EN IMAXES

A viaxe das maletas

1 Xaneiro de 2007
Img fotorreportajep

A viaxe das maletas

A viaxe que emprende a maleta dun pasaxeiro cando é arrastrado pola fita dos mostradores de facturación dos aeroportos pódese describir con moitos termos, pero en ningún caso coa palabra “sinxela”. Unha boa mostra é a nova terminal de Barajas, a T4, a infraestrutura aeroportuaria do mundo cos maiores avances na infraestrutura de equipaxes nestes momentos. Conta con capacidade para procesar 18.500 equipaxes á hora; a inspección automatizada por raios X alcanza o 100% do facturado. Dispón de 24 unidades de formación de voos (baías de descarga nos vehículos que se dirixen á adega do avión) e 19 de recollida. O seu funcionamento precisa de 23 megavatios de potencia (o consumo medio de 10.000 vivendas), de 13.000 motores e de 15.000 fotocélulas. Na sala de control operan máis de 100 enxeñeiros e técnicos informáticos (non pode ser fotografada por seguridade).

Movemento no subsolo

Dende que a unha maleta se lle coloca a etiqueta no posto de facturación ata que abandona o sistema con dirección á adega do avión é controlada en todo momento. Sábese onde está, a quen pertence, que voo debe tomar e a que hora debe embarcar. En todo o proceso, ninguén, salvo se non supera os controis de seguridade, toca o vulto.

Todo iso desenvólvese no subsolo de Barajas. Descende ata 4 pisos que albergan os raís nos que se moven as maletas. No último piso atópase o túnel de tres quilómetros que comunica a terminal principal coa terminal satélite. Neste último edificio non se opera: só serve para dar entrada ou saída á equipaxe.

No sistema, as maletas móvense por varios tramos a unha velocidade controlada que no túnel alcanza os 10 metros por segundo (36 quilómetros á hora). O percorrido que completa cada vulto pode alcanzar os 96 quilómetros (a terminal ocupa 500.000 metros cadrados, equivalente á superficie dun lugar de 3.000 habitantes).

Seguridade, unha prioridade

A cada unha das maletas colócaselle unha etiqueta vinculada á tarxeta de embarque do viaxeiro que se identifica como o seu dono. O propietario recibe unha copia do código de barras coa información dixitalizada. Esa maleta é recollida nunha bandexa basculante que realiza unha parada previa á súa entrada nas “autoestradas de transporte”. Nela sométese a un escaneo de inspección nivel:

  • Se non o supera, transpórtase a outra máquina de inspección, semellante a un TAC médico.
  • Se de novo é sospeitosa pasa a unha máquina de nivel.
  • De persistir a sospeita, trasládase a un colector e búscase o seu propietario. O avión non despegará co dono desa maleta a bordo.

Guía automatizada

A maleta, unha vez clasificada como clara -sen sospeita-, comeza o seu percorrido polas canles que a conducen á súa ruta definitiva. En cada cruce de camiños, os arcos de lectores automáticos das etiquetas (as cámaras azuis que se ven na imaxe) comproban a súa identificación, de xeito que en cada momento se coñece cal é a posición do vulto para proceder á súa condución polo camiño máis eficaz.

Cando a maleta superou o primeiro tramo, pasa ao proceso de clasificación. Dende a fita transportadora colócase nunha placa individual de clasificación que recibe toda a información da etiqueta. É esta placa a que dirixirá a equipaxe á súa ruta concreta de transporte e a depositará nun volteador dinámico que recibe a información da bandexa e a almacena nun chip.

Transporte 2

A partir de aquí, cada unha das maletas trasládase ao seu destino final no volteador guiado polo seu chip. Este aparato, colocado nun extremo da plataforma amarela, funciona como un GPS e obedece as ordes que o conducen á súa baía concreta de descarga. Se é necesario, introduciraa no transporte de alta velocidade que une a terminal co satélite.

As maletas non se perden, escápalles o voo

Na Terminal 4 pérdense 12 maletas por cada 1.000 facturadas. A media europea, segundo datos da Asociación Europea de Aeroliñas, é de 40 por 1.000. Pero, as máis das veces, as maletas non se perden. Perden o voo. É dicir, non chegan a embarcar no avión no que debían facelo. E, ou non o fai nunca, ou faino nun voo posterior co mesmo destino. As causas son múltiples. É máis común que padezan problemas as bolsas, as mochilas ou as maletas con asas grandes, porque canto menos compacto sexa o vulto máis fácil é que se enganche ou que se atasque, e que non colla o avión.