Youtube, Vimeo, Videoegg, Yashi, Bolt, Darlugo, Google vídeo / Blog: "Chámame Lola" / Web: "As fotos de Bichito"

1 Febreiro de 2007

Youtube, Vimeo, Videoegg, Yashi, Bolt, Darlugo, Google vídeo / Blog: "Chámame Lola" / Web: "As fotos de Bichito"

NAVEGAR Á CARTA

Saír “de vídeos” pola Rede

/imgs/20070201/img.despiece-internet.01.jpg O segredo do incontestable éxito de YouTube (www.YouTube.com) o ano pasado baseouse en tres factores: é gratuíto, é doado de manexar (tanto para “subir” vídeos á páxina como para velos) e é social, o que significa que está pensado para que os vídeos poidan estar ao alcance de todo o mundo. Con estas tres premisas, YouTube converteuse na páxina de vídeos máis visitada do planeta. Os internautas úsana tanto para deixar os seus vídeos persoais graciosos como fragmentos curiosos de televisión, extractos de concertos musicais memorables, anuncios salientables ou escenas de películas míticas. Pero, aínda que o máis frecuente é que o usuario reciba numerosos correos de amigos con enlaces a páxinas de YouTube con vídeos curiosos, hai moitos outros sitios onde se poden ver vídeos que están “colgados” na Rede e “tamén subir” os propios.

Vimeo

www.vimeo.com

/imgs/20070201/img.despiece-internet.02.jpg O seu funcionamento e as súas posibilidades son practicamente as mesmas de YouTube. Agora ben, Vimeo engade a opción de descargar os vídeos ao ordenador, cousa que, en principio, non é posible en YouTube. O usuario tamén pode publicar os vídeos que máis lle gustaran no seu blog mediante un sinxelo enlace (algo que tamén se pode facer con YouTube). Ademais, amósalle ao autor da curtametraxe qué blogs o están a enlazar. Os seus inconvenientes son que algúns vídeos só se reproducen na versión máis avanzada de QuickTime (o que implica a descarga do pesado reprodutor de música iTunes) e que non permite o uso do RSS para as novas entradas de vídeos.

Videoegg

www.videoegg.com

/imgs/20070201/img.despiece-internet.03.jpg Trátase dun sistema de publicación de vídeos en blogs (práctica coñecida como “vloggin”) que traduce calquera arquivo multimedia a un formato único de compresión e reprodución. A principal vantaxe deste sistema de publicación é que fai compatibles todo tipo de formatos, de xeito que o usuario non ten que descargar versións variadas de programas de reprodución para ver os vídeos, nin se preocupar polos diversos formatos nos que grava a súa videocámara.

Yashi e Vsocial

/imgs/20070201/img.despiece-internet.04.jpg www.bolt.com e www.vsocial.com Son dous exemplos de novas páxinas para aloxar vídeos. A súa principal vantaxe é que aceptan máis formatos de compresión ca as anteriores. Polo demais, polo seu funcionamento e filosofía, son moi semellantes á da maioría dos sitios web precedentes.

Darlugo

www.darlugo.com

Algunhas páxinas traballan nunha vertente máis elaborada dos vídeos compartidos. Para que un vídeo sexa aceptado nelas, debe ter unha mínima calidade técnica, amais de achegar orixinalidade e certo sentido argumental, case sempre guiado polo sarcasmo.

/imgs/20070201/img.despiece-internet.05.jpgNeste apartado sitúase Darlugo, un portal no que as curtas pasan un control de calidade previo e reciben unha cualificación de referencia por parte dos editores. En Darlugo pódense atopar vídeos que parodian anuncios televisivos, escenas cómicas ou burlas de destacadas personalidades.

Google video

http://video.google.es

/imgs/20070201/img.despiece-internet.06.jpg O futuro de Google Video é incerto agora que Google comprou o seu antigo competidor YouTube, pero de momento segue a ser o portal ideal para ver e albergar vídeos con máis duración e calidade de imaxe. Pódense atopar numerosos documentais, anuncios multimedia e programas televisivos (e mesmo películas de corte independente) para ver. O servizo ten algúns vídeos de pagamento, pero os máis deles son gratuítos.

CADA MES UN BLOG:

Chámame Lola, non me chames Dolores

http://www.llamamelola.com/

/imgs/20070201/img.despiece-internet.07.jpg O nome deste blog di moito sobre o colectivo que o sostén e alimenta. “Chámame Lola” compóñeno catro internautas especializados en xornalismo, programación, deseño e, sobre todo, publicidade online, que rastrexan incansablemente a Rede en busca de perlas audiovisuais que ofrecer no seu blog: preferiblemente anuncios, pero tamén novas, curtas e outros contidos audiovisuais do que se deu en chamar “Pop Culture”. O pasado 2005 recompilaron nun CD descargable de Internet todo o material que publicaran no blog e espérase que fagan o mesmo en 2006.

A PÁXINA DO MES

“As fotos de Bichito”

/imgs/20070201/img.despiece-internet.08.jpg Bichito é un artista da rúa. O seu traballo, que discorre paralelamente a unha dilatada carreira profesional como xornalista en diversos medios, desenvólvese nas rúas de Madrid e os seus modelos son habitantes do asfalto capturados pola súa cámara, en ocasións ao chou, en ocasións con intencionalidade estudada. Sexa como for, Bichito é un especialista do retrato urbano que rastrexa a Gran Vía madrileña e as súas inmediacións en busca da máxima expresividade facial, aquela que reflicte non só un rostro senón todo o que acontece arredor deste. Para logralo, Bichito baséase en técnicas como o desenfoque, o ángulo imposible, o desencadrar… As súas fotografías lémbrannos tanto aos recentes Francis Bacon e Lucien Freud coma aos expresionistas alemáns da escola da “Ponte” (sobre todo a Kirchner, Nolde ou Munch).