Pratos únicos, nutritivos e equilibrados / 400 miligramos de sodio / Menú para os que teñen présa / Glicemia
Claves para elaborar pratos únicos, nutritivos e equilibrados
- Para lograr nun só prato un menú equilibrado non poden faltar nin vexetais, nin alimentos proteicos nin farináceos -arroz, pasta, patacas, legumes ou pan-. Lácteos e froitas poden servir de sobremesa.
- Se o ingrediente principal é a proteína -carne, peixes ou ovos- acompañarase con abundantes vexetais. A gornición pode ser unha manchea de arroz ou de pasta, ou un anaco de pan para acompañar. Así quedan representados todos os nutrientes.
/imgs/20070101/img.despiece-alimenta.01.jpg Unha combinación axeitada de vexetais tamén dá como resultado un prato único, nutritivo e equilibrado. Obtense da mestura de legumes con cereais e froitos secos; de fabas brancas con arroz e cabaza, de espaguetes con chícharos e salsa de améndoas, de humus ou paté de garavanzos con sésamo untado en pan…- Recoméndase un prato grande -o que se emprega para servir pratos combinados- para colocar ben os alimentos. Permite ademais que a presentación sexa atraente e que a comida resulte apetecible.
- Se se deixa preparado de antemán o arroz cocido ou a pasta, só resta mesturalos cunha ensalada -pode ser de bolsa-, e con anacos de queixo, xamón cocido ou coa peituga que quedou do día anterior.
- As sobras de verduras pódense preparar con ovo e facer unha saborosa tortilla vexetal. En bocadillo representa unha comida moi equilibrada e nutritiva.
- É posible converter unha comida rápida nun exemplo de comida equilibrada. Por exemplo: pizza caseira cunha base de verduras refogadas: allo, cebola, pemento verde, berenxena, cabaciña, tomate… A proteína lógrase con gambas, peixe esmiuzado, tiras de polo, carne picada de porco ou de becerro, etc.
O dato: 400
Son os miligramos de sodio que conteñen 100 gramos de moitos cereais de almorzo. Sodio de máis nun só alimento, e máis se temos en conta que son moi consumidos polos nenos e que a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que os nenos non superen os 1500-2000 miligramos de sodio ao día.
Menú para os que teñen présa
- Almorzo
Zume de froita envasado. Leite con mel e galletas. - Xantar
Tortas de arroz ou barriña de cereais. Café con leite. - Comida
- Prato único: Macarróns (cocidos o día anterior) mesturados con ensalada (de bolsa) e anacos de xamón cocido, atún e queixo.
- Pan integral. Froita. Infusión dixestiva (cun xeo para que arrefríe antes).
- Merenda
Iogur e froita. - Cea
- Tortilla de sardiñas de lata con gornición de pementos vermellos en conserva.
- Pan integral. Leite callado con mel e froitos secos.
ABC da nutrición
Cantidade de glicosa no sangue. Os valores normais sitúanse entre os 70 e os 105 miligramos por decilitro. A glicosa aumenta tras inxerir alimentos con carbohidratos -azucre, doces, pan, arroz, pasta, patacas, legumes, froitas-. Nunhas horas volve aos niveis normais grazas á insulina, unha hormona producida polo páncreas que permite que a glicosa pase do sangue ás células e que alí se transforme en enerxía. Cando a glicemia baixa, o páncreas secreta outra hormona, o glicagón, que fai que a glicosa acumulada no fígado chegue ao sangue e así volve normalizarse.