Compensan os concentrados
Para comprobalo, CONSUMER EROSKI levou ó laboratorio catro lavalouzas concentrados para lavar á man e tres diluídos, que custan desde os 0,57 euros por litro de Flota (diluído) ata os 2,93 euros por litro de Froggy (concentrado). Agora ben, o prezo por litro non abonda para saber canto custa realmente lavar os pratos con estes produtos: con Mistol Excellent (concentrado) limpar 1.000 pratos custa 21 céntimos de euro, o máis económico do comparativo, o que, unido á súa alta calidade e á súa formulación delicada coa pel, o converte na mellor relación calidade-prezo. Froggy (concentrado) non só é o máis caro en termos absolutos, senón tamén en termos relativos: limpar a mesma cantidade de pratos custa exactamente o dobre (42 céntimos).
Tanto os lavalouzas concentrados como os diluídos son substancias líquidas que facilitan o desprendemento das manchas, especialmente das de graxa. Os extremos hidrófobos (repelen a auga) dos tensioactivos presentes nestes produtos adhírense á superficie do lixo, mentres que os hidrófilos (é dicir, os que absorben a auga) facilitan a súa disolución. Coa axuda do fregado ponse en suspensión a graxa que posteriormente se eliminará co aclarado. Un bo lavalouzas acaba facilmente coa graxa, non debe resecar as mans e a súa escuma debe ser duradeira.
Eficacia no lavado
Unha análise visual dos sete lavalouzas analizados indica que son líquidos limpos, perfumados, sen grumos, precipitacións nin corpos estraños. Son de cor verde, agás no caso de Mistol diluído, que é laranxa escuro, e Froggy, que é amarelo. Para avaliar a súa eficacia, levouse a cabo un lavado semiautomático a 50ºC de pratos lixados que simula o lavado á man axitando o deterxente para crear escuma. Lixouse cada prato coa mesma cantidade dunha mancha patrón composta por graxas, proteínas e hidratos de carbono e posteriormente limpouse cunha dose de 0,4 g/l nos concentrados e de 0,8 g/l nos diluídos. A eficacia mediuse comprobando cantos pratos foron capaces de limpar antes de que desaparecese a escuma. A proba repetiuse dúas veces.
Aínda que nos concentrados se empregou só a metade do produto, deron limpado máis pratos: Fairy (42 pratos) e Mistol (47 pratos) demostraron ser os mellores, seguidos de Coral concentrado (32 pratos) e de Froggy (cuns discretos 28 pratos). Os diluídos resultan sensiblemente menos eficaces: Coral e Mistol limpan unha media de 18 pratos e Flota só 16 pratos.
Para comprobar como se desenvolvían fronte ás manchas de graxa sometéronse a unha proba similar á anterior na que a mancha mixta se substituía por unha exclusivamente composta por graxa animal. O test medía cantos pratos limpaban ata que desaparecía a escuma e comprobábase tamén cantos pratos máis podían limpar antes de que a graxa se reagrupase. Nesta proba, de novo Fairy e Mistol concentrados se perfilaron como os máis eficaces, con máis de 30 pratos limpos ata que a escuma desaparece e 17 máis ata que a graxa se deposita sobre a vaixela. O resto dos resultados tamén coinciden cos da proba anterior: Coral concentrado e Froggy sitúanse por detrás dos mellores, e Coral, Mistol e Flota diluídos (de mellor a peor) obteñen resultados moito máis discretos cós dos concentrados.
Cantidade de escuma
O poder escumante é un dato clave, porque é o indicio máis evidente que ten o consumidor para valorar que o lavalouzas segue sendo efectivo e que non debe empregar máis produto para seguir lavando. Isto non quere dicir que a cantidade e estabilidade da escuma estea directamente relacionada co poder deterxente do lavalouzas: as substancias que provocan estes efectos poden ser diferentes. Para esta proba diluíuse un gramo de cada lavalouzas nun litro de auga a 50 ºC e mediuse a estabilidade e a cantidade da escuma creada ós 30 segundos, ós 3 minutos e ós 5 minutos. De novo os produtos cunha maior porcentaxe de materia activa (os concentrados) desenvólvense mellor: Fairy e Mistol, os dous concentrados, son os que máis escuma (e máis estable) producen, seguidos de Coral concentrado e de Froggy.
Coidado da pel
Ó ser un produto abrasivo e que está en contacto coa pel humana é importante que a súa formulación estea corrixida para que protexa a pel. Canto máis se achegue o pH do lavalouzas ó da pel humana, máis delicado será coa derme. O pH dunha pel sa é 5,5 (lixeiramente ácido), polo que se considera que o pH dun bo lavalouzas debe estar comprendido entre 5,5 e 6,5. Só Flota diluído e Froggy se atopan neste rango, o resto ofrecen valores próximos pero superiores e dous deles (Mistol concentrado, con 7,4, e Fairy concentrado, con 8,4) supérano folgadamente.
A porcentaxe de extracto seco (o que queda dos lavalouzas tras eliminar a auga) é moi variable: desde o 11% de Flota ata o 38% de Mistol Excellent. Agora ben, un maior extracto seco non indica unha eficiencia maior, xa que non todas as substancias que se inclúen na fórmula do lavalouzas participan na acción deterxente.
O dato máis relevante é o de materia activa, é dicir, a adición de substancias que actúan na función deterxente. Os lavalouzas concentrados ofrecen, de media, case tres veces máis substancias activas cós diluídos, por iso cunha menor cantidade de produto se forma máis escuma, dura máis e se poden limpar máis pratos. Coral e Flota, ambos os dous diluídos, son os que menos materia activa proporcionan (os dous andan arredor do 10%), fronte ós concentrados de Fairy e Mistol, que contan con arredor do 35%. Os valores de Froggy (17%), malia ser concentrado, non son moi distintos do mellor dos diluídos (Mistol, con 13%).
De que están compostos?
As substancias limpadoras principais son os tensioactivos aniónicos, non iónicos e anfóteros. Son os responsables directos do escumado, da deterxencia, da tolerancia á dureza da auga, da biodegradabilidade e da irritabilidade da pel. Entre os primeiros atópanse os non hidrolizables, baratos e eficaces no seu cometido de eliminar as manchas, pero que irritan a pel. Son o ingrediente principal nos tres diluídos e en Froggy concentrado. O resto fai un uso comedido destas substancias, agás Fairy, que prescinde delas na súa formulación e que as substitúe polas hidrolizables, de menor eficacia pero máis respectuosas coa pel humana.
Mistol Excellent e Froggy son os únicos (dos que empregan non hidrolizables) que substitúen o común dodecil benceno sulfonato (DBS) pola máis cara parafina sulfonato. Este composto resulta menos irritante para a pel e máis eficaz na formación de escuma en auga dura, pero deixa mal cheiro, polo que os fabricantes deben engadir aromas que o contrarresten. Só Coral concentrado, Froggy e Mistol concentrado inclúen anfóteros, substancias que actúan no coidado da pel e que aumentan a estabilidade da escuma. Por iso, as formulacións máis axeitadas por incluíren substancias respectuosas coa derme son as de Mistol e Froggy, as dúas con anfóteros e parafina sulfanato.
Para establecer que lavalouzas ten unha maior calidade, déuselle a cada test unha valoración desigual (importa máis, por exemplo, a súa eficacia limpando que que a súa viscosidade sexa adecuada). Pola súa gran cantidade de materia activa e por obteren os mellores resultados en eficacia xeral, capacidade antigraxa e poder escumante, Fairy e mais Mistol, ambos os dous concentrados, resultan os de maior calidade. A segunda mellor é Coral Ultra, tamén concentrada, valorada como “boa”. Os tres diluídos e Froggy concentrado non pasaron dun “aceptable”.
En contra do que poida parecer, un lavalouzas viscoso non ten por que conter unha maior proporción de materia activa nin ser máis efectivo. A adición dalgunhas substancias, como o barato sal común, engorda o deterxente e faino máis viscoso, sen aumentar así a súa capacidade para eliminar a graxa. Unha viscosidade adecuada xoga co equilibrio entre a densidade (para facilitar a súa correcta dosificación) e a fluidez (para que o lavalouzas non obture o tapón e saia con facilidade). Ademais, no caso dos lavalouzas concentrados, o consumidor agarda que sexan máis espesos cós seus equivalentes diluídos.
No estudo consideráronse correctas as viscosidades entre 300 centipoises (cps) e 600 cps. Considérase que por riba de 1.000 centipoises extraer o líquido resulta complicado e que se pode obstruír o tampón. Mistol concentrado (509 cps) é o único que se atopa dentro do rango (ata é significativamente máis fluído có seu equivalente diluído de 802 cps). Os dous Coral e Fairy, aínda que fóra do rango, achéganse ós valores adecuados, non coma Flota (1.044 cps) e Froggy (1.766 cps).
En síntese e táboa comparativa
En síntese
- Analizáronse tres lavalouzas diluídos e catro concentrados, en formatos desde o medio litro de Coral Ultra ata o litro e medio de Flota diluído. O máis barato é Flota (diluído, 0,57 euros por litro) e o máis caro Froggy (concentrado, 2,93 euros por litro).
- A principal diferenza entre os diluídos e os concentrados é a cantidade de materia activa (substancias deterxentes, escumantes, suavizantes da pel…), moi superior nos concentrados.
- A excesiva viscosidade de Flota e Froggy fai que a súa dosificación sexa máis complicada, sen que iso indique que o produto é máis eficaz. Os pH de Fairy e Mistol concentrados son os que máis se afastan do neutro.
- Os lavalouzas de máis calidade son Mistol concentrado e Fairy (‘moi ben’), seguidos de Coral concentrado (‘ben’). Os tres diluídos e Froggy non pasan do ‘aceptable’.
- Os lavalouzas concentrados xeran máis escuma, eliminan máis facilmente a graxa e son, de media, catro veces máis eficaces cós diluídos. A mellor relación calidade-prezo é Mistol Excellent (concentrado): de moi boa calidade, cunha formulación adecuada e o máis barato á hora de limpar mil pratos.
Marca | Mistol excelllent | Fairy ultra | Coral ultra | Flota |
---|---|---|---|---|
Tipo | Concentrado | Concentrado | Concentrado | Diluido |
Prezo (euros / litro) | 2,47 | 2,57 | 2,30 | 0,57 |
Prezo (céntimos/1000 pratos) | 21 | 24 | 29 | 29 |
Formato (ml) | 1000 | 1000 | 500 | 1500 |
Cor | Verde | Verde | Verde | Verde |
Viscosidade (cps) 1 | 509 | 605 | 636 | 1.044 |
pH2 | 7,4 | 8,4 | 6,8 | 6,1 |
Extracto seco (%) 3 | 38,1 | 34,5 | 28,6 | 11,1 |
Materias activas totais (%): | 34,3 | 35,6 | 26,6 | 10,3 |
Tensioactivos aniónicos | ||||
– Hidrolizables (%) (Substancia utilizada) |
17,1 (AES) | 20,4 (AES) | 12,2 (AES) | 2 (AES) |
– Non hidrolizables (%) (Substancia utilizada) |
10 (PS) | Ausencia) | 8,9 (DBS) | 7,2 (DBS) |
Tensioactivos non iónicos y anfóteros (%) | 7,2 | 15,2 | 5,5 | 1,1 |
Tipos de tensioactivos | Alquil eter sulfato (AES) Parafina sulfonato (PS) Anfóteros Alcohol graxo etoxilado |
Alquil eter sulfato (AES) Alcohol graxo etoxilado |
Alquil eter sulfato (AES) Dodecil benzeno sulfonato (DBS) Anfóteros Alcohol graxo etoxilado |
Alquil eter sulfato (AES) Dodecil benzeno sulfonato (DBS) Alcohol graxo etoxilado |
Eficacia xeral: nº de pratos limpos4 |
46,5 | 42 | 31,5 | 15,5 |
Poder escumante (ml): a 30 segundos 5 |
330 | 331 | 274 | 185 |
Poder escumante (ml): a 3 minutos 5 |
314 | 321 | 262 | 172 |
Poder escumante (ml): a 5 minutos 5 |
298 | 310 | 250 | 162 |
Poder desengraxante: | ||||
– Pratos ata que se deposita graxa | 17,5 | 18,5 | 15,5 | 2,5 |
– Pratos ata que acaba a escuma | 33 | 32,5 | 22 | 16 |
Calidad global | Moi ben | Moi ben | Ben | Aceptable |
Marca | Coral | Mistol | Froggy |
---|---|---|---|
Tipo | Diluido | Diluido | Concentrado |
Prezo (euros / litro) | 0,74 | 0,90 | 2,93 |
Prezo (céntimos/1000 pratos) | 35 | 41 | 42 |
Formato (ml) | 1250 | 1100 | 750 |
Cor | Verde | Laranxa escura | Amarela |
Viscosidade (cps) 1 | 676 | 802 | 1.766 |
pH2 | 7,1 | 6,7 | 5,6 |
Extracto seco (%) 3 | 12,1 | 13,9 | 19,1 |
Materias activas totais (%): | 10,6 | 12,8 | 16,9 |
Tensioactivos aniónicos | |||
– Hidrolizables (%) (Substancia utilizada) |
4,9 (AES) | 3 (AES) | 3,1 (AES) |
– Non hidrolizables (%) (Substancia utilizada) |
5,4 (DBS) | 9,2 (DBS) | 3,1 (PS) |
Tensioactivos non iónicos y anfóteros (%) | 0,3 | 0,6 | 5,8 |
Tipos de tensioactivos | Alquil eter sulfato (AES) Dodecil benzeno sulfonato (DBS) Alcohol graxo etoxilado |
Alquil eter sulfato (AES) Dodecil benzeno sulfonato (DBS) Alcohol graxo etoxilado |
Alquil eter sulfato (AES) Parafina sulfonato (PS) Anfóteros Alcohol graxo etoxilado |
Eficacia xeral: nº de pratos limpos4 |
17 | 17,5 | 28 |
Poder escumante (ml): a 30 segundos 5 |
241 | 249 | 258 |
Poder escumante (ml): a 3 minutos 5 |
221 | 243 | 246 |
Poder escumante (ml): a 5 minutos 5 |
210 | 238 | 238 |
Poder desengraxante: | |||
– Pratos ata que se deposita graxa | 5,5 | 6 | 12 |
– Pratos ata que acaba a escuma | 19,5 | 23,5 | 18 |
Calidad global | Aceptable | Aceptable | Aceptable |
(1) Viscosidade: considérase unha viscosidade satisfactoria aquela comprendida entre 300 e 600 centipoises.
(2) pH: considérase un pH satisfactorio aquel que se atopa entre 5,5 e 6,5 (neutro).
(3) Extracto seco: as substancias que quedan así que se elimina toda a auga do produto.
(4) Eficacia xeral: reflicte o número de pratos limpos ata a desaparición da escuma.
(5) Poder escumante: reflicte o volume de escuma xerado ó engadirlle 1 gramo de produto a un litro de auga a 50 ºC.
Un a un
Un por un
Mistol excelllent concentrado
/imgs/20060101/mistol.jpg Sae a 2,47 euros o litro.- Lavar 1.000 pratos custa 21 céntimos de euro, o máis barato.
- Calidade global: moi ben.
- A mellor relación calidade-prezo. Envase de 1.000 ml. Dos de máis materia activa (34%). Destaca pola súa eficacia, poder desengraxante, cantidade e estabilidade da escuma, viscosidade adecuada e pola súa formulación respectuosa coa pel.
Fairy ultra concentrado
/imgs/20060101/fairy.jpg Sae a 2,57 euros o litro.- Lavar 1.000 pratos custa 24 céntimos de euro.
- Calidade global: moi ben.
- Envase de 1.000 ml. Dos de máis materia activa (36%). O único que non engade aniónicos non hidrolizables (máis irritantes). Destaca en eficacia, poder desengraxante e cantidade e estabilidade da escuma. Falla en que o seu pH non é neutro, senón lixeiramente básico.
Coral ultra concentrado
/imgs/20060101/coral.jpg Sae a 2,30 euros o litro. Lavar 1.000 pratos custa 29 céntimos de euro.- Calidade global: ben.
- Envase de 500 ml. En practicamente todos os parámetros resulta o terceiro máis eficaz.
Flota
/imgs/20060101/flota.jpg Diluído.- Sae a 0,57 euros o litro.
- Lavar 1.000 pratos custa 29 céntimos de euro.
- Calidade global: aceptable.
- Envase de 1.500 ml. O que menos pratos limpa ata a desaparición da súa escuma (16 pratos). Destaca polo seu pH neutro e falla por ser o menos eficaz do estudo, amais de pola súa menor capacidade desengraxante e poder escumante. A súa viscosidade é elevada (peor).
Coral
/imgs/20060101/coral2.jpg Diluído.- Sae a 0,74 euros o litro.
- Lavar 1.000 pratos custa 35 céntimos de euro.
- Calidade global: aceptable.
- Envase de 1.250 ml. O mellor entre os diluídos xunto a Mistol, pero máis barato.
Mistol
/imgs/20060101/mistol2.jpg Diluído. Sae a 0,90 euros o litro.- Lavar 1.000 pratos custa 41 céntimos de euro.
- Calidade global: aceptable.
- Envase de 1.100 ml. O máis concentrado dos diluídos (12,8%). Nas diferentes probas é o mellor dos diluídos xunto a Coral.
Froggy concentrado
/imgs/20060101/froggy2.jpg Sae a 2,93 euros o litro.- Lavar 1.000 pratos custa 42 céntimos de euro; o máis caro.
- Calidade global: aceptable.
- Envase de 750 ml. O máis diluído dos concentrados pola súa menor cantidade de materia activa (un 17%). Destaca polo seu pH neutro e selección de tensioactivos, pero coa menor eficacia, poder desengraxante e poder espumante entre os concentrados. Ademais, a súa viscosidade é moi elevada (peor).