Ovos de diversos tipos

Frescos e libres de salmonella pero con defectos de calidade

Analizados ovos convencionais, "de curral", omega 3 e de galiñas criadas "en chan". Os de maior tamaño e prezo, os XL, foron os de peor calidade. Defectos de calidade e etiquetaxe, materias pendentes
1 Outubro de 2008
Img analisis

Frescos e libres de salmonella pero con defectos de calidade

Analizáronse 24 paquetes de ovos de categoría A correspondentes a cinco marcas de ámbito nacional. Para o estudo de defectos de calidade estudáronse 60 unidades por cada mostra (un total de 1.440 ovos) e para a análise microbiolóxica de detección de salmonella, 12 unidades por mostra, que fan un total de 288 ovos. Un total de 14 mostras eran convencionais, de elas catro de calibre XL (moi grande), cinco L (grande) e outras cinco M (mediano). Catro eran ovos “de curral”, de calibres L e M; cinco eran enriquecidos en Omega-3 de tamaños tamén L e M; e unha era de ovos de galiñas criadas “en chan”. O laboratorio non analizou a composición nutricional destas mostras porque non hai diferenzas nos contidos de nutrientes (proteínas, hidratos de carbono, graxa, vitaminas e minerais) entre os diferentes tipos de ovos. Mediuse o contido en ácidos graxos Omega-3 e vitamina E nos ovos que o declaraban. Os ovos que máis respectan o benestar das pitas son os “de curral”.

Nos convencionais, o formato de venda máis común, mais non o único, era unha ducia de ovos, mentres que os ovos Omega 3, os “de curral” e os de galiñas criadas en chan se venden todos en envases de media ducia. Todas as mostras viñas nun paquete de cartón retractilado con base de cartón e con ou sen plástico envolvendo o estoxo. Constátase que canto maior é o calibre dos ovos, maior é o seu prezo: os ovos XL custan de media 0,22 euros cada un, os L saen a 0,14 euros e os M a 0,13 euros. Os “de curral” custan 0,23 euros e os omega-3 unha media de 0,17 euros. A mostra procedente de galiña criada “en chan” custaba 0,19 euros cada ovo.

Sen salmonella, pero mal etiquetados e con defectos

Ningún dos 288 ovos analizados en laboratorio deu positivo en salmonella, polo que o seu estado hixiénico-sanitario foi satisfactorio.

Trátase dun gran resultado, do que debe felicitarse todo o sector. Pero non todo foi tan positivo: máis da metade das mostras (o 54%) incumpre a norma de etiquetaxe, e o problema é compartido por igual en todos os tipos de ovos. E houbo dúas mostras, os ovos de tamaño L de Coren e os de tamaño M de Matines, que presentaron unha proporción de ovos con marcado ilexible superior ao admitido pola norma, que é o 20%. Só os de Cantos Blancos lucían unha etiquetaxe conforme á norma en todas as mostras. Tampouco pode interpretarse como satisfactorio que o 70% das mostras presentasen máis defectos de calidade do admitido. Polo menos, moi poucos ovos estaban rotos (a que en maior cantidade os tiña rotos quedaba no 3% de ovos rotos). Os defectos máis comúns foron lixo, féndoas na casca e a cámara de aire superior a 6 milímetros (falta de frescura). Os ovos normais con maior proporción de defectos (50% das unidades) foron precisamente os máis caros: XL de Matines, que custaban 0,26 euros cada ovo. Estes defectos déronse case por igual entre os diversos tipos de ovo: os convencionais presentaron unha media de defectuosos do 24%, os “de curral” do 23% e os Omega 3 quedaron nun 18%. En todos os tipos de ovo os valores medios foron superiores ao máximo admitido pola norma (14% de unidades con defectos). En resumo, etiquetaxe e calidade seguen a ser a materia pendente dos ovos en España.

Ben frescos

Outro dato positivo: as probas de frescura dos 24 paquetes de ovos depararon resultados satisfactorios. Aínda que os houbo con cámara de aire superior a 6 mm (criterio de defecto de frescura), os valores medios deste parámetro e doutros utilizados na proba, indican que a frescura de todas as mostras era satisfactoria. Destacaron en frescura tres de Cantos Blancos (convencionais L e M e galiñas criadas “en chan”), unha de Pitas-Pitas (convencionais M) e os “de curral” de Matines.

O sistema de cría das galiñas (gaiolas, “de curral”, “en chan”) practicamente non inflúe na calidade comercial dos ovos. Pero o tamaño si, e decisivamente: canto maior é o seu calibre, menor é a calidade do ovo. No tamaño XL presentaron defectos de calidade o 37% das mostras, no L o 23% e no M o 15%. Débese a que o tamaño do ovo aumenta conforme o fai a idade da galiña poñedora e a que canto maior é o ovo, a casca é máis fina e fráxil e menos illante.

Por marcas, destacaron pola súa maior proporción de ovos con defectos de calidade Matines (30%), Pitas-Pitas e mais El Aldeano (25%) e Dagu (23%). Cantos Blancos (12%) sobresae xusto polo contrario. Coren, cun 18%, queda nun posto intermedio, pero supera o 14% que dita a norma como máximo. Das catro mostras de Cantos Blancos, dúas (M e “en chan”) cumpren a norma e as outras dúas superaban o admitido pero por pouco: 15% de defectos nos L convencionais e 17% nos Omega 3.

Doutra parte, a norma admite que ata un 10% dos ovos dun envase teñan un peso inferior ao que lle corresponde ao seu calibre. Catro das 24 mostras incumprían esta norma, pero as dúas que o facían en maior grao (Pitas e Coren) tiñan un erro de etiquetaxe: eran “de curral” tamaño L e vendíanse como convencionais XL.

Omega 3 e vitamina E

A análise revela que os ovos enriquecidos na graxa saudable Omega-3 conteñen unha cantidade apropiada desta graxa, que mesmo se comprobou superior á declarada nas súas etiquetas. Esa é, por certo, a súa única diferenza respecto dos ovos convencionais. O xeito máis sinxelo e económico de incorporar Omega-3 ao noso organismo é comer peixe azul. Os ovos enriquecidos teñen cinco veces menos Omega-3 ca o atún e dez veces menos ca o salmón. E as dúas mostras de ovo que declaran vitamina E (ambas as dúas eran ovos Omega 3) están enriquecidas nesta vitamina: contéñena en cantidade dez veces maior ca os non enriquecidos.

Mellor relación calidade-prezo

A mellor relación calidade-prezo son os ovos normais de calibre M de Cantos Blancos: os máis baratos, figuran entre os máis frescos, son os de menos defectos de calidade e están ben etiquetados, tanto a embalaxe como o propio ovo. Entre os “de curral”, destaca Matines; e nos omega-3, Pita-Pitas.

Ovos: fonte inesgotable de preguntas

Son mellores os ovos grandes?

Ao contrario: os ovos, canto máis grandes, peor calidade. Canto maior é o seu calibre, menor é a calidade do ovo. No tamaño XL presentaron defectos de calidade o 37% das mostras, no L, o 23% e no M o 15%. Débese a que o tamaño do ovo aumenta conforme o fai a idade da galiña poñedora e a que canto maior é o ovo a casca é máis fina e fráxil e menos illante.

Son mellores os ovos con xema máis avermellada?

A cor da xema, máis avermellada ou máis pálida, nada ten que ver coa calidade comercial do ovo nin co seu sabor. Esta cor é facilmente manipulable polo produtor mediante unha suplementación con pigmentos carotenoides que se lle engade ao penso das galiñas poñedoras.

Realmente son tan nutritivos?

Si, teñen un gran valor nutritivo que aínda é máis valioso pola súa moderada achega enerxética, 150 calorías cada cen gramos. Están indicados os ovos mesmo en dietas de control de peso. Para un neno ou persoa de complexión media é saudable un consumo de tres a catro ovos á semana; un individuo corpulento ou fisicamente moi activo pode consumir ata seis ou sete ovos por semana. O ovo é o alimento con proteínas (13% do seu contido) de maior valor biolóxico, máis completas aínda ca as da carne, porque contén en proporción óptima os oito aminoácidos esenciais. As graxas representan o 10%, e saturada só o é o seu 32% polo que o seu perfil lipídico é saudable. O ovo achega tamén diversas vitaminas liposolubles. A súa vitamina D é moi valiosa cando se seguen dietas baixas en graxas. O ovo é interesante tamén polo seu contido en minerais, sobre todo fósforo, sodio, potasio e cinc, amais do selenio, bo antioxidante. O ovo achega tamén antioxidantes como lutena e zeaxantina, que protexen a parte central da retina e do cristalino da acción oxidante da luz; ambos os dous nutrientes están implicados na prevención da dexeneración macular senil, causa de perda de vista na terceira idade. O ovo é unha fonte valiosa de colina, vinculada ao bo funcionamento do fígado.

Teñen moito colesterol os ovos?

Si, pero os alimentos con alto contido de colesterol non inflúen tanto como se pensaba na elevación do colesterol plasmático total. De feito, no control da hipercolesterolemia hai factores máis importantes ca o colesterol dos alimentos, sobre todo a proporción entre ácidos graxos saturados e trans (os menos saudables) e os poliinsaturados (saudables). E este perfil lipídico é saudable no ovo. Ademais, tamén ten lecitina, que axuda a manter en suspensión o colesterol en sangue, impedindo que se deposite na parede das arterias. Polo tanto, aínda que quen teña hipercolesterolemia debe moderar o seu consumo, non está xustificado eliminalos da dieta.

Nenos con alerxia ao ovo

O ovo é o alimento máis alerxénico en nenos de 1 a 2 anos. A quen sofre esta alerxia non lle abonda con evitar o consumo do alimento, xa que o ovo e mais os seus compoñentes son moi utilizados na elaboración doutros produtos, o que dificulta o seguimento dunha dieta sen ovo. O prognóstico, así e todo, é bo: os máis dos nenos afectados acaban tolerando o ovo cando superan os dous ou tres anos.

Por que hai ovos omega 3?

Porque ante a mala sona que durante anos tivo o consumo de ovos polo seu elevado contido en colesterol, a tecnoloxía alimentaria desenvolveu a técnica de modificar o perfil de graxas do ovo aumentando a súa concentración de ácidos graxos omega 3, recoñecidos pola súa contribución positiva na saúde cardiovascular. Conséguese modificando a composición dos pensos das galiñas mesturándoos con aceites de peixes, algas ou sementes de liño, fonte natural da graxa omega 3.

A cor do ovo ten algo que ver coa súa calidade?

A cor da casca (branca ou morena), depende da raza da galiña e nada ten que ver coa súa calidade nin co seu sabor.

Benestar das galiñas?

Unha galiña feliz é a que goza de liberdade para peteirar polo chan, facer exercicio, arranxar as plumas, darse baños de terra, subir a un pau cando se sente ameazada e construír un niño no que depositar os seus ovos. Son condutas, todas elas, negadas ás galiñas criadas en gaiolas, as que poñen a inmensa maioría dos ovos que o mercado lle ofrece hoxe ao consumidor; a excepción represéntana os ovos “de curral”. No sistema de cría en gaiolas non acondicionadas (quedará prohibido no 2012), as galiñas dispoñen de polo menos 550 centímetros cadrados de superficie por ave (menos do que ocupa un folio). Nas gaiolas acondicionadas, a superficie mínima por galiña é semellante, só 600 centímetros cadrados. As galiñas criadas en chan están en naves nas que a densidade non superará a de nove galiñas por metro cadrado, uns 1.100 centímetros cadrados por galiña, o dobre ca as criadas en gaiolas. E as de curral, as máis afortunadas de todo o sistema produtivo, deben ter acceso de xeito ininterrompido e durante todo o día a un espazo ao aire libre, se ben os produtores poden restrinxir este acceso durante un período limitado polas mañás. A densidade máxima destes espazos ao aire será dunha galiña por cada 4 metros cadrados, é dicir, correspóndelles 67 veces máis espazo ca ás galiñas criadas en gaiolas e 36 veces máis ca ás “criadas en chan”. Optar pola compra de ovos “de curral” equivale, polo tanto, a favorecer o benestar das galiñas poñedoras. Esta elección esíxelle ao consumidor un compromiso, medible en esforzo económico: como é lóxico, os ovos “de curral” son máis caros, aÌnda que se cadra non tanto como se podería supor. Os “de curral” (sempre son de tamaño L ou M) custan, de media, 0,23 euros cada un, só un céntimo máis ca os ovos máis grandes de cría en gaiolas, os XL, e catro céntimos máis ca os de “chan”; iso si, son moito máis caros ca os convencionais L e M, que custan 0,14 e 0,13 euros, respectivamente. Agora ben, a composición nutricional dos ovos “de curral” é idéntica á dos convencionais. O seu valor engadido non é nutritivo, senón cultural e ecolóxico: a súa cría ten máis en conta o benestar das galiñas.

Os ovos frixidos engordan moito e son pouco dixestivos

A dixestibilidade do ovo depende da tolerancia individual e do xeito de cociñalos. Cocido é máis dixestivo ca frixido. O ovo frixido contén algo máis de graxa, aínda que non tanto como se coida, porque a súa capacidade para absorber o aceite é limitada e independente da cantidade de aceite empregada na frixidura. Estímase que un ovo frixido ben escorrido achega só 35 calorías máis que de se consumir cocido.

Crus alimentan máis

Non é certo. Os ovos crus (desaconsellables, xa que de teren salmonella -que se inactiva coa calor- poderían causar unha infección alimentaria) non son tan nutritivos como se cría. A proteína do ovo precisa a acción da calor para coagular e poder ser dixerida e aproveitada polo noso organismo.

Manipular ben os ovos e táboa comparativa

Manipular ben os ovos é:

  • Mercar sempre ovos coa casca intacta e limpa.
  • Respectar a data de consumo preferente.
  • Lavar os ovos só se se van cociñar ou consumir de xeito inmediato.
  • Manter os ovos no frigorífico ata o seu consumo e sacar en cada ocasión só os que se van a empregar.
  • Cociñar suficientemente os ovos e os pratos feitos con ovo.
  • De se facer maionesa caseira, preparala coa máxima hixiene e conservala, como máximo, durante 24 horas, no frigorífico.
  • Non romper o ovo no bordo do recipiente onde se vai bater nin separar as claras das xemas coa propia casca do ovo.
  • Conservar os ovos afastados de cheiros estraños que poden afectar ao seu sabor.
Tipo de cría OVOS CONVENCIONAIS
Marca COREN DAGU
Categoría/tamaño A/XL A/L A/M A/XL A/L A/M
Denominación de venda Ovos frescos Ovos frescos Ovos frescos Ovos Ovos Ovos
Formato Media ducia Ducia Ducia 10 Ovos Ducia Dozena
Envase Paquete de cartón Paquete retractilado con base de cartón Paquete de cartón Paquete retractilado con base de cartón y fajín Paquete retractilado con base de cartón Paquete de cartón
Prezo euros por ovo (Euros por paquete) 0.2 (1,2) 0,12 (1,39) 0,1 (1,15) 0,22 (2,17) 0,15 (1,82) 0,12 (1,49)
Etiquetaxe
Embalaxe Incorrecto Incorrecto Correcto Incorrecto Incorrecto Correcto
Ovo Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto
Información adicional ao código de produtor no ovo Data consumo preferente Data consumo preferente Data consumo preferente
Calidade do ovo
Rotos (%) 0 1,7 0 3,3 0 0
Fendidos (%) 6,7 6,7 10 5 3,3 15
Lixados (%) 8,3 20 1,7 20 0 1,7
Lixados por carne ou sangue no interior (%) 1,7 3,33 1,7 1,7 0 0
Cheiros estraños (%) 0 0 0 0 0 0
Cámara de aire maior que 6 mm (%)1 1,7 1,7 0 6,7 3,3 3,3
Suma total de defectos anteriores (%)2 18,3 33,3 13,34 36,7 6,7 20
Frescura
Valor medio da altura da cámara de aire (mm) 3,9 4 4,25 4,5 3,9 4,7
Unidades Haugh (HU)3 51,8 49,3 63,3 60,3 69,4 69,4
Peso
Peso medio (g) 73,6 67,2 60,5 76,9 68,3 58,8
Ovos con defecto de peso total (%)4 58,3 10 21,7 5 0 0
Ovos con defecto de peso categoría inferior (%)5 58,3 6,7 0 5 0 0
Marcaxe do ovo 6 Correcto Incorrecto Correcto Correcto Correcto Correcto
Cor da yema 7 11,7 11,7 12,1 11,9 12 10
Salmonella Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Tipo de cría OVOS CONVENCIONAIS
Marca CANTOS BLANCOS PITAS-PITAS
Categoría/tamaño A/XL A/L A/XL A/L A/M
Denominación de venda Ovos frescos Ovos frescos Ovos frescos Ovos frescos Ovo
Formatua Ducia Ducia Ducia Ducia Ducia
Envase Paquete retractilado con base de cartón Paquete retractilado con base de cartón Paquete de cartón Paquete de cartón Paquete retractilado con base de cartón
Prezo euros por ovo (Euros por paquete) 0,11 (1,29) 0,09 (1,12) 0,20 (2,45) 0,16 (1,90) 0,13 (1,55)
Etiquetaxe
Embalaxe Correcto Correcto Incorrecto Incorrecto Incorrecto
Ovo Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto
Información adicional ao código de produtor no ovo Data de consumo preferente Data de posta Data de consumo preferente Data de posta Data consumo preferente
Calidade do ovo
Rotos (%) 1,7 0 3,3 3,3 1,7
Fendidos (%) 3,3 1,7 8,3 8,3 6,7
Lixados (%) 10 1,7 1,7 6,7 5
Lixados por carne ou sangue no interior (%) 0 0 6,7 1,7 0
Cheiros estraños (%) 0 0 0 0 0
Cámara de aire maior que 6 mm (%)1 0 0 23,3 15 0
Suma total de defectos anteriores (%)2 15 3,3 43,3 35 13,3
Frescura
Valor medio da altura da cámara de aire (mm) 2,7 2,7 6 5,3 3,4
Unidades Haugh (HU)3 78,4 69,9 52,8 65 88
Peso
Peso medio (g) 67,6 59,4 71,1 64,5 59,1
Ovos con defecto de peso total (%)4 5 0 73,2 23,3 0
Ovos con defecto de peso categoría inferior (%)5 5 0 73,2 20 0
Marcaxe do ovo 6 Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto
Cor da yema 7 11 11,1 11,6 11,5 12
Salmonella Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Tipo de cría OVOS CONVENCIONAIS
Marca MATINES
Matines Coto verde Liderou
Categoría/tamaño A/XL A/L A/M
Denominación de venda Arrautza Arrautza Arrautza
Formato Media ducia Ducia Media ducia
Envase Paquete retractilado con base de cartón Paquete retractilado con base de cartón Paquete de cartón
Prezo euros por ovo (Euros por paquete) 0,26 (1,54) 0,17 (2) 0,23 (1,35)
Etiquetaxe
Embalaxe Correcto Incorrecto Correcto
Ovo Correcto Correcto Correcto
Información adicional al código de productor en el Ovo Data consumo preferente Data consumo preferente Data consumo preferente
Calidade do ovo
Rotos (%) 1,7 3,3 0
Fendidos (%) 1,7 11,7 3,3
Lixados (%) 46,7 5 11,7
Lixados por carne o sangre en el interior (%) 0 0 6,7
Cheiros estraños (%) 0 0 0
Cámara de aire maior que 6 mm (%)1 0 3,3 1,7
Suma total de defectos anteriores (%)2 50 23 23,3
Frescura
Valor medio da altura da cámara de aire (mm) 3,9 3,7 4,7
Unidades Haugh (HU)3 65,4 71,2 55,8
Peso
Peso medio (g) 74 66,3 55
Ovos con defecto de peso total (%)4 33,3 8,3 13,3
Ovos con defecto de peso categoría inferior (%)5 33,3 8,3 13,3
Marcaxe do ovo 6 Correcto Correcto Incorrecto
Cor da yema 7 12,1 11,7 11,7
Salmonella Ausencia Ausencia Ausencia
Tipo de cría OVOS DE CURRAL
Marca COREN DAGU OUS PITAS(EL ALDEANO) MATINES
Categoría/tamaño A/M A/M-L A/M-L A/M-L
Denominación de venda Ovos frescos de galiñas de curral Ovos de curral Ovos de galiñas de curral Ovos de curral
Formato Media ducia Media ducia Media ducia Media ducia
Prezo euros por ovo (Euros por paquete) 0,22 (1,32) 0,23 (1,35) 0,23 (1,35) 0,23 (1,35)
Envase Paquete de cartón con plástico Paquete de cartón Paquete de cartón con plástico Paquete de cartón con plástico
Etiquetaxe
Embalaxe Incorrecto Incorrecto Incorrecto Correcto
Ovo Correcto Correcto Correcto Correcto
Información adicional ao código de produtor no ovo Data consumo preferente
Calidade do ovo
Rotos (%) 0 0 0 0
Fendidos (%) 11,7 15 8,3 3,3
Lixados (%) 3,3 10 3,3 11,7
Lixados por carne ou sangue no interior(%) 1,7 1,7 0 1,7
Cheiros estraños (%) 0 0 0 0
Cambra d’aire maior que 6mm (%) 1 3,3 6,7 10 0
Suma total de defectos anteriores (%) 2 20 33,3 21,7 16,7
Frescura
Valor medio da altura da cámara da aire (mm) 3,5 4,6 4,6 3
Unidades Haugh (HU) 3 65,4 51,7 62,9 71,5
Peso
Peso medio (g) 63,2 67,1 60,5 62,1
Ovos con defecto de peso total (%) 4 41,7 6,7 1,7 1,7
Ovos con peso da categoría inmediata inferior (%) 5 0 0 1,7 1,7
Marcaxe do ovo 6 Correcto Correcto Correcto Correcto
Cor da xema 7 11,8 11,4 11,7 11,9
Salmonel·la Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Ácidos graxos omega-3
EPA (mg/100g)
DHA (mg/100g)
Vitamina E (mg/100g)
Tipo de cría OVOS OMEGA 3 OUS “TERRA”
Marca COREN DAGU CANTOS BLANCOS PITAS- PITAS MATINES CANTOS BLANCOS
Categoria/mida A/M A/M-L A/Diferentes A/M-L A/M-L A/Diferentes
Denominació de venda Ovos omega 3 frescos Ovos omega 3 Ovos enriquecidos con omega 3 Ovos frescos
Ovos de galiñas alimentadas con pensos que conteñen ácidos graxos omega 3
Ovos enriquecidos con omega 3 Ovos de galiñas criadas no chan
Format Media ducia Media ducia Media ducia Media ducia Media ducia Media ducia
Prezo euros por ovo (Euros por paquete) 0,18 (1,06) 0,16 (0,93) 0,16 (0,93) 0,16 (0,96) 0,2 (1,20) 0,19 (1,14)
Envase Paquete de cartón con plástico Paquete de cartón Paquete retractilado con base de cartón e plástico Paquete de cartón con plástico Paquete retractilado con base de cartón e plástico Paquete retractilado con base de cartón e plástico
Etiquetatge
Embalaxe Incorrecto Incorrecto Correcto Correcto Correcto Correcto
Ovo Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto
Información adicional ao código de produtor no ovo Data consumo preferente Data consumo preferente Data de consumo preferente
Data de posta
Data de consumo preferente
Data de posta
Calidade do ovo
Rotos (%) 0 0 0 0 0 0
Fendidos (%) 1,7 10 1,7 1,7 3,3 1,7
Lixados (%) 3,3 5 1,7 1,7 30 5
Lixados por carne ou sangue no interior(%) 1,7 0 1,7 1,7 1,7 5
Cheiros estraños (%) 0 0 0 0 1,7 0
Cámara de aire maior que 6mm (%) 1 0 1,7 11,7 5 1,7 0
Suma total de defectes anteriors (%) 2 6,7 16,7 16,7 10 38,3 11,7
Frescura
Valor medio da altura da cámara da aire (mm) 2,1 4,1 5,15 3,9 4,8 3,4
Unidades Haugh (HU) 3 58,7 61,4 77,3 77,3 65,1 67,9
Pes
Peso medio (g) 60,4 67,2 62,5 57,7 61,3 64,5
Ovos con defecto de peso total (%) 4 25 13,3 0 5 0 0
Ovos con peso da categoría inmediata inferior (%) 5 0 0 0 5 0 0
Marcaxe do ovo 6 Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto Correcto
Cor da xema 7 11,8 11,3 10,9 11,4 12,1 11
Salmonella Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia Ausencia
Ácidos graxos omega-3
EPA (mg/100g) 15,3 30,6 32,1 42,2 1,8
DHA (mg/100g) 550,7 405,3 380,1 439,7 378,6
Vitamina E (mg/100g) 10,9 11,2

1. Cámara de aire: parámetro relacionado coa frescura do ovo. A normativa esixe un máximo de altura de cámara de aire de 6 mm para ovos de categoría A. Os resultados da táboa refírense á porcentaxe de ovos que incumprían o criterio da norma.

2. Suma total de defectos anteriores (%): inclúe as unidades rotas, fendidas, lixadas, lixadas por manchas de carne ou sangue no interior do ovo, con cheiros estraños e coa cámara de aire superior a 6 mm. Limite máximo lexislado: menor ou igual que 14%.

3. Unidades Haugh: índice empírico que relaciona a altura e o peso do ovo coa súa calidade e frescura. Non hai límite lexislado, pero a maior número de unidades Haugh maior frescura.

4. Ovos con defecto de peso total: porcentaxe de ovos con defecto de peso, ben por exceso (peso superior ao do calibre declarado) ou por defecto (peso inferior ao declarado). A lexislación establece nun 20% o límite de ovos de categoría distinta á declarada.

5. Ovos con peso da categoría inmediatamente inferior: a norma non permite superar o 10% de ovos de categoría inferior á declarada.

6. Marcado do ovo: a norma dita que non pode haber máis do 20% de unidades con marcaxe ilexible do código do produtor, ben porque aparece borroso ou porque falta algún díxito.

7. Cor da xema: os resultados refírense á escala Roche, sendo os valores máis baixos máis amarelados e os máis altos máis alaranxados.

Un a un

Un por un, 24 paquetes de ovos convencionais, "de curral", Omega-3 e de galiñas criadas "en chan"

OVOS CONVENCIONAIS
Coren

  • Calibres analizados: XL, L e M.
  • Prezos por unidade: 0,20 euros os de tamaño XL, 0,12 euros os de L e 0,10 euros os de M.
  • Os envases eran dunha ducia, agás no tamaño grande (XL), de media ducia.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase dos ovos XL e L (non se indica o significado do código do produtor). Ademais, os XL non eran tales (é dicir “criados en gaiola”), senón “de curral”, tal e como indicaban os ovos no seu marcado.
  • Os L destacaron pola súa elevada proporción (33%) de defectos totais. A norma admite ata o 14% desta suma de defectos. O máis común (20% dos ovos) foi o do lixo na casca dos ovos, pero un 7% estaban fendidos (casca danada, e, non obstante, membrana intacta).
  • Os XL, peso fóra de norma: a proporción de ovos de calibre inferior non pode superar o 10%, pero o 58% destes XL eran en realidade de tamaño L.
  • Nos M, este defecto de peso viuse no 22%.
  • Nos L, o 35% dos ovos (tíñano ilexible), a marcaxe era incorrecta en maior proporción da admitida.

Dagu

  • Calibres analizados: XL, L e M.
  • Os envases eran dunha ducia agás no tamaño grande (XL), de dez ovos.
  • Prezos por unidade: 0,22 euros os de tamaño XL, 0,15 euros os L e 0,12 euros os M.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase dos XL e L: non se indica o significado do código do produtor.
  • Os XL destacaron pola súa proporción (37%) de defectos totais. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. O máis común (o 20%) foi o da sucidade dos ovos, pero ata un 5% estaban fendidos (casca danada, pero membrana intacta) e un 7% tiñan una cámara de aire superior aos 6 mm (defecto de frescura).
  • Os L, os segundos (dun total de 14 mostras) con menor proporción de defectos totais (7%). E unha das dúas mostras de ovo convencional que cumpre a norma de defectos de calidade.
  • Os ovos convencionais, en xeral, con menos defectos de peso, xunto con Cantos Blancos.

Cantos Blancos

  • Calibres analizados: L e M.
  • Os envases eran dunha ducia.
  • Prezos por unidade: 0,11 euros os de calibre L e 0,09 euros os M. Os máis baratos de todo o comparativo. A mellor relación calidade-prezo de todo o comparativo son os ovos M de Cantos Blancos.
  • Cantos Blancos é a única marca con etiquetaxe correcta en todas as mostras.
  • As dúas mostras figuran entre as cinco máis frescas das 24 comparadas. Ademais, son os únicos, xunto coas outras tres mostras da mesma marca, que levan a data de posta en cada ovo.
  • Os M son unha das catro mostras de ovo convencional que cumpren a norma de defectos de calidade. Son os convencionais con menos defectos de peso, xunto cos de Dagu.

Pitas-Pitas

  • Calibres analizados: XL, L e M.
  • Os envases eran dunha ducia.
  • Prezos por unidade: 0,20 euros os XL, 0,16 euros os L e 0,13 euros os M.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase dos L e M (non se indica o significado do código do produtor).
  • Os XL non eran convencionais (“criados en gaiolas”) como indicaba o envase, senón “de curral”, tal e como puña nos ovos. Destacaron pola súa proporción (43%) de defectos totais, os segundos que máis. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. O máis común (o 23%) foi o dunha cámara de aire superior aos 6 mm (defecto de frescura), pero ata un 8% estaban fendidos (casca danada, pero membrana intacta) e un 7% tiñan manchas de carne ou sangue no interior do ovo.
  • Tamén os L tiñan demasiados defectos (35%), o máis común o de cámara de aire superior a 6 mm (defecto de frescura): tíñano o 15% dos ovos.
  • Os M foron unha das cinco mostras con maior frescura das 24 comparadas. E non había, neste calibre, moitos ovos con defectos de calidade (13%).
  • Os XL (71,1 gramos) foron os únicos de todo o comparativo que non alcanzaban o peso medio do seu calibre (máis de 73 gramos), se ben se debe a que a súa etiquetaxe era errónea: é case seguro que se trataba de ovos de curral L, de menor peso. A proporción de ovos de calibre inferior non pode ser superior ao 10%, e o 73% destes supostos XL eran en realidade de tamaño L. O motivo é o mesmo ca no defecto de peso medio.
  • Nos L, a proporción de ovos de calibre inferior era do 20%, tamén fóra de norma.

Matines-Cotoverde-Liderou

  • Calibres analizados: XL, L e M.
  • Os envases eran de media ducia nos tamaños XL e M, e dunha ducia os L.
  • Prezos por unidade: 0,26 euros os XL, 0,17 euros os L e 0,23 euros os M. Son os máis caros, ata o punto de que rozan os prezos medios dos “de curral” e superan os dos Omega-3.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase dos L (non se indica o significado do código do produtor).
  • Os XL son os de maior proporción (50%) de defectos totais de todo o comparativo. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. O máis común (case o 47%) foi a sucidade dos ovos. A suma de defectos totais dos L foi do 23% das unidades, e destaca que o 12% estivesen fendidos (casca danada, pero membrana intacta).
  • Nos M, destaca que o 7% tiñan manchas de carne ou sangue no interior do ovo. Nos XL, a proporción de ovos de calibre inferior ao declarado era do 33%, cando a norma admite ata o 10%.
  • Nos M, no 32% dos ovos (téñena ilexible ou falta algún número) a marcaxe é incorrecta en maior proporción ca a admitida.

OVOS "DE CURRAL"
Coren

  • Calibre analizado: M.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,22 euros.
  • Etiquetaxe incorrecta:
    1. no envase (non se indica o significado do código do produtor) e
    2. realiza declaracións de saúde -“só os ovos de curral de Coren son como os ovos de antes; de cor intensa, sabedores, sans e naturais”- que non poden facerse e menos aínda sen explicar os porqués e sen acompañar información complementaria.
  • A suma de defectos totais (20% das unidades) non é das maiores, aínda que a norma fixa un máximo do 14%; o que si destaca é que o 12% tivesen fendas.
  • O 42% dos ovos tiña un peso distinto do que lle corresponde ao seu calibre (M, o terceiro menor) polo que están fóra de norma (só se admite ata o 20%), pero en todos os casos era superior. O peso medio das unidades estudadas foi de 63 gramos, no límite do que marca a norma.

Dagu

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,23 euros.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase (non se indica o significado do código do produtor).
  • Destacaron pola súa proporción (33%) de defectos totais. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. Os máis comúns foron unidades con féndoas (15%), lixo nos ovos (10%), e nun 7% a cámara de aire superior a 6 mm (defecto de frescura).
  • Os de maior peso medio dos ovos “de curral”, con 67 gramos cada un.

El Aldeano (Pitas)

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,23 euros.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase (non se indica o significado do código do produtor).
  • O 22% de ovos con defectos, cando a norma admite ata o 14% de suma de defectos. No 10%, cámara de aire superior a 6 mm (defecto de frescura) e un 8% con féndoas. Nota: esta mostra foi analizada 10 días antes da data de caducidade, mentres que as outras mostras se analizaron 13 días antes desa data, o que puido repercutir neste resultado de frescura.

Matines

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,23 euros.
  • Etiquetaxe correcta.
  • A mellor relación calidade-prezo dos ovos “de curral”.
  • O 17% de ovos con defectos, os de menos defectos entre os “de curral”, pero admítese só ata o 14% de suma de defectos.
  • Unha das cinco mostras con maior frescura das 24 comparadas.

OVOS OMEGA-3
Coren

  • Calibre analizado: M.
  • Envase de media ducia. Prezo por unidade: 0,18 euros.
  • Etiquetaxe incorrecta no envase (non se indica o significado do código do produtor).
  • Os de menor proporción de defectos de calidade, só o 7%.
  • Son os de maior contido en Omega 3 (DHA e EPA), con 566 mg/100 g.

Dagu

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,16 euros.
  • Etiquetaxe incorrecta: realiza declaracións de saúde (“Frescos, saudables e sabedores”) que non se poden facer e sen acompañar información complementaria.
  • Contido en graxas Omega 3 (DHA e EPA): 436 mg/100g, nin os que máis nin os que menos.
  • Os de maior peso medio dos ovos Omega 3, con 67 gramos.
  • Enriquecido en vitamina E: ten case 11 mg/100 g, pero declara só 6,1 mg/100 g. Equivale a 10 veces máis vitamina E ca un ovo non enriquecido nesta vitamina.

Cantos Blancos

  • Calibres analizados: diversos calibres.
  • Envase de media ducia.
  • Prezo por unidade: 0,16 euros.
  • Cantos Blancos é a única marca con etiquetaxe correcta en todas as mostras analizadas. Son, ademais, os únicos, xunto coas outras tres mostras da mesma marca, que levan a data de posta en cada ovo.
  • No 12% dos ovos, cámara de aire superior aos 6 mm (defecto de frescura).
  • Contido en graxas Omega 3 (DHA e EPA): 412 mg/100 g, nin os que máis nin os que menos.

Pitas-Pitas

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia. Prezo por unidade: 0,16 euros.
  • A mellor relación calidade-prezo dos ovos enriquecidos en Omega-3.
  • Etiquetaxe correcta. Os de menor peso medio dos ovos Omega 3, con 58 gramos cada ovo.
  • Contido en graxas Omega 3 (DHA e EPA): 482 mg/100g, os segundos con maior cantidade de omega 3.
  • Enriquecido en vitamina E: ten algo máis de 11 mg/100 g, pero declara só 5,9 mg/100 g. Equivale a 10 veces máis vitamina E ca un ovo non enriquecido nesta vitamina.

Matines

  • Calibres analizados: L e M, indistintamente.
  • Envase de media ducia. Prezo por unidade: 0,20 euros. Os máis caros dos enriquecidos en Omega-3.
  • Etiquetaxe correcta. Son os terceiros que maior proporción (38%) de defectos totais presentaron en todo o comparativo. A norma admite ata o 14% de suma de defectos. O defecto máis común (o 30%) foi o da sucidade dos ovos.
  • Son os de menor contido en graxas Omega 3 (DHA e EPA) das cinco mostras, con 395 mg/100 g, aínda que sexa unha cantidade máis ca aceptable.

OVOS "CHAN"
Cantos Blancos

  • Calibres analizados: diversos calibres.
  • Envase de media ducia. Prezo por unidade: 0,19 euros.
  • Cantos Blancos é a única marca con etiquetaxe correcta en todas as mostras (nesta análise foron 4 distintas).
  • Unha das poucas mostras deste comparativo que cumpre a norma de defectos de calidade. E unha das cinco con maior frescura das 24 comparadas. Os únicos, xunto coas outras tres mostras da mesma marca, que levan a data de posta en cada ovo.