Conductores e peóns, suspenso rotundo
No 2001, en España, rexistráronse en zonas urbanas case 55.000 accidentes de tráfico que xeraron máis de 75.000 víctimas, delas 974 mortais. Destas últimas, 337 eran peóns. Tendemos a pensar que a vía pública das nosas cidades acolle fundamentalmente accidentes de escasa relevancia, pero os datos revelan o equivocado desta idea.
CONSUMER realizou un estudio para comprobar, polo menos aproximadamente, por qué ocorren algúns destes accidentes (non se estudiaron infraccións graves como o exceso de velocidade ou a conducción baixo os efectos de bebidas alcohólicas) nun contorno aparentemente menos proclive ós accidentes de tráfico con víctimas.
O método seguido foi relativamente sinxelo: técnicos desta revista apostáronse durante varios días en Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, A Coruña, Málaga, Alacante, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Murcia, Castellón e Logroño ante 8 semáforos, 6 pasos de peóns e 2 Stop con intersección en forma de “T” en cada cidade e anotaron as infraccións cometidas por conductores e peóns.
Os datos xurdidos do informe demostran que o grao de cumprimento das normas de tráfico nas nosas cidades é insuficiente e que os incorrectos hábitos de conductores e peóns explican en boa medida a frecuencia e gravidade dos accidentes que se producen nas vías urbanas.
No tocante ós conductores, os datos máis preocupantes son: o 27% non fixo adecuadamente o Stop (deter completamente o vehículo e ollar antes de continua-la marcha), o 8,5% pasou o semáforo en vermello ou ámbar e case o 40% non respectou o paso de peóns cando había peóns desexando cruza-la calzada. Pero os viandantes non amosaron un comportamento máis respectuoso coas normas de tráfico: o 20% dos peóns cruzou cando o semáforo estaba en vermello e o 10% cruzou o paso de peón sen mirar se viña un vehículo pola calzada. Pero isto non é todo: o 22% cruzou por lugares distintos dos pasos de peóns.
Volvendo ós vehículos, o 44% deles circulaba pola cidade cun ou con varios ocupantes sen o obrigatorio cinto de seguridade colocado, o 5% dos conductores falaba polo teléfono móbil mentres pilotaba o vehículo, o 14% efectuou unha manobra ou cambio de sentido sen realiza-la pertinente indicación coas luces intermitentes e o 8% invadiu o paso de peóns cando se detiña ante un semáforo en vermello.
Moitas diferencias entre cidades
Se se comparan os datos por cidades, compróbase que nalgunhas os conductores e peóns que non respectan as normas son moitos máis cós que poderían dar a entender as medias citadas. En Logroño, ata un 28% dos conductores cruzou un semáforo en vermello ou ámbar, ou restableceu a marcha antes de que se puxese en verde; máis do 64% dos conductores de Málaga, Barcelona e Murcia non lles cedeu o paso ós peóns que desexaban cruza-la calzada por un paso de peóns sen semáforo; máis do 45% dos de San Sebastián, Pamplona e Bilbao non realizou correctamente o Stop; o 62% dos de Vitoria non advertiu mediante intermitentes da manobra que realizaba e, para rematar, no 85% dos vehículos estudiados en San Sebastián un ou máis ocupantes viaxaban sen o obrigatorio cinto de seguridade. No tocante ó comportamento dos peóns, os datos máis extremos foron os que seguen: en Castellón e Madrid, máis do 30% dos peóns atravesaron a calzada cando o semáforo llelo prohibía, e case un de cada tres peóns en Madrid cruzou polo paso de peóns sen comprobar se algún vehículo circulaba nese momento pola calzada.
Logo dunha análise ponderada (segundo a gravidade da infracción) do comportamento dos conductores, pódese dicir que os menos respectuosos con estes apartados da normativa de tráfico foron os de Vitoria, Pamplona e Málaga. Tampouco poden presumir dos seus conductores San Sebastián, Madrid, Bilbao, Logroño, A Coruña e Barcelona. Os automobilistas que mellor superaron a proba de CONSUMER (sen aprobala, nin moito menos) foron os de Valencia e Castellón.
No tocante ós peóns, os que en maior proporción incumpriron as normas máis importantes foron, sen dúbida, os de Madrid, xa que un de cada tres cruzaba o paso de peóns sen comprobar se algún vehículo circulaba e a mesma proporción cruzou cando o semáforo llo prohibía. Tamén destacaron negativamente os peóns de San Sebastián, Bilbao e Castellón.
Algo mellor, pero tamén deficiente, pódese considera-lo comportamento dos peóns en Vitoria, Valencia e Pamplona. Os máis considerados coa norma e coa súa propia seguridade e a dos automobilistas foron os peóns da Coruña e de Murcia. Estas dúas cidades son, en xeral e xunto a Valencia, as dúas con mellores resultados no informe de CONSUMER.
Cómo se fixo o estudio
A investigación realizouse os días 9, 10, 11 e 14 de abril (todos eles, laborables), cunha metodoloxía propia baseada no Código de Circulación.
Os técnicos de CONSUMER apostáronse, caderno en man, en 16 puntos de cada unha das trece cidades para avaliaren o comportamento de peóns e vehículos no tocante a certas normas de tráfico. Estes puntos seleccionáronse tendo en conta unha serie de criterios comúns e co requisito de que se tratase de zonas urbanas céntricas con amplo movemento de vehículos e persoas.
O número aproximado de peóns que se observou durante a realización do estudio foi de 33.000 e o de vehículos, de 43.000. Analizáronse durante un total de 1.034 horas, 104 semáforos -8 en cada cidade-, 78 pasos de peóns -6 en cada cidade-, e 26 Stop, dous por cidade. Para traballar cunha visión correcta das normas de tráfico estudiouse o Regulamento de Circulación vixente, co asesoramento de especialistas no tema.
Dos 8 semáforos estudiados en cada cidade, tres correspondían a calzadas de 3 carrís, outros tantos de 2 carrís e dous dun só carril. Dos seis pasos de peóns en cada cidade, a metade eran de 2 carrís e a outra metade dun único carril. Tanto en semáforos coma en pasos de peóns e cruces con Stop os técnicos de CONSUMER anotaron tódalas incidencias relacionadas coas variables estudiadas.
De mellor a peor, cada cidade
- Conductores: Mal
- Peóns: Ben
- O mellor: os conductores infrinxen en moita menor medida ca noutras cidades a norma sobre uso do cinto de seguridade. Peóns moito máis respectuosos cos semáforos ca noutras cidades e dos que máis a miúdo comproban que non hai vehículos circulando cando fan uso dos pasos de peóns.
- O peor: o 41% dos conductores non respectan os pasos de peóns. E é a segunda cidade con máis automobilistas falando polo teléfono móbil.
- Conductores: Mal
- Peóns: Ben
- O mellor: os conductores máis respectuosos cos semáforos e os que menos infrinxen a norma no tocante ó uso do cinto de seguridade. Só o 6% dos conductores non utilizaron luces intermitentes cando a situación o requiría. Os peóns máis respectuosos cos semáforos e dos que máis a miúdo comproban que non hai vehículos circulando cando fan uso dos pasos de peóns.
- O peor: o 64% dos conductores non respectan os pasos de peóns.
- Conductores: Regular
- Peóns: Mal
- O mellor: é unha das cidades onde en maior proporción empregaban ben os conductores as luces intermitentes e onde menos falan polo teléfono móbil. O peor: o 21% dos peóns cruzaron a calzada co semáforo en vermello. ALACANTE Conductores: Mal Peóns: Regular O mellor: é unha das cidades onde máis axeitadamente utilizaban as luces intermitentes os conductores e onde menos falan polo teléfono móbil. E só o 3% dos peóns cruzaron o paso de peóns sen comprobar se circulaban vehículos.
- O peor: o 37% dos conductores non respectou os pasos de cebras.
- Conductores: Mal
- Peóns: Regular
- O mellor: o respecto dos conductores ós peóns que desexan cruzar polos pasos de peóns. É unha das cidades onde máis axeitadamente empregaban as luces intermitentes os conductores e onde menos falan polo teléfono móbil.
- O peor: a cidade en que os conductores menos respectaron o semáforo en vermello ou ámbar, e en dous de cada tres vehículos algún ocupante non levaba colocado o cinto de seguridade.
- Conductores: Mal
- Peóns: Regular
- O mellor: é a cidade en que mellor se usaban as luces intermitentes, e tamén a cidade en que menos peóns (2%) cruzaron o paso de cebra sen comprobaren se circulaban vehículos.
- O peor: xunto con outra, é a cidade en que os conductores menos ceden o paso nos pasos de peóns (o 69% infrinxe a norma). E é a segunda cidade na que os conductores máis pasaron os semáforos en vermello ou ámbar (13%).
- Conductores: Regular
- Peóns: Moi mal
- O mellor: é a cidade en que menos conductores (o 2%) falaban polo móbil.
- O peor: o 42% dos conductores non respectou os pasos de peóns. É a cidade en que en maior proporción (32%) cruzaron os peóns cando o semáforo estaba en vermello.
- Conductores: Moi mal
- Peóns: Regular
- O mellor: só o 4% dos peóns cruzou o paso de peóns sen comprobar se circulaban vehículos.
- O peor: case o 70% dos conductores non lles cedeu o paso ós peóns nos pasos de peóns e no 60% dos vehículos algún ocupante non levaba colocado o cinto de seguridade. É a cidade en que máis conductores (o 8%) falaban polo móbil.
- Conductores: Mal
- Peóns: Moi mal
- O mellor: os conductores que máis respectaron os pasos de peóns.
- O peor: o 47% dos conductores non realizou o Stop correctamente, e no 85% dos vehículos algún ocupante non levaba colocado o cinto de seguridade. O 26% dos peóns non respectou o semáforo en vermello e cruzou a calzada, e o 21% cruzou polo paso de peóns sen comprobar se circulaban vehículos.
- Conductores: Mal
- Peóns: Moi mal
- O mellor: non destaca positivamente en nada.
- O peor: o 45% dos conductores non realizou o Stop correctamente, e no 57% dos vehículos algún ocupante non levaba colocado o cinto de seguridade. O 27% dos peóns cruzou co semáforo en vermello, e o 16% cruzou polo paso de peóns sen comprobar se circulaban vehículos.
- Conductores: Mal
- Peóns: Moi mal
- O mellor: non destaca positivamente en nada.
- O peor: o 40% dos conductores non lles cede o paso ós peóns nos pasos de peóns, e o 8% fala polo móbil mentres conduce. O 30% dos peóns cruzou co semáforo en vermello e o 31% cruzou o paso de peóns sen comprobar se algún vehículo circulaba.
- Conductores: Moi mal
- Peóns: Regular-Mal
- O mellor: escaso uso do móbil mentres se conduce (3,6%).
- O peor: case a metade dos conductores non fai axeitadamente o Stop, o 10% non respecta o semáforo en vermello ou ámbar, e o 21% invade o paso de peóns cando para ante o semáforo. E, en máis da metade dos vehículos, alguén non levaba colocado o cinto de seguridade. No tocante ós peóns, o 23% atravesaron a calzada co semáforo en vermello.
- Conductores: Moi mal
- Peóns: Mal
- O mellor: só o 4% dos peóns cruzou o paso de peóns sen mirar se circulaban vehículos.
- O peor: o 56% dos conductores non respectou o paso de peóns, o 11% non respectou o semáforo en vermello ou ámbar, no 76% dos vehículos alguén non levaba colocado o cinto de seguridade, e o 62% dos conductores non utilizou as luces intermitentes cando cumpría. E o 28% dos peóns cruzou a calzada co semáforo en vermello.
O que din as normas de tráfico (que cumprimos ben pouco) e táboa comparativa
O conductor
- O conductor “deberá conducir coa dilixencia e precaución necesarias para evitar todo dano, propio ou alleo, coidando de non pór en perigo nin o propio conductor nin os usuarios da vía. Queda terminantemente prohibido conducir de modo neglixente ou temerario”.
- Haberá que circular a velocidade moderada e, de ser preciso, deterase o vehículo cando as circunstancias o esixan, especialmente nos seguintes casos:
- Cando haxa peóns na parte da vía que se estea utilizando ou poida racionalmente preverse a súa irrupción na mesma, principalmente se se trata de nenos, anciáns, invidentes ou outras persoas impedidas.
- Ó achegarse a pasos de peóns non regulados por semáforo ou por axente de circulación, a lugares en que sexa previsible a presencia de nenos ou a mercados.
Cándo non teñen prioridade os conductores sobre os peóns:
Os conductores teñen prioridade de paso para os seus vehículos respecto dos peóns, agás nos seguintes casos:
- Nos pasos para peóns sinalizados.
- Cando vaian virar co seu vehículo para entrar noutra vía e haxa peóns cruzándoa, aínda que non exista paso para eles.
- Cando o vehículo cruce unha beiravía pola que estean circulando peóns que non dispoñan de zona peonil.
- En tódalas zonas peonís.
- Cederánlle-lo paso ós peóns que vaian subir ou baixaran dun vehículo de transporte colectivo e nunha parada sinalizada como tal, cando se atopen entre este vehículo e a zona peonil ou o refuxio máis próximo.
- Ás tropas en formación, filas escolares ou comitivas organizadas.
Sobre o uso da bucina a lei di que nas travesías urbanas, “excepcionalmente ou cando así o prevea algunha norma da lexislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, poderanse empregar sinais acústicos de son non estridente, quedando prohibido o seu uso inmotivado ou esaxerado”.
“Utilizarán o cinto de seguridade ou outro sistema de retención homologado, correctamente abrochado, tanto na circulación en vías urbanas coma nas interurbanas, o conductor e os pasaxeiros dos asentos dianteiros, centrais e laterais, e mailos pasaxeiros que ocupen os asentos traseiros dos turismos”.
Nos lugares onde hai pasos de peóns, os que se dispoñan a atravesa-la calzada deberán facelo por alí e non preto deles e, cando estes pasos sexan a nivel, observaranse as regras seguintes:
- Se ten semáforo para peóns, obedecerán as súas indicacións.
- Se non existe semáforo para peóns, pero a circulación está regulada por axente ou semáforo, non penetrarán na calzada mentres o sinal do axente ou do semáforo permita a circulación de vehículos por ela.
- Nos restantes pasos para peóns sinalizados mediante marca viaria, aínda que teñen preferencia, só deben penetrar na calzada cando a distancia e a velocidade dos vehículos que se aproximen permitan facelo con seguridade.
- Para atravesa-la calzada fóra dun paso para peóns, cómpre comprobar que se pode facer sen risco nin entorpecemento indebido.
- Ó atravesa-la calzada, débese camiñar perpendicularmente ó eixe desta, non demorarse nin deterse nela sen necesidade e non entorpece-lo paso dos demais.
- Os peóns non poderán atravesa-las prazas e glorietas pola súa calzada, senón que deben arrodealas.
Os semáforos e os coches
“Unha luz vermella non intermitente prohibe o paso. Mentres permanece acesa, os vehículos non deben pasa-lo semáforo nin, se existe, a liña de detención anterior máis próxima ó mesmo. Se o semáforo estivese dentro ou ó lado oposto dunha intersección, os vehículos non se deben internar nesta, nin, se existe, excede-la liña de detención situada antes da mesma”. E “unha luz amarela non intermitente significa que deben deterse nas mesmas condicións que se se tratase dunha luz vermella fixa, a non ser que cando acenda o vehículo se atope tan preto que non se poida deter en condicións de seguridade”.
Semáforos e peóns
“Unha luz vermella non intermitente, coa forma dun peón inmóbil, indícalles ós peóns que non deben comezar a cruza-la calzada. Unha luz verde non intermitente, coa forma dun peón en marcha, indica que poden atravesa-la calzada. Cando esta luz pase a intermitente, o tempo de que dispoñen para finalizar de atravesa-la calzada está a punto de rematar e vaise acende-la luz vermella”.