Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, o diario do consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa >

Los datos, informaciones, interpretaciones y calificaciones que aparecen en esta información corresponden exclusivamente al momento en que se realizaron y tienen, por tanto, una vigencia limitada.

Bicicletas na cidade: analizados 37 carriles bici e 11 servizos públicos de préstamo de bicicletas : As cidades danlles as costas á bicicleta

Escasa dotación de carrís bici, carencia de estacionamentos axeitados e insuficiente conexión co transporte público condicionan a aposta da bicicleta como alternativa de transporte urbano

O mellor e o peor, por cidades e táboas comparativa

A Coruña:

  • O mellor: O único carril bici de que dispón A Coruña destaca pola súa seguridade: trátase dunha vía ampla independente da beirarrúa e da calzada que se atopa moi ben sinalizada.
  • O peor: Só conta con 9 quilómetros de carril bici, nos que non atopou nin un só aparcabici. Non ten sistema público de alugueiro de bicicletas.

Alacante:

  • O mellor: Nada positivo.
  • O peor: Unha das cidades da análise menos equipadas para circular en bicicleta: non dispón de ningún carril bici e tampouco hai un servizo de alugueiro público de bicicletas.

Barcelona:

  • O mellor: Conta coa rede máis extensa de bicicarrís do estudo: 128 quilómetros. A iso cómpre engadir 14.000 aparcabicis distribuídos pola cidade e un sistema de alugueiro público útil e en bo estado de mantemento.
  • O peor: A limpeza e mantemento dos carrís bici. Ademais, nos tres carrís analizados atopáronse ata 30 peóns obstaculizando o paso das bicis e 8 automóbiles estacionados.

Bilbao:

  • O mellor: É unha das poucas cidades nas que o sistema de alugueiro público de bicicletas oferta tándems preparados para o uso de persoas con minusvalidez. Ademais, permítese introducir a bicicleta no metro, no tren e no tranvía.
  • O peor: Só conta con 14 quilómetros de bicicarril e o servizo de alugueiro público de bicicletas non funciona durante todo o ano (comeza en maio).

Córdoba:

  • O mellor: Pioneira en despregar un servizo de alugueiro público de bicicletas automático e, ademais, gratuíto. Cómpre salientar tamén o bo mantemento dos seus carrís bici (conta cunha rede de 42 quilómetros) e dos seus aparcabicis.
  • O peor: As tarefas pendentes de Córdoba son ampliar os puntos de recollida e entrega de bicicletas e mais mellorar a información que se lle ofrece ao usuario.

Granada:

  • O mellor: A sinalización do carril bici, especialmente nos cruzamentos.
  • O peor: Non conta con servizo de alugueiro público de bicicletas e a súa rede de bicicarrís é insuficiente (sete quilómetros, un por cada 33.743 habitantes).

Madrid:

  • O mellor: Os tres traxectos de carril bici analizados por esta revista atopábanse nun estado óptimo, ao igual ca a calidade do servizo do alugueiro público de bicis.
  • O peor: Só conta con 62 quilómetros de carril bici, situados ao longo do Anel Verde, sen tocar practicamente as arterias clave da cidade, e o alugueiro de bicicletas está dirixido en exclusiva aos turistas ou ás persoas que queiran gozar do parque Xoán Carlos I.

Málaga:

  • O mellor: Bo mantemento e sinalización dos carrís bici analizados.
  • O peor: Non conta con servizo de alugueiro de bicicletas e a rede de carrís bici é insuficiente: só 5,5 quilómetros (un por cada 102.045 habitantes).

Murcia:

  • O mellor: O carril bici atopábase en boas condicións.
  • O peor: 4,7 quilómetros de carril bici non abondan para unha cidade de 422.861 habitantes. Tampouco ten sistema de alugueiro público de bicicletas.

Oviedo:

  • O mellor: Nada positivo.
  • O peor: Non ten nin carril bici nin sistema de empréstito de bicicletas.

Pamplona:

  • O mellor: 41 quilómetros de carril bici. O seu servizo municipal de alugueiro de bicicletas informa de incidencias na cidade (desvíos, obras, cortes de tráfico, accidentes, etc.).
  • O peor: A conexión entre os carrís bici. Ademais, durante os percorridos realizados observouse unha evidente falta de aparcabicis.

San Sebastián:

  • O mellor: O sistema de empréstito de bicicletas é moi bo.
  • O peor: O estado de deterioración dalgúns dos carrís bici analizados e mais os poucos quilómetros que compoñen a rede destes camiños específicos para ciclistas, só 28.

Sevilla:

  • O mellor: Un bo número de puntos de entrega e recollida das bicicletas do servizo de alugueiro (160) e unha boa rede de carrís bici (84 quilómetros).
  • O peor: A escasa limpeza dos bicicarrís analizados.

Santander:

  • O mellor: O mantemento dos carrís bici.
  • O peor: Apenas ten 10 quilómetros de carril bici e as carencias no sistema de empréstito municipal de bicicletas son numerosas.

Valencia:

  • O mellor: 70 quilómetros de carrís bici. Boa sinalización dos carrís reservados para ciclistas.
  • O peor: Deterioración e lixo nos carrís bici analizados e que non conta cun sistema de empréstito de bicicletas.

Valladolid:

  • O mellor: 49 quilómetros de carrís bici. O funcionamento do servizo de alugueiro de bicicletas.
  • O peor: Algunhas bicicletas do sistema municipal de alugueiro non estaban limpas.

Vitoria:

  • O mellor: A ampla rede de carrís bici, con máis de 50 quilómetros. O servizo de alugueiro de bicicletas conta con unidades adaptadas para persoas con minusvalías.
  • O peor: As bicicletas do servizo municipal de alugueiro só poden ser usadas 4 horas como máximo. Falta de carteis informativos nalgúns puntos de recollida e entrega das bicicletas alugadas.

Zaragoza:

  • O mellor: A rede de carrís bici está composta por 75 quilómetros de sendas específicas para os ciclistas.
  • O peor: Poucos aparcabicis e un estado de mantemento mellorable dos carrís bici.

Paginación dentro de este contenido

Pódeche interesar:

Infografía | Fotografías | Investigacións