As tatuaxes e piércings seguen a se realizar sen a información imprescindible
Así, malia que estas intervencións implican romper unha das barreiras protectoras do organismo, que é a pel, no 72% dos casos os dependentes nin sequera lles preguntaron aos clientes se sufrían alerxias ou outro tipo de enfermidades. Non obstante, a limpeza e hixiene obtivo unha boa valoración e mellorou fronte a un estudo semellante realizado por esta revista no 2004, se ben está lonxe aínda do desexable. Este elemento é crucial nun labor no que o risco de contaxio ou de infeccións por un traballo deficiente é alto. De feito, o uso destes adornos corporais está desaconsellado dende un punto de vista médico e sanitario.
Os establecementos elixidos, 136 dedicados en exclusiva a estas prácticas e 24 centros con outras actividades de estética e beleza, foron visitados na Coruña, en Alacante, Almería, Barcelona, Bilbao, Córdoba, Granada, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria e Zaragoza. Para recompilar a información necesaria, os técnicos de CONSUMER EROSKI compareceron en cada un dos centros facéndose pasar por clientes interesados nunha tatuaxe (sempre o mesmo: unha pequena letra chinesa en branco e negro) e no piércing máis económico de aceiro cirúrxico. Os cartos que hai que desembolsar en ambos os dous casos varía de xeito notable entre as distintas capitais e mesmo entre os centros dunha mesma cidade. Non obstante, o prezo medio do piércing solicitado ascende a 30 euros e o da tatuaxe, a 61 euros.
No desenvolvemento do cuestionario que cubriron os técnicos contouse coa colaboración de médicos dermatólogos e partiuse da normativa que algunhas comunidades autónomas (Andalucía, Galicia, Navarra, Cataluña, Valencia, Estremadura, Madrid e Murcia) aplican a estes establecementos e mais do esixente código de boas prácticas da Asociación Nacional de Mestres Tatuadores e de Piércings.
En liñas xerais os establecementos analizados suspenden o exame de CONSUMER EROSKI cunha nota de ‘regular’. Tan só pasan a proba os centros visitados en seis cidades: Granada e Valencia cun ‘ben’; e Bilbao, Córdoba, San Sebastián e Valladolid cun mediocre ‘aceptable’. As peores valoracións foron para os locais analizados en Alacante, Barcelona e Zaragoza (todas cun ‘mal’) e para A Coruña, Almería, Madrid, Málaga, Murcia, Oviedo, Pamplona, Sevilla e Vitoria (todas cun ‘regular’).
- Non se meditouse ben a decisión. As tatuaxes son moi difíciles de eliminar.
- Nese momento se padece algunha enfermidade ou infección, xa que as defensas do corpo están reducidas.
- Se sofre unha enfermidade na pel como por exemplo unha dermatite, acne ou psoríase.
- Se utilizan anticoagulantes ou a persoa padece alteracións sanguíneas ou enfermidades cardíacas conxénitas.
- Se é doador de sangue. Logo dunha tatuaxe ou dunha perforación, non se pode doar sangue ata que transcorra un ano.
- Se usa algún medicamento, cómpre consultar o médico con antelación.
/imgs/20081001/temaportada2.jpg Acudamos a un establecemento que garanta unhas correctas condicións de hixiene e que estea rexistrado na Consellería de Sanidade e Consumo. Ademais, os tatuadores ou perforadores deben realizar un curso de formación.- Unha vez alí, débennos entregar unha folla de consentimento informado.
- Se somos menores de idade, debemos contar cun consentimento autorizado por pais ou titores.
- A persoa que realice o piércing ou tatuaxe debe limpar e desinfectar a nosa pel antes de traballar. Ademais, debe cumprir coas seguintes normas de hixiene:
- Lavar as mans antes e despois da práctica.
- Utilizar luvas estériles e dun só uso.
- Utilizar roupa e calzado limpo e de uso exclusivo.
- Non fumar, comer ou beber mentres realiza o traballo.
- Cubrir os cortes, feridas, queimaduras ou outras lesións.
- Hai que evitar as zonas onde se teñan lunares, espullas, pencas, manchas, queimaduras ou calquera outra lesión da pel.
- Pidamos a factura: será útil en caso de reclamación.
- Acudamos ao médico se despois de realizar o piércing ou a tatuaxe aparece calquera dos seguintes síntomas: febre, arrubiamento e/ou inflamación, dor ou molestias na zona da intervención.
- Lavemos sempre as mans antes de tocalo.
- Limpemos e movamos o piércing dúas veces ao día.
- Non nos debemos maquillar na zona onde estea colocado.
- Non nos bañemos na piscina nin no mar ata que cicatrice por completo.
- Se o colocamos na lingua ou nos beizos hai que evitar o alcohol, comer goma de mascar e tomar comidas picantes. Cómpre limpalo despois de comer, beber ou fumar.
/imgs/20081001/temaportada4.jpg Lavémola cun xabón antibacteriano líquido dúas veces ao día, usando só a man.- Unha vez quitada a venda, non a hai que volver vendar.
- Se sae unha bostela, non a hai que quitar nin rascala.
- Non hai que tomar o sol nin bañarse no mar nin na piscina ata que cicatrice por completo.
- É conveniente utilizar roupa suave e que non aperte.
Insuficiente información
Para dar o paso e tatuar a pel ou colocarse un piércing é fundamental obter toda a información posible e, así, valorar os pros e os contras da decisión. Non obstante, en máis ocasións das desexables este tipo de accións realízanse de maneira irreflexiva. Comprobouse que a información proporcionada por estes establecementos segue a ser moi escasa, unha situación que non mudou dende o 2004. De feito, este apartado do estudo valorouse cun ‘mal’.
No 54% dos centros visitados non se expuña información sobre a cualificación do profesional. As recomendacións hixiénico-sanitarias do local e da zona de tatuaxes e mais a información sanitaria tampouco se exhibían no 69% das tendas analizadas. En sete de cada dez non se observaron folletos, trípticos ou dosieres que ofrecesen información sobre os produtos utilizados e tampouco sobre o proceso de colocación do piércing ou tatuaxe nin sobre os coidados posteriores que hai que realizar. No 87% tampouco se informaba a través de documentos expostos sobre os posibles perigos ou consecuencias da actividade, proporción que ascende ata o 91% no caso dos establecementos que non expuñan datos sobre algún tipo de garantía posvenda.
No tocante ás tatuaxes, o 80% dos establecementos non exhibían os prezos. En nove de cada dez centros non indicaron a conveniencia de realizar unha proba previa para saber se se ten alerxia ao pigmento utilizado. No 65% dos centros tamén se obviou a recomendación de non inxerir alcohol ou drogas dous días antes de facer a tatuaxe e no 72% tampouco se comentou que a tatuaxe é mellor facela en xaxúas.
En xeral, as explicacións sobre a colocación das tatuaxes foron detalladas só nun 21% dos centros visitados. En canto aos riscos, a información foi adecuada en catro de cada dez establecementos.
Os datos achegados sobre os coidados necesarios tras a tatuaxe foron escasos en case o 20% dos centros visitados, e en 6 de cada 10 non se recomendaba tapalo cunha gasa, como sería aconsellable. Iso si, un 73% insistiron en que non se debía tomar o sol nin raios UVA ata dous meses despois de facer a tatuaxe e máis da metade explicaban a conveniencia de utilizar crema hidratante na zona tatuada despois dunha semana e durante un mes.
No caso concreto dos piércings, o material elixido inflúe de xeito decisivo en posibles alerxias e problemas de cicatrización. A maioría dos profesionais do sector afirman que os mellores materiais son o titanio e o aceiro cirúrxico, en especial cando o usuario coloca un piércing por primeira vez, xa que son os que menos problemas de alerxia e infección causan. Dos centros visitados, no 48% recomendaron colocar piércings de titanio, no 30% de aceiro inoxidable e no 13% de aceiro cirúrxico. Este tipo de explicacións sobre o material só se recibiron detalladas polo miúdo no 44% dos casos estudados.
Outra das informacións útiles para os clientes deste tipo de establecementos son os prezos. O 56% dos establecementos estudados non os expuñan, fronte ao 38% que si o facían e ao 6% que só exhibían a metade.
Só en catro de cada dez casos os dependentes explicaron canto duraba a sesión de colocación do piércing ou se durante o proceso ía ser necesaria anestesia, entre outras cuestións. No 53% foron menos específicos, e en nove centros repartidos en Madrid, Murcia, Oviedo, Pamplona, San Sebastián e Vitoria non achegaron información ningunha malia a que os técnicos a requiriron.
No tocante aos coidados posteriores á colocación do piércing, só no 45% dos casos se informaba detalladamente diso.
Boa hixiene, pero con carencias
A hixiene e a limpeza neste tipo de centros é unha máxima ineludible, xa que está en xogo a saúde do cliente. A cualificación global do estudo neste aspecto foi dun “ben”, aínda que se atoparon tamén aspectos que convén mellorar.
Unha das premisas que deben cumprir todos os establecementos, segundo as distintas normativas autonómicas, é que deben estar divididos en diferentes zonas que posibiliten unha correcta atención ao cliente. Todos os centros estudados dispuñan dalgunha zona diferenciada, pero é salientable que no 30% dos casos a zona de esterilización non estaba separada do resto de instalacións.
As áreas de espera, de traballo e de aseo para uso dos clientes deben estar limpas, desinfectadas e en bo estado. Limparanse polo menos unha vez ao día e sempre que haxa lixo aparente. Ademais, realizarase unha desinfección de todas as súas superficies de xeito periódico.
O 82% dos 160 establecementos analizados conservaban a recepción en bo estado de conservación, orde e limpeza. No 75% dos casos, a área de traballo estaba ordenada e con todos os materiais de traballo almacenados nun armario. As distintas lexislacións obrigan a que os obxectos e utensilios de traballo se garden en armarios pechados e a que sexan dun material bo de limpar e de desinfectar. En máis do 86% dos lugares visitados, os armarios onde se gardaban os obxectos de traballo estaban limpos e pechados, e o chan, paredes e mobles eran lisos para facilitar a súa limpeza (as normativas din que o chan e as paredes das zonas de traballo deben ser lisos, revestidos de materiais non porosos que soporten unha limpeza e desinfección axeitada). Tampouco se atoparon lixo nin manchas de sangue.
Aínda que a gran maioría cumpría coas normas de hixiene, algúns establecementos suspenderon neste apartado. De feito, a orde era unha tarefa pendente en tres centros de Córdoba, Málaga e Valladolid, e atopáronse manchas e lixo noutros tres tamén da capital cordobesa, pamplonesa e alacantina. A iso cómpre engadir que no 8% dos establecementos non se lle permitiu ao técnico de CONSUMER EROSKI acceder a estas instalacións.
A perforación corporal ou a tatuaxe deben realizarse coa garantía absoluta de privacidade. Dos 160 comercios visitados, a intimidade estaba asegurada no 85% dos casos, pero non no 13% (suspenden un centro da Coruña, dous de Almería, outro de Barcelona, tres de Córdoba, un de Granada, un de Madrid, un de Málaga, tres de Murcia, un de Oviedo e dous de Valladolid).
Unha das obrigas principais que deben cumprir este tipo de centros é que os elementos destinados a penetrar na pel, nas mucosas ou noutros tecidos como agullas ou máquinas de afeitar estean hermeticamente pechados e esterilizados, e hai que desbotalos logo de cada uso. Nos máis dos centros visitados atopábanse hermeticamente pechados (87,5%). Non o estaban, pola contra, nunha tenda de Pamplona, e no 12% dos casos nin sequera lles amosaron aos técnicos da revista estes instrumentos.
Os materiais de traballo destinados a estar en contacto coa pel sen a atravesaren (por exemplo, a pistola) esterilizábanse cada vez que se usaban cun cliente. De novo, é salientable que no 11% dos casos (seis en Barcelona, un de Almería, un de Córdoba, tres de Málaga, un de Oviedo, un de Vitoria e cinco en Zaragoza) non os amosasen.
A sala de esterilización estaba illada en case o 60% dos casos estudados, pero non no 16%: volven destacar negativamente Alacante, Valladolid e Oviedo, e non se quixo ensinar ou non se puido ver no 25% dos 160 lugares visitados. A orde e a limpeza imperaban na sala de esterilización no 73% dos casos (destacaban positivamente A Coruña, Bilbao, Madrid e San Sebastián), pero non en tres tendas de Alacante, Málaga e Pamplona. Menos satisfactorio é que a cama estaba limpa ou utilizaban unha saba dun só uso apenas na metade dos 160 centros.
Para rematar, a normativa vixente obriga o profesional tatuador ou anelador a utilizar roupa axeitada e específica (bata de cor branca ou clara) para realizar a súa actividade. Na metade dos casos estudados non se puido ver en acción ao tatuador ou anelador. Dos 80 profesionais aos que si se puido observar, o 26% non levaban máscara, no 30% nin sequera portaba a roupa axeitada, e no 4% non lavaron as mans nin antes, nin despois, nin tampouco cando se interrompía a actividade.
Os riscos que supón facer unha tatuaxe ou un piércing en condicións inadecuadas converten en crucial a elección do centro. Estas pistas poden axudar a decidir con criterio:
- Espazos amplos: O establecemento debe ter diferenciadas correctamente a zona de recepción, de traballo e de esterilización dos materiais. Ademais, estas salas deben ser espazosas para que o profesional traballe con comodidade e cunha iluminación axeitada.
- Nin rastro de lixo: A limpeza e a hixiene serán unha máxima en todo o establecemento, en especial na zona onde se fai a tatuaxe ou o piércing. Nada de manchas ou materiais e obxectos desordenados ou fóra de lugar.
- Alleo ás miradas: A zona de traballo debe ser unha zona que respecte a intimidade do cliente que decidiu facer un piércing ou unha tatuaxe.
- Utensilios de traballo: Os materiais deben incluír o seu correspondente precinto, xa que serán dun só uso, e estar correctamente gardados en armarios pechados. Cando se vaian empregar, abriranse diante do propio cliente, mentres que as ferramentas que se usan, como a pistola, deben esterilizarse con cada persoa. Tamén dun só uso será o papel ou saba que cubra a cama ou a cadeira onde se coloca o paciente, así como a maquiniña no caso de que cumpra depilar a zona do corpo que se vai tatuar.
- O profesional: O tatuador ou perforador, ademais, debe respectar unhas pautas de indumentaria: usará unha bata branca e un calzado específico, máscara e luvas dun só uso que quitará e porá diante do cliente. Ademais, antes e despois de facer a tatuaxe ou o piércing e sempre que o traballo se interrompa, lavará as mans.
- Información: Antes de realizar a tatuaxe ou o piércing, o profesional informará acerca dos riscos que comporta (alerxias, problemas de cicatrización…); sobre como debe acudir o cliente ao centro (sen inxerir en datas recentes alcohol, drogas, aspirinas e en xaxúas); sobre os factores que inflúen na colocación dun piércing ou dunha tatuaxe nunha zona ou noutra do corpo e, para rematar, explicará os coidados posteriores necesarios (pomadas, gasas, lavados, non tomar o sol ou bañarse na piscina ou no mar ata pasado un tempo, usar cremas hidratantes…).
Prezos: convén comparar
Os cartos que custa adornar o corpo cunha perforación ou cunha tatuaxe varía en función das capitais analizadas e tamén dentro de cada cidade. Colocar un piércing (o máis barato e de aceiro) custa de media 30 euros, case cinco euros menos ca hai catro anos (pagábanse 34,90 euros de media). Na capital cordobesa atopouse o prezo máis barato, 9 euros; e en Vitoria e Valencia o máis oneroso, 50 euros.
Os prezos medios máis caros atopáronse en Vitoria (46 euros) e os máis baratos en Alacante (15 euros). Ademais, as maiores diferenzas víronse en Valencia: o custo máis caro era de 50 euros e o máis económico diminuía a taxa media ata 15 euros.
O prezo medio que hai que aboar para facer unha tatuaxe (unha pequena letra chinesa en branco e negro) ascende a case 61 euros; unha taxa que case se multiplica por dous en Alacante, onde de media se cobran 110 euros; e que se divide por dous en Granada (31 euros).
Na capital alacantina atopouse o prezo máis caro de todo o estudo: nada menos que 140 euros, mentres que o máis económico se atopou nun centro de Valladolid: apenas 20 euros.
Resulta difícil, lento e custoso eliminar unha tatuaxe. Ademais, médicos e profesionais tatuadores coinciden en sinalar que nunca desaparece de todo, xa que poden quedar marcas, nalgúns casos pouco estéticas. O método máis eficaz e ao que recorre un maior número de persoas para borralas é a intervención con láser, que non baixa dos 150 euros por sesión. Precísanse de media unhas cinco sesións, pero depende do tamaño, da antigüidade e das cores empregadas na tatuaxe: o amarelo non se elimina con ningún tratamento; o azul claro, o verde, o morado e o laranxa quítanse parcialmente; o negro, o vermello e o azul escuro son os que mellor se borran da pel.
Amais do láser, tamén se poden utilizar outros procedementos convencionais de cirurxía plástica como extirpacións, estiramentos, cortes ou enxertos de pel, ou mesmo “camuflar” o debuxo cunha nova tatuaxe. O último avance é unha crema elaborada por expertos en cosmética dunha clínica de Oxford, no Reino Unido. Esta técnica, aínda pouco espallada e que se está a utilizar por primeira vez nos Estados Unidos, permite borrar as tatuaxes non desexadas sen dor nin cicatrices en aproximadamente unhas 8 semanas.