Colhogar, Renova Progress XXL, Foxy e Scottex megarrolo son de pura celulosa, mellor ca o resto. Despois van as de celulosa (Scottex Máxima suavidade e consistencia e Scottex acolchado) e, para rematar, as de peor calidade son as de celulosa mesturada, que utiliza Renova clásico.
Para reducir a corta de árbores precisa para a inxente cantidade de papel hixiénico que a nosa sociedade consume cada ano, sectores conservacionistas propoñen o uso de pastas procedentes de fragas sostibles ou, o que é mellor, que proveñan do reciclado de cartón, xornais, revistas e recortes. Ningún dos nove papeis analizados utilizou pastas recicladas, non sendo en Renova clásico, onde aparece unha pequena cantidade.
En síntese e Táboa comparativa
- Analizáronse nove mostras de papel hixiénico, sete de dúas capas e dúas de tres capas, que custan dende os 8 céntimos de euro por 10 metros de papel de Foxy ata os 17 céntimos de Scottex acolchado. O número de rolos por cada paquete (excluíndo os que veñen “de regalo”) variou dende os 9 rolos de Scottex acolchado ata os 25 rolos de Colhogar Extra longo.
- Os rolos compactos (os que din ofrecer máis metros de papel nun rolo dun diámetro similar) realmente ofrecen moita máis cantidade de papel ca os convencionais. Renova e Scottex compactos ofrecen máis do dobre ca o resto. Así e todo, Scottex Extra longo só achega un 50% máis (o que indica a súa etiquetaxe).
- Os usuarios non percibiron que os papeis de tres capas sexan máis suaves, de feito obtiveron peores valoracións ca o resto.
- Colhogar Dermia non era resistente abondo, Renova dúas capas clásico falla en practicidade e Renova Progress XXL non absorbe o mínimo requirido. Renova Progress XXL é o máis suave, Colhogar Dermia o de mellor aspecto visual e Renova dúas capas e Foxy os máis resistentes. A maior capacidade de absorción achégana Foxy e Scottex megarrolo.
- Ningún chega ao “moi satisfactorio”, Scottex Acolchado, Scottex megarrolo, Renova Progress XXL e Foxy acadan un “satisfactorio” e o resto non pasan do “correcto”.
- A mellor relación calidade-prezo é Foxy Super soft, o papel máis barato e un dos catro de mellor calidade.
Marca | Foxy Super Soft | Scottex Megarollo | Colhogar Extra largo | Renova Progress XXL | Colhogar Dermia |
---|---|---|---|---|---|
Tipo | 2 capas compacto | 2 capas compacto | 2 capas compacto | 2 capas compacto | 2 capas clásico |
Número de rolos | 12 | 12 | 32 (25+7) | 16 (12+4) | 12 (10+2) |
Prezo (euros/10 metros) | 0,08 | 0,11 | 0,10 | 0,12 | 0,12 |
Características compoñentes* * | |||||
Pastas mecánicas ou CTMP (%) | Trazas | Trazas | Ausencia | Ausencia | Ausencia |
Pastas recicladas (%) | ND | ND | ND | ND | ND |
Denominación | Pura celulosa | Pura celulosa | Pura celulosa | Pura celulosa | Pura celulosa |
Características xerais | |||||
Diámetro do rolo (cm) | 11,1 | 12,6 | 11,7 | 11,4 | 11,2 |
Lonxitude do rolo (m) | 34,4 | 40,8 | 25 | 35,6 | 16,2 |
Peso neto rolo (g) | 115,3 | 139,9 | 86,8 | 115,5 | 55,2 |
Número de capas | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 |
Número de servizos | 280 | 326 | 200 | 285 | 130 |
Superficie de servizo (cm2) | 118,1 | 117,5 | 116,4 | 112,5 | 114,1 |
Características xerais | |||||
Suavidade | Correcta | Satisfactoria | Correcta | Moi satisfactoria | Satisfactoria |
Resistencia | Moi satisfactoria | Correcta | Correcta | Satisfactoria | Insatisfactoria |
Capacidade de absorción | Moi satisfactoria | Moi satisfactoria | Satisfactoria | Insatisfactoria | Correcta |
Facilidade de uso | Correcta | Satisfactoria | Correcta | Correcta | Correcta |
Aspecto visual | Satisfactoria | Satisfactoria | Correcta | Correcta | Moi satisfactoria |
Calidade global | Satisfactoria | Satisfactoria | Correcta | Satisfactoria | Correcta |
Marca | Renova Papel hixiénico | Scottex Máxima suavidade e consistencia | Colhogar Resistant perfumado | Scottex Acolchado |
---|---|---|---|---|
Tipo | 2 capas clásico | 2 capas clásico | 3 capas clásico | 3 capas clásico |
Número de rolos | 24 | 16 (12+4) | 12 | 9 |
Prezo (euros/10 metros) | 0,12 | 0,14 | 0,15 | 0,17 |
Características compoñentes * | ||||
Pastas mecánicas ou CTMP (%) | 17 | 8 | Trazas | 10 |
Pastas recicladas (%) | Pequena cantidade | ND | ND | ND |
Denominación | Celulosa mesturada | Celulosa | Pura celulosa | Celulosa |
Características xerais | ||||
Diámetro do rolo (cm) | 9,9 | 10,2 | 11,7 | 11,5 |
Lonxitude do rolo (m) | 16,3 | 17,5 | 16,3 | 18 |
Peso neto rolo (g) | 50,2 | 63,6 | 73,7 | 86,9 |
Número de capas | 2 | 2 | 3 | 3 |
Número de servizos | 130 | 140 | 130 | 144 |
Superficie de servizo (cm2) | 116,25 | 117,5 | 117,5 | 117,5 |
Características xerais | ||||
Suavidade | Correcta | Correcta | Correcta | Satisfactoria |
Resistencia | Moi satisfactoria | Satisfactoria | Correcta | Correcta |
Capacidade de absorción | Correcta | Satisfactoria | Correcta | Satisfactoria |
Facilidade de uso | Insatisfactoria | Correcta | Correcta | Correcta |
Aspecto visual | Correcta | Correcta | Correcta | Satisfactoria |
Calidade global | Correcta | Correcta | Correcta | Satisfactoria |
*As pastas de papel de “pura celulosa” son as de mellor calidade para confeccionar o papel hixiénico, as de “celulosa” ofrecen unha calidade intermedia e nas de “celulosa mesturada” o resultado é máis mediocre.
Un a un
Un a un, 9 papeis hixiénicos
Foxy Super Soft
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.01.jpg Papel hixiénico branco 2 capas compacto. 12 rolos.- 0,08 euros/10 metros de papel, o máis barato.
- Calidade global: Satisfactoria.
- A mellor relación calidade-prezo. Elaborado con pura celulosa (a mellor pasta).
- Destaca en: aspecto visual, resistencia e capacidade de absorción.
Scottex megarrolo
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.02.jpg Papel hixiénico branco 2 capas compacto. 12 rolos.- 0,11 euros/10 metros de papel.
- Calidade global: Satisfactoria.
- Elaborado con pura celulosa (a mellor pasta).
- Destaca en: suavidade, aspecto visual, practicidade e capacidade de absorción por servizo.
Colhogar Extra longo
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.03.jpg Papel hixiénico branco 2 capas compacto. 25 rolos (7 máis “de regalo”).- 0,10 euros/10 metros de papel, o segundo máis barato.
- Calidade global: Correcta.
- Elaborado con pura celulosa (a mellor pasta).
- Destaca en: capacidade de absorción.
- Aspectos que cómpre mellorar: o seu número de servizos e a lonxitude de papel. É o rolo compacto menos longo (25 m) e o de menor número de servizos (200).
Renova Progress XXL
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.04.jpg Papel hixiénico branco 2 capas compacto. 12 rolos (4 máis “de regalo”).- 0,12 euros/10 metros de papel.
- Calidade global: Satisfactoria.
- Elaborado con pura celulosa (a mellor pasta).
- Destaca en: suavidade e resistencia.
- Aspectos negativos: capacidade de absorción.
Colhogar Dermia
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.05.jpg Papel hixiénico branco 2 capas. 10 rolos (2 máis “de regalo”).- 0,12 euros/10 metros de papel.
- Calidade global: Correcta.
- Elaborado con pura celulosa (a mellor pasta).
- Destaca en: suavidade e aspecto visual.
- Aspectos negativos: o menos resistente tanto seco como húmido.
Renova
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.06.jpg Papel hixiénico branco 2 capas. 24 rolos.- 0,12 euros/10 metros de papel.
- Calidade global: Correcta.
- Elaborado con celulosa mesturada (menor calidade).
- Destaca en: resistencia.
- Aspectos negativos: o seu tempo de dispersión na auga é o máis alto de todos. A súa facilidade de uso non é adecuada.
Scottex Máxima suavidade e consistencia
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.07.jpg Papel hixiénico branco 2 capas. 12 rolos (4 máis “de regalo”).- 0,14 euros/10 metros de papel.
- Calidade global: Correcta.
- Elaborado con celulosa (calidade intermedia).
- Destaca en: capacidade de absorción.
Colhogar Resistant perfumado
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.08.jpg Papel hixiénico branco 3 capas.- 0,15 euros/10 metros de papel, o segundo máis caro.
- Calidade global: Correcta.
- Elaborado con pura celulosa (a mellor pasta).
- Destaca en: resistencia.
- Aspectos que cómpre mellorar: un dos lados do papel resulta máis rugoso. Ao tacto é pouco flexible.
Scottex acolchado
/imgs/20070101/img.analisis2.rollo.09.jpg Papel hixiénico branco 3 capas. 9 rolos.- 0,17 euros/10 metros de papel, o máis caro.
- Calidade global: Satisfactoria.
- Elaborado con celulosa (calidade intermedia).
- Destaca en: suavidade, aspecto visual e capacidade