Un descanso prácido e seguro para os máis pequenos
O correcto descanso dos máis pequenos da casa repercute no seu bo desenvolvemento e no seu crecemento. De nada serven os trucos para que o neno se relaxe e durma dunha tirada se o lugar que lle foi asignado para conciliar o sono é incómodo e pouco funcional. Non obstante, no mercado non se atopa unha cama ideal para os nenos. Comodidade e seguridade son os obxectivos primordiais, pero tamén é importante que se adapte ao crecemento do pequeno sen necesidade de afrontar un gasto desmedido.
O berce, seguridade ante todo
/imgs/20070101/img.consejos.01.jpg Se non se dispón de moito espazo no cuarto dos pais e nais, o bebé pode durmir durante os primeiros meses -máximo ata os catro ou cinco- nun seirón ou nun moisés, que mide uns 80 x 30 centímetros. O seu fondo debe ser ríxido e plano, cos bordos altos e acolchados, e preferiblemente de algodón.- O berce debe ser de madeira, sólida, estable e segura, e homologada segundo a normativa europea UNE-E 716-1.
- A lonxitude do berce debe ser polo menos 20 centímetros maior ca a altura do neno e o ancho debe ter un mínimo de 60 centímetros.
- A altura é modificable en función do tamaño e do crecemento do bebé. Cando é máis pequeno, a base elévase para que dispoña dunha maior protección (debe ter unha altura interna mínima de 60 centímetros na posición máis baixa da base, e de 30 centímetros na posición máis alta da base).
- A distancia entre os barrotes debe ser maior de 4,5 centímetros e menor de 6,5 centímetros, e deben estar colocados de xeito que o neno non poida atopar un punto de apoio para trepar.
- A distancia entre as lamas do somier debe ser de 6 centímetros como máximo e a maior distancia posible entre este e o bastidor debe ser de 2,5 centímetros polos dous lados.
- Débese instalar no berce un protector para evitar que o neno se manque cos laterais e co cabeceiro. Amortecerá os posibles croques do bebé cando se mova ou xogue no berce.
- Se ten decoracións ou calcomanías, estas deben estar ben pegadas, de forma que o neno non as poida arrancar.
- É indispensable que polo menos dúas das rodas se poidan bloquear.
- Pode aforrar algúns cartos mercando un berce convertible que se vai transformando a medida que o neno vai crecendo. Pode servir como mini-berce e como curral, e como berce grande cando sexa preciso. Hainas que chegan a transformarse en cama, en dúas cadeiras ou nun mini-sofá, co que se pode aproveitar o espazo que queda embaixo para pór un caixón roupeiro.
Unha cama á súa medida
/imgs/20070101/img.consejos.02.jpg A cama non debe ter esquinas aguzadas coas que o cativo se poida magoar.- Non debe ser moi alta para evitar os riscos de golpe por caída.
- Durante os primeiros meses, cando o pequeno durma na cama, hai que colocar unha varanda nun ou nos dous laterais. Evitará que o neno corra o risco de caer.
- A cabeceira debe ser o máis sinxela posible, evitando os barrotes que supoñan un perigo para o neno.
O colchón, axustado
- O colchón debe ser máis ben duro e debe estar perfectamente axustado á estrutura do berce, evitando que queden ocos por onde o neno poida meter un brazo, unha perna ou a cabeza, co conseguinte perigo de asfixia neste último caso.
- Debe ter unha espesura mínima de 10 centímetros e débese axustar ben ao berce, de xeito que como máximo queden 2 centímetros por cada lado entre este e as varandas laterais.
- Os fabricantes de berces teñen a obriga de indicar as dimensións do colchón que mellor se adapte a cada modelo.
Almofada, mellor sen ela
- Os bebés non deben utilizar almofada, xa que pode forzar a curvatura natural do seu pescozo, xa que ao telo pequeniño e a cabeza proporcionalmente máis grande ca o resto do corpo, o ombro impide un apoio axeitado.
- Outra razón para evitar o seu uso é que se o neno se vira pode quedar deitado boca abaixo e respirar o seu propio anhídrido carbónico, cun desenlace fatal.
- Se necesita estar reclinado é moito mellor colocar unha toalla baixo o colchón que eleve a metade do seu corpo e non só a cabeza.
- A partir dos dous anos xa poden usar almofada, pero debe ser bastante fina ou pouco alta, que non sexa moi branda e que sexa do mesmo tamaño que a cama. Debe levar unha funda lavable dun tecido moi suave e os materiais deben ser de fibra, xa que facilitan a respiración e a osixenación.
Roupa de cama, lixeira e sen plumas
- A roupa de cama debe abrigar o neno sen darlle excesiva calor. Elixa roupa de tecidos suaves, que pese pouco.
- Evite os edredóns e os nórdicos con recheo de pluma, poden producir alerxias e están totalmente desaconsellados se o seu fillo é asmático. Decídase por un de fibra ou acrílico, que ademais ten a vantaxe de podelo lavar na lavadora.