Moi superiores ó VHS
Analizáronse no laboratorio oito gravadores de televisión dixitais que custan desde os 249 euros de Pioneer DVR-320S ata os 812 euros de Panasonic DVR-E95H. Os oito gravan o emitido por televisión en discos DVD, pero só a metade o fai tamén nun disco duro interno (nos catro casos de 160 gigabytes): os que contan con disco duro custan arredor do dobre. Amais de gravaren emisións de televisión poden “pasar a DVD” o contido dunha videocámara ou dunha cinta VHS. Facer unha copia dun DVD noutro é teoricamente posible, pero as máis dos discos mercados ou alugados veñen cifrados para evitar a súa duplicación.
A mellor relación calidade-prezo entre os que teñen disco duro é LG RH7800, o segundo mellor na proba de uso, grava e regrava indistintamente en DVD+R e DVD-R, acepta os discos de dobre capa (gardan case o dobre de datos) e le o formato DivX, tamén coñecido como MPEG4 (formato de vídeo comprimido que se utiliza nas películas intercambiadas por Internet). Entre os que non teñen disco duro, Panasonic DMR-ES10 destacou na proba de uso.
O tamaño destes equipos é semellante ó dun VHS. O consumo eléctrico dos que contan con disco duro é meirande: Sony, o máis voraz, chega ata os 53 W, fronte a Panasonic DMR-ES10 que só gasta 23 W.
Hai tres formatos de DVD gravables: DVD-R, DVD+R e DVD-RAM; os dous primeiros están actualmente en loita, mentres que o terceiro practicamente non se usa. Que apareza “RW” no canto de só “R” indica que admiten discos regravables (de máis dun uso). LG e Sony gravan e regravan no formato “+” e no “-“. Panasonic DMR-ES10 regrava en “-“, e grava en “+” e “RAM”. Samsung e JVC regravan en “-” e gravan en “RAM”. Os dous Pioneer só regravan en “-“. O peor, con diferenza, é Panasonic DMR-E95H que unicamente grava en “-“, polo que cómpre dispor dun DVD virxe para cada gravación, co gasto que iso implica. Tanto o formato “+” coma o “-” poden ser de dobre capa, no que cabe case o dobre de datos. Os dous Pioneer e Samsung non admiten a gravación en discos de dobre capa (si a súa reprodución), polo que as dúas horas e media que ofrecen con calidade normal por DVD queda un chisco escasa para gravar unha película emitida por televisión con anuncios.
Os formatos de gravación non teñen nada que ver coa duración das gravacións. Nun DVD caben 4,7 gigabytes (Gb) se é dunha capa (ata os máis comúns) e 8,5 Gb se é de dobre capa. A gravación dixital permite axustar a calidade ó espazo dispoñible. Xa que logo, é posible sacrificar calidade de imaxe a prol de máis minutos de gravación. Un videogravador precisa dous ‘gigas’ por hora en calidade óptima, e por iso nun disco DVD dunha capa cabe algo menos de dúas horas e media de vídeo, mentres que nun disco duro de 160 Gb (como os aquí analizados) entran 80 horas.
Pero, ata que punto pode cada vídeo dixital diminuír a calidade de gravación para aumentar os minutos de gravación? En Pioneer chegan a entrar 13 horas por DVD e, no resto, entre 6 e 8 horas (de se utilizaren discos dunha capa). A maioría dos que tamén gravan no seu disco duro interno móvense entre as 30 horas en calidade excelsa e as 285 horas en calidade mínima, e Pioneer é de novo a de maior rango (de 23 horas a 455 horas). Amais dos consabidos DVD, Samsung e LG reproducen arquivos de vídeo en DivX.
Os oito videogravadores len CD convencionais, arquivos de audio en MP?(LG e ambos os dous modelos de Pioneer tamén admiten o WMA) e fotografías en JPEG (os de Panasonic tamén len os TIFF). Panasonic DMR-E95H incorpora un útil lector de tarxetas SD e PCMCIA, que serve, por exemplo, para ver as fotos da cámara dixital.
Ningunha gravadora de DVD ten sintonizador de televisión dixital terrestre (TDT), só inclúen o analóxico. Pioneer e Sony son os equipos con máis funcións, con gravación e reprodución simultáneas (pódese ver calquera emisión almacenada mentres se grava outra, función útil cando estamos vendo un programa na televisión e precisamos ausentarnos uns minutos, porque permite “conxelar” a imaxe -comezar a gravar- e retomala cando se desexe, sen ter que agardar a que remate a gravación, o que se coñece como “reprodución de persecución”), ShowView (entende os códigos que publican algunhas revistas ou páxinas web para gravar un evento sen indicarlle a cadea, hora de comezo ou de remate), gravación flexible (adapta a calidade do gravado ó espazo remanente no disco), gravación sincronizada desde un equipo externo (grava o programado desde un receptor de cable ou satélite). Mención á parte merece a guía electrónica de programación ou EPG. As cadeas dixitais (como as que emiten por TDT e moitos provedores de cable e satélite) anexan á emisión a súa grella de programación, o que simplifica a programación do equipo. JVC e os Panasonic incorporan todo o devandito, salvo a moi útil EPG. O máis parco en funcións é LG, aínda que conta coa máis importante: reprodución e gravación simultánea.
As oito gravadoras pódense conectar a un televisor (por euroconector ou cable de antena), a un ‘home-cinema’ (saídas de audio e vídeo analóxico e dixital), a un decodificador (euroconector de entrada) ou a un vídeo VHS e a unha videocámara (analóxica ou dixital).
A pantalla de Samsung suspende polo seu pequeno tamaño, xusto ó contrario cás dos dous Panasonic, as máis amplas e de pictogramas máis claros. O mando a distancia que máis gustou foi o de Panasonic DMR-E95H (8 puntos). O de Sony foi ben valorado pola súa facilidade de uso, pero, ó igual có mando de LG, estivo a piques de suspender polo seu gran tamaño. LG é o vídeo máis doado de usar (8,2 puntos). Os seis consumidores coincidiron en que o disco duro e a posibilidade de reproducir discos DivX son argumentos esenciais á hora de optar por un gravador dixital.
Os gravadores que máis gustaron foron LG (7,2 puntos) e os dous Panasonic (o que só grava en DVD, con 7,3 puntos, e mais o que tamén ten disco duro, con 7 puntos). Os outros vídeos dixitais obtiveron valoracións semellantes, por riba dos 6,4 puntos. Sete das oito garantías son incorrectas, por ofreceren só un ano, e non os dous ós que obriga a lei (LG é a única correcta). Cumpren cos requisitos de seguridade esixibles e non sofren interferencias doutros aparellos eléctricos.
Os consumidores que hai máis de vinte anos optaron por un videogravador Beta no canto dun VHS (o sistema que se acabou impondo) atopáronse pouco despois coa inexistencia dun mercado de alugueiro e venda de películas Beta e coa dificultade para atopar cintas virxes. Pode acontecer cos tipos de DVD existentes hoxe no mercado algo semellante se algún deles se converte en maioritario? Vexamos… Hai catro formatos de discos DVD, tres deles de gravación doméstica. Os catro tipos de disco (iguais en aspecto a un CD convencional) son idénticos en tamaño, material e aspecto. O DVD-Vídeo é o que utiliza o mercado de alugueiro e de venda de películas. Non hai gravadores domésticos deste formato, pero todos os reprodutores poden lelo. O DVD-RAM, en desuso, tamén o le a maioría dos reprodutores.
En realidade, ó mercarmos un vídeo dixital debemos elixir entre tres opcións: un equipo que escriba sobre discos DVD-R, sobre DVD+R, ou un (denominado dual) que escriba nos dous. A maioría dos equipos reproducen ambos os dous sistemas, polo que o formato de gravación (“+” ou “-“) non condicionará moito ós usuarios: sempre poderán ver os programas que gravaran e as películas alugadas e mercadas. E reproducirá os programas gravados por terceiras persoas noutros sistemas, salvo que o seu equipo sexa dos poucos que non len sistemas distintos. Por iso, cómpre asegurármonos de que o equipo pode reproducir ambos os sistemas.
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse oito gravadores dixitais de televisión. Catro só gravan en discos de DVD e os outros catro tamén contan cun disco duro (de 160 Gb). Os gravadores con disco duro custan arredor do dobre dos que só gravan en discos DVD (uns 500 euros fronte a 250 euros).
- Os gravadores dixitais substitúen os VHS na gravación de programas televisivos. Poden ter unha maior calidade de imaxe e son, acaban co rebobinado e permiten ver programas antes de acabaren de gravalos.
- Os manuais son correctos, pero só LG ofrece os dous anos de garantía ós que obriga a lei.
- G e Sony gravan e regravan en discos virxes ‘+’ e ‘-‘. Os dous Pioneer e Samsung non gravan en discos de dobre capa. Samsung e LG len DivX e os de Pioneer e Sony pódense programar coa moi útil “Guía electrónica de Programación (EPG)”. Panasonic DMR-E95H precisa un disco virxe novo para cada gravación.
- Na proba de uso, os Panasonic e o de LG foron os mellor valorados. O resto obtivo puntuacións semellantes, entre 6,5 puntos e 6,9 puntos de cualificación global.
- A mellor relación calidade-prezo é LG RH7800, mentres que para quen prefira facer un investimento menor e non precise unha gran capacidade de gravación o máis axeitado é Panasonic DMR-ES10.
Marca Modelo | LG RH7800 | SONY RDR – HX710 | PIONEER DVR – 530HS | PANASONIC DMR – E95HEG |
---|---|---|---|---|
Prezo (euros) | 515,67 | 583,75 | 622,75 | 812 |
Sistema de gravación | Disco DVD Disco duro 160 GB | Disco DVD Disco duro 160 GB | Disco DVD Disco duro 160 GB | Disco DVD Disco duro 160 GB |
Información ó consumidor | Correcta | Correcta | Correcta | Correcta |
Garantía | Correcta | Incumpre (1 ano) | Incumpre (1 ano) | Incumpre (1 ano) |
Seguridad eléctrica | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Compati- bilidade electro- magnética | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Aspectos técnicos | ||||
Dimensións (cm) | >43 x 35 x 4,9 | 43 x 32,8 x 6,5 | 42 x 27,3 x 5,9 | 43 x 29,1 x 7,9 |
Consumo (W) | 45 | 53 | 48 | 42 |
Discos gravables | +RW, -RW, +R doble capa | -RW, +RW +R doble capa | -RW | RAM doble capa, -R |
Tempo de gravación (horas) | ||||
DVD (1 capa) | 1-6 | 1-8 | 1-13 | 1-8 |
Disco duro (HDD) | 42-226 | 33-269 | 23-455 | 36-284 |
Formatos reproducibles | VCD, DIVX, SVCD, MP3, WMA, JPEG | SVCD, MP3, JPEG | SVCD, MP3, WMA, JPEG | VCD, MP3, tarjeta, SD/PC, JPEG, TIFF |
Reproducción de persecución | Sí | Sí | Sí | Sí |
Grabación e reproducción simultáneas | Sí | Sí | Sí | Sí |
ShowView | Non | Sí | Sí | Sí |
Gravación flexible | Non | Sí | Sí | Sí |
Descarga de canales del TV | Non | Sí | Sí | Sí |
Gravación sincronizada equipo externo | Non | Sí | Sí | Sí |
Guía electrónica de programación (EPG) | Non | Sí | Sí | Non |
Conectores | ||||
Saída de vídeo “Y” , “PB” “PR” | Sí | Sí | Sí | Sí |
G-link | Non | Non | Sí | Non |
Entrada de control | Non | Non | Sí | Non |
I. link entrada DVD | Sí | Sí | Sí | Sí |
Tarjetas SD | Non | Non | Non | Sí |
Tarxetas PCMCIA | Non | Non | Non | Sí |
Accesorios | Cable audio / vídeo Cable Scart | Ningún | Cable audio / vídeo DVD-R doble capa Cable G-link | Cable audio/video |
Proba de uso (1 a 10) | 7,2 | 6,9 | 6,6 | 7,0 |
Marca Modelo | PANASONIC DMR – ES10 | PIONEER DVR-320S | SAMSUNG DVD – R121 | JVC DR – M100SE |
---|---|---|---|---|
Prezo (euros) | 254,50 | 2493 | 257,75 | 294 |
Sistema de gravación | Disco DVD | Disco DVD | Disco DVD | Disco DVD |
Información ó consumidor | Correcta | Correcta | Correcta | Correcta |
Garantía | Incumpre (1 ano) | Incumpre (1 ano) | Incumpre (1 ano) | Incumpre (1 ano) |
Seguridad eléctrica | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Compati- bilidade electro- magnética | Correcto | Correcto | Correcto | Correcto |
Aspectos técnicos | ||||
Dimensións (cm) | 43 x 33,7 x 6,3 | 42 x 33,9 x 5,9 | 43 x 25 x 5,9 | 43,5 x 30 x7 |
Consumo (W) | 23 | 35 | 35 | 31 |
Discos gravables | -RW, +R, RAM doble cara | -RW | -RAM, -RW | -RAM, -RW ambos doble capa |
Tempo de gravación (horas) | ||||
DVD (1 capa) | 1-8 | 1-6 | 1-8 | 1-8 |
Disco duro (HDD) | – | – | – | – |
Formatos reproducibles | MP3, JPEG, TIFF, VCD | SVCD, MP3, WMA, JPEG, Fujicolor CD, Kodak picture CD | JPEG, MP3, DIVX, SVCD | SVCD, JPEG, MP3 |
Reproducción de persecución | Sí | Sí | Non | Sí |
Grabación e reproducción simultáneas | Sí | Sí | Non | Sí |
ShowView | Sí | Sí | Sí | Sí |
Gravación flexible | Sí | Sí | Sí | Sí |
Descarga de canales del TV | Sí | Sí | Sí | Sí |
Gravación sincronizada equipo externo | Sí | Sí | Non | Sí |
Guía electrónica de programación (EPG) | Non | Sí | Non | Non |
Conectores | ||||
Saída de vídeo “Y” , “PB” “PR” | Sí | Non | Sí | Sí |
G-link | Non | Non | Non | Non |
Entrada de control | Non | Sí | Non | Non |
I. link entrada DVD | Non | Sí | Sí | Sí |
Tarjetas SD | Non | Non | Non | Non |
Tarxetas PCMCIA | Non | Non | Non | Non |
Accesorios | Cable audio / vídeo | Cable audio / vídeo | Cable audio / vídeo | Cable Scart |
Proba de uso (1 a 10) | 7,3 | 6,5 | 6,8 | 6,7 |
Un a un
Un a un, 8 gravadores dixitais de televisión
LG RH7800
/imgs/20060301/lg.jpg 515,67 euros, o máis barato dos que teñen disco duro.- A mellor relación calidade-prezo dos que teñen disco duro. O único coa garantía correcta. Grava en +RW, -RW e discos de dobre capa. Le DivX, pero é dos de menos funcións: con gravación e reprodución simultáneas.
- Proba de uso: 7,2 puntos de 10, o segundo mellor.
Sony RDR-HX710
/imgs/20060301/sony.jpg 583,75 euros.- Con disco duro. Grava en +RW, -RW e discos de dobre capa. O que máis consome (53 W) e dos de máis funcións.
- Proba de uso: 6,9 puntos de 10. O máis doado de configurar e o que conta co mando a distancia más sinxelo.
Pioneer DVR-530HS
/imgs/20060301/pioneer.jpg 622,75 euros.- Con disco duro. Grava en -RW. Dos máis pequenos. O que máis horas de gravación permite no seu disco duro (ata 455 horas) e dos de máis funcións.
- Con conector G-Link, para unilo a un receptor dixital de satélite, cable ou TDT.
- Proba de uso: 6,6 puntos de 10. Destaca polas súas posibilidades de gravación e reprodución, pero falla polas súas pobres instrucións de uso.
Panasonic DMR-E95H
/imgs/20060301/panasonic.jpg 812 euros, o máis caro.- Con disco duro. Grava en RAM, -R e discos de dobre capa. O máis grande.
- O único con lector de tarxetas SD e PCMCIA. Con moitas funcións, pero sen guía electrónica de programación (EPG).
- Proba de uso: 7 puntos de 10. O mellor en tamaño e facilidade de uso do mando a distancia.
Panasonic DMR-ES10
/imgs/20060301/panasonic2.jpg 254,50 euros.- A mellor relación calidade-prezo dos que só gravan en DVD. Grava en +R, -RW, RAM e discos de dobre capa. O que menos enerxía gasta (23 W).
- Con moitas funcións, pero sen guía electrónica de programación e o de menos conectores.
- Proba de uso: 7,3 puntos de 10, o mellor. A pantalla máis grande e clara.
Pioneer DVR-320S
/imgs/20060301/pioneer2.jpg 249 euros, o máis barato.- Grava en -RW. Dos de máis funcións.
- Proba de uso: 6,5 puntos de 10. O peor en instrucións de uso e facilidade de configuración inicial.
Samsung DVD-R121
/imgs/20060301/samsung.jpg 257,75 euros a unidade.- Grava en -RW e RAM. O máis pequeno. Le DivX.
- Proba de uso: 6,8 puntos de 10. A pantalla máis pequena.
JVC DR-M100SE
/imgs/20060301/jvc.jpg 294 euros, o máis caro dos que non teñen disco duro.- Grava en -RW e RAM e discos de dobre capa. Moi funcional, aínda que non dispón de guía electrónica de programación (EPG).
- Proba de uso: 6,7 puntos de 10. Conectores de moi sinxelo acceso.